Sábado, 2 Novembro de 2024

Redondela comeza a entrega de composteiros individuais

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela comezou as charlas sobre compostaxe doméstica, realizadas a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, onde os e as participantes recibiran de balde un composteiro individual, un aireador e un manual, así como a información necesaria para utilizalos.

O concello de Redondela recibiu 154 unidades de composteiros do plan Revitaliza dos que se realizará seguimento, con visitas aos domicilios, a efectos de recadar datos para realizar estudos sobre a xestión de residuos, así como resolver as posibles dúbidas xeradas na autoxestión dos residuos orgánicos.