A tenente de alcalde e concelleira de Saúde do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, participaron nas accións de promoción da saúde organizadas pola Comisión de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental do concello de Salamanca.
Como membros da, RECS e a DEMOS, e buscando cumprir os ODS 2030 (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) en temas de Igualdade, medioambiente e saúde, entre outros obxectivos, as concelleiras asistiron as actividades formativas e de sensibilización para profesionais.
A Comisión de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental ten como obxectivos coñecer que actividades realiza cada entidade en materia de promoción e educación para a saúde, poñer en común as necesidades que existen, establecer sistemas para o intercambio de información, desenvolver programas de promoción e eduación para a saúde, así como realizar actividades de sensibilización e formación sobre a saúde e discapacidade intelectual e saúde mental.