12.6 C
Pontevedra
Sábado, 1 de Abril de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda adecúa o alumeado público á tecnoloxía led

    A Guarda adecúa o alumeado público á tecnoloxía led

    A subvención anunciada polo IDAE permitirá adaptar ao sistema led preto de 2.000 puntos dos 2.600 con que conta o alumeado público do municipio

    O Concello da Guarda ven de recibir a resolución favorable por parte do IDAE para a subvención do proxecto de renovación do alumeado público exterior do municipio, que permitirá unha actuación integral sobre 1.916 puntos de luz do total de 2.688 existentes no municipio, acadando un aforro enerxético dun 65%.

    Esta actuación está complementada coa que se acometerá en breve grazas ao proxecto de aforro enerxético promovido pola Deputación de Pontevedra, que permitirá a instalación de 24 puntos de luz en BIC’s coma o Castelo de Santa Cruz e 14 puntos de luz no Monte Santa Trega, cun investimento total de 17,385,42 €, a instalación dunha Caldeira de Biomasa para o Centro Cultural da vila cun investimento total de 72.580,57 € e a renovación dun total de 251 puntos de luz do municipio cun investimento total de 98.672,88 €.

    Esta subvención, cun investimento total que ascende a 919.452,02 €, está cofinanciada polos fondos FEDER, cunha achega de 735.561,62 € e unha achega das arcas municipais de 183.890,40 €, que será asumida cunha parte do aforro no consumo eléctrico.

    Esta subvención está concedida ao amparo dos proxectos singulares de entidades locais para favorecer o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Está prevista a licitación deste proxecto no ano 2020.

    Deste xeito A Guarda se pon á cabeza da xestión da iluminación pública, cumprindo o obxectivo de adaptar á tecnoloxía led todas as luminarias públicas nos espazos exteriores do municipio, cunha importante redución do consumo eléctrico, ademais do aforro económico e a mellora que conleva esta actuación para o medio ambiente, reducindo en 334,48 toneladas ao ano as emisións de dióxido de carbono e reducindo tamén a contaminación lumínica, permitindo axustar a intensidade dos puntos de luz.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS