Tag: manrique fernández
Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»
Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.
Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»
Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.
Antía Otero, «Barroco»
É posible que todo viñese suxerido polo título do novo poemario de Antía Otero, «Barroco», pero ao mergullarme nas súas páxinas vivín a sensación de pasear por unha galería de arte na que cada un dos poemas era, en realidade, un cadro ou unha peza escultórica que a autora describía con detalle.
María Solar, «A culpa»
A metade de camiño entre a novela negra e o thriller, María Solar vén de presentar un novo traballo para adultos no que pescuda nas interioridades da parte máis escura da alma humana a través dun trío de mulleres, protagonistas do relato.
Antón Riveiro Coello, «Días de intemperie»
A nova achega de Antón Riveiro Coello, «Días de imtemperie», é unha proposta que contén nove relatos de temática e transfondo diferentes, mais que teñen un elemento en común, como é a guerra no sentido máis amplo da palabra.
Isabel Blanco, «Bambú»
Xa comentamos nalgunha ocasión neste mesmo espazo que os límites entre xéneros literarios estanse a difuminar de maneira progresiva e que os autores e autoras contemporános pescudan sen apuro nese terreo bretemoso que son as lindes entre narrativa, teatro e poesía.
Nazaret López, «Pecados veniais»
Ás veces non resulta doado establecer o punto no que se sitúa a liña feble que separa uns xéneros literarios de outros. É coma participar nunha especie de xogo no que os autores rachan as barreiras establecidas e descolocan ao lector, quizais para provocar unha lectura diferente do texto que presentan.
Alba Guzmán Falcón, «Xoaniña de Deus»
Alba Guzmán era, ata o de agora, unha autora practicamente descoñecida para o gran público, a pesar de contar no seu haber cunha morea de premios en certames de poesía e tamén de narrativa.
Henrique Dacosta, «O estraño caso da bicicleta amarela»
Henrique Dacosta vén de entregar ao prelo unha nova proposta narrativa. E digo “narrativa” e non digo ben, pois este volume, «O estraño caso da bicicleta amarela», leva o clarificador subtítulo de «Oito contos e unha traxicomedia» e tal é o contido da obra: oito relatos breves de extensión variable e unha pequena peza teatral, a primeira da que teñamos constancia e da que falaremos máis adiante.
Xavier Queipo, «Algoritmos»
«Algoritmos» é un libro sorprendente, algo que, vindo de Xavier Queipo, xa deixou de ser unha novidade. Non estamos a falar dunha novela, nin sequera dunha colección de contos, senón de algo diferente.
Carmen PG Granxeiro, «Estranxeiras»
Carmen Granxeiro é coñecida polas súas contribucións ao audiovisual e, en xeral, ás artes plásticas derivadas da sétima arte, como a videocreación. Agora dá un paso máis nas súas arelas artísticas adentrándose no eido da narrativa con esta novela, que resultou gañadora do II Premio Pinto e Maragota, un galardón enfocado á diversidade de sexo e xénero.
Heterodoxos
A editorial Galaxia vén de sacar do prelo unha nova colección que, baixo a denominación xenérica de «Heterodoxos», pretende darlle voz a autores ou obras que, polas súas peculiaridades, non teñen cabida dentro das coleccións habituais das editoriais.
Ramón D. Veiga, «Zoom»
En ocasións, a literatura xorde dun puro divertimento, dun simple xogo que alicerza a escrita e do que o autor ou autora se fai partícipe dende o inicio. Hai exemplos numerosos ao respecto, ás veces concibidos como simples exercicios de estilo, outras, como argalladas transgresoras coas que experimentar un xeito determinado de escribir. O que hoxe traemos a este espazo parece encaixar perfectamente nese prantexamento lúdico.
Dúas interesantes publicacións para os máis cativos da man de Antonio García Teijeiro e Paula Carballeira
Aproveitamos este tempo estival para facer dúas publicacións interesantes para os máis pequenos da casa, os últimos traballos de dous dos nosos grandes referentes na literatura infantil e xuvenil: o poeta e narrador Antonio García Teijeiro, e a dramaturga, actriz, contadora e narradora Paula Carballeira.
Marilar Aleixandre, «Unha presa de terra»
Se fai só algunhas semanas dabamos conta neste mesmo espazo dunha reedición ampliada da novela «Sobrevivindo», coa que Arantza Portabales gañara un coñecido premio de novela por entregas organizado por un xornal galego, o que hoxe traemos é un caso que semella calcado daquel.
Miguel Sande, «O negociador»
Poeta, dramaturgo e narrador, Miguel Sande vén de presentar un novo traballo, unha novela na que se move entre a realidade e a ficción, coa que chegou a ser finalista do último premio Xerais.
Ledicia Costas, «O neno de lume»
Ledicia Costas ten unha imaxinación poderosa e unha rara habilidade para a construción do que poderiamos chamar «relato marabilloso», ese que mistura realidade e fantasía, no que conviven persoas do común con seres sobrenaturais dotados de habilidades especiais.
«Cartoturxia incompleta da represión»
«Cartoturxia incompleta da represión» non é só unha colección de pezas teatrais breves. É tamén un catálogo dalgúns dos autores dramáticos contemporáneos máis interesantes do panorama galego.
Daniel Asorey, «Negras»
A literatura de Daniel Asorey caracterízase pola férrea defensa de calquera tipo de víctimas da inxustiza e do abuso.
Luz Darriba, «Xoguetes para nenos cegos»
«Xoguetes para nenos cegos» é unha novela breve publicada xa fai algúns anos en castelán pola artista uruguaia afincada en Galicia, Luz Darriba. Mais, tal e como explica Helena Villar Janeiro no prólogo, foi concibida dende o principio en galego. Eran os primeiros pasos que a autora daba na nosa lingua, o que xa deu outros froitos, como a novela «Abril», un esforzo pola súa parte que nos enche de ledicia e que agradecemos.
Xosé Monteagudo, «Eternity»
Xosé Monteaguro volve a sorprendernos coa súa nova novela, «Eternity», que chega a nós avalada polo premio de narrativa breve Repsol do ano pasado. Nesta ocasión o autor indaga sobre a eterna arela de transcendencia alén da morte, pois a trama desenvólvese arredor da creación dunha empresa tecnolóxica (que presta o título ao relato), ideada para preservar a memoria dos falecidos. Un auténtico cemiterio virtual ateigado de narracións do que foron as vidas dos seus inquilinos, relatadas por familiares e amigos. Deste xeito achégase á idea da morte dende unha perspectiva diferente, pois o protagonismo está na reconstrución das vidas dos mortos, no recurso da memoria como bálsamo para aliviar a perda do ser querido.
Ledicia Costas, «Golpes de luz»
Ledicia Costas volve a adentrarse na literatura para adultos con esta sorprendente novela relatada a tres voces polos seus principais protagonistas: Xulia, unha xornalista que acaba de separarse e que, dende Madrid, decide regresar a Galicia, á casa da súa nai; Luz, esa nai de carácter forte e personalidade arrasadora que, a piques de cumprir os 80 anos, aínda agocha unha morea de segredos e un espírito rebelde; e Sebas, o fillo de Xulia, que está convencidísimo que a súa avoa, Luz, que sempre leva un martelo consigo, é a reencarnación de Thor, o deus da mitoloxía escandinava.
Teresa Ríos, «Iris Altaia»
Segundo poemario de Teresa Ríos logo da publicación este mesmo ano de «Non estamos preparados para medrar», que fixo de carta de presentación pública da autora. Mais se naquela ocasión centraba a súa ollada nun pasado alonxado no tempo retrotraéndose á inocencia e a idealización da infancia para confrontala co presente, o que agora nos ofrece é unha visión moi persoal da actualidade, do día a día que nos tocou vivir.
Roberto Mera Covas, «Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos exiliados republicanos»
O traballo que hoxe traemos a este andel é o froito dunha longuísima investigación que se estendeu arredor de 20 anos e do empeño persoal do autor por rescatar do esquecemento a unha das figuras máis senlleiras e descoñecidas da nosa historia recente. Neste empeño xoga moito a vinculación familiar entre un e o outro, mais iso non debe facer esquecer o papel de Alejandro Viana Esperón, empresario ponteareán e deputado republicano de esquerdas durante o estourido da Guerra Civil e responsable da organización da saída de miles de refuxiados españois no exilio e da súa acollida en distintos países de Sudamérica
Domingo Villar, «Algúns contos completos»
Domingo Villar é un dos escritores galegos de maior sona grazas ás súas novelas policiais protagonizadas polo inspector Leo Caldas. Pero o que agora nos presenta neste volume é unha faciana moi diferente daquela á que nos ten acostumados. Nesta entrega non hai crimes, nin intriga, nin tramas reviradas, nin atisbo algún de narración policial nin de literatura negra. Trátase dun proxecto moito máis persoal e cercano, un pequeno capricho feito á medida del e do seu círculo máis íntimo.
Ana Cabaleiro, «Deixádenos remar»
Descubrimos a Ana Cabaleiro cun libro de relatos tan interesante como «Sapos e sereas». Logo viría a novela «Las Ramonas» e agora chega cunha terceira proposta que, tal e como eu o vexo, navega entre ambos os dous mundos, o do relato curto e a novela tradicional, sen acabar de mergullarse en ningún deles. Claro que tal afirmación ben merece unha explicación detallada.
Samuel Merino (Pompa e Boato), «Guantanamera (Poema nun só acto)»
Primeiro poemario en galego de Samuel Merino, logo de dous textos en castelán («Enésima patada con amor» e «Trementina») que son dúas auténticas esgazaduras polas que esborrexe, pinga a pinga, a alma do autor. Naqueles primeiros versos, asinados baixo o pseudónimo de «Pompa e Boato», o poeta semella reconstruirse logo dun particular descenso aos seus propios infernos.
Francisco Castro, «O cemiterio de barcos»
Francisco Castro regresa de novo á novela xuvenil, un territorio no que xa ten demostrado que se desenvolve con soltura, para presentarnos unha narración que se move en dous planos diferentes.
Andreia Costas, «Corazón de vaca e outras vísceras»
«Corazón de vaca e outras vísceras» é a primeira achega individual de Andreia Costas ao mundo da narrativa, logo de participar con éxito en varios certames de relato e de poesía e nalgúns libros colectivos.
Xesús Constenla, «O peso do cerebro»
Xesús Constenla xa nos ten acostumados a unha narrativa arriscada e alonxada de tópicos, o que non deixa de ser un aliciente para calquera lector. Agora, con «O peso do cerebro», mantense firme nesta liña de traballo para adentrarse no confuso mundo de don Honorio, un vello afectado de demencia senil que un día, aproveitando un despiste da súa neta, Paula, sae da casa e vaga sen rumbo pola cidade de Barco (doadamente identificable co Ferrol natal do autor), un espazo que, coma o protagonista, coñeceu mellores tempos.
Santiago Lopo, «A carteira»
Santiago Lopo volve a sorprendernos cunha novela na que demostra a súa habilidade para conxugar unha chea de elementos que semellan dispares e que, baixo a súa pluma, combinan á perfección, e facelo dun xeito ameno sen que iso signifique deixar de lado nin a fondura de pensamento nin certa capacidade reivindicativa.
Rosa Aneiros, «Sibila»
Logo dun tempo centrada na literatura infaltil e xuvenil, Rosa Aneiros regresa á narrativa para adultos cunha novela sorprendente e chea de matices e de interpretacións, con personaxes fortes e ben definidas, e cunha historia que navega entre unha nebulosa (real e simbólica) que o invade todo e que impide definir perfectamente os perfiles que lle dan forma. Non debe interpretarse esta afirmación en sentido negativo, pois entendo que forma parte da intención da autora, que prefire que naveguemos polo relato sen saber moi ben cara a onde nos vai conducir.
Arantza Portabales, «A vida secreta de Úrsula Bas»
Arantza Portabales está a piques de acadar por méritos propios (e co permiso de Lewis Carrol) o título honorífico de «Raíña vermella» das letras galegas. Con só tres novelas xa logrou unha posición dominante dentro do xénero negro (con todas as puntualizacións que lle queiramos poñer a esta categorización) baixo a premisa de que tal etiqueta non ten por que significar unha merma da calidade literaria do texto.
Nee Barros Fernández, «Identidade»
«Identidade» é unha peza teatral que chega a nós como o primeiro traballo de Nee Barros, e nos presenta a un autor ao que haberá que prestar atención na súa andaina polas nosas letras. Poderiamos falar, de primeiras, de que é un texto preñado de sinceridade e rotundidade, pois o título é bastante contundente e, por se houbese algúnha dúbida, leva un subtítulo aínda máis aclaratorio: «A normalidade do non-común». E tal é o alicerce sobre o que se constrúe a súa historia: a revelación da normalidade na construción dunha identidade.
Xela Arias
Achegarnos a Xela Arias sempre é unha boa idea, sexa nas circunstancias que sexa. Pero estes días son especialmante favorables pola cantidade e variedade de propostas que as distintas editoriais están a sacar do prelo para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta luguesa. Estas son só algunhas destas propostas, pero unha visita á nosa libraría de referencia axudaranos a descubrir moitas máis.
Teresa Ríos Noya, «Non estamos preparados para medrar»
Que a poesía de base é unha marmita na que se van aliñando os nomes que mañá serán referente da nosa escrita, é algo que moi poucos poñen en dúbida a estas alturas da vida. E o caso que nos ocupa vén ser un exemplo máis de tal afirmación. Teresa Ríos deuse a coñecer ao abeiro do grupo poético e literario Versos de Areas, xurdido en Ponteareas un par de anos atrás.
Lara Dopazo Ruibal, «O axolote e outros contos de bestas e auga»
Xa dixemos nalgunha ocasión que, a pesar da prevalencia permanente da novela na narrativa galega, o conto nunca deixou de estar aí. Son moitos o moi salientables os libros de relatos que ateigan a nosa tradición literaria e, malia que agochados baixo a apabullante presenza da novela, nunca deixaron de aparecer coleccións de contos destacables coas que manter o noso listón ben alto.
Para inspirar aos Reis Magos
Chegadas estas datas, é tradición que nesta sección dediquemoslle unhas liñas á literatura infantil e xuvenil. Por iso traemos a esta páxina tres obras doutros tantos autores e autoras que poden servir para inspirar aos Reis Magos no seu traballo. Gonzalo Navaza, Ledicia Costas e Xosé Neira Cruz, achegan propostas poéticas e narrativas para os máis pequenos da casa.
Rexina Vega, «O estado intermedio»
Son moitas as novelas que xiran en torno á memoria como forza motriz do relato, pero poucos casos teño encontrado en que o fagan con tan desbordante despregue de imaxinación como o fai Rexina Vega na súa nova obra, 'O estado intermedio', ou que manexen coa soltura dunha mestra no oficio a realidade e a fantasía. E menos aínda que sexan capaces de mesturar o arrepío coa gargallada dun xeito tan demoledor coma neste caso.
Luz Darriba, «Abril»
Logo de tantos anos asentada entre nós, a artista e escritora arxentina Luz Darriba escolle, por fin, o galego para darlle forma á súa nova novela, «Abril», un relato que, segundo a súa propia confesión, levaba 40 esperando agromar e que se nos antolla de fondo contido autobiográfico, malia que a autora o disfrace de ficción.