15.8 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz busca estudar as potencialidades do territorio para o desenvolvemento rural

    Mondariz busca estudar as potencialidades do territorio para o desenvolvemento rural

    O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, conversou co director xeral de AGADER, Miguel Pérez Dubois, para analizar posibilidades de colaboración

    O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, e o tenente de alcalde, Leopoldo Tato, Mantiveron unha xuntanza en Santiago co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois. A reunión responde á liña estratéxica do Goberno local “de promover un desenvolvemento rural atractivo para a veciñanza que poña freo á constante despoboación que vén sufrindo o concello nos últimos anos”.

    Durante a reunión, Barros e Tato escoitaron con atención as características das denominadas ‘aldeas modelos’ que está a promover a Consellería de Medio Rural e manifestaron que o goberno municipal comparte a idea de que unha explotación sustentábel do territorio forestal con actividades agrogandeiras nas faixas secundarias é a mellor defensa fronte ao lume. 

    Para determinar as potencialidades de Mondariz en materia de desenvolvemento rural, solicitouse expresamente un estudo orientado á fruticultura e unha charla sobre o programa de ‘aldeas modelos’ en Mondariz.

    Dende o goberno municipal intúese que árbores frutais coma maceiras ou amendoeiras poden adaptarse ben ás características xeográficas do Concello de Mondariz e permitir un desenvolvemento rural sustentábel con perspectivas de futuro.

    Para dar a coñecer o sector frutícola entre a veciñanza, estase a preparar unha xornada arredor da produción de mazá e sidra para finais deste mes. Previamente, a finais de setembro, xa se fixo unha xornada técnica sobre a crianza de porco celta nas carballeiras e nos soutos galegos.

    Con estas actividades formativas e informativas, o Concello de Mondariz pretende revalorizar os tradicionais vencellos coa terra e a natureza de gran parte da veciñanza para buscar alternativas de desenvolvemento rural que impulsen a economía local e a calidade de vida.

    “Antes de presentar candidaturas de ‘aldea modelo’ hai que estudar as potencialidades de cada territorio e ter un plan claro de como se van a aproveitar as faixas secundarias”, comenta Xosé Emilo Barros.

    Coas ‘aldeas modelos’, a Xunta de Galicia está tratando de vincular a prevención de lumes na contorna dos núcleos de poboación coa explotación agrogandeira das faixas secundarias, tendo en conta que actividades como a plantación de árbores (frutais, castiñeiros, oliveiras,…) con vistas ao aproveitamento comercial ou a crianza de gando autóctono (porco celta, cabra galega,…) conleva a limpeza natural desas faixas. Este modelo ten o seu interés para un concello como o de Mondariz, pero tamén require dunha activa implicación da veciñanza, especialmente das persoas propietarias das terras afectadas. “É por iso que o goberno municipal dá tanta importancia á información pública sobre este e outros programas que poidan beneficiar á localidade”, conclúe o alcalde de Mondariz.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS