17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosMos inicia os traballos de mellora do piso do «Pavillón Óscar Pereiro»

    Mos inicia os traballos de mellora do piso do «Pavillón Óscar Pereiro»

    A optimización era fundamental para a práctica do patinaxe artístico, un dos deportes máis exitosos e practicados no municipio

    O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hai uns días a pista do Pavillón Óscar Pereiro, acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, para comprobar o estado dos traballos de mellora do parqué desta instalación deportiva e para os que, a Secretaría Xeral do Deporte, concedeu ao concello unha subvención de 20.000 euros.

    Na súa visita, o secretario xeral e a alcaldesa estiveron acompañados pola concelleira de Deportes, Begoña Toucedo e polo xefe do Servizo Provincial de Deportes, Daniel Benavides.

    A obra de mellora do firme da pista de xogo do Pavillón Óscar Pereiro, que asume na súa integridade a Secretaría Xeral para o Deporte, xa comezou e quedará rematada durante o mes de outubro e tratáse, segundo sinalou o Concello de Mos, dunha obra moi necearia “sobre todo para a práctica dun dos deportes máis prolíficos do municipio como é a patinaxe artística”.

    As de partinaxe son unhas das escolas deportivas con máis integrantes do Concello de Mos. En total sobre uns 160 nenos e nenas practican este deporte formando parte dun dos tres clubes mosenses: Escolas de Patinaxe de Mos (que conta cuns 100 deportistas), Club Rosaleira (que conta con sobre 30 patinadores e patinadoras) e Xiramos (que conta con 30 integrantes).

    Todos estes xoves patinadores realizan os seus adestramentos no Pavillón Óscar Pereiro e no Pavillón Soledad Castro, “polo que a optimización do firme do primeiro era unha importante demanda que por fin se fai realidade”, sinalan dende o consistorio mosense.

    Os traballos que se están a realizar no Pavillón Óscar Pereiro son de fixación das tablas do parqué, pulido e barnizado das mesmas, así como posterior marcado e pintado das diferentes liñas que delimitan os terreos de xogo para os distintos deportes que alí se practican.

    Por esta pista do Pavillón Óscar Pereiro pasan 1.500 persoas á semana. Trátanse de usuarios pertencentes aos clubes de patinaxe municipais, nenos e nenas das Escolas Deportivas de Baloncesto (actividade extraescolar), adultos e cativos que practican o fútbol sala, maiores participantes na actividade de ximnasia de mantemento do programa municipal ‘Exercítate’, mozos do IES de Mos que acuden a realizar algunhas das súas horas lectivas de clases de Educación Física, etc.

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.