Xoves, 27 Marzo de 2025

Tui

Máis de 1.200 persoas de 15 comparsas participarán no Entroido de Tui

Participarán o próximo martes, 4 de marzo, no XXXVI Concurso Desfile de Entroido en Tui

Denuncian as restricións á pesca no Miño e as soltas de auga de Naturgy

A Asociación de Pescadores do Río Miño tamén expresa a súa preocupación pola posible construción dun novo encoro

O BNG de Tui rompe calquera negociación co PSOE tras os “acordos incumpridos”

O BNG considera que o PSOE de Tui "carece de vontade política e seriedade para honrar os compromisos asumidos"

Os Bolechas presentan en Tui a súa “grande orquestra” con entrada de balde

Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, decidirán construír un escenario musical

Mercado, Taller de Papá Noel e moita festa, así é o Nadal de Tui

Distintos puntos da cidade transfórmanse nestas datas grazas o alumeado e a programación de Nadal

A aula da UNED de Tui acolle un seminario sobre a escritura na Idade Media no marco de Galicia e Portugal

Celebrarase o venres 8 e o sábado 9 de novembro. A matrícula será gratuíta para as persoas empadroadas en Tui

A Biblioteca Municipal de Tui premiada no concurso María Moliner do Ministerio de Cultura 

Este prestixioso concurso, promovido polo Ministerio de Cultura, premia os mellores proxectos dirixidos a toda a veciñanza

Tui celebra o Samaín cun roteiro nocturno

O concello de Tui organiza esta actividade para o próximo xoves, 31 de outubro

‘Eureka Reto Rural’ propón descubrir “o pasado xudeo que envolve a Tui”

Tui prepárase para acoller o terceiro desafío de ‘Eureka Reto Rural’, un programa de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño co que coñecer o territorio a través de xogos de escapismo temáticos, dixitais e ao aire libre. Unha emocionante aventura polas rúas do centro histórico da vila coa que todas e todos os participantes poderán coñecer o pasado xudeu e as curiosidades da comunidade xudía que viviu en Tui durante o século XI.

Paco Nogueiras con Extra! achega unha nova actividade de animación á lectura na Biblioteca de Tui

Paco Nogueiras actuará hoxe martes, 21 de maio, ás 18.30 na Biblioteca Pública Municipal de Tui nunha novas actividade de animación á lectura dirixidas aos rapaces e rapazas dende 5 a 10 anos. Este evento forma parte daprogramación de “Tui en letras” que promove a concellería de Ensino, Cultura e Mocidade.

O Concello de Tui desenvolve seións informativas nos centros educativas dando a coñecer o grupo de participación ParTUIcipando

Saltar al contenido principalIr a la barra de herramientas Menú Acerca de WordPress Comarcas na Rede 1 actualización de WordPress, 19 actualizaciones de plugins, 3 actualizaciones de temas Hola, Alfredo EstévezAvatar Salir Añadir una nueva entrada Guardar como borrador Vista previa Publicar Añadir el título O Concello de Tui desenvolve seións informativas nos centros educativas dando a coñecer o grupo de participación ParTUIcipando Tui conta dende o ano pasado cun grupo de participación infantil e xuvenil, ParTUIcipando, cuxo obxectivo é dar voz á poboación infantil e xuvenil, coñecer as súas inquedanzas, suxestións,… e logo trasladalas ao goberno local. Co obxectivo de seguir dando a coñecer este grupo a semana pasada comezaron unha serie de sesións informativas nos centros escolares tudenses para trasladar ao alumnado a posibilidade de formar parte deste grupo no que se abordan as temáticas que elas e eles mesmos deciden.

O PP de Tui denuncia que no se ofrezan alternativas aos praceiros ante o peche do mercado municipal por máis de 5 semanas

O mercado municipal de Tui pechará as súas portas e cesará toda a súa actividade comercial durante alomenos 5 semanas, a partir deste luns, día 6 de maio, sen dar alternativa ningunha aos praceiros e praceiras e, segundo o PP tudense, incumprindo o compromiso dado pola Alcaldía no sentido que durante as labores de remodelación poderían seguir coa súa actividade ao levarse a cabo as obras en dúas fases.