Sábado, 25 Xaneiro de 2025

Ponteareas colabora con «Muévete por los que no pueden»

Arranca en Bilbao a III Volta Solidaria a España que chegará a Ponteareas o vindeiro 18 de outubro

Arranca en Bilbao a ‘III Volta Solidaria a España’ coa que o Concello de Ponteareas colabora a través da Concellería de Eventos que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández. Organizada pola asociación ‘Muévete por los que no pueden’ en colaboración co deportista Marcos Bajo, a terceira volta solidaria chegará a Ponteareas o vindeiro 18 de outubro tras percorrer media España en modaliade duatlón.

Marcos Bajo, que ten unha discapacidade visual, realizará a diario durante 35 días unha maratón a pé e unha media maratón en bicicleta para dar a coñecer as enfermidades raras (ER), animar ás persoas con discapacidade a practicar deporte e eliminar as barreiras sociais achegando á poboación a realidade dos pacientes e dos familiares de ER.

A marcha, que rematará en Barcelona o 10 de novembro, tamén recadará fondos para a investigación destas enfermidades vendendo diferentes produtos de merchandising que se poderán adquirir o día da chegada a Ponteareas diante da casa do concello.

Esta marcha solidaria une a cinco centros de investigación en ER que foron becados en 2018 e 2019 por esta asociación.

Todo o que desexe poderá realizar unha compra solidaria nesta páxina web, fondos recadados destinaranse para a creación de axudas anuais á investigación ‘Muévete por los que no pueden’.

Xunto a Marcos Bajo irá o seu equipo de apoio, formado por Minerva González, Gregorio Jiménez e Roberto Calderón, todos eles persoas con algunha patoloxía.

O percorrido pode consultarse nesta ligazón.

Cristina Fernández insiste na importancia destas iniciativas que visibilizan a un sector minoritario da poboación e que contribúen na achega de fondos para a investigación destas enfermidades. “Concienciar, sensibilizar e apoiar a estas familias é fundamental para construir unha sociedade en igualdade”.