15 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: o meu andel

    Fran Fernández Davila, «Groenlandia»

    A Fran Fernández Davila gústalle sorprender cos seus traballos literarios, descolocar ao lector para levalo por paisaxes pouco transitadas física e emocionalmente, escapar da rutina diaria e, cunha forte carga de imaxinación, argallar historias nas que a intriga e o humor acaban por se converter en personaxes convidadas da trama.

    Samuel Merino (Pompa Boato), «Claustro, corda, comensal»

    A poesía de Samuel Merino vén sempre cargada de sinceridade, de crúa e íntima sinceridade. Dende unha posición autorreferencial, debulla para nós distintos momentos da súa vida ou, para ser máis preciso, das súas vivencias, espindo así algunhas parcelas da súa propia psique.

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Xabier Quiroga, «Coa man esquerda»

    Xabier Quiroga vén de sacar do prelo unha nova novela na que, tal e como acostuma a facer en boa parte da súa narrativa, volve a mergullarnos nesa dura etapa do levantamento que desembocou en guerra e que tanto sufrimento ten provocado na sociedade.

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Fina Casalderrey, «A muller xabaril»

    Fina Casalderrey vén de dar un salto importante ao publicar a súa primeira novela para adultos logo dunha longuísima traxectoria dedicada á literatura infantil e xuvenil.

    Andreia Costas, «Magnolia punk e outras arritmias»

    Andreia Costas xa nos sorprendeu non fai moito tempo co seu primeiro libro, «Corazón de vaca e outras vísceras», integrado por un monllo de relatos breves que, en certa maneira, nos achegaban a unha linguaxe poética bastante evidente.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Antía Otero, «Barroco»

    É posible que todo viñese suxerido polo título do novo poemario de Antía Otero, «Barroco», pero ao mergullarme nas súas páxinas vivín a sensación de pasear por unha galería de arte na que cada un dos poemas era, en realidade, un cadro ou unha peza escultórica que a autora describía con detalle.

    María Solar, «A culpa»

    A metade de camiño entre a novela negra e o thriller, María Solar vén de presentar un novo traballo para adultos no que pescuda nas interioridades da parte máis escura da alma humana a través dun trío de mulleres, protagonistas do relato.

    Antón Riveiro Coello, «Días de intemperie»

    A nova achega de Antón Riveiro Coello, «Días de imtemperie», é unha proposta que contén nove relatos de temática e transfondo diferentes, mais que teñen un elemento en común, como é a guerra no sentido máis amplo da palabra.

    Isabel Blanco, «Bambú»

    Xa comentamos nalgunha ocasión neste mesmo espazo que os límites entre xéneros literarios estanse a difuminar de maneira progresiva e que os autores e autoras contemporános pescudan sen apuro nese terreo bretemoso que son as lindes entre narrativa, teatro e poesía.

    Nazaret López, «Pecados veniais»

    Ás veces non resulta doado establecer o punto no que se sitúa a liña feble que separa uns xéneros literarios de outros. É coma participar nunha especie de xogo no que os autores rachan as barreiras establecidas e descolocan ao lector, quizais para provocar unha lectura diferente do texto que presentan.

    Alba Guzmán Falcón, «Xoaniña de Deus»

    Alba Guzmán era, ata o de agora, unha autora practicamente descoñecida para o gran público, a pesar de contar no seu haber cunha morea de premios en certames de poesía e tamén de narrativa.

    Henrique Dacosta, «O estraño caso da bicicleta amarela»

    Henrique Dacosta vén de entregar ao prelo unha nova proposta narrativa. E digo “narrativa” e non digo ben, pois este volume, «O estraño caso da bicicleta amarela», leva o clarificador subtítulo de «Oito contos e unha traxicomedia» e tal é o contido da obra: oito relatos breves de extensión variable e unha pequena peza teatral, a primeira da que teñamos constancia e da que falaremos máis adiante.

    Xavier Queipo, «Algoritmos»

    «Algoritmos» é un libro sorprendente, algo que, vindo de Xavier Queipo, xa deixou de ser unha novidade. Non estamos a falar dunha novela, nin sequera dunha colección de contos, senón de algo diferente.

    Carmen PG Granxeiro, «Estranxeiras»

    Carmen Granxeiro é coñecida polas súas contribucións ao audiovisual e, en xeral, ás artes plásticas derivadas da sétima arte, como a videocreación. Agora dá un paso máis nas súas arelas artísticas adentrándose no eido da narrativa con esta novela, que resultou gañadora do II Premio Pinto e Maragota, un galardón enfocado á diversidade de sexo e xénero.

    Heterodoxos

    A editorial Galaxia vén de sacar do prelo unha nova colección que, baixo a denominación xenérica de «Heterodoxos», pretende darlle voz a autores ou obras que, polas súas peculiaridades, non teñen cabida dentro das coleccións habituais das editoriais.

    Teatro para nen@s

    Sempre fun dos que defenden a valía do teatro como asignatura en todos os niveis da educación. Polas súas evidentes compoñentes pedagóxicas e pola súa capacidade para aprender a expresarnos en público e a empatizar con outros, tan distintos de nós, merecería un espazo de honra no noso curriculo educativo. Por iso non quero deixar pasar o inicio do novo curso escolar sen facer un par de recomendacións de pezas teatrais dirixidas aos máis pequenos da casa.

    Dúas interesantes publicacións para os máis cativos da man de Antonio García Teijeiro e Paula Carballeira

    Aproveitamos este tempo estival para facer dúas publicacións interesantes para os máis pequenos da casa, os últimos traballos de dous dos nosos grandes referentes na literatura infantil e xuvenil: o poeta e narrador Antonio García Teijeiro, e a dramaturga, actriz, contadora e narradora Paula Carballeira.

    Marilar Aleixandre, «Unha presa de terra»

    Se fai só algunhas semanas dabamos conta neste mesmo espazo dunha reedición ampliada da novela «Sobrevivindo», coa que Arantza Portabales gañara un coñecido premio de novela por entregas organizado por un xornal galego, o que hoxe traemos é un caso que semella calcado daquel.

    Miguel Sande, «O negociador»

    Poeta, dramaturgo e narrador, Miguel Sande vén de presentar un novo traballo, unha novela na que se move entre a realidade e a ficción, coa que chegou a ser finalista do último premio Xerais.

    Diego Giráldez, «O meu sangue»

    Diego Giráldez regresa cunha novela bastante peculiar, que ben poderiamos considerar unha parodia do xénero negro levada a tal extremo que a piques está de se converter en si mesma nunha novela negra.

    Ledicia Costas, «O neno de lume»

    Ledicia Costas ten unha imaxinación poderosa e unha rara habilidade para a construción do que poderiamos chamar «relato marabilloso», ese que mistura realidade e fantasía, no que conviven persoas do común con seres sobrenaturais dotados de habilidades especiais.

    «Cartoturxia incompleta da represión»

    «Cartoturxia incompleta da represión» non é só unha colección de pezas teatrais breves. É tamén un catálogo dalgúns dos autores dramáticos contemporáneos máis interesantes do panorama galego.

    Francisco Castro, «Isto SI é un home»

    Francisco Castro ten unha longa traxectoria como narrador de ficción, tanto no eido da literatura infantil e xuvenil como no da dirixida a adultos, e pídovos que reteñades este dato na vosa memoria. Nesta ocasión vén de dar un pequeno xiro á súa andaina ao presentar o seu primeiro ensaio, encadrado dentro da colección «Feminismos», promovida pola Editorial Galaxia dende fai algúns anos. O seu título, «Isto SI é un home», xa é bastante clarificador, pero o subtítulo evita que nos poidamos perder en interpretacións equívocas: «Unha mirada masculina contra o patriarcado».

    Arantza Portabales, «Sobrevivindo»

    No verán de 2015, Arantza Portabales daba os seus primeiros pasos como escritora, cando menos publicamente, traendo debaixo do brazo o premio de novela por entregas organizado por un xornal galego. As bases para acadar aquel galardón eran moi estritas en canto a extensión e división en capítulos, o que condicionaba en estremo a estrutura e desenvolvemento da narración.

    Xavier Queipo, «Final feliz»

    Que Xavier Queipo é un autor sorprendente, cun universo propio, unha personalidade moi definida e que non nos vai deixar indiferentes diante de cada obra nova, é ben sabido. Agora acaba de sacar do prelo un monllo de relatos que, tal e como explica nunha breve introdución, son escritos que foron quedando atrás ao longo do tempo, textos «en estado de hibernación [...] esperando o seu momento de agromar».

    Sara Vila Alonso, «Oito días sen Eva Cortes»

    «Oito días sen Eva Cortes» é a primeira novela de Sara Vila Alonso e con ela acadou o premio Illa Nova do ano pasado, un galardón enfocado aos novos valores da nosa narrativa. Estamos, xa que logo, perante unha autora moza, un primeiro traballo literario (cando menos, o primeiro publicado), e un galardón que na súa curta vida xa aportou algúns nomes de interese ao panorama contemporáneo. Suficiente para adentrarnos na súa lectura con curiosidade.

    Luz Darriba, «Xoguetes para nenos cegos»

    «Xoguetes para nenos cegos» é unha novela breve publicada xa fai algúns anos en castelán pola artista uruguaia afincada en Galicia, Luz Darriba. Mais, tal e como explica Helena Villar Janeiro no prólogo, foi concibida dende o principio en galego. Eran os primeiros pasos que a autora daba na nosa lingua, o que xa deu outros froitos, como a novela «Abril», un esforzo pola súa parte que nos enche de ledicia e que agradecemos.

    Xosé Monteagudo, «Eternity»

    Xosé Monteaguro volve a sorprendernos coa súa nova novela, «Eternity», que chega a nós avalada polo premio de narrativa breve Repsol do ano pasado. Nesta ocasión o autor indaga sobre a eterna arela de transcendencia alén da morte, pois a trama desenvólvese arredor da creación dunha empresa tecnolóxica (que presta o título ao relato), ideada para preservar a memoria dos falecidos. Un auténtico cemiterio virtual ateigado de narracións do que foron as vidas dos seus inquilinos, relatadas por familiares e amigos. Deste xeito achégase á idea da morte dende unha perspectiva diferente, pois o protagonismo está na reconstrución das vidas dos mortos, no recurso da memoria como bálsamo para aliviar a perda do ser querido.

    «A nena lectora» de Manuel Rivas e «De cando o Suso foi Carteiro» de Xosé Neira Vilas, dúas ideas para a ‘carta aos Reis Magos’

    É tradición neste Andel colocar algúns libros para nenos cando chegan as datas do Nadal e este ano, por aquilo de manter as nosas vellas teimas, traemos dúas obras que de seguro farán as delicias dos máis pequenos (e dos non tan pequenos, que nunca somos demasiado vellos para deixarnos enredar por unha obra ben escrita). Pertencen a dous autores que non dubidamos en considerar clásicos: Manolo Rivas e Xosé Neira Vilas, que é tanto como dicir dúas apostas sobre seguro. Teñámolos moi presentes á hora de redactar a nosa misiva aos Reis Magos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.