10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA 'Escola de Igualdade María Vinyals' propón reflexionar sobre 'A mercantilización...

    A ‘Escola de Igualdade María Vinyals’ propón reflexionar sobre ‘A mercantilización do corpo das mulleres’

    Preto de 200 persoas participarán nunha xornada na que, xunto á presidenta Carmela Silva, estarán Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Silvia Pérez, Towanda Rebels e xornalistas da provincia

    Este mércores ás 9:45 horas arranca unha nova xornada da «Escola de Igualdade María Vinayls» na que se afondará sobre a ‘Mercantilización do corpo das mulleres’. Deste xeito, durante todo o día o Castelo de Soutomaior concentrará a mulleres da talla de Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Silvia Pérez ou Teresa Lozano e Zua Méndez (máis coñecidas como Towanda Rebels), que xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a xornalistas da provincia, reflexionarán con preto de 200 persoas sobre pornografía, prostitución, ventres de aluguer, trata e violencia sexual.

    A xornada dará comezo coa apertura a cargo da presidenta provincial, Carmela Silva. Quince minutos despois terá lugar a conferencia ‘Pornografía, prostitución: violencia contra as mulleres’ a cargo de Rosa Cobo, que será presentada por Natalia Puga, de PontevedraViva e El Mundo. Cobo, doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía e profesora da Universidade da Coruña, analizará as relacións entre o modelo de sexualidade imposto ás mulleres, o capitalismo global, a pornografía, a prostitución, e a alianza entre capitalismo global e prostitución, indicando como as políticas neoliberais produciron un incremento da industria do sexo.

    Ás 12.30 horas Ángeles Álvarez, presentada pola xornalista Salomé Soutelo do Faro de Vigo, afondará na ‘Mercantilización reprodutiva do corpo das mulleres’. Álvarez, portavoz da Red Estatal Contra el Alquiler de Vientres (RECAV), centrará a súa intervención nos ventres de alugueiro e fará un percorrido polo significado que a maternidade ten nas sociedades androcéntricas. A continuación, Silvia Pérez, presentada pola xornalista Sandra Penelas do Faro de Vigo, falará sobre a realidade da acción contra a trata. Pérez, doutora en Socioloxía e profesora da Universidade de Vigo, afondará sobre a trata sexual e a resposta institucional dende a diversidade dos axentes implicados na súa persecución, atención e sensibilización.

    Xa pola tarde (16.00 horas), Teresa Lozano e Zua Méndez, Towanda Rebels, falarán do ‘Porno e violencia sexual’, tras ser presentadas pola xornalista do Diario de Pontevedra Sara Vila. Towanda Rebels, plataforma de comunicación e expresión feminista, centraranse na normalización da cultura da violación, da man dunha potente industria pornográfica que diariamente atrae a milleiros de nenas e nenos e de adolescentes en todo o mundo, un dos grandes paradigmas do patriarcado.

    Ás 18.00 horas terá lugar a clausura, na que a xornalista de La Voz de Galicia, Maruxa Alfonso, procederá á lectura das principais conclusións da xornada da Escola de Igualdade María Vinayls da Deputación de Pontevedra.

    ‘Mercantilización do corpo das mulleres’, ao igual que as anteriores xornadas formativas da escola, ten por obxectivo crear un espazo de encontro e intercambio de experiencias. Deste xeito, as preto de 200 persoas participantes poderán compartir este mércores no Castelo de Soutomaior os seus coñecementos sobre as diversas formas que adopta a mercantilización do corpo das mulleres e os factores que favorecen a súa normalización e validación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.