Luns, 9 Decembro de 2024

Mondariz Balneario

Balneario de Mondariz celebrou o Día da Muller cun recoñecemento ao seu labor innovador

O Día da Muller contou este ano cunha celebración moi especial no Balneario de Mondariz ao redor do galardón recentemente recibido que destaca o traballo de innovación en saúde, benestar e beleza do departamento termal que está formado polo 100 % de mulleres. Na actualidade o persoal xeral de Balneario de Mondariz está formada nun 80 % por mulleres, estando en mans delas toda a parte da esencia do mesmo.

Mondariz celebra o Día de Rosalía de Castro cun espectáculo musical e de narración oral

Con motivo do Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, o Concello de Mondariz programa o espectáculo Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos. Este espectáculo musical e de narración oral chegará da man de Caxoto ao auditorio público municipal de Mondariz ás 18 horas.

A I Mostra de Petiscos de Mondariz Balneario despacha máis de 1900 tapas en tres días

Mondariz Balneario celebrou, na pasada fin de semana, a I Mostra de Petiscos, una actividade que substitúe ao concurso que se celebrara entre o 2016 e 1018. A identidade do novo formato, tal e como explican os organizadores, “é camiñar xuntos e non competir”. Nesta primeira edición dunha iniciativa que nace con vocación de continuidade, participaron cinco establecementos que, durante a tarde do venres, o sábado e a mañá do domingo vendero a incrible cifra de 1964 tapas despachadas algo que, é evidente, sería imposible realizar sen o bo facer da hostalería local.

‘Mostra de Petiscos’, unha ruta gastronómica por Mondariz Balneario

O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello, acordaron levar a cabo unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico da zona e da marca Mondariz-Balneario mediante a elaboración dunha ruta gastronómica de degustación de petiscos, que se levará a cabo os días 2, 3 e 4 de febreiro do 2024, actividade que foi presentada o sábado 20 de xaneiro.

Nace «La Flor del agua», un podcast 100 % galego para dar a coñecer a historia do Balneario de Mondariz

Balneario de Mondariz dá un paso adiante na comunicación de vangarda coa creación dun podcast, inicialmente de cinco capítulos, para dar a coñecer ás novas xeracións a historia de tres séculos termais que o converteron nun referente europeo. Un proxecto das xornalistas Roser Carrera e Ana J. Pastor, creadoras do podcast “Conversas ás toas”, que se basea as vivencias dunha escritora, Otilia Casanova, que, na época dos felices anos 20, trasládase á vila termal onde deixou oculto un misterio.

A obra de teatro “O neno Groba e música” chega o venres a Mondariz Balneario

O Ciclo de Teatro da Deputación de Pontevedra “Tornar ás táboas” chega este venres 22 de decembro a Mondariz-Balneario con “O neno Groba e música”, da Fundación Rogelio Groba.

Concerto de Nadal a cargo do Balneario de Mondariz e a Fundación Rogelio Groba

O Balneario de Mondariz e a Fundación Rogelio Groba únense nunha iniciativa cultural moi especial, a creación dun concerto de Nadal que se estreará o 23 de decembro de 2023 e desenvolverase todos os anos no Teatro Infanta Isabel da vila termal.

A Xunta mellorará o firme da PO-254 ao seu paso por Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario.

Mondariz-Balneario recibe 90.000 € da Deputación para reparar infraestruturas municipais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda para o Concello de Mondariz-Balneario que lle permitirá reparar varias infraestruturas e instalacións municipais.

O Balneario de Mondariz recibiu o Premio Nacional á Experiencia Turística

Balneario de Mondariz foi recoñecido nunha gala en Madrid co Premio Nacional á Excelencia Turística por tres séculos de historia termal desde que, en 1873, os irmáns Peinador fundasen a empresa e fosen declaradas de utilidade pública as súas augas mineromedicinais.

Unha exposición sobre Antonio Palacios dá a coñecer en Madrid a importancia arquitectónica do Balneario de Mondariz

Unha exposición sobre Antonio Palacios dá a coñecer en Madrid a importancia arquitectónica do Balneario de Mondariz, primeiras obras do arquitecto, de setembro do 2023 a xaneiro do 2024. Un proxecto que xa está a dar os seus primeiros pasos e que coincide co 150 aniversario do Balneario de Mondariz e os 150 anos do nacemento do arquitecto galego o próximo ano.

Mondariz Balneario elixido para celebrar os actos oficiais do Día Europeo do Patrimonio Termal

A Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) elexíu o territorio das comarcas do Condado e da Paradanta para celebrar os actos do Día Europeo do Patriminio Termal, en concreto Mondariz Balneario.