O IV Programa Integrado de Emprego de Mos aproxímase ao seu fin –xa que rematará o vindeiro 31 de outubro– coa quinta edición do programa xa en marcha. Segundo hoxe informou a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, xa se solicitou o novo Programa á consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia mediante a presentación do proxecto dotado dunha ampla memoria.
A
edil Julia Loureiro espera unha resolución positiva da administración
autonómica respecto do V Programa Integrado de Emprego do Concello de
Mos, entre outros motivos polo feito
de que Mos, está adherido á iniciativa “Concellos Doing Bussiness
Galicia-Concello Emprendedor” para fomentar a implantación e fixación de
empresas en Galicia.
“O
V Programa Integrado de Emprego MOS 3.0 pretende ser unha continuidade
dos programas integrados de emprego anteriores, cuxo éxito está
demostrado, e neste momento é referencia
no ámbito no que se desenvolve, sendo coñecido tanto polas empresas do
noso entorno, como polas persoas demandantes de emprego. A mellora da
empregabilidade e a inserción laboral das persoas desempregadas do noso
municipio é un obxectivo prioritario das políticas
activas de emprego desenvolvidas dende o Concello de Mos” declaraba
esta mañá Loureiro.
Na
quinta edición do Programa Integrado de Emprego MOS 3.0 participarán un
total de 100 usuarios dos que 5 serán persoas con discapacidade, 20
menores de 30 anos con cualificación,
5 persoas en risco de exclusión, 25 perceptores de desemprego,
subsidios por desemprego ou RAI, 20 menores de 30 anos con baixa
cualificación, 15 persoas desempregadas de longa duración e 10 mulleres.
Neste novo Programa o Concello comprométese a acadar, como mínimo, un 45% de inserción.
Datos do IV Programa Integrado de Emprego
No
actual IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 participan
tamén 100 persoas en situación de desemprego. Subliñar que o 63% das
persoas participantes do Programa accedeu
ao mercado laboral durante diferentes períodos, estando unha gran
maioría traballando na actualidade en diferentes sectores. Por outra
banda, facer mención a aquelas persoas participantes (4%) que, como
resultado das accións de orientación e formación realizadas,
decidiron retomar estudos académicos priorizando este obxectivo sobre a
inserción laboral.
Cómpre
tamén facer mención aos convenios de prácticas non laborais asinados
con diferentes empresas, a través dos cales nove persoas foron formadas
(ou o están sendo) nun posto de
traballo de cara a unha inserción laboral.
Neste momento o Programa atópase na recta final, contando con servizos que están en funcionamento de xeito permanente tales como a Aula Aberta de Informática, a través da cal se ofrece acceso gratuíto a equipamento informático e apoio individualizado prestado por persoal cualificado; a Escola de Emprendemento, que ofrece mentorización e asesoramento a aquelas persoas interesadas en desenvolver unha idea empresarial; e clases preparatorias da E.S.O destinadas a aquelas persoas interesadas na obtención deste título nas convocatorias establecidas oficialmente.
Ademais no último trimestre impartíronse un total de 5 accións formativas que foron cursos de: limpeza industrial, novas tecnoloxías, formación online en idiomas, innovación, márketing, etc.; avaliación das competencias persoais na busca de emprego e permiso de conducir tipo B.
As accións próximas a implantar antes do remate do IV Programa Integrado de Emprego son a titulada ‘Cociña creativa ou de autor/a- manipulador/a de alimentos’ cunha duración de 40 horas, que comezará esta semana; así mesmo, está previsto a realización dunha visita ao Polígono Industrial de Porto do Molle para coñecer o Centro de Negocios e por outra banda, o vindeiro día 21 de outubro, terá lugar o Seminario de Mobilidade Transnacional, coa finalidade de dar a coñecer as oportunidades de Emprego no ámbito da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O
IV Programa Integrado de Emprego conta cunha subvención de 250.000
euros da Xunta de Galicia. Encádrase dentro das políticas activas de
emprego que se desenvolven dende o Concello
de Mos e móstrase como un catalizador de tódalas “oportunidades” de
emprego ás que as persoas en busca activa de emprego poden acceder, así
como as empresas que buscan perfís determinados para ás mesmas.
A
Consellería de Economía, Emprego e Industria, cofinancia este programa,
orientado a explorar novas alternativas de inserción laboral dos
demandantes con especiais dificultades
de acceso ao emprego. Dos seus 100 usuarios participantes 6 son persoas
desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de
Risga), 4 persoas con dicapacidade, 35 persoas desempregadas menores de
30 anos con baixa cualificación, 25 persoas
desempregadas menores de 30 anos cualificadas, 25 persoas desempregadas
maiores de 45 anos, e 5 persoas cobrando prestación ou subsidio de
desemprego.
Trátase
dun Programa Integrado de Emprego, homoxéneo, global e sistémico que
permitiu establecer itinerarios individualizados e integrados de
inserción, orientados á mellora da ocupabilidade
dos participantes no programa, á mellora das competencias profesionáis,
a través de formación adaptada ás necesidades detectadas en
colaboración coas empresas colaboradoras do proxecto, ou ben a través de
formación transversal e complementaria, que complete
o perfil do usuario, derivándoo a un período de prácticas nas empresas,
cuxa finalidade é a participación nos procesos selectivos que a empresa
esté desenvolvendo e finalmente a inserción.
Consolídase
con esta cuarta edición a actuación de intermediación laboral que dende
a concellería de Emprego -a través da Axencia de Colocación- se
realiza, e
enriquécese con ferramentas novedosas e innovadoras, que apostan
totalmente polo contacto directo e continuo co tecido empresarial,
perseguindo cubrir as necesidades de persoal, con perfiles profesionais
que se axusten ás súas necesidades.
O orzamento total do proxecto é de: 312.000 €. O equipo directivo está formado por 3 técnicos/as de orientación e prospección laboral e intermediación laboral. Entre outros, o servizo fundamental que ofrece o Programa Integrado de Emprego é atención persoalizada e grupal ás persoas participantes.
A metodoloxía de traballo está baseada en técnicas de coaching, e serán as persoas desempregadas os propios protagonistas dos seus procesos de empregabilidade. O obxectivo é mellorar a súa empregabilidade dende unha óptica que os sitúa nunha posición activa, comprometida e solidaria ante os grandes retos que impón a situación actual.
O
programa concibe á persoa desempregada como a portadora das
competencias necesarias para facer frente á situación, e por elo, aplica
un programa de traballo
deseñado para potenciar a adquisición, desenvolvemento e/ou
descubrimento de ditas competencias. Para logralo, é fundamental o
traballo sistemático e organizado dun equipo de desempregados/as de
distintas idades e cualificacións, que funcione seguindo un modelo
de empresa, baixo a responsabilidade dun profesional competente e
especializado neste modelo de intervención. Ademais de atención
persoalizada, os/as beneficiarios/as do Programa Integrado de Emprego
reciben formación e intermediación laboral coas empresas,
así como formación específica establecida coas empresas colaboradoras,
co obxectivo de acadar compromisos de inserción.