9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasPonteareas avanza na loita contra a contaminación acústica

    Ponteareas avanza na loita contra a contaminación acústica

    O Concello abre o prazo de presentación de suxestións ao borrador da Ordenanza dando continuidade ao proceso que permitirá ter unha norma antes de rematar o ano

    O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, responsábel das políticas de convivencia cidadá, informou que xa está exposto ao público na web municipal o borrador de ordenanza contra a contaminación acústica para suxestións.

    Despois dun proceso previo de participación xenérico, que rematou a pasada semana e no que se recibiron diferentes aportacións veciñais, ábrese agora unha segunda fase participativa na que a veciñanza poderá pronunciarse sobre unha proposta concreta de ordenanza.

    Dita proposta ten como base o modelo de ordenanza aprobado pola Xunta de Galicia e a intención do goberno local é adaptala ás necesidades de Ponteareas.

    O prazo para suxestións remata o día 25 de outubro e desde o Concello remitirase copia da proposta de ordenanza a hostaleiros e comerciantes, ás empresas de construción, aos colectivos sociais veciñais e aos ambientalistas, aos grupos políticos, ás actividades que producen ruídos (como a concesionaria da recollida de lixo ou os supermercados con actividade de carga e descarga de mercadorías), a profesionais da avogacía, da enxeñería industrial e da arquitectura con despacho en Ponteareas

    A actual ordenanza municipal data de 1997 e está na práctica derrogada ao non axustarse á normativa de ruidos estatal e autonómica actualmente vixente. A intención do goberno local é que Ponteareas conte antes de finalizar o ano cunha nova ordenanza de ruídos que dea solución a un problema que afecta a unha parte importante da poboación.

    O borrador pode consultarse xa na pestaña participación cidadá da páxina web ou directamente clikando nesta ligazón.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.