13.5 C
Pontevedra
Venres, 10 de Abril de 2020

Manrique Fernández

Manrique Fernández
21 POSTS 0 COMMENTS
O Meu Andel

Xoán Babarro, «Teño oito anos e quero ser youtuber»

Conmemoramos o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil colocando neste particular andel o último traballo de Xoán Babarro, un dos nosos clásicos do xénero con máis de medio cento de títulos ás costas. Nesta ocasión o que nos ofrece é unha novela na que, tal e como desvela o título,...

Natalia Carou, «O mal querer»

«O mal querer» é a narración coa que Natalia Carou obtivo o ano pasado o Premio Vilar Ponte de Novela, organizado polo Concello de Viveiro. As obras precedentes de Natalia estiveron dirixidas ao público xuvenil e, malia que sempre me resultou difuso establecer unha fronteira clara a este respecto, coido que o caso de «O mal querer» será de moito proveito para os rapaces, pero considéroa tamén moi apta para o público adulto.

Francisco Castro, «Tantos anos de silencio»

Francisco Castro preséntase de novo perante os seus lectores cunha novela dual e escura, na que, dende o presente, nos traslada aos tempos turbios da Guerra Civil. Non podemos falar dunha única trama, senón de dúas que interfiren entre si e que xudan a conformar a propia novela: a primeira, protagonizada por unha investigadora que anda a traballar na descuberta dunha fosa común no ficticio Pazo de Vila Flavia; a segunda, relacionada co achado dun corpo a varios metros de distancia desa fosa, unha rapaza que garda entre as mans un libro de poemas dun autor descoñecido.

Alberto Fortes, «O verán en Lucenza»

Alberto Fortes volve ao primeiro plano da actualidade narrativa cun traballo de corte intimista, cun punto nostálxico e algo de iniciático. 'O verán en Lucenza' é unha novela sobre a memoria e sobre como a memoria debuxa as nosas lembranzas, independentemente da súa veracidade, a través dos ollos dun rapaz, o fillo do Cortizo, que pasa as vacacións de verán na casa das súas tías maiores, nunha aldea do rural galego dos anos 70.

Inma López Silva, «O libro da filla»

Inma López Silva regresa ao primeiro plano literario cunha nova proposta narrativa que ten un certo punto inquietante. Inma acostuma a ser unha autora incómoda por provocadora, no sentido de ser capaz de situarnos fronte a un espello como sociedade ou como individuos, para que vexamos a nosa propia imaxe e tomemos consciencia dunha realidade que, na vertixe actual, pode ser que nos pase desapercibida.

Xesús Rábade Paredes, «Caldaloba en terras de Valverde»

A primeira achega literaria do certame de poesía organizado polo Concello de Cospeito veu da man dun dos nosos clásicos en vida: Xesús Rábade Paredes, veciño da localidade e vencedor na súa primeira edición. E como resposta ao nome co que foi bautizado o galardón, 'Castelo de Caldaloba', o escritor optou por versificar a historia desta vella torre, hoxe en perigo de derrubamento, misturando realidade e ficción dacabalo da tradición oral.

Xose Ricardo Losada, «A casa xunto ao volcán»

'A casa xunto ao volcán' é a nova proposta narrativa de Xosé Ricardo Losada e chega a nós avalada pola concesión do Premio Viaductos de novela. Trátase dun relato que, pese á temática e á súa protagonista, custa traballo identificar plenamente cun produto dirixido ao público adolescente, malia que ese pareza o seu destinatario máis lóxico.

Nazaret López, «Formigas nos pés»

De Nazaret López tiñamos algunhas referencias abeiradas ao mundo da comunicación e do teatro, pero é a primeira vez que se adentra, publicamente cando menos, no eido da narrativa a través dunha novela, e faino para falarnos da reconstrución psicolóxica dunha muller que se ve desbordada por unha ruptura sentimental.

Algunhas suxerencias para os Reis Magos…

Ao igual que fixemos en anos anteriores, a primeira edición do ano de «O meu andel» pretende botarlle unha man aos Reis Magos na procura de material de lectura acaído para os cativos. Por iso hoxe traemos a estas páxinas tres obras doutros tantos autores consagrados do noso panorama literario, destinadas, principalmente, a nenos e nenas.

An Alfaya, «O grupo»

An Alfaya volve á novela xuvenil e faino baixo o paraugas dun premio tan celebrado como o 'Raíña Lupa', convocado pola Deputación coruñesa. E preséntanos unha historia que de seguro non deixará a ninguén indiferente, ao colocar sobre o tapete de xogo algunhas das situacións máis incómodas que afectan á sociedade actual e afrontar o reto de aportar algo de axuda na súa resolución. ¡Que non é pouco!

Berta Dávila, «Carrusel»

Levabamos tempo sen ter novas de Berta Dávila, tanto no eido da poesía como no da narrativa. E chegaron, por fin, o pasado verán, co prestixioso premio de novela García Barros debaixo do brazo e un título suxestivo: 'Carrusel'. Agora materialízase ese traballo coa súa edición impresa por parte de Galaxia e, estou seguro, non deixará a ninguén indiferente.

Amador Castro Moure, «Shanghai a Barcelona»

Cando unha novela vén avalada polo premio Xerais merece, cando menos, prestarlle unha mínima atención. Neste caso, a proposta narrativa de Amador Castro Moure que se fixo con tal galardón este mesmo ano é unha novela ben peculiar e moi traballada, arriscada no seu prantexamento e resolta con gran habilidade.

Xosé Duncan, «Mnemea»

Afirmar que «Mnemea» é unha novela englobada dentro do xénero fantástico ao que Xosé Duncan nos ten acostumados, sería faltar á verdade; pero afirmar o contrario, tamén.

Emma Pedreira, «As fauces feroces»

Emma Pedreira volve a sorprender cun traballo arriscado. «As fauces feroces» trata de ser unha novela, pero afástase dos estereotipos clásicos da estrutura novelesca na procura de novos camiños, dende unha liña intimista e introspectiva debuxada por catro mulleres protagonistas e algunhas outras que transitan ao seu arredor.

María Alonso Alonso, «Red Lion»

Segunda novela de María Alonso logo do seu paso pola ciencia ficción distópica a través de 'Despois do cataclismo', que nesta ocasión se mergulla nun ambiente máis realista pero absolutamente marxinal, para narrarnos unha historia de vinganza que, ao meu entender, débelle moito ao cine de acción, sobre todo na parte final.

Eli Ríos, «O ceo das reixas»

«O ceo das reixas» é unha desas novelas curtas que deixan un gran sabor de boca, pois en apenas 80 páxinas Eli Ríos é quen de relatar unha historia chea de silenzos, de complicidades, de maxia, de violencia, de crítica social, de amizade, e da imprescindible calidade literaria da que fai gala en cada nova entrega.

Alberte Momán, «1[14]1»

Alberte Momán presentou meses atrás o seu novo proxecto, un poemario que responde ao enigmático título de «1[14]1». Trátase dun texto de ambientación distópica e contido case filosófico, que podería ter o desarraigamento do individuo como telón de fondo.

María Xosé Porteiro, «Sándalo»

Xornalista e política, María Xosé Porteiro volve e amosarnos a súa faceta máis literaria a través da súa segunda novela, «Sándalo», un traballo tremendamente ambicioso no que fai un percorrido pola emigración galega a Cuba ao longo dos dous últimos séculos e no...

Xavier Alcalá, «Cartas ao Cholo»

O ano pasado, Xavier Alcalá publicaba «The making of», unha peculiar novela na que relataba a historia de Alfredo Mosquera, “O Coghomelo”, emigrante galego na Arxentina de mediados de século e na que, paralelamente á narración en si, debullaba o proceso de investigación...

Daniel Asorey, «As mulleres da fin do mundo»

Daniel Asorey xa nos sorprendeu gratamente coa súa primeira novela, 'Nordeste', na que se achegaba ao mundo dos cabaçeiros misturando a realidade con pingas de fantasía que dotaban o relato dun fondo moi especial. Agora regresa cunha nova historia na que nos prantexa un futuro distópico que...

Diego Giráldez, «Hotel para coleccionistas discretos»

Diego Giráldez xa nos sorprendeu fai un par de anos co seu libro de relatos «Galería de saldos», descubríndonos un autor con personalidade propia e cun xeito moi peculiar de narrar. Agora pasa do relato curto á novela para presentarnos este «Hotel para coleccionistas discretos», unha historia...

Colaboradores