Martes, 11 Febreiro de 2025

O Rosal

Chega ao Rosal unha “apalpadora” que baixará das montañas do Courel

A Apalpadora encherá de ilusión a tarde dos máis pequenos e pequenas cunha actividade de narración oral

O Rosal acolle “DeseXo”, teatro de humor contra os estereotipos sexuais

O auditorio municipal do Rosal converterase nun escenario para reflexionar, rir e aprender co gallo do 25N

Artesanía, gastronomía e creatividade citaranse no Nadal do Rosal

O Concello abrirá o vindeiro luns 11 de novembro o prazo de inscrición para participar no tradicional Mercado de Nadal

O Mercado do Rosal aposta polo produto de proximidade sumando á Panadería Morales

Este novo espazo no mercado achegará ao público a excelencia dos produtos frescos, artesáns e de calidade

O Rosal énchese de música en novembro e decembro coas Xornadas Instrumentais Eurocidade

Desenvolveranse durante os meses de novembro e decembro e contarán cun cartel de profesorado de primeiro nivel

O Rosal organiza obradoiros para todas as idades no outono

O outono trae consigo unha nova oportunidade para explorar a creatividade no Rosal

A Deputación destina preto de 12.000 para melloras no campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal do Rosal

 Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega para o Concello do Rosal de preto de 12.000 euros, cos que poderá adquirir novas porterías para o campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal e que complementan outros preto de 34.000 euros que concedeu tamén a institución provincial para situar un videomarcador neste último recinto.

O rueiro do Rosal terá nome de muller

No Rosal, as mulleres tomarán as rúas... e o rueiro. O alumnado de 4º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier visitou o Concello cunha importante proposta baixo o brazo: que a igualdade chegue ao mapa de rúas do municipio. Tras facer o ano pasado un estudo sobre as rúas e edificios do Rosal, a rapazada detectou que sempre se usaban nomes masculinos, agás no caso de María Zambrano.

Espazo Crianza, un ano de aprendizaxe e apoio para as familias do Rosal

Fin de curso por todo o alto do Espazo Crianza. O Rosal celebrou unha exitosa tarde de convivencia e lecer con todas as persoas participantes no Espazo Crianza, un lugar de encontro posto en marcha polo concello para acompañar a mulleres embarazadas e familias con bebés de 0 a 6 meses na crianza de nenos e nenas.

A IV Mostra de Cinema do Rosal estrea os seus premios ás mellores curtametraxes

Butacas e flocos de millo listos para celebrar a IV Mostra de Cinema do Rosal, un festival organizado pola asociación Ghorghalado coa colaboración co Concello que busca achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atolar nos circuítos habituais. Este ano a mostra celebrarase do 7 ao 11 de agosto nos xardíns da casa rural Abadía de Eiras con proxeccións como sempre de balde e moitas novidades. 

O Rosal visto dende o alto coa nova andaina interpretativa ata o Niño do Corvo

O Concello do Rosal segue achegando cada recuncho do municipio coas súas andainas interpretativas, pequenos percorridos pola contorna para descubrir e poñer en valor o patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e natural dun xeito ameno, sinxelo e divertido.

A Festa da Crianza do Rosal desafiou ao mal tempo cun grande éxito de acollida

Grandísimo éxito de acollida da Festa da Crianza de Xoaninhas Crianza Respetuosa, que reuniu na área recreativa das Aceñas a nenos, nenas e maiores para celebrar un día en familia. As e os participantes desafiaron ao mal tempo para gozar dunha xornada chea de actividades e que contou tamén coa presenza de postos de artesanía e comida, así como do grupo local de apoio a Palestina, a cooperativa Miudinho e a Escola Semente de Vigo.