21.8 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoTrinta e cinco establecementos participarán no «XIV Pinchorriño»

    Trinta e cinco establecementos participarán no «XIV Pinchorriño»

    Concello e Asociación de Comerciantes e Industrias do Porriño , Acipor, ultimaron os detalles organizativos da vindeira edición do ‘Pinchorriño’, que se celebrará entre os días 1 e 30 de novembro en colaboración coa asociación de hostaleiros Ahospor e no que se espera a participación de preto de 35 establecementos hostaleiros do municipio.

    Este evento gastronómico, que xa cumpre a súa decimocuarta edición, organízase para promoción da hostalaría local e como xeito de contribuír a desestacionalización do turismo xa que, como sinalaba o concelleiro de Comercio do Porriño, Sergio Casal, “agardamos que siga a ser un reclamo para visitantes do resto da área metropolitana”.

    Como xa é habitual nesta cita gastronómica, a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as 19 h e 23 horas, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros.

    Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións seladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un. Como novidade nesta edición, tamén se inclúe nos premios “unha cesta de productos que regala El Ultramarino valorada en 150 euros”, informou Noelia Conde, xerente de Acipor.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.