O Club Baloncesto Nigrán viviu onte sábado, no Pavillón Municipal de Panxón, unha xornada moi especial na festa de presentación de todos os seus equipos para esta nova e ilusionante tempada 2019/2020 na que o club de Nigrán terá representación en todas as categorías.
O acto, que contou coa presenza do alcalde Juan González e as concelleiras de igualdade, turismo e asuntos sociais, comezou co desfile dos once equipos que competirán esta tempada mentres soaban bandas sonoras de películas como a BSO de Fama, Akuna Matata do Rey León ou a banda sonora de Campións entre outras.
O primeiro en aparecer en pista foi o equipo junior masculino, a continuación fixérono o equipo sénior masculino, o equipo junior feminino, cadete feminino, o cadete masculino, os dous equipos infantil masculino e o feminino, o equipo alevín, o equipo benjamín e pechando o desfile os máis pequenos da casa, o equipo baby. Un total de 11 equipos que supoñen máis de 130 fichas federativas.
Xunto aos equipos desfilaron os seus respectivos adestradores e adestradoras. Antonio Saavedra, adestrador do equipo sénior; Francisco Termenón, que será o responsable do equipo junior feminino; Nuria Gómez, que ademais da dirección deportiva do club levará aos equipos junior masculino, cadete masculino e cadete feminino onde contará coa axuda de Alejandro Holguin que será o encargado do infantil masculino. Antía Vega adestrará ao outro equipo infantil masculino e infantil feminino e, xa no minibasket, Paula Chousal adestrará ao alevín mixto; Víctor Alonso coa axuda de María Fernández levará o equipo benjamín, e por último, Antonio Villar coa axuda de Nuria Gómez adestrará ao equipo baby.
[su_image_carousel source=”media: 7266,7264,7263,7262,7256,7257,7258,7259,7260,7261,7255,7254″ crop=”16:9″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
Chegaba tras o desfile o momento das fotos, equipo a equipo cos seus adestradores e adestradoras para rematar, como xa é tradición coa foto de grupo.
O acto estivo dirixido por Gonzalo Pousada Palacios que xa leva varios anos colaboranzo co C.B. Nigrán como speaker da súa festa de presentación. Cómpre salientar que da súa autoría é o rap composto para a presentación do pasado ano, cunha letra que, subliña o C.B. Nigrán “que reflicte a filosofía do club: ‘Aprender, compartir, facer grupo e competir, esas son as nosas virtudes. Nigrán…. CB Nigrán”.
Pero, está claro, que a unha festa do baloncesto sen baloncesto, parece que lle falta algo, así que rematada a presentación, os o equipo Senior Masculino do CB Nigrán, campión de liga na pasada tempada, disputaba o su primeiro partido de liga fronte ao CB Puertovigo.