Xoves, 27 Marzo de 2025

Covelo

O Condado-Paradanta podería lograr o seu primeiro espazo natural de interese local

O Concello de Covelo e a Comunidade de Montes en Man Común de Barcia de Mera unen forzas para protexer unha zona de especial interese medio ambiental

Covelo axudará á conciliación laboral e familar no mes de setembro

O Concello de Covelo informa que antes do 20 de agosto as familias interesadas deberán reservar praza na actividade de conciliación “Crianza en comunidade” que organiza para o mes de setembro o servizo municipal de conciliación financiado con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables da Secretaría Xeral de Igualdade.

Aberta a inscrición do Campus Multideporte de Covelo para infancia e mocidade de 6 a 15 anos

Co obxectivo de axudar na conciliación familiar e laboral e ofrecer á infancia e mocidade tempo de lecer de calidade o goberno de Covelo pon en marcha o I Campus Multideporte para nenas e nenos de 6 a 15 anos, ambas idades incluídas. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 14 de xuño.

Mostra de Produtos de Covelo este sábado con música en directo e contacontos teatralizados

O Concello de Covelo celebra este sábado día 1 a súa Mostra de Produtos de Covelo con produtos de proximidade, artesanía e segunda man de 10 a 14 horas.

O ‘XVI Ciclo de Música Relixiosa’ de Barcia de Mera sube o pano este sábado na igrexa de San Martiño

A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera prepárase para recibir o primeiro dos concertos da XVI edición do Ciclo de Música Relixiosa. Patrimonio e música daranse a man para recibir ao público que ao longo destes seis meses terán o privilexio de vivir a música interpretada por figuras de relevancia internacional na contorna rural e natural do conxunto histórico da Rectoral de Barcia de Mera, en Covelo.

Este sábado cita coa Mostra de Produtos de Covelo, co teatro e coa música en directo

O Concello de Covelo celebra este sábado día 6 a súa Mostra de Produtos de Covelo. Como cada primeiro sábado de mes, e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, a praza Cerviño do centro urbano acolle esta feira na que se dan cita produtores locais, postos de produtos ecolóxicos e de segunda man, folclore, gastronomía e todo tipo de actividades de lecer pensadas para todos os públicos.

O Concello de Covelo impulsa a implementación da Axenda 2030 no eido local da man do Fondo Galego de Cooperación

O Concello de Covelo impulsa a implementación da Axenda 2030 no eido local a través dos obradoiros ‘Todos os ODS son locais’, que se impartirán en sete concellos máis de Galicia facilitados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través do proxecto europeo ‘People & Planet’. Este venres día 15 o auditorio municipal de Covelo acollerá esta actividade que esta dirixida a persoal político e técnico dos municipios, deputacións e mancomunidades, pero tamén a asociacións de todo tipo e xente nova, desde colectivos de carácter social e cultural ata agrupacións de comerciantes, ANPA, etc tanto do concello como do resto dos concellos das comarcas Condado e A Paradanta.

O Concello de Covelo solicita á Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia o deseño da súa bandeira

O Concello de Covelo inicia o procedemento para solicitar á Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia a elaboración de propostas para a súa bandeira. Así o aprobou o pleno da Corporación na súa sesión ordinaria do venres 8 de marzo.

Covelo celebra o Día Internacional da Muller

O Concello de Covelo, a través da concellería da Muller que dirixe Fanny Rey, celebra o Día Internacional da Muller coa comunidade educativa e coa veciñanza en distintos actos que perseguen a visibilización do importante papel da muller na economía, na sociedade e na cultura.

Valentina Muíños Valdés, nova centenaria do Concello de Covelo

Alegre, incansable, valente e xenerosa, así describe a Valentina Muíños Valdés o seu neto e concelleiro do Concello de Covelo, Félix Álvarez. Este sábado Valentina cumpríu 100 anos e fíxoo rodeada dos seus, daqueles e daquelas polos que tanto loitou e aos que tanto quere. Naceu un dous de marzo de 1924 na parroquia de Barcia de Mera, Covelo, e como tantos galegos e galegas de aqueles tempos herdou o alcume da familia pasando a ser a "Valentina do Romualdo", herdanza de seu pai Francisco.

Covelo solicita a Patrimonio a catalogación do conxunto etnográfico da Poza do Piñeiro como Lugar de Valor Etnolóxico

O Concello de Covelo solicita á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia a catalogación do conxunto formado pola Poza do Piñeiro, a Cruz da Porteliña e a Choza da Poza como Lugar de Valor Etnolóxico. Construída en 1851, está formada por unha notable infraestrutura hidráulica, unha cruz baixa e un choza granítica de pastores e pertence á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeiro.

O Concello de Covelo contratará 14 persoas de apoio ao abeiro do plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra

O Concello de Covelo contratará a 14 persoas con cargo ao plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra que darán apoio nas tarefas de conservación e funcionamento de bens e servizos públicos municipais.