14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasTui, membro de pleno dereito da «Red de Juderías de España»

    Tui, membro de pleno dereito da «Red de Juderías de España»

    O municipio poderá optar a fondos para a promoción do patrimonio xudeu

    Tui é dende hoxe membro de pleno dereito da Red de Juderías de España. Na 52ª asemblea desta entidade, celebrada esta tarde en Hervás, formalizouse a incorporación de catro novas cidades: Tui, Béjar, Sagunto e Lorca. Con este paso complétase o proceso de admisión de novas entidades que comezou o ano pasado coa presentación de candidaturas que foi resolta no mes de maio.

    Na asemblea desta tarde o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, como representante do Concello de Tui nesta asemblea, deu conta do patrimonio tudense vinculado aos xudeus coma os Sambenitos ou as marcas criptoxudías.

    Laureano Alonso cualificou o encontro de “experiencia moi enriquecedora e positiva”, destacando o impulso de promoción do patrimonio xudeu que supón formar parte desta Red de Juderías de España integrada por 22 municipios .

    O responsable tudense de Turismo, quixo destacar tamén o feito de que a rede destina o 20 % do seu orzamento a proxectos vinculados coa posta en valor do legado xudeu, uns fondos aos que Tui poderá dende agora optar presentando proxectos en ámbitos coma a música, a cultura, a gastronomía,…

    Hoxe amais estableceuse un primeiro contacto entre Tui con Monforte e Ribadavia para poder realizar actividades conxuntas dos tres municipios galegos integrados na rede.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.