As Neves deu comezo, este xoves ás actividades do programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que seguirá, con diferentes propostas, ata o vindeiro día 12. A ‘Cata-maridaxe A catro mans’, celebrada no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro, foi a encargada onte de abrir o programa.
Os asistentes a esta experiencia gastronómica gozaron de cinco pratos salgados e dous doces, con dous viños brancos para comezar, catro tintos e un rosado espumoso, todos eles das dúas beiras do Miño. O menú abragueu navallas de Fisterra, con Albariño Selección Señorío de Rubiós; lingua de tenreira galega, cun viño do Condado; alubias de Lourenzá con boletus e mexilones de Aldán, con Viño Verde Zafirah; bacallau ao Albariño con crema da batata e Viño Verde Adega do Sessego; carrilleira de ibérico con cabazo; tarta de queixo con chocolate branco, con viño tinto Selección Señorío de Rubiós e crema de Requeixo de As Neves con chocolate, con viño rosado espumoso Nande.
Andaina, este sábado
Doutra banda, mañá sábado día 5 de outubro, ás 16:30 h, sirá dende a Praza do Concello a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.
V Ruta dos pinchos
Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenvolverase a V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas, no que participan os principais locais de restauración das Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5 €.
XXX Aniversario da Coral Santa María
O domingo, día 6 de outubro, o Auditorio Municipal das neves será o escenario, dende as 19 horas, da celebración do trinta aniversario da Coral Polifónica de Santa María, na que actuarán, ademáis da propia coral, o Grupo Sendeiro e Argonat Band, e haberá un recital poético a cargo de María Gil e Mar Míguez.