O conflito da titularidade dos terreos nos que se enclavan os aeroxeradores eólicos que, dende hai máis dunha década, mantiñan os concellos de Arbo e As Neves, vén de ser resolta logo de que a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo desestimase o recurso presentado o concello das Neves dando, polo tanto valicez ao decreto da Consellería de Presidencia de 2012 no que se resolvía o expediente de deslinde a favor de Arbo.
A orixe do problema foi a titularidade dos terreos nos que se enclavan os aeroxeradores, popularmente coñecidos como “muíños eólicos” que se sitúan entre ámbolos dous municipios. O 4 de abril de 2008 o Concello de Arbo presentaba no Rexistro da Conselleria de Presidencia Administración Publica e Xustiza, o acordo adoptado na Xunta de Goberno Local de 13 de decembro de 2007, sobre o inicio do expediente de delimitación nos termos municipais entre As Neves e Arbo
Cómpre lembrar que as comunidades de montes reciben unha compensación polo aluguer dos seus terreos ás empresas produtoras de enerxía eólica e, nese sentido, a comunidade de montes de Cabeiras, en Arbo, sostiña que debía recibir máis fondos pola existencia, no seu territorio, de tres aeroxeradores. Mentres, o Concello das Neves sostiña que ditas torres atopábanse dentro das liñas do seu municipio.
O 31 de outubro de 2012, por decreto da Conselleria de Presidencia resolvíase o expediente de deslinde a favor de Arbo, decreto que foi recorrido polo Concello das Neves, recurso que agora e con data de 1 de outubro de 2019, desestima a Sala do Contencioso-Administrativo de Madrid.
O Concello de Arbo amosou a súa satisfacción “ao clarificarse definitivamente a titularidade dos terreos”, feito que posibilitará que a comuninade de montes afectada e o Concello de Arbo perciban as compensacións económicas que legalmente lles pertencen.