15.8 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaDigna Rivas denuncia a "deslealdade institucional" da Xunta co anuncio da financiación...

    Digna Rivas denuncia a “deslealdade institucional” da Xunta co anuncio da financiación do PXOM

    Lamenta o executivo redondelán que a Xunta comunicase ao PP a súa intención de asinar un convenio de colaboración "en lugar de facelo ao Goberno local"

    O compromiso da Xunta de Galicia de tramitar a solicitude do financiamento “para que Redondela teña o Plan Xeral de Ordenación Municipal” feito pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas ao PP de Redondela, foi acollido con reservas polo goberno local de Redondela que lembra que a mediados do 2017, dende os servizos de Urbanismo do Concello “remitiuse a documentación pertinente para a sinatura deste convenio e nunca se tivo contestación por parte da administración autonómica”.

    A alcaldesa Digna Rivas, lamentou en todo caso, o que considera “unha nova mostra de deslealdade institucional e de falta de respecto á veciñanza de Redondela” o feito de que dito anuncio fora transmitido ao PP de Redondela “actualmente na oposición” en lugar de comunicarllo en primeiro lugar “ao Goberno local de Redondela como representante dos veciños e veciñas e como mandan as máis elementais normas de cortesía institucional”.

    O Goberno local considera, en todo caso “cando menos curioso” que o PP asegure que “tiveron que liquidar un anterior proxecto de PXOM feito ás costas dos vecños” cando os populares tramitaron un plan con tal grao de escurantismo que os partidos da oposición miráronse na necesidade de abrir puntos de información nas súas sedes para dar conta á veciñanza da situación do Plan e do xeito en que podían presentar suxestións ao mesmo”.

    Sorprende tamén, sinala o Goberno redondelán, que de pronto ao PP éntrelle a presa, “esa que non tivo mentres gobernaba”, para avanzar neste importante documento.

    En todo caso, en dous meses efectivos de Goberno “houbo xa dúas reunións co equipo redactor e convocouse unha comisión informativa na que se expuxo o estado de tramitación do PXOM” é dicir, aclara o Goberno de local, “posiblemente máis cousas das que fixo o PP neste sentido nos últimos seis meses”, de aí que “sorprenda a urxencia que de pronto lle entrou que non era a mesma, evidentemente, que cando estaban gobernando”.

    De feito, lembra o goberno redondelán, “en 2017 enviouse toda a documentación para que a Xunta financiase o PXOM, a administración autonómica non contestou e por parte do Goberno local de Redondela, non se tocou máis o tema, ese mesmo tema polo que agora amosan unha urxencia extrema”.

    Recoméndalle o Goberno que preside Digna Rivas ao PP “mesura e prudencia” e que postos a explicar, expliquen á veciñanza o motivo polo que “existen expedientes de disciplina urbanística sen tramitar por orde expresa da anterior concelleira, expedientes con orde de execución que non se cumpriron e nos que rexeitou asinar as correspondentes multas coercitivas para que se executaran”. Iso, afirma o executivo local, “chámase transparencia”, asegura o Concello de Redondela.

    En canto ao urbanismo “á carta” do que tanto lle gusta falar ao PP, considera Digna Rivas “que é unha falta de respecto aos técnicos e técnicas que elaboran dito Plan” porque, lembra “é un documento técnico no que pouco encaixa a cor política, algo que por certo tamén afirmaba o PP cando gobernaba e que polo visto, agora co cambio de lugar, tamén se esqueceron”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS