Martes, 6 Maio de 2025

Ponteareas adxudica as obras de mellora integral do Alto da Gloria

O goberno de Ponteareas vén de dar conta da adxudicación, por 197.821.05 (ive incluído), das obras de mellora do Alto da Gloria-Fontenla, conseguindo un aforro de 57.656,24 € respecto ao prezo de licitación. As obras de mellora,que comezarán pasadas as festas do Corpus, contemplan a implantación dunha rede de saneamento de augas residuais en tres tramos principais, o primeiro ao longo da estrada EP-4001-Guillade, un colector secundario que accede ao interior de Fontenla e outro que se estende pola estrada do alto da Gloria no cemiterio.

O proxecto complétase cunha senda na marxe oeste da estrada do cemiterio habilitando un espazo seguro para os peóns dende o camposanto ata a beirarrúa existente na EP-4001 conectando as dúas estradas que dan ao núcleo urbano Guillade-Fontenla.

Co obxectivo de conseguir espazos seguros para o peón completando itinerairos actualmente empregados pola veciñanza e intentando a súa coexistencia co tráfico rodado o goberno de Ponteareas inicia as obras de mellora deste espazo de importante afluencia veciñal no que existen diferentes elementos de alto valor patrimonial. Ademais, prosigue no aumento da rede municipal de saneamento nunha zona na que non existía. As obras tamén contemplan a recollida de augas residuais.

Actualmente a estrada do cemiterio dispón dunha superficie pavimentada duns cinco metros de largura e dúas zonas sen pavimentar en ambas marxes empregadas polos peóns e nalgúns casos a modo de aparcamento. Nesta zona tampouco existe rede de saneamento que por vez primeira chega con esta obra.

A senda peonil que irá na marxe oeste terá dous metros de ancho e un pavimento que a diferencia da zona de tránsito de vehículos. Entre a calzada e a senda dispónse unha canalización das augas que escorregan da estrada. Ao longo do cemiterio proxéctanse zonas verdes arredor das árbores existentes que permiten mantelas e mellorar o seu entorno.

Na calzada do cemiterio renovarase a capa de rodaxe na súa totalidade e realizarase unha instalación eléctrica para a mellora da iluminación neste tramo.

Concello e AEMOS formalizan a concesión demanial do viveiro de empresas da Veigadaña

0

A alcaldesa en funcións de Mos, Nidia Arévalo; a Secretaria Municipal e o presidente da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), Manuel Castro, asinaron na mañá de hoxe no salón de sesións do Concello o documento de formalización de concesión demanial do edificio municipal para viveiro de empresas construído no Polígono Industrial da Veigadaña.

Con este acto de sinatura formalízase o convenio de colaboración polo que o Concello de Mos aproba a concesión demanial directa a favor da Asociación de Empresarios de Mos do uso privativo do edificio dos viveiros industriais sito no polígono de Veigadaña, inmoble do que o Concello é titular. O inmoble debe dar cumprimento á función de servizo público con fin de interese xeral relativa á implantación de viveiros industriais para o establecemento de emprendedores do municipio de Mos.

Unha vez formalizada a concesión demanial, iniciarase agora de xeito inmimente, por parte de AEMOS, o concurso para os aspirantes a ocupar o viveiro e así que a infraestrutura poida comezar a funcionar canto antes de man dos empresarios mosenses. O viveiro será xestionado directamente pola Asociación de Empresarios.

AEMOS convocará polo tanto próximamente o concurso público ao que optarán os ‘viveiristas’ que queiran ocupar un espazo no viveiro de empresas da Veigadaña. En total ofertaranse 4 talleres ou viveiros de carácter industrial 4.0. Dende AEMOS informan de que o procedemento de selección para a adxudicación destes catro viveiros abrirase de xeito inmimente. Os primeiros ‘viveiristas’ terán que estar asentados nas instalacións da Veigadaña antes de outubro deste ano.

Dende a Asociación de Empresarios mosense sinalouse que os criterios de valoración para a selección dos/as candidatos serán obxectivos, “primando na puntuación parámetros como a viabilidade do proxecto, a fórmula xurídica (por exemplo cando se trate dunha empresa de economía social), que se trate de promotores demandantes de emprego (emprendedores), de colectivos de difícil inserción, menores de 35 anos, mulleres, etc.”.

A obra de construción do edificio que albergará o viveiro de empresas e servizos de apoio no polígono PEMOS-Veigadaña quedou finalizada en novembro de 2018.

O viveiro conta con 4 talleres para albergar empresas de actividades vinculadas coa industria 4.0, (desde robótica, impresión 3D, procesos, investigación… etc.) zona de oficinas para atención ao emprendedor, e espazo para empresas emprendedoras en condicións ventaxosas durante un ano prorrogable a outro ano máis, con técnicos que as asisten e asesoran, orientan e axudan, acompañándoas neses dous primeiros anos de actividade empresarial. Na segunda pranta estará a zona de servizos comúns e coworking, con despachos e zonas de recepción, administración, reunión e atención; onde poder organizar desde reunións comerciais ata eventos máis ambiciosos.

En abril de 2018 Concello e AEMOS asinaron o convenio para a creación do viveiro de empresas que está ubicado no polígono da Veigadaña e que subvencionou a consellería de Economía, Emprego e Industria con 240.000 euros.

A Guarda recupera o Cruceiro Pinto de Salcidos

0

O Concello da Guarda ven de rematar recentemente as obras do Proxecto de Urbanización do entorno do Cruceiro Pinto de Salcidos. Neste proxecto de renovación do pavimentado do camiño da Cruz, no entorno do cruceiro Pinto, situado no núcleo de San Lourenzo da parroquia de Salcidos, realizouse unha obra para a acondicionar este ben patrimonial, permitindo mellorar este camiño para o servizo do común dos cidadáns.

O entorno do cruceiro da Cruz abarca un ámbito de 125 m2 aproximadamente no mesmo entronca a rúa Aloqueiro, presentaba un firme de aglomerado, arestora conta cun empedrado de 10 cm combinando lousa con lastros de granito aserrado, instalando tamén uns proxectores para iluminación ornamental deste conxunto.

Este conxunto monumental está composto por tres elementos: o cruceiro, o peto de ánimas e unha estela, foi construído entre os anos 1746 e 1764. Sobre unha base levantase unha columna cilíndrica rematada nun capitel con follas de acanto, sobre a Cruz un Cristo e San Francisco orante á esquerda.

Deputación e Universidade de Vigo, un paso máis en igualdade coa cátedra ‘Feminismo 4.0’

Cun brinde pola igualdade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, en compañía de colectivos e asociacións de mulleres da provincia, relacionadas coa cultura e a igualdade, deron esta mañá no Pazo de Castrelos, en Vigo, o pistoletazo de saída á cátedra “Feminismos 4.0” da Universidade de Vigo.

Silva e Reigosa, cualificados pola directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo como “feministas convencidos”, enxalzaron a importancia desta cátedra para poder investigar e coñecer os problemas de desigualdade existentes e tamén para visualizar e espallar a figura de grandes referentes femininas.

[ngg src=”galleries” ids=”17″ display=”basic_thumbnail”]

Carmela Silva asegurou sentirse “emocionada” e “orgullosa” pola posta en marcha da cátedra “Feminismos 4.0” nun acto “que é o máis importante no que vou participar como presidenta neste 2019”. Deste xeito, a presidenta asegurou que a cátedra vai permitir “que a provincia de Pontevedra se converta nun referente en Igualdade, nun referente do compromiso máis fermoso que pode existir que é traballar para que nós, as mulleres, esteamos onde nos corresponde”. Silva reivindicou que “non hai nada máis importante que traballar para conseguir que máis da metade da poboación teña a metade de todo, que o planeta no seu conxunto conte co noso talento, que saímos do silencio e queremos dirixir o futuro e ter poder para emancipar ao mundo. E esta é a verdadeira revolución do século XXI”.

Máis polo miúdo, a cátedra centrarase en aspectos relacionadas co coñecemento, coa ciencia, coa innovación e coa aportación das enxeñerías ao mundo. Neste aspecto, a presidenta amosou a súa preocupación por cifras que sitúan ás mulleres como o 25% das persoas que se matriculan en carreiras STEM. “O mundo vai seguir estando dirixido polo 75% dos homes que estudan esas carreiras ou están neses eidos de desenvolvemento e non podemos mirar cara outro lado. Temos que ter un firme compromiso para conseguir que as mulleres amosen interese polo que vai ser o futuro, xa que as grandes decisións económicas, sociais, políticas, de transformación se van tomar neses eidos e aí temos que estar as mulleres”, asegurou a presidenta.

Xunto a estas cuestións, a cátedra de “Feminismos 4.0” tamén vai permitir coñecer o que se está a facer noutros lugares do mundo e visualizar a mulleres “que teñen aportando moito á historia nos eidos da innovación, das STEM, dos descubrimentos, estendendo referentes que é un dos grandes problemas existentes xa que as mozas non teñen referentes femininos”.

Para o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, “a igualdade ten que estenderse en todas as capas da sociedade e esta ferramenta, a cátedra “Feminismos 4.0”, vai ser importante neste sentido, vai permitir construír un mundo mellor, unha sociedade máis xusta que ten que ser, como non, feminista”. Neste eido, o reitor amosou “unha certa preocupación xa que persoas mozas que deberían estar xa educadas en igualdade non o están. Aínda queda moito por percorrer para construír unha sociedade máis igualitaria”.

Pola súa banda a directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Águeda Gómez, asegurou que a cátedra “Feminismos 4.0” vaise converter no espazo destinado “ao fomento do pensamento crítico e feminista na sociedade dixital”. Gómez afondou na importancia do mundo dixital na sociedade actual, na presenza residual de mulleres no ámbito tecnolóxico, no machismo dixital, no carácter sexista dos algoritmos, nas censuras ou en novas formas de violencia sexual. Fronte a elo, a directora da Unidade de Igualdade amosou o seu desexo de que “a cátedra axude a hackear o patriarcado, formando persoas expertas que dende o feminismo esperten o sentido crítico da cidadanía e transformen o mundo nunha realidade máis xusta”.

O acto de presentación da cátedra “Feminismos 4.0”, no Pazo de Castrelos, no que participaron colectivos relacionados coa igualdade da provincia de Pontevedra e do eido cultural, rematou cun brinde “pola felicidade e pola igualdade”. Amais, durante o evento interpretáronse varias pezas musicais a cargo de catro mulleres da orquestra “Vigo 430”.

O ponteareán Brais Pino proclámase nas Vegas campión do mundo de billar

O ponteareán Brais Pino vén de proclamarse campión do mundo amateur por equipos na cidade estadounidense das Vegas, logo de conseguir o primeiro posto xunto a Fran Doval, Raúl Esmorís, Manuel Montejo e Carlos Gómez. O concelleiro de Deportes en funcións, Benito Márquez, en nome de todo o goberno felicitou ao xogador do Club de Billar Sportivo, polo éxito acadado nesta competición na que participaron un total de 350 equipos.

O ponteareán, que representaba a España xunto aos seus compañeiros de equipo, Fran Doval e Raúl Esmorís de Lugo, Manuel Montejo e Carlos Gómez de Mallorca; tamén conseguíu o nomeamento All Stars polo seu bo rendemento nas dúas semanas de duración do campionato.

Neste mundial o xogador de Ponteareas acadou en individual bola 9 o noveno posto e en bola 8 o décimo terceiro posto.

Trinta millas decidirán os novos campións galegos de ‘Solitarios’ e ‘A Dous’

0

Un percorrido dunhas 30 millas náuticas de ida e volta entre Baiona e a illa de Ons decidirá, o vindeiro sábado 1 de xuño, quen son os gañadores do Campionato Galego de ‘Solitarios’ e ‘A Dous’ de 2019, que se celebra no marco do Trofeo Prima Vinia do Monte Real Club de Iates. Este é o oitavo ano consecutivo que a Real Federación Galega de Vela delega no club baionés a organización dunha das probas máis emocionantes e complicadas da tempada náutica, que se poderá seguir en directo en tempo real no computador ou móbil a través da páxina web do Monte Real.

Tras as revisións de seguridade, confirmación de inscricións e reunión de patróns do venres, a proba comezará o sábado ás 11 da mañá e prolongarase, previsiblemente, durante todo o día.
O percorrido, que dependerá se non hai máis remedio das condicións meteorolóxicas, está previsto que parta da baía de Baiona e teña como paso obrigado as balizas de Carallones e A negra, tras deixar atrás as Illas Cíes, as tripulacións participantes dirixiranse a Ons para virar o Camouco e regresar de novo a Baiona polo illote dos Viños, A Negra e Carallones.

O Clinicas Gaias do R.C.N. Portosín, é un dos habituais nas probas de solitarios e a dous // Fotos: ©Rosana Calvo

Haberá unha división de solitarios, para veleiros cun único tripulante; e unha división de dous en dous, para barcos cun máximo de dúas persoas a bordo. A frota de J80, que habitualmente compite en tempo real, poderá clasificarse tamén nesta proba en tempo compensado para entrar na clasificación do campionato.

A entrega de premios celebrarase ás oito da tarde no Monte Real Club de Iates, e a ela asistirá, entre outros, o coordinador comercial da empresa pontevedresa comercializadora de viños que patrocina o trofeo.

O Monte Real organiza, un ano máis, o Campionato Galego de Solitarios e A Dous // Foto: ©Rosana Calvo

Ademais de ser Campionato Galego de Solitarios e A Dous, e render homenaxe ao que foi presidente do Monte Real durante máis de 40 anos, Rafael Olmedo Limeses, o Trofeo Prima Vinia é a segunda proba puntuable do Circuito Rías Baixas a Dous”, organizado de forma conxunta polos clubs náuticos de Portosín, Portonovo, Baiona e Bouzas.

A primeira das probas, a Volta a Cíes, organizada polo Liceo Marítimo de Bouzas, celebrouse a fin de semana pasada, cun podio formado polo Salaño Dous, do Real Club Náutico de Vigo; o Ay Carmela do Liceo Marítimo de Bouzas; e o Namasté do Monte Real Club de Iates. As próximas citas do circuíto serán a Volta ao Barbanza, o Gran Trofeo Faro de Corrubedo e o Memorial Paco Alvariñas.

O Parque Acuático de Cerveira abre as portas o 14 de xuño

Coa proximidade do verán, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, vén de dar conta da apertura ao público do Parque Acuático o vindeiro 14 de xuño. Veciño ao Acuamuseo e ás beiras do río Miño, este parque temático incorpora unha impoortante compoñente lúdico pedagóxica con diversións asociadas ao intercambio internacional de auga con réplicas de canais, comportas, presas, chorros…

De acceso totalmente gratuíto, este parque acuático de Cerveira funcionará entre o 14 de xuño e finais de setembro de martes a domingo entre as 10 h e 12:30 horas e as 14 h e as 19:30 horas. Os martes estará pechado para os traballos de mantemento das instalacións.

Sorteo de cinco bolsas de compra para a mocidade no Mercado da Guarda

0

O mercado da Guarda participa un ano máis na campaña da Xunta de Galicia “Quere o teu mercado” que, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, ten como obxectivo apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras. “Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.

Este sábado os praceiros e praceiras da Guarda repartiron diferentes obsequios desta campaña, unha actividade que engloba dúas accións máis, revitalizando o papel tan importante deste sector.

As dúas accións programadas no mercado da Guarda son:

Familia, que comemos hoxe?
Unha charla dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza á hora de elaborar menús saudables e nutritivos.

Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no mercado o día, 15 de xuño de 11 a 13 horas.

Concurso Clic ao mercado
O Concello da Guarda, en colaboración cos comerciantes do Mercado de Abastos Municipal da Guarda, ven de lanzar un Concurso a través da Páxina de Facebook do Mercado para o Sorteo de 5 Bolsas de 70 € de compra nos establecementos do mercado.

Esta campaña de promoción pretende achegar a xuventude e mocidade guardesa ao Mercado de Abastos Municipal, incentivando as compras neste sector da poboación e promovendo hábitos de alimentación saudable.

A Campaña ‘Clic ao Mercado’ está destinada á mocidade con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos, que poderán entrar no concurso de cinco bolsas por valor de 70 euros para mercar en, como mínimo, tres establecementos das distintas seccións do mercado(carnes, peixes, froitas e hortalizas).

Para poder participar, as persoas interesadas terán que darlle a me gusta, compartir e comentar na imaxe da campaña a través da páxina de Facebook oficial do Mercado da Guarda en Facebook etiquetando a dous amigos/as entre o 27 de maio e o 27 de xuño. Os resultados do sorteo farase público o 28 de xuño e as bolsas poderán utilizarse ata o 28 de xullo.

Todo preparado para as finais da ‘Copa Deputación de Fútbol’

As finais da Copa Deputación, ás que asistirá a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, xa están servidas tras tres meses de actividade nos que preto de 140 equipos da provincia pelexaron por chegar ao partido polo título. O récord de participación no torneo marcouse grazas á inscrición de 119 equipos masculinos e 19 femininos.

Tras a disputa das rondas previas na competición masculina, finalmente o Pontevedra C.F ‘B’ e C.D. Pontellas xogarán a final, que disputarase este mércores, 29 de maio, ás 21:00 h, no Campo de Fútbol da Lomba, en Vilagarcía de Arousa. Unha semana despois, farán o propio en categoría feminina o Umia C.F. e o C.D. Valladares. Será o mércores 5 de xuño, tamén ás 21:00 h, no Campo do Carrasco, en Marcón

No caso da final masculina, será en Vilagarcía onde decidirase o gañador, que este ano terá novo vencedor despois de que o C.D. Choco, campión das catro últimas edicións, quedase eliminado en semifinais ante o Pontellas (2-0). Se o club porriñés é finalista como gañador da zona sur, na norte foi o filial granate, o Pontevedra C.F.o que clasificouse tras vencer 1-0 ao Marcón Atlético.

Pola súa banda, o campo de Carrasco en Marcón, Pontevedra, será escenario da final feminina, que enfrontará ao Umia C.F. co C.D. Valladares. Ambos equipos alcanzaron a final da Copa Deputación de Pontevedra tras gañar con certa autoridade os partidos de semifinais, xogados a finais de abril.

O equipo de Ribadumia, que xa chegou á final a pasada edición, foi o que obtivo unha vitoria máis contundente, vencendo ao Viajes Interrías Fútbol Feminino por 4 a 1. Pola súa parte, o conxunto vigués derrotou por 2-1 ao Sárdoma C.F. nun partido que xa dominaban 2-0 nos primeiros minutos da segunda metade. O campión da pasada edición, o Atlántida Matama, caeu nesta ocasión na eliminatoria de cuartos de final tras un partido moi igualado ante o Sárdoma C.F.

A final masculina máis aberta dos últimos anos
A Lomba, en Vilagarcía (21:00 horas) recibe este mércores a final masculina ente o Pontevedra B (1ª Autonómica) e o C.D. Pontellas (Preferente Sur) na final máis aberta dos últimos anos. Ademais, será un aliciente extra para dous equipos de éxito esta campaña: o filial granate acaba de conseguir o ascenso a Preferente Sur como subcampión ligueiro e o conxunto porriñés fixo o propio subindo a Terceira División, por vez primeira na súa historia, como campión do grupo sur.

Sergio Moreira, na súa primeira tempada á fronte do equipo, por parte do club da capital, e José Luis Curiel no equipo azulgrana foron os técnicos do ascenso e ambos valoran o evento impulsa e patrocina a administración provincial que preside Carmela Silva, que asistirá á final.

“Disputeina co Atios ante o Unión Grove e perdina; naquel momento non estaba do todo valorada como o está agora”, lembra Curiel (2012, 1-1 ante o Grove e derrota nos penaltis), que estes anos foi eliminado polo Choco (2016), logo campión, e o Sporting Guardés. A ambos lles devolveu agora o desquite deportivo: ao Guardés bateuno 2-5 na Sangriña en cuartos, para meterse nas semifinais (o final sur) e ao equipo redondelán tombouno 2-0 para acceder a esta final. E o Choco levaba catro anos gañando o torneo (de 2015 a 2018) e 29 partidos copeiros sen perder.

Pero a Copa Deputación deste ano, que unha vez máis se disputa en campo de herba natural, converteuse nun torneo de máxima igualdade e abonado ás sorpresas. “As finais hai que xogalas, é unha experiencia e queremos facer un papel digno”, indica Moreira, adestrador do B do Pontevedra.

Ambos os dous equipos chegan ao partido que determina o título ao completo; os granates darán entrada na convocatoria a dous xuvenís, Garrido e Manu Otero, e queren despedir a tempada cunha alegría máis. “Quédanos a espinita de non ser campións ao perder en Pasarón ante o Portonovo, pero a tempada foi moi boa”, recoñece o técnico pontevedrés.

Curiel ten algún xogador con molestias, pero todos estarán dispoñibles. A fin de semana deu descanso a varios xogadores pensando na Copa e en que a fin de semana xogarán en Santa Isabel por ser o mellor equipo de toda a Preferente galega.

A traxectoria copeira de ambos os dous once foi brillante. O Pontevedra B, que actuará como conxunto local, desfíxose do Noalla (0-6), Beluso (2-1), San Martín (4-3), Moraña (1-5), Alondras (1-1 e 5-4 nos penaltis) e Marcón Atlético (1-0). É dicir, na Junquera deixou na cuneta a equipos de Preferente Sur (Beluso e Marcón At.). O Pontellas, que tamén soubo sufrir nos penaltis (primeira eliminatoria, 2-2 en As Baloutas contra o Mos e 1-3 desde os once metros), derrotou claramente ao Choco (2-0, goles de Javier Alonso e Alberto Barreiro) en San Campio 2.

“Chegar á final foi unha sorpresa que non entraba nos nosos plans, pero agora hai que gozala”, di Sergio Moreira. “A Copa mantenche o nivel competitivo e manexas a xente entre domingo e mércores e sempre lle digo aos meus xogadores que, xa que estamos imos gañar. É moi atractiva”.

Por categoría na que xoga, o Pontellas é favorito sobre o papel ao estar unha por encima do seu adversario. “Non me din nada as categorías porque a Copa dá lugar a moita resultados sorpresa e o persoal do Pontevedra B é unha quinta que leva tempo dando que falar”, resumiu Curiel.

Manifestación do Día Internacional da Clase Traballadora en Ponteareas

Distintos colectivos, sindicatos e partidos políticos de Ponteareas, organizados na Plataforma 1º de Maio, convocaron unha manifestación para o 1 de maio, co fin de reivindicar o Día Internacional da Clase Traballadora. A manifestación sairá ás 19:00 dende o Concello de Ponteareas e percorrerá diversas rúas da vila.

A Plataforma 1º de Maio anima a toda a veciñanza e colectivos de Ponteareas e da comarca a participar nunha xornada de loita histórica, “é necesario que saíamos ás rúas para reclamar os nosos dereitos e amosar o noso rexeitamento as agresións do capital”, sinalan.

“Consideramos a mobilización como a ferramenta imprescindible de cara a acadar unhas condicións de vida dignas para o conxunto da sociedade”, explica a Plataforma que estima que se debe antepoñer “o poder do pobo, xerador de riqueza mediante o seu traballo, ao dos mercados, de cara a construír una verdadeira democracia”.

Nigrán e Aqualia entregarán a OVALMI 5.000 bolsas reutilizables para repartir entre a clientela

0

Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia entregarán a OVALMI 5.000 bolsas da compra reutilizables para que os establecementos comerciais do municipio as distribúan gratuítamente entre os seus clientes e contribuír así coa protección do medio ambiente. Estas xa foron deseñadas e encargadas a unha empresa do municipio para que estén listas antes do verán.

A iniciativa proposta dende a asociación de empresarios foi acollida con entusiasmo polo Concello de Nigrán, xa que encaixa coa ‘Axenda 2030 de obxectivos de desenvolvemento sostible’ que busca que nesta data tódolos plásticos de Europa sexan reciclables ou reutilizables. “Temos un plan estratéxico para cumplir coa axenda 2030 dende o propio Concello e, entre as diferentes medidas, figuran a reducción de plásticos con iniciativas concretas como evitar o emprego de bolsas plásticas nas praias de Nigrán antes de 2021 para que así non acaben contaminando o mar ou emporcallando os areais’, explica o alcalde, Juan González.

As bolsas, de material non tecido e de 38×40 cm con asa longa, están ilustradas pola artista nigranesa Olalla Fernández cunha estética alegre e positiva que invita a levala pola rúa con orgullo, e inclúen o seguinte texto: ‘Eu merco no pequeno comercio de Nigrán porque xuntos creamos un concello máis sostible e cheo de vida’, e na outra cara, ‘6 motivos para mercar no pequeno comercio de Nigrán: porque somos veciños. Porque a riqueza se queda no noso pobo. Porque axudas as persoas emprendedoras. Porque sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque ti nos importas’.

“Ademais de colaborar dende o local coa protección do medio ambiente consideramos que tamén é unha maneira de incentivar a compra no pequeno comercio. Para unha gran superficie non significa ningún esforzo ter a disposición dos clientes bolsas reutilizables, pero para un pequeno comercio é un investimento que seguramente económicamente non lle resulta rendable. Deste xeito ás tendas non lles supón ningún esforzo económico e, ademais, a poderán repartir gratuítamente”, sinala o alcalde, Juan González.

“Redondela, para avanzar, non pode prescindir da opinión e experiencia dos nosos maiores”

0

“Redondela, que quere avanzar e afrontar os retos de futuro, non pode permitirse o luxo de prescindir da vosa experiencia”, aseguroulles a candidata do PSdeG-Redondela á alcaldía, Digna Rivas, aos representantes de colectivos de maiores nun encontro mantido nunha céntrica cafetería redondelá. A reunión estaba enmarcada dentro das xuntanzas que a candidata socialista mantén con colectivos sociais, culturais, empresariais e deportivos do municipio.

Neste encontro, Digna Rivas quería tamén coñecer as inquedanzas e necesidades “dun sector da poboación que debe ter unha participación activa na toma de decisións xa que poden aportar ideas baseadas nas súa propia experiencia persoal ou profesional”. A participación da terceira idade na vida de Redondela “non pode quedar restrinxida a viaxes, merendas e bailes” senón que debe ser moito máis activa “e de utilidade para a sociedade na que viven”, asegurou a candidata.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Digna Rivas subliñou a necesidade de que o Concello organice actividades “elixidas polos propios maiores” nas parroquias do municipio “e que estas sexan rotativas de xeito que todas as parroquias poidan contar, en diferentes datas, coas mesmas actividades”.

Nese sentido, a concelleira e candidata socialista avogou pola necesidade “de que as persoas a quen van dirixidas esas actividades, sexan as que teñan unha participación activa no seu deseño ou na elección das mesmas”, xa que, engadiu, “ninguén mellor que vos para saber se unha actividade ou curso, é de interese ou de utilidade”.

Digna Rivas rematou adiantando que incluirá no seu programa de goberno, a creación dun consello consultivo de maiores “que posibilite canalizar a súa experiencia en temas de interese para toda a sociedade redondelá”.

Preto dun milleiro de participantes nas probas ‘Xarotos’ e ‘Challenge Rías Baixas’ do Porriño

A vila do Porriño converterase na capital do ciclismo pontevedrés durante as vindeiras semanas ao reunir a preto dun milleiro de participantes nas probas que organiza o club ciclista Master da Louriña. Unha de elas, a Xarotos Gran Fondo co patrocinio do Concello de Porriño e Deputación Provincial, defínese como “proba ciclodeportiva” que se disputará o domingo 12 de maio.

Para a Xarotos agárdanse más de 500 ciclistas, segundo estimación dos organizadores. Na categoría absoluta disputarase sobre unha lonxitude de 130 quilómetros dos que 83 serán cronometrados. Tamén haberá outras dúas probas complementarias de medio fondo e mini fondo sobre distancias de de 95 km e 71 km, respectivamente. A saída será dende a praza do Concello de Porriño e o percorrido de cada unha das tres modalidades será neutralizado nos primeiros 19 km de cada opción e os últimos 28 km serán sen cronometraxe.

O outro evento organizado por Master da Louriña é a Challenge Rias Baixas que cumprirá a súa terceira edición. Tratase dunha proba para categorías xuvenil e máster homologada pola Federación Galega, conta cos patrocinios dos Concellos de Porriño, Mos e Ponteareas e terá lugar o fin de semana do 22 e 23 de xuño.

“Ambas competicións mobilizarán en total un milleiro de ciclistas de Galicia, Asturias, Castela e Norte de Portugal que converterán O Porriño no epicentro destes eventos que dende a Federación Galega de Ciclismo valoramos moitísimo e agradecemos a colaboración dos concellos pola súia sensibilidade cara ao noso deporte”, sinalou Juan Carlos Muñíz, presidente federativo.

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, manifestou a súa satisfacción “polo movemento económico, a dinamización social e o ambiente que suporán estas probas para a hostalería e comercio do Porriño” que ademais “volve a reivindicase como O Concello do Deporte”.

Na presentación das probas tamén estiveron presentes a concelleira de Turismo de Mos, Sara Cebreiro; o concelleiro de Deportes de Ponteareas, Benito Márquez, e o ciclista profesional Gustavo Rodríguez, excorredor do equipo galego Xacobeo e hoxe en día adicado ó tríatlon. Está piques de participar o vindeiro sábado no Mundial de Tríatlon de Longa Distancia que se celebrará en Pontevedra. A organización das probas decidiu render unha homenaxe a Gustavo quen recibiu de mans do presidente do club Master da Louriña, Juan José Álvarez Cerdeira, un maillot especial e anunciou que será o anfitrión e referente destes eventos.

O goberno de Salceda recorre á Xustiza para invalidar o voto dun concelleiro popular

O goberno de Salceda de Caselas acordou onte iniciar accións xudiciais para invalidar o voto dun concelleiro do Partido Popular, na oposición municipal, e poder sacar adiante o a creación da praza por concurso de Tesoureiro habilitado nacional tal e como establece o Real Decreto 128/2018 de 16 de Marzo de 2018.

Durante unha sesión plenaria celebrada o pasado luns, o edil Joaquin Núñez, que ademáis se presenta á reeleción como número dous do Partido Popular en Salceda, protagonizou un feito, que desde o goberno municipal, “considérase insólito na democracia: Votou en contra de nomear un tesoureiro habitado para non prexudicar ao seu irmán e fíxoo a pesar de varios informes técnicos, entre eles o da secretaria municipal, que consideraban que debia absterse”.

O seu voto en contra, en concurso co resto da oposición fíxose, segundo afirma o Executivo local, “para evitar que o seu irmán deixase de exercer o control como xefe do departamento de tesourería e tivese que volver realizar traballos de administrativo. O seu nomeamento como tesoureiro producírase en pleno municipal, cando gobernaba o Partido Popular na localidade”.

O goberno de Salceda puxo en marcha o nomeamento do novo tesoureiro para cumprir a lei e porque o departamento esta colapsado e necesita máis persoal, como o propio tesoureiro actual recoñeceu nos escritos enviados á concelleira de persoal.

Debido á maioría tan axustada do goberno municipal, de Movemento Salceda, o voto de Joaquin Núñez, “incumprindo a Lei que lle obrigaba a absterse porque o asunto estaba relacionado cun familiar en segundo grao, era decisivo en contra xa que a súa abstención, como debería terse producido, propiciaria que o asunto saíse adiante”.

Agora o goberno local recorrerá á Xustiza para que o voto do edil sexa invalidado e por tanto o acordo de nomear o tesoureiro habilitado nacional, sexa firme.

Aínda que durante anos o administrativo realizou a súa función no Concello sen tensións co goberno local, nos últimos meses, afirman fontes do Concello de Salceda de Caselas, “déronse algunhas dilacións inxustificadas en trámites que o tesoureiro interino achacou a falta de persoal entre outras cuestións, pero desde o goberno local vincúlanse un posible malestar do traballador coa decisión do Tribunal de Contas de esixir a este e outro funcionario, tamén irmán do concelleiro do PP, de devolver distintas cantidades cobradas indebidamente”.

Tui presenta o Plan Director de Turismo para converterse “nun referente na zona”

0

O martes 30 de abril presentouse na casa do concello de Tui o Plan Director de Turismo elaborado pola empresa Valora. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Rodríguez García e Tamara Tilve de Valora, foron os responsables de dar a coñecer o traballo desenvolvido nos últimos meses. Previa a redacción do Plan Director e Estratéxico de Turismo realizaron unha mesa sectorial e tamén enquisas online para coñecer a percepción que do turismo da cidade ten tanto o sector coma a poboación en xeral.

Tamén se levou a cabo un estudo da oferta que hai no municipio dende o patrimonio cultural, natural, eventos culturais, festas de interese turístico, ou o Camiño portugués. Realizaron amais un análise DAFO no que a estacionalidade, a baixa estancia media e a escasa diversificación foron as debilidades detectadas. Mentres as principais fortalezas son ser municipio de interese turístico, a oferta de recursos turísticos, ser membro de pleno de dereito da Red de Juderías e España, e a Eurocidade que Tui conforma xunto con Valença.

O Plan Director de Turismo, presentado esta mañá, define catro retos: gobernanza e xestión turística, desestacionalización, profesionalización e competitividade e sostibilidade. E recolle tamén 6 estratéxicas básicas a desenvolver coma o deseño e implementación dun modelo de gobernanza e xestión que poña en valor o feito turístico. Tamén o impulso de Tui como un destino atractivo ao longo do ano, a promoción orientada aos segmentos de demanda actuais e potenciais, e o impulso á comercialización do destino. Outras estratexías plantexadas son a mellora da profesionalización do sector e da competitividade do destino, e o posicionamento de Tui coma un destino sostible.

O Plan Estratéxico recolle 10 programas de accións, 46 acción concretas e 76 indicadores.

Así nos programas de acción contempla en primeiro lugar a estruturación dun modelo de xestión turística no Concello de Tui, a mellora e optimización do punto de información turística e do seu servizo ao visitante, así coma a creación de experiencias turísticas que poñan en valor o patrimonio. Tamén recolle a mellora do coñecemento da demanda turística, a definición dun plan de comunicación online e offline, a definición dunha estratexia de comercialización e o impulso de accións para a mellora da competitividade e da profesionalización do sector. Outros programas de accións céntranse na mellora do estado de conservación e mantemento do patrimonio natural e cultural, a reordenación de fluxos turísticos na cidade e a posta en valor de recursos turístico localizados fóra da zona centro, e por último un plan para o control da proliferación de vivendas turísticas de uso turístico ilegal.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou que este Plan Director e Estratéxico de Turismo senta as bases para que a próxima corporación teña unha folla de ruta de cómo actuar no ámbito do turismo, que “ten unha importancia estratéxica para a nosa economía”. Apuntaba que “un paso importante para pór en valor o noso potencial patrimonial e natural”. O propio concello indicaba que dentro deste plan “unha serie de deberes en canto a dotación dun persoal mínimo que permite estabilizar e darlle uns criterios á xestión turística”. Nese senso apuntaba que xa nos orzamentos de 2018 figuraba a creación dunha praza de técnico de turismo e outra de intérprete do patrimonio, que será xa a próxima corporación quen deba iniciar o proceso de contratación.

Antonio Rodríguez da empresa Valora explicaba que “Tui conta con todas as características para converterse nun destino turístico importante e ser un referente na zona”.

Daniel Asorey, «As mulleres da fin do mundo»

Daniel Asorey xa nos sorprendeu gratamente coa súa primeira novela, ‘Nordeste’, na que se achegaba ao mundo dos cabaçeiros misturando a realidade con pingas de fantasía que dotaban o relato dun fondo moi especial. Agora regresa cunha nova historia na que nos prantexa un futuro distópico que non semella excesivamente lonxano e na que, unha vez máis, transmite un pouso social co que semella querer axitar as nosas conciencias.

Un relato cheo de matices que poden chegar a provocar certo desacougo intelectual porque, para chegar ao fondo do lector, case sempre é necesario incomodar e rabuñar na nosa alma.

A novela transcorre nunha sociedade totalitaria e xerarquizada, na que o Líder Supremo, apoiado ideoloxicamente pola igrexa e sempre baixo as indicacións das Corporacións, goberna con man de ferro unha sociedade sometida e marxinada aos arrabaldes da Capital do Mundo, o que o autor chama os Aneis Azuis. A situación é altamente inestable e cada vez son máis as voces que se alzan contra ese poder totalitario e contra unha cúpula que sobrevive aillada e allea a todo, grazas ao esforzo da maioría da poboación. Ata que esa inestabilidade salta polos aires e comeza unha revolución que vai estar capitaneada por un grupo de mulleres que actúan de maneira independente a prol da comunidade e que serán as responsables de reconstruir un mundo en decadencia a partir de novos principios baseados na solidariedade e na colaboración.

Nesta proposta resulta doado ver as pegadas doutras distopías clásicas da literatura, como ‘1984’, de George Orwell; ‘Farenheit 451’, de Ray Bradbury; ou ‘Un mundo feliz’, de Aldous Huxley; mesmo de clásicos do cinema do estilo de ‘Blade Runner’, de Ridley Scott. Quizais unha das diferencias máis claras respecto destes predecesores sexa Asorey se centra máis na descripción de situacións e ambientacións, deixando de lado cuestións técnicas e máquinas peculiares que, dada a evolución tecnolóxica que hoxe vivimos dá por sobreentendidas. E, por suposto, o papel das mulleres na resolución do conflicto, verdadeiras protagonistas do relato, como xa se desvela dende o título. Rebeca, Faheema, Blau (‘muller por decisión propia’), mesmo Olga ou Neiva, son, en realidade, prototipos que representan á totalidade de mulleres. O seu peso no relato é absoluto, só interrompido por un único home, Tichborne, que pese ao seu papel secundario ten unha función relevante, e polo Líder Supremo e a súa cohorte patriarcal, xefe relixioso incluído.

A novela presenta, como xa se dixo, moitos matices, malia que isto conveña explicalo: percíbese na súa redacción unha vocación de estilo que Asorey recrea a través de frases curtas, pero moi medidas, nas que cada palabra ten a súa función e o seu propio significado en función do contexto. Unha precisión que dirixe o noso pensamento cara a esa idea que o autor pretende transmitir, sen posibilidade de desviarnos do seu obxectivo. Os matices son, así, unha parte fundamental do relato, pero fronte a outros casos nos que esas diferentes percepcións parten do propio lector, aquí son suxeridos directamente por Asorey para levarnos a onde el nos quere situar. Deste xeito, a novela énchese de posibilidades de lecturas diferenciadas, pero sempre seguindo as propostas do autor.

as mulleres do fin do mundoDaniel Asorey
As mulleres da fin do mundo

 

Editorial: Xerais
248 páxinas

As incidencias na vía pública poderán xestionarse a través dunha APP

O Concello de Ponteareas anunciou a posta en funcionamento da aplicación para a xestión de incidencias municipais encadrada dentro da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’ financiada cos fondos europeos de desenvolvemento rexional. A nova aplicación de incidencias permitirá á cidadanía transmitir e demandar reparacións e problemas sen ter que achegarse físicamente á ventanilla do rexistro para solicitalo. “Tan sinxelo como comunicarse por teléfono móbil directamente coa administración”, sinalan dende o Concello ponteareán.

A implantación deste software, que xa se testeou de xeito interno, comeza a funcionar mañá xoves dous de maio para as xestións relacionadas co servizo de recollida de lixo e medio ambiente para ir abríndose nos vindeiros meses a novos servizos. Deste xeito calquera cidadán pode comunicar e adxuntar fotografías das incidencias desta área de xeito totalmente gratuíto e inmediato.

Esta APP terá capacidade para xestionar e diferenciar todo tipo de incidencias (desperfectos na vía pública, vertedoiros, recollida de lixo, desabroches, iluminación, etc.) e irá sendo progresivamente implantada en novas áreas.

Intuitiva e de doado manexo tan só hai que entrar na app store ou no play store e descargar e instalar GECOR, rexistrarse e seleccionar “concello de Ponteareas”. Esta APP, que permite tamén o seguemento da incidencia, inclúe unha aplicación web para a xestión global e unha app móbil para os operarios do concello ou das súas subcontratas coa que xestioar as incidencias e tamén enviar arquivos fotográficos que estarán operativas nunhas semanas.

sdr

Este novo servizo que mellorará a atención e a resolución das obras é compatible con navegadores Firefox, Chrome, etc.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, explica que guiará o futuro de Ponteareas “para converter a vila nun espazo saudable, sostible, dixital, moderna e que permita a convivencia e a participación cidadá “cun simple teléfono móbil pódese enviar a imaxe da incidencia ao consistorio”.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez, explicou que se porá a disposición do cidadán “unha ferramenta de fácil acceso, inmediata e áxil que reduce os trámites burocráticos”.

En liza unha nova edición do ‘Trofeo Repsol’ do Monte Real

0

O Monte Real Club de Iates de Baiona pon en liza a partir de mañá unha nova edición do Trofeo Repsol, que este ano será tamén Copa Luso Galaica de J80 e celebrarase durante tres xornadas na ría de Vigo, con varias regatas no interior da baía de Baiona e o fondeadero das Illas Cíes. A proba está considerada unha das máis importantes da tempada de vela pesada en Galicia, e na que xa anunciaron a súa participación 25 tripulacións chegadas de diferentes puntos do país.


O club baionés presentou oficialmente a competición nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; a responsable de Marina y Pesca de Repsol, Inés González; o presidente e vicepresidente do Monte Real, José Luis Álvarez e Alejandro Retolaza respectivamente e o xefe do servizo de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.

Fronte á liña de saída situaranse barcos como o Grupo Santorum & Martinez do Club Náutico Deportivo de Riveira, con Javier Durán á roda; o Fend a Bise de Jean Claude Sarrade, que volverá correr unha vez máis polo Monte Real Club de Iates; o Nahela do Club Deportivo Alagua da Guarda, recente gañador do ‘Trofeo Comunica’; ou o Starfighter de Julio Rodríguez, do Real Club Náutico de Vigo.

Repetirán ademais neste 2019 os gañadores da anterior edición, que foron o Bosch Service Solutions de Ramón Ojea, vencedor na clase cruceiro-regata e na clasificación xeral; e o Balea Dous de Rodeira, con Luís Pérez aos mandos, gañador da clase cruceiro. Volverá tamén a Baiona a madrileña Elena Raga, que en 2018 fíxose coa vitoria da clase Fígaro.

Algúns dos trofeos que se entregarán ao final da regata // Foto: ©Rosana Calvo

Na clase J80, a frota de barcos do Monte Real Club de Iates será, unha vez máis, a máis destacada, con presenza entre outros dos dous monotipos que se asinaron os triunfoso das últimas competicións celebradas en Galicia: o Okofen de Javier de la Gándara e o Cansino de Fernando Yáñez.

Cinco probas en tres días de regatas
O Trofeo Repsol deste 2019 inclúe no seu programa cinco probas divididas nos tres días que se prolongará a competición. A primeira xornada, mañá mércores, festivo do primeiro de maio, incluirá un percorrido costeiro con saída no interior da baía de Baiona e paso fronte a diferentes areais ata o Faro de Tofiño, nas proximidades do Museo do Mar de Galicia, virando na zona para regresar de novo ao interior da baía, onde se colocará a liña de chegada.

A competición continuará a fin de semana do sábado 4 e domingo 5 de maio, con dúas etapas que, aínda que se definirán por completo en base ás previsións meteorolóxicas da xornada, prevese que sexan un barlovento/sotavento e un percorrido costeiro o sábado, e dous percorridos barlovento/sotavento o domingo. Serán as probas definitivas nas que se definirán os podios de gañadores e disputaranse nas proximidades das Illas Cíes.

En disputa a Copa Luso Galaica de J80
Tras ser Campionato de España de J80 en 2018, o Trofeo Repsol deste 2019 albergará a disputa da Copa Luso Galaica de J80, na que medirán as súas forzas os diferentes J80 participantes. A copa terá como programa as mesmas probas previstas para o resto da frota, incluíndo dous percorridos costeiro pola ría de Vigo e varios bastóns no fondeadero de Cíes. A diferenza cos cruceiros será que, como vén sendo habitual, os J80, idénticos entre si, competirán en tempo real.

Os 42 anos dunha proba única en Galicia
“Poucas probas hai máis lonxevas en Galicia que a Regata de Primavera do Monte Real Club de Iates, que se celebra con gran éxito desde hai máis de 40 anos”. Foi o que destacou esta mañá na presentación oficial o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, quen agradeceu a Repsol o apoio prestado ao club durante todos estes anos.

En representación da compañía enerxética, patrocinadora do evento, estivo presente a responsable de Mariña e Pesca, Inés González, quen augurou un gran éxito á competición e animou a todos os regatistas a participar no trofeo.

Daniel Benavides, destacou o impulso que supoñer para Galicia o contar con estas competicións de alto nivel, mentres que o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, incidía “na estreita relación que Baiona sempre ten co mar”. Pola súa banda, o vicepresidente do Monte Real, Alejandro Retolaza, ofrecía todos os detalles dun trofeo no que, o programa deportivo, complétase con varias actividades de lecer para os participantes, das que poderán gozar no Monte Real unha vez finalicen as probas. O club preparou para eles varias ceas mariñeiras, música en directo e degustacións.

Nova oferta formativa para o mes de maio na Aula CeMIT da Guarda

0

A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades para o mes de maio. Os cursos abranguen materias como a creación dun CV e procura de emprego na rede; iniciación á informática; internet e correo electrónico e mecanografía e procesador de textos.

As actividades formativas impartiránse nas seguintes datas e horas:

  • Creación do CV e procura de emprego na rede: Curso que terá lugar en horario de 10:30h a 12:00h os días 13, 15, 20 e 22 de maio.
  • Iniciación á informática: Curso que terá lugar en horario de 10:30 a 12:00h os días 16, 23 e 30 de maio.
  • Internet e correo electrónico: Curso que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30h os días 13, 15, 20 e 22 de maio.
  • Mecanografía e procesador de textos(write): Curso que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30h os días 14, 21 e 28 de maio.

Apertura de aula titorizada para navegación e consultas varias os luns de 12:00 h a 13:00 h e de 19:00 h a 20:00 h e os sábados de 10:00 h a 12:00 h.

Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia

Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

Redondela organiza unhas xornadas adicadas a Casto Sampedro

0

O Concello de Redondela e o Concello de Pontevedra, xunto coa Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do SNL de Redondela e o Museo de Pontevedra, organizan unhas xornadas adicadas ao egrexio intelectual redondelán Casto Sampedro. Esta actividade de dous días de duración, busca dar a coñecer diversos aspectos de Casto Sampedro pero tamén outros aspectos da actual investigación antropolóxica.

As xornadas comezarán o venres 3 de maio ás 17:30 horas, na Casa da Cultura de Redondela, coa presentación das xornadas a cargo de Rafael Quintía e de Xulia Feixoo. As 18 horas, relatorio de Xavier Groba Ao ronsel de Casto Sampedro: estado actual da etnomusicoloxía galega. De seguido, cara ás 18:45, relatorio de Beatriz Busto baixo o título Galicia conxelada. A necesidade da reflexión antropolxgica na actualidade.

Logo dun descanso, ás 19:45 horas, conferencia de Rafael Rodríguez, Entre sachadores e burócratas. Un vistazo á arqueoloxía galega actual. A xornada do venres, rematará coa mesa redonda e coloquio final que dará comezo cara ás 20:30 horas.

O sábado 4 de maio as actividades continúan en Pontevedra ás 10:30 horas, nas ruinas de San Domingos, co concerto de Os Trubincos do Batán e ás 10:45 comezará unha ruta por Pontevedra, que se desenvolverá baixo o título de Tras as pegadas de Casto Sampedro en Pontevedra, a cargo de Telmo Crespo.

Nigrán desenvolverá un amplo programa de actividades no mes de maio

0

O Concello de Nigrán vén de artellar un amplo programa de actividades para o mes de maio que permitirá que, ata o Día das Letras Galegas, veciños e visitantes poidan gozar de actividades case que diarias. O programa iníciase o día 1 de maio cun xantar, concretamente unha paella, organizada pola Comisión de Festas de Vilariño. As 18 horas e dende o cemiterio de Camos, terá lugar a saída da andaina que permitirá percorrer o que será o futuro Parque Forestal Os Matos-Río Táboas.

venres 3, o Auditorio Municipal será escenario do concerto de ‘A Banda da Loba’, mentres que o sábado 4 de maio, con saída ás 19 horas dende o campo de fútbol, comezará a andaina e visita ao Castro de Chandebrito. Ás 21 horas, no Bosque da Memoria de Chandebrito, concerto de Gi Appassionati.

domingo, 5 de maio ás 10 horas, I Concurso de Doma Clásica en Porto do Molle. A xornada dominical rematará ás 20 horas, no Auditorio Municipal, co monólogo de Carlos Blanco. A entrada será de 5 euros a beneficio da protectora Baisenpulgas.

O programa de actividades do mes de maio de Nigrán, seguirá o martes 7 ás 12 horas, cun espectáculo musical interpretando cantigas do ‘Cancioneiro de Cotobade’ a cargo de Xoán Curiel e Charo Pita, actividade incluída dentro do programa do Día das Letras Galegas.

O sábado 11, ás 12 horas, xornada de xogos intersociais en Priegue.

domingo 12 ás 12 horas e no Pazo de Cea, Concerto Solidario ‘Juan María, coa participación de Eladio y los seres queridos e a Orquestra Clásica de Vigo, actividade que estará presentada polo monologuista de Salceda de Caselas, David Amor, sempre disposto a contribuír ás causas solidarias. As 19 horas, celebración do Día da Nai en Bolos da Carrasca.

martes 14 , xa achegándonos á data das Letras Galegas e incluída no seu programa de actividades, representación de teatro infantil con ‘O misterioso caso de Antón Fraguas’, a cargo de Polo Correo do Vento ás 17 horas na Praza do Concello.

venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 10 horas terá lugar a saída da XXX Festa da Bicicleta dende o Pavillón Municipal de Panxón. Ás 20 horas, Concerto de Novos Aires e Cantares de Brión no Auditorio Municipal e, para rematar a xornada grande das Letras de Galicia, ás 20:30 horas Concerto de Batucada no Centro Cultural de Camos.

A Guarda contará cun novo Salón de Plenos na Casa dos Alonsos

0

A Guarda iniciou este luns o proxecto da obra de creación dun salón de plenos no espazo reservado para tal fin no novo edificio do concello, na Casa dos Alonsos. As actuacións pretendidas son a adaptación da distribución actual ás necesidades dos actos que se realizan habitualmente no salón de plenos, elaborando «in situ» un entarimado sobre a súa correspondente estrutura metálica adaptada a forma da mesa de plenos.

Esta mesa será fabricada a medida con forma elíptica. Dotarase o salón de plenos dun sistema móbil de compartimentación para un dobre uso como salón de exposicións. Así mesmo no teito se realizará a fabricación e instalación «in situ» a medida de vigas suspensas a través de listóns de pino laminado para unha mellora acústica.

Dende o punto de vista corporativo e institucional, na parede do fondo, instalarase un rótulo identificativo do concello, así como outro na mesa de plenos. Completase a inversión con equipamento consistentes en cadeiras con rodas para a mesa de plenos e cadeiras para o público.

Esta actuación realizase con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra e conta cun orzamento total de 48.394,18€.

O Pleno de Mos aproba por unanimidade bonificar o 95% do IBI a asociacións

0

Coa modificación da Ordenanza do IBI aprobase a bonificación do 95% no pago do IBI (Imposto de Bens Inmobles) a seis asociacións mosenses agora que a lei o permite.

As asociacións que terán bonificado o pago do IBI a partir de 2020 dos seus locais sociais son A.VV. Nosa Terra de Pereiras, A.VV. Chan do Bosque, A.VV. e Cultural Ledicia, Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado, Centro Cultural e Social de Herville, e A.VV. San Rafael de Pereiras.

A bonificación entrará en vigor o vindeiro ano 2020, xa que a modificación da ordenanza tivo que ser aprobada en Pleno e o orzamento de 2019 se atopa aprobado e en vigor.

Ata o de agora o Concello concedíalle a estas asociacións unha axuda económica para compensar o desembolso que anualmente tiñan que facer para facerlle fronte ó pago do IBI dos seus respectivos locaia sociais. Para o presente ano 2019 dita achega contemplouse tamén no orzamento municipal e concedéuselles igualmente, e partir de 2020 estas seis entidades xa contarán coa bonificación do 95% do pago do devandito imposto.

Grazas á modificación da Lei de Facendas Locais a lei establece a posibilidade de que os concellos mediante ordenanza poidan regular unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto a favor de inmobles nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración; tal é o caso das mencionadas agrupacións mosenses. Corresponde dita declaración ao Pleno da Corporación e acórdase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros (como así se fixo onte, obtendo o voto unánime a favor dos membros da Corporación Municipal presentes na sesión plenaria). Trátase de medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ao impulso da actividade económica.

A desafectación da Ludoteca de San Rafael permite, por outra banda, que a Asociación Española contra o Cancro Xunta Local de Mos e ASOMAMOS (Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos), poidan desenvolver a súa actividade nestas instalacións. Ambas agrupacións, tanto AECC Mos como a ASOMAMOS, contaban ata o de agora con locais municipais onde levaban a cabo a súa actividade; a primeira na Axencia de Colocación e a segunda no Multiusos das Pozas. Sen embargo, durante os últimos anos as dúas ampliaron notablemente a súa actividade e por conseguinte, o material do que dispoñen, quedándoselles pequeno o espazo dos locais dos que actualmente fan uso; e por elo levaban tempo solicitándolle ao Concello unha nova ubicación máis ampla onde poder instalarse.

O Concello de Mos informaba a principios do presente mes de abril de que ten en marcha o expediente administrativo das Ludotecas Municipais en San Rafel e Louredo para que poidan entrar en funcionamento despois de que a empresa que resultou adxudicataria do servizo renunciase ao mesmo e posteriormente quedase deserta a segunda convocatoria do concurso público. Desde ese momento, e ao non haber adxudicatario que as xestionase, as ludotecas atopábase sen actividade; e para evitar a infrautilización destas instalacións o Concello explorou outras posibilidades de xestión, tal é o caso da instalación destas dúas asociacións municipais no edificio de San Rafael, en Pereiras.

O teatro abre o mes de maio na Guarda

0

A Concellería de Cultura do Concello da Guarda programa para a primeira fin de semana do mes de maio dúas obras de teatro, unha para público infantil e familiar e outra para todas as idades. «La compañera de piso» da compañía Contraproducións e «Bon Appétit» son as dúas suxestivas propostas para estes primeiros días de maio.

venres día 3 de maio o Centro Cultural da Guarda será o escenario para a representación teatral de «La Compañera de piso», unha obra de teatro da compañía Contraproducións.

A obra «La compañera de piso», de Jen Silverman, xa ten sido representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos destacada pola crítica americana coma unha mistura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións presenta la primera adaptación fora dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego. A entrada será de balde ata completar o aforo previa retirada de tickets dende o 30 de abril no Centro Cultural da Guarda.

sábado día 4 de maio ás 17:30 h e tamén no Centro Cultural, a protagonista será a obra de teatro para público infantil e familiar «Bon Appétit». Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos,….ingredientes para unha comedia total en clave de clown.

Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega, “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo.” Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o condimento perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso.

Nigrán abre maio cunha andaina polo futuro parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’

0

O Concello de Nigrán abre a programación cultural do mes de Maio cunha andaina este mércores 1 polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (entre Camos e Chandebrito). Guiada polo educador ambiental Antón Lois, o roteiro comezará ás 18:00 horas saíndo dende o Cemiterio de Camos (rúa do Sobral) e constará dunha tradicional muiñada. Trátase dunha andaina de pouca dificultade cuxa duración non sobrepasará as dúas horas, sendo recomendable levar calzado axeitado e auga.

A programación cultural do Concello continuará o venres co concerto de A Banda da Loba ás 20:00 no Auditorio Municipal e ao día seguinte, sábado 4, con andaina e visita guiada por Chandebrito (19:00 horas dende o campo de fútbol) e posterior concerto do coro Gli Appasionati no Bosque da Memoria (21:00 horas). O domingo o Concello ofrece a actuación do monologuista Carlos Blanco no Auditorio Municipal ás 20:00, o evento servirá para recadar cartos para Baisenpulgas a través dun donativo de 5 euros por asistente.
O resto do mes o Concello ofrece o teatro infantil ‘O misterioso caso de Antón Fraguas’ na Praza do Concello ás 17:00 horas ou o concerto da Coral Novos Aires e Cantares do Brion o venres 17 no Auditorio Municipal ás 20:00 horas (ese mesmo día celebrarase pola mañá a XXX Festa da Bicicleta). Ademais, o domingo 12 o Concello colabora co concerto solidario Juan María no Pazo de Cea e co Rally Rías Baixas o 18 de abril.

O serán e a acampada abren unha nova edición da Romaría da Picaraña

A acampada scout a partir das 17 horas para todos e todas as maiores de once anos e o serán a partir das 21 horas, abrirán o programa de actividades programadas para celebrar a romaría da Picaraña. O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar nas actividades do vindeiro día 1 de maio na que se volverá vivir unha nova edición da romaría popular, unha das celebracións que contan cunha maior participación de veciños e veciñas de todas as idades.

Dende as parroquias de Arcos, Bugarín, Canedo e Prado subirán unidos como romeiros os veciños e veciñas para chegar á Picaraña.

Dado que son moitos os mozos e mozas que, dende sempre, acampan xa dende a noite anterior á celebración da festa (noite do 30 de abril ao 1 de maio), a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que xestiona Verónica Carrera,  quere lembrarlles que, segundo a lexislación vixente, a acampada libre esta prohibida.

Para poder acampar sen ningún tipo de impedimento, os interesados e interesadas, poderán facelo de xeito totalmente gratuíto nos terreos do albergue xuvenil de A Picaraña, propiedade do Concello de Ponteareas. Para isto, só terán que se inscribir na oficina da OMIX, na Biblioteca Municipal de Ponteareas, na rúa A Perillana.

Nesta actividade transversal organizada por distintas concellerías colaboran as comunidades de montes veciñais en man común de Arcos, Ponteareas e Prado, as asociacións veciñais de Arcos e Canedo, os centros culturais de Arcos, Bugarín e Prado, o grupo scout BosqueTea e os Caminhantes do Condado.

A concellería de Cultura e Turismo, dirixida por Hortensia Bautista, convida “a ir vestido de romeiro e romeira do século XIX con instrumentos musicais para facer festa”, unha celebración que comeza xa o 30 de abril co II Serán, continuando con xogos tradicionais, actividades deportivas, mercado agro-ecolóxico e xantar popular que completan a oferta de lecer do día 1 de maio na Picaraña.

As visitas teatralizadas aos castelos de Soutomaior e Sobroso, un éxito indiscutible

Os castelos de Soutomaior e do Sobroso serán escenario de visitas teatralizadas que, no caso de Soutomaior desenvolveranse os días 5, 12 e 19 de maio e para a fortaleza do Sobroso, no Concello de Mondariz, serán os días 10, 11 e 12 de maio. Do éxito da iniciativa posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, que preside Carmela Silva, fala ben as claras o feito de que as 380 prazas dispoñibles para esta actividade, esgotáronse pouco máis de dúas horas despois de anunciarse a apertura do prazo de inscrición.

Ás nove da mañá de onte, 29 de abril, abría o prazo de inscrición e, en pouco máis de dúas horas, xa non quedaban prazas baleiras. Un total de 80 persoas participarán nas visitas a Sobroso, onde xa hai unha lista de agarda de máis de 100 persoas, e outras 300 farano en Soutomaior ao longo das fins de semana do vindeiro mes de maio e comezos de xuño.

As personaxes da bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha serán nesta ocasión as personaxes que guíen as novas visitas teatralizadas. Como cada ano, a Deputación de Pontevedra búscase así desestacionalizar o turismo na provincia e dar a coñecer a historia de Soutomaior e Sobroso dun xeito máis ameno, interactivo, innovador e divertido. As visitas ao Castelo de Sobroso terán lugar os días 10, 11 e 12 de maio, cun aforo de 20 persoas por quenda. No caso do Castelo de Soutomaior, a iniciativa vaise desenvolver os días 5, 12 e 19 de maio e mailos días 1, 2 e 8 de xuño, con grupos de 30 persoas por quenda.

No Castelo de Soutomaior, será a bufona Burlona a encargada de abrir as portas da fortaleza, presentando despois a toda unha serie de persoeiros, entre os que aparecerá unha nova personaxe, que será Teresa de Távora. Foi a muller de Pedro Madruga, unha muller que xogou un papel moi activo nos conflitos e alianzas da nobreza galega e que servirá para descubrir un novo punto de vista do castelo, máis divertido e interactivo.

En Sobroso, a visita correrá ao cargo da pantasma Sancha, protagonista dun xogo de pistas para as familias. As persoas visitantes terán que axudar a Sancha, que soña con escapar do castelo, pero para facelo precisa de tres obxectos que se agochan tras os muros e historias de Sobroso. Así, realizarán unha ruta polos muros da fortificación, coñecerán que personaxes habitaron en Sobroso e que historias aconteceron alí e no seu entorno.

Ponteareas inviste máis de 150.000 € na mellora da biblioteca-museo

A concellería de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, vén de informar que a finais de maio estarán rematadas as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio da Biblioteca e Museo Municipal, obras que contaron cun investimento de 154.678,31€, e que foron financiados polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional dentro da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat saudable’.

Para seguir ofrecendo este servizo, a Concellería de Cultura mantivo abertas as instalacións da biblioteca e ampliou o horario que, dende que comezaron as obras, abre de luns a venres de 08:00 horas a 23:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

“A biblioteca está aberta ata as once da noite para que os usuarios e usuarias gocen dunhas horas de silencio sen as molestias das obras. A biblioteca é un servizo moi demandado donde a mocidade ven estudar e tamén realizar traballos nos ordenadores”, explica Hortensia Bautista.

Estas obras permiten a redución da demanda de calefacción e con isto o consumo de combustible, ademais de protexer fronte a auga, evitar problemas de fisuración, reducir as emisión de CO2 e evitar as perdas de calor.

Entre as obras que se executaron están a mellora do aillamento térmico na cuberta do museo, na da biblioteca e na da biblioteca infantil, cambio da iluminación da biblioteca por sistema led e instalación de sensores de presencia e reguladores de luz en función da luz natural.

Por último, separouse a estrutura metálica da cuberta do museo da fachada para evitar dilatacións e a fisuración da fachada que tamén será pintada ao igual que a fachada do museo.

“Con estas obras melloraremos un dos espazos públicos con máis usuarios e usuarias ofrecéndolles un lugar agradable e silencioso para traballlar. Seguindo as directrices de “Ponteareas, Hábitat Saudable” as obras permitirán un aforro no consumo de calefacción e iluminiación ademais dunha menor contaminación coa reducción das emisións de CO2 facendo deste espazo un lugar confortable axeitado para o estudo”, rematou a concelleira.

Nigrán garante aos hostaleiros que a ausencia de bandeiras azuis non afectará ao turismo

0

O goberno de Nigrán envía un mensaxe de calma aos hostaleiros de Nigrán preocupados pola ausencia de bandeiras azuis nos areais. Neste sentido, o alcalde, Juan González, insiste en que a decisión de non pedilas “foi moi meditada e previo estudio da situación nos municipios galegos e incluso asturianos que decidiron renunciar a elas”.

“Antes de tomar a decisión analizamos casos coma O Grove, onde dende 2016 que non ondean o turismo incluso creceu, o que quere dicir que non é unha cuestión que se mova por estes parámetros. Na afluencia de visitantes inflúen outros factores “, sinala o alcalde, Juan González, quen insiste en que “a ausencia de bandeiras non significará unha merma na calidade dos servizos que se ofrecen nas praias” porque non só se manterán, se non que se poderán ofrecer “sen presións” cos criterios que o goberno local, ao marxe de ADEAC, ven realizando: “A instalación de desfibriladores nos postos de socorrismo ou a compra de material adaptado para bañistas con diversidade o ano pasado foi unha aposta deste goberno, o mesmo que o ano anterior instalamos aseos ou ramplas”, engade.

Neste sentido, o rexedor insiste en que as praias se cubrirán con socorristas igual que se tiveran bandeira azul, “dende a Mancomunidade se contratarán 34 para Baiona e Nigrán e, como novidade, este ano subiremos o salario ata 1.410 €/mes, case 200 € máis que o ano anterior”.

“Neste tempo notamos que cando se sube a bandeira non ten repercusión algunha entre a cidadanía, pero en cambio, se por un requerimento calquera ADEAC dedice que hai que baixala o impacto sí é tremendamente negativo, a xente se alarma, pensa que a praia é insegura ou insalubre cando non é así. Significa traballar baixo unha ameaza e unha presión inxustificada”, finaliza González.

O Concello instalou por vez primeira o ano pasado desfibriladores portátiles nos tres postos de socorrismo de Praia América, Patos e Panxón; ou tamén o ano pasado o Concello adquiriu material adaptado para facilitar o baño ás persoas con problemas de mobilidade (5.000 € en tres andadores e tres xogos de muletas especialmente deseñados para o uso na area e unha nova cadeira anfibia que se suma á xa existente). E no ano anterior, 2017, o Concello investiu 45.000 euros na construción de aseos adaptados en Praia América, Patos, Area Fofa e A Madorra, así como na instalación de ramplas de acceso para cadeiras de rodas en Praia América.

“A nosa política con respecto aos areais é clara e firme e seguiremos nesta liña pero sen a presión de ADEAC, que chega ao extremo de cuestionar a estética da nosa cartelería na praia, en catro anos tivemos que cambiala tres veces”, explica González, quen recalca a aposta do goberno local pola máxima protección medioambiental dos areais, especialmente do sistema dunar Praia América-Panxón.

Todo preparado para ‘O Porriño Street Food’

A praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño acollerá, dende as 21 horas do vindeiro venres, ‘O Porriño Street Food’, unha cita na que se combinan a gastronomía e a música en directo. Seis serán os food track que se acheguen á vila da Louriña para participar neste festival gastronómico: Mean Dogs, Crepes & Roll, Faiscas, Matafame e Gale-Truck –todos eles de Ourense– aos que seumarán os leoneses de Rock & Dog.

Deste xeito O Porriño incorporase a unha tendencia cada vez máis estendida que demanda estas novas fórmulas que reúnen comercio non convencional, ocio e gastronomía en espazos abertos. “Ademais a capacidade de convocatoria deste tipo de eventos e a boa previsión meteorolóxica para o vindeiro fin de semana fan prever unha altísima presenza de público da área metropolitana e polo tanto un importante retorno económico para Porriño”, valorou a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, na presentación do evento.

A organización, a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos ‘Galicia Street Food’ instalarán carpas, mesas e cadeiras para o público asistente. Os food trucks “ofrecerán propostas gastronómicas suculentas e orixinais que comprenderán hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas orixinais, cocina vegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor”, dixo Cristóbal Cudeiro, responsable da empresa organizadora.

Cudeiro sinalou que a elección de Porriño para este evento –que será a primeira vez que acolla unha actividade deste tipo–, “responde ás características de esta vila e á excelente colaboración por parte do Concello”.

A oferta gastronómica manterase ata o domingo 5 do ‘O Porriño Street Food’ e estará complementado por un mercado con 10 comerciantes da cidade e por actuacións musicais diarias que contribuirán á animación.

O Club Natación Ponteareas asecende á División de Honra da natación galega

O pasado sábado, 18 de abril, a piscina do Real Club Náutico de Vigo acollia a disputa da final da Liga Galega de clubs, cita que outorgaba dúas prazas para participar, na vindeira tempada, na máxima categoría da natación galega: a División de Honra. O máis que meritorio segundo posto acadado polo club ponteareán, permítelle para a vindeira tempada, competir nunha categoría na que se medirán aos seis mellores clubs da natación galega. R.C. Náutico de Vigo, acadaba o primeiro posto e, polo tanto, tamén estará co C.N. Ponteareas na máxima categoría.

Dende a tempada 2011-2012 non militaba o C.N. Ponteareas na División de Honra o que deixa unha mostra clara a dificultade que supón para un equipo dun municipio de pouco máis de 20.000 habitantes, encadrarse neste selecto grupo de clubs.

A directiva do C.N. Ponteareas quiso felicitar, como non podía ser menos, a todos os seus nadadores e nadadoras, verdadeiros protagonistas deste ascenso, e “agradecer a público e patrocinadores a súa implicación neste proxecto deportivo”.

“Cun equipo que reúne a experiencia e veteranía dalgúns dos seus compoñentes coa xuventude e ilusión de outros, esperamos que o vidndeiro ano poidamos competir por manter a categoría, o que será un verdadeiro reto deportivo” sinalan dende o Club Natación Ponteareas. 

Máis de 500 persoas tomarán a saída no ‘VI Desafío Terras de Turonio’

0

Chega unha nova edición do maratón de BTT por parellas máis importante do norte de España. A sexta edición do Desafío Terras de Turonio chegará ao centro de Tomiño o vindeiro sábado 4 de maio con récord de inscritos: un total de 516 persoas de distintos puntos de España e Portugal participarán na gran cita do ciclismo de montaña de longa distancia por parellas.

Organizado pola firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, o obxectivo desta proba é “pasalo ben, desfrutar do día e das marabillosas paisaxes que imos a atopar durante todo o percorrido”. A carreira tamén conta co patrocinio de Powerade, Xtrembike e Bodegas Altos de Torona.

O punto neurálxico da organización estará situado na Praza do Seixo, punto de saída e meta e onde se colocará a zona de comida, de masaxes ou de entrega de premios, entre outras. Os ciclistas sairán do corazón de Tomiño para enfrontaranse a un percorrido que os levará pola serra da Groba ou Chan da Lagoa, con picos de importantes desniveis e puntos de dificultade 5, como a subida Canteras ou o tramo ‘Camiño de Cabalos’.

A saída será ás 09:00 horas e a duración da proba variará dependendo dos participantes, aínda que a media de duración son seis horas. Para facer que os participantes poidan desfrutar da proba sen contratempos habilitaranse diversos puntos de avituallamento.

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, recordaba durante a presentación da proba no Concello de Tomiño “o éxito crecente desta cita, que cada ano suma máis e máis participantes. Ver a saída con máis de 500 bicicletas dende o centro de Tomiño será un espectáculo único”. Lembrou tamén que durante todo o día, de 07:00 a 18:00 h, a rúa A Guarda permanecerá pechada ao tráfico para o correcto desenvolvemento da proba.

O auditorio de Nigrán acolleu a gala dos ‘Premios Nigrán 2019’

0

O Concello de Nigrán celebrou onte sábado no Auditorio Municipal, a gala dos ‘VIII Premios Nigrán’, logo de que a Xunta Electoral comunicara ao Concello o arquivo da denuncia de UCN que pedía a suspensión do acto por celebrarse no día de reflexión. A Gala contou coa actuación musical de Dous , un recoñecido dúo instrumental nigranés formado por Fernando Abreu e Pablo Carrera.

Nesta oitava edición os homenaxeados foron, no eido cultural, a Asociación Cultural Breogán Valle Miñor; no educativo a Escola Infantil ‘A Galiña Azul’ de Nigrán; no empresarial Rodosa; no deportivo o Club de xadrez Laroca e no social o Club Polideportivo Juan María. O xa consolidado acto institucional é un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á traxectoria dos premiados. “Son entidades e persoas que co seu traballo, constancia e esforzo contribúen a pór en valor a Nigrán, facendo del un municipio máis amigable e do que sentirmonos orgullosos, por iso se merecen este recoñecemento”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.

Cultural: Asociación Cultural Breogán Valle Miñor
A Asociación Cultural Breogán Valle Miñor foi fundada en 1976 polo matrimonio nigranés Gloria Costas Pérez e Teodoro de la Peña Barbosa. Hoxe en día a integran máis de trinta persoas de todas as idades (dende 5 ata 75 anos). Comezou como grupo de Baile Tradicional e pouco a pouco engadíronse outras actividades para complementalo como o grupo de Gaitas e Percusión, o de Canto e Pandeireta, o de Música con flautas e guitarras, o de Teatro e Mediometraxes, o de Danza-jazz e o de Bailes de salón, sete en total, nas que participa case todo o alumnado. A Asociación, nestes 43 anos ininterrumpidos de existencia, percorreu moitas cidades e pobos de Galicia, Portugal, Sevilla, Madrid, Toledo, Asturias, Valencia, Barcelona e Tenerife. A base de Breogán Valle Miñor é o estudio, o achegamento e difusión da cultura galega, concretamente da zona de Vilariño. As súas danzas expresan tamén momentos e costumes dos nosos antergos como as malladas, a pesca, a cavada das terras, os zapateiros, os afiadores que chegaban ao pobo, as leiteiras, as romerías…. Na nosa filosofía está o ofrecer a maior aprendizaxe posible e a accesibilidade. Actualmente, as fillas do matrimonio fundador, May e Glori de la Peña Costas, son as encargadas de manter e expandir o noso folclore e estilo tanto aquí en Nigrán, como en España; Eibar, en Europa; Basilea e Lausanne, e tamén en América; La Habana, Caracas, Valencia, Maracaibo, Montevideo, Santos, Río de Janeiro, etc

Educativo: Escola Infantil ‘A Galiña Azul’
A Escola Infantil ‘A Galiña Azul’ de Nigrán, aberta no ano 2008 na rúa do Panasco, é a única pública de 0 a 3 anos do municipio e forma parte da rede de escolas infantís do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Dende o seu inicio no curso 2008/2009, máis de 800 nenos e nenas de Nigrán pasaron os seus primeiros anos de vida neste centro no que traballan 16 mulleres, doce delas no eido estrictamente educativo. A Escola, que conta con cociña propia e atende a unha media de 75 crianzas por curso, destaca pola súa constante innovación pedagóxica e a súa apertura á comunidade e ás familias, proba delo e a realización de moitas actividades conxuntas e a existencia dun ANPA volcada no proxecto educativo. Así, unha parella de profesoras por aula traballa cos cativos co obxectivo fundamental de estimular o desenvolvemento de todas as súas capacidades, tanto físicas como afectivas, intelectuais e sociales dos nenos nun ambiente de respeto máximo, rico en estímulos e de apego para criar a persoas empáticas, tolerantes, intelixentes, divertidas, creativas… “Non somos unha gardería porque non gardamos nenos, somos unha escola que traballa cuns obxectivos pedagóxicos moi definidos para facer nenos felices e autónomos”, insisten dende o centro.

Empresarial: Rodosa
Rodosa naceu en 1971 da man do seu fundador e actual xerente, D. Prudencio Romeu. Por entón era un taller de mecánica e chapa situado no centro de Vigo. A partir de 1973 instálase en Priegue, Nigrán, pero non foi ata 1986 cando se vincula a Renault como axencia. Posteriormente, faríao como concesionario oficial en 1990 e, en 2002, faise cargo da instalación de Vigo, na Avda. de Madrid, e en 2011 das de Cangas do Morrazo, tamén ten presencia en Ponteareas. O Concello de Nigrán quere premiar a Rodosa pola súa gran disposición a colaborar en tódolos eventos que se lle require, demostrando o seu compromiso firme con Nigrán, e pola estabilidade laboral que ven ofrecendo a moitos veciños do municipio. A firma destaca polo seu sólido prestixio no sector, tanto pola súa traxectoria empresarial como polo respaldo das marcas que representa, Renault e Dacia. Hoxe día a actividade de Rodosa desenvólvese na venda de vehículos novos, vehículos de ocasión de todas as marcas e comerciais, así como en servizos de mantemento, mecánica, carrocería, e venda de pezas de recambio e boutique Renault e Dacia.

Social: Club Polideportivo Juan María
O Club Polideportivo Juan María naceu no ano 1992 ligado ao Centro de Educación Especial Juan María, situado en Parada (Nigrán). Actualmente reúne a 50 deportistas, principalmente de futbol sala e baloncesto, pero tamén doutros deportes minoritarios como o ciclismo, e participan en diferentes competicións adaptadas, como os Special Olympics. Manuel González ‘Chapela’, presidente do clube dende hai 14 anos, encárgase de adestrar a estes rapaces e rapazas que compiten en equipos mixtos e con de idades comprendidas dende os 16 anos en diante. “Temos deportistas de ata case 50 anos, de máis idade xa é complicado porque soen padecer problemas físicos asociados que lles acurta a vida deportiva”, explica Manuel. A práctica de exercicio xera grandes beneficios para todas as persoas e, neste caso en concreto, o Concello quere destacar o esforzo e entrega do clube para achegar o deporte as persoas con diversidade, xa que a súa práctica dende a infancia é un método incuestionable para obter unha integración social, unha autonomía e un afán de superación persoal maior.

Deportivo: Club de Xadrez Laroca
O Club de Xadrez Laroca naceu hai 25 anos da man dun grupo de afeccionados que se reunían a xogar nunha cafetería de devandito nome situada nas galerias de A Ramallosa e que xa non existe. Tres deses primeiros integrantes continúan activamente: Carlos Carreira, Tomás Bernárdez, Rafael Simoes e José Manuel Araújo. Actualmente está formado por 50 xogadores federados dende os 6 ata os 55 anos que disputan a liga galega, tendo a súa sede nas dependencias municipais de Cotros (A Ramallosa, nas antigas escolas). Entre as súas estrelas figuran Mireya Represa, cinco veces campiona de España en distintas categorías e novena no campionato europeo; ou Ana Fernández, campiona provincial feminina sub-16 e subcampiona femenina galega sub-18. Con especial atención á formación dos máis novos, o Club de Xadrez Laroca organiza cada ano diferentes torneos, destacando o memorial infantil ‘Dani Da Rocha Prol´, evento que rende homenaxe ao seu compañeiro Dani da Rocha, falecido en 2011, e que reúne a centos de mozos e mozas de toda Galicia no Pavillón de Panxón. A gran participación neste torneo netamente infantil é unha mostra máis do notable e crecente interese polo xadrez en Galicia. A aparición nos últimos anos de novos clubs e escolas de xadrez que promoven esta disciplina, o incremento da oferta de torneos por todo o territorio e a posibilidade de que o xadrez sexa materia de libre configuración son froito do convencemento dos beneficios que ten a práctica do xadrez na mente de pequenos e maiores. Por todo elo, o Concello considera ao Laroca merecedor deste premio.

O musical ‘Os Rockenstein’ chega ao auditorio este domingo día 5

O Auditorio Municipal de Ponteareas acolle, este domingo, 5 de maio, ás 19 horas, o musical ‘Os Rockenstein’ da compañía Malasombra Producións. Para aquelas persoas que así o desexen, a Concellería de Cutlura que dirixe Hortensia Bautista, pon ao seu dispor o servizo de reserva de entradas no enderezo de correo electrónico [email protected]

Mondariz mellora a mobilidade e seguridade viaria na contorna do centro urbano

0

O Concello de Mondariz esta a desenvolver as obras denominadas de “Mellora de Mobilidade e Seguridade Viaria na Contorna do Centro Urbano e de equipamentos de Mondariz”, unha actuación coa que o Goberno local da continuidade ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible que permitiu as obras de mellora da seguranza Avenida Grupo Escolar, nas inmediacións do CPI Mondariz.

Xoán Carlos Montes Bugarín, alcalde de Mondariz, subliña a importancia desta actuación ao incluír un amplo espazo comprendido entre o inicio da Praza Maior, a totalidade de Concepción Arenal, a rúa Merouces e a baixada cara a Avenida Grupo Escolar que rexistra unha grande circulación de vehículos e peóns dado que inclúe establecementos de comercio e hostalería, o Centro de Día, o Centro de Saúde, a Casa do Concello e enlaza coa zona escolar e do campo de fútbol de herba artificial. Os traballos suporán unha reordenación nas direccións do tránsito rodado, mellorando tanto os desprazamentos dos vehículos coma as condicións de seguridade dos peóns.

Máis polo miúdo, a rúa Concepción Arenal, que nestes intres conta con beirarrúas dun ancho que oscilan entre os 75 centímetros e 1,10 metros e dobre dirección da circulación a 50km/h, pasará unha rúa de plataforma única, cun só sentido de circulación a 20 km/h e cun ancho dispoñible para o peón sempre superior aos 3,40 metros. A zona dotarase de arborado e mobiliario urbano de cara a fomentar o seu uso veciñal en detrimento do seu actual carácter que é case que de estrada.

No que atinxe á rúa Merouces, esta divídese en tres treitos ben diferenciados, un da Casa do Concello ao Centro de Saúde, un segundo treito do Centro de Saúde á Baixada de Merouces e terceiro entre a Baixada de Merouces e a Avenida Grupo Escolar. Na primeira parte, ao igual que na rúa Concepción Arenal, optase por unha plataforma única con espazos reservados aos peóns superiores aos 4,50 metros, espazo necesario xa que se trata dunha zona que rexistra unha alta afluencia de usuarios e usuarias tanto do Centro de Día como do Centro de Saúde e, de cara a mellorar a seguridade, reforzarase a iluminación do paso peonil fronte ao Centro de Saúde.

Doutra banda, o segundo treito –do Centro de Saúde á Baixada de Merouces– procederase á ampliación dunha das beirarrúas ata acadar os 2,50 metros libres para o peón e reducirase o desnivel entre as beirarrúas e a estrada pasando dos actuais 13 cm a 7 cm. Doutra banda, a redución da sección da calzada en 50 cm, favorece a redución da velocidade que pasará dos actuais 50km/h aos 20 km/h. Ademais, no entronque coa baixada de Merouces colocarase un redutor de velocidade en forma de paso alzado que conecta os percorridos peonís dos tres eixos que alí conflúen.

Finalmente, no terceiro treito da rúa Merouces, o comprendido entre a Baixada de Merouces e a Avenida Grupo Escolar, e que comeza no antedito paso de peóns alzado, a rúa será de plataforma única con 3,40 metros de espazo para os peóns ao longo de todo o trazado e pasa, do actual dobre sentido de circulación a 50 km/a, a un único sentido de 20 km/h. Inclúe a obra algún pequeno ámbito verde para evitar o risco de deslizamentos dos peóns nos treitos de maior pendente.

Xa por último, na Avenida Grupo Escolar, no treito comprendido entre a Praza de Merouces e o acceso ao campo de fútbol, melloraranse as condicións de seguridade especialmente nos momentos de chegada e saída de nenos e nenas ao colexio xa que se trata dun lugar onde se producen situacións de circulación complexas ao cruzarse os autobuses escolares que entran por esa vía ata a praza de Merouces, coa vehículos particulares de nais e pais.

De entrada, amplíase a beirarrúa existente ata os 2,50 metros en todo o seu percorrido, delimitándose un espazo de estacionamento reservado para os autobuses escolares. Na marxe sur, suprimirase o estacionamento e crearase unha senda peonil de ancho variable –entre 90 cm e 3 metros– ao longo da vía. Esta medida obrigará a deixar aos cativos e cativas sempre na marxe do centro de ensino, tanto de vehículos privados como colectivos, reducíndose por tanto o número de nenos e adultos cruzando a vía e diminuíndo considerablemente o risco dun accidente.

Resumindo, trátase de reordenar un espazo céntrico e permitir a correcta convivencia entre os vehículos e os peóns e, sobre todo, gañar espazo para a convivencia de veciños e veciñas.

A Alameda da Guarda acolle o 11 de maio a III Mostra Asociativa

0

Colectivos e asociacións da vila apuran os preparativos da terceira edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila son protagonistas, dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes ao longo dunha gran xornada cargada de actividades e unha intensa programación para todas as idades, que este ano terá lugar o vindeiro sábado día 11 de maio na Alameda da Guarda.

Despois de varias reunións de traballo, serán máis de 30 colectivos participantes, que amosaran o seu traballo na Alameda da Guarda entre as 16:00 h e as 21:00 h cunha programación de actividades para todos os públicos e idades.

Así, no programa, ás 16:00 h recolle a actuación conxunta entre A Boalleira e Na Revolta; ás 16:30 h exhibición de danza Centro Do-Majó, de 18:00 h a 18:45 h haberá un bloque de actuacións conxuntas entre a asociación Vento Mareiro, Rock´n´Rolla, Xamarainja e o coro Arpegios-Cantábile. Ás 18:45 h, actuación da Agrupación Musical da Guarda; ás 19:15 h, serán coas actuacións dos grupos Do Lusco ó Fusco e Vento Mareiro. Ás 20 horas actuación das pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e, finalmente ás 20:30 horas, actuación de Xerock.

Ao longo da tarde haberá diferentes stands de información de cada colectivo, así coma actividades paralelas nas que se inclúen a realización dunha alfombra floral, práctica deportiva de remo ergómetro, un obradoiro de hockey e patinaxe, un obradoiro de decoración de palma, un obradoiro de henna, un obradoiro de chapas, unha exhibición de skate, xogos, circuito e actividades de airsoft, obradoiro de nós mariñeiros, sopas de letras, aparellos mariñeiros, photocall e moito máis.

Dende o Concello da Guarda faise un chamamento á participación da cidadanía, para por manifesto unha vez máis a importancia do asociacionismo, a colaboración e a implicación da sociedade en diferentes colectivos, para levar a cabo accións asociativas de interese xeral con diferentes temáticas e fins.

Os centros de compostaxe comunitaria de Mondariz, xa operativos

0

Mondariz xa ten instalados os 13 centros de compostaxe comunitarios previstos para este concello, dos cales 2 xa están en funcionamento e 3 máis comezarán a operar a partires da vindeira semana. A paulatina posta en marcha destes centros de compostaxe vén sumarse á compostaxe individual que xa está realizando a veciñanza –a Deputación xa leva repartidos preto de 800 composteiros individuais por todas as parroquias–, e que persegue o obxectivo de tratar os biorresiduos no mesmo lugar de orixe no que se producen, evitando que sexan depositados nos colectores verdes.


No caso da compostaxe comunitaria, as mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza están realizando unha formación por fases segundo a zona na que está previsto que se vaian poñendo en funcionamento os centros. Esta formación xa foi realizada entre os veciños e veciñas das zonas dos dous centros comunitarios que están funcionado, situados na Avenida do Grupo Escolar, e no aparcadoiro da rúa Cooperativa San Gregorio.

Os tres que está previsto poñer en funcionamento para a semana son os situados en Estromil, na rúa Lino Troncoso e na Praza da Pedreira. Nos vindeiros días, o persoal do Plan Revitaliza visitará os domicilios das persoas residentes nestas áreas para convocalos a candansúa xuntanza de formación, na que lles explicarán todo o que precisen sobre compostaxe, aclarando as dúbidas que poidan xurdir sobre o funcionamento do centro comunitario e o proceso que pasa o lixo orgánico para converterse en compost. Ademais, a medida que comezan a funcionar estes centros, as mestras e mestres composteiros distribúen cubos para as vivendas que participen na compostaxe comunitaria.

En canto á compostaxe individual que se está a realizar en todas as parroquias, o persoal técnico informa que aqueles domicilios que aínda carezan de composteiro e que desexen sumarse a esta modalidade de xestión dos biorresiduos, poden achegarse ata o Concello e solicitalo –en horario de atención ao público polas mañás–.

Ademais, cada parroquia dispón dun punto verde no que a veciñanza pode deixar os restos de podas para, posteriormente, recoller estruturante para utilizar nos seus propios composteiros individuais. Para este proceso, o concello dispón dunha trituradora que dará servizo a estes puntos verdes e que será utilizada tamén para triturar a poda propia do concello. O obxectivo é utilizar e aproveitar todos os restos de poda para devolverlle materia orgánica ó chan, evitar queimas, e contribuír a facilitar o proceso de compostaxe da veciñanza.

Croquetas de arroz con leche (¿receita de mi madre o de la marquesta de Parabere?)

Cuando era pequeña, una de mis cenas preferidas eran las croquetas de arroz con leche. Sí, ya sé que es un postre, pero mi madre siempre nos las hacía para cenar (no es difícil deducir de dónde me viene a mí este gusto por el dulce, ya veis…).

Siempre creí que era una plato inventado por ella, hasta que muchos años después encontré la receta en un clásico de la cocina y repostería, el volumen dedicado a Confitería y repostería de la Enciclopedia culinara de María Mestayer de Echagüe, Marquesa de Parabere, gastrónoma bilbaína que vivió entre 1877 y 1949; una mujer adelantada a su tiempo y un referente de la gastronomía, con una vida apasionante que podéis consultar aquí: http://www.parabere.com/

Pues bien, no sé quién habrá inspirado a quién (aunque lo supongo), pero sea como sea, las croquetas de arroz con leche siguen siendo uno de mis postres-cenas preferidos, y ahora también de mis hijos (y quizás, en cuanto las probéis, también de los vuestros). En palabras de la Marquesa de Parabere: “Es un postre vulgar, pero que gusta a mucha gente, sobre todo a los niños” (hombre, a mí vulgar no me parece, pero claro, tampoco soy Marquesa…)

Vamos a ver las dos recetas que, como siempre, haremos sin gluten.
¡Vamos allá!

INGREDIENTES
– 100 g arroz
– 60 g azúcar
– ¾ l leche
– ½ corteza de limón
– 1 palito de canela
– Sal, pan rallado sin gluten, huevo
– Para la receta de la M. de Parabere: 25 g mantequilla y 2 huevos

La receta que se hacía en mi casa es muy sencilla:
• Hervimos la leche con la canela y la piel de limón durante un rato para que coja sabor.
• Añadimos el arroz y la pizca de sal y cocemos, removiendo con frecuencia, hasta que el arroz esté bien hecho y la leche absorbida.
• Poco antes de apagar añadimos el azúcar y dejamos cocer, sin parar de revolver, durante unos 5 minutos.
• Tapamos con film bien pegado al arroz, para que no haga costra.
• Dejamos enfriar.
• Formamos las croquetas y las envolvemos en almidón de maíz (maicena, por ejemplo), huevo y pan rallado.
• Freímos en abundante aceite bien caliente.
• Escurrimos sobre papel de cocina y espolvoreamos con azúcar molida.
• Lo mejor es comerlas recién hechas.

La receta de la Marquesa de Parabere es un poco más compleja, y también riquísima:
• Ponemos el arroz en agua fría y dejamos que hierva durante 5 o 6 minutos. Escurrimos y refrescamos con agua fría.
• En otra cazuela cocemos la leche hasta reducirla a ½ litro.
• Añadimos el arroz, azúcar, sal, piel de limón, canela y mantequilla y cocemos hasta que esté hecho, pero no papilla, en este caso sin revolver.
• Retiramos del fuego y añadimos los huevos batidos, revolviendo y poniendo de nuevo al fuego unos cuatro minutos.
• Echamos en una fuente y dejamos enfriar.
• Hacemos las croquetas envolviéndolas con pan rallado, huevo y de nuevo pan rallado y freímos en aceite bien caliente.
• Escurrimos en papel de cocina, y espolvoreamos con azúcar molida.

Podemos comerlas templadas o esperar a que enfríen, aunque ya sé que habrá quien intente comerlas recién salidas de la sartén, porque ese olorcito a canela, limón… a arroz con leche, es irresistible.

Podemos espolvorearlas con azúcar, canela, azúcar y canela… o nada.

La Marquesa de Parabere propone sofisticar el plato acompañándolas con salsa de frutas. En este caso hice una salsa de fresas, cociendo las fresas en un poco de agua con azúcar y espesando con un poco de Maizena, pero os aseguro que solas están de muerte.

¡Buen provecho!

Tomiño celebra o 1 de maio a ‘II Carreira do Día do Traballador’

0

Tomiño celebrará o 1 de Maio cunha xornada de deporte, saúde e diversión. O centro da vila acollerá a ‘II Carreira Día do Traballador’, unha proba organizada polo Tebra F.C. en colaboración co Concello na que se anima a participar a todas as persoas “nunha mañá festiva e saudable”. O obxectivo desta proba é “fomentar o deporte e celebrar un día de festa” ao tempo que se recadan fondos. e dende a organización esperan superar este ano os máis de 100 inscritos da primeira edición.

A saída será ás 10.30 horas dende o centro de Tomiño para as dúas modalidades a elixir este ano: a carreira de 10 km e a carreira de 5 km. O circuíto será sinxelo e accesible, que transcorrerá cara o centro de saúde ata chegar ao tanatorio e volta, para chegar á meta de novo á Praza do Seixo. Para facilitar o desenvolvemento da carreira a estrada que une o tanatorio co centro da vila permanecerá pechada de 09:00 a 13:00 h.

O prazo de inscrición remata o vindeiro domingo 28 de abril, ás 24:00 h. As persoas interesadas en participar poden anotarse a través da páxina web championchipnorte.com.

Dende a organización queren agradecer a todos os comerciantes e colaboradores que achegan o seu gran de area para a celebración desta proba. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, anima a todas as persoas a inscribirse e desfrutar desta xornada deportiva e lúdica a partes iguais.

Román Rodríguez felicita aos alfombristas de Ponteareas que cubrirán a Grand Place de Bruxelas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe na praza do Obradoiro á recreación dunha alfombra floral co logo do Xacobeo 21. Trátase dun adianto da monumental alfombra que os membros da Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizarán na Grand Place de Bruxelas para anunciar a celebración do vindeiro Ano Santo.

Durante este acto, o titular de Cultura e Turismo agradeceu “a constancia, perseveranza e dedicación” dos artesás de Ponteareas. “Sabemos que dedicastes infinidade de esforzos no impulso deste proxecto por iso hoxe quero felicitarvos a todos en nome de Galicia”, afirmou Román Rodríguez.

O Concello de Bruxelas ven de aprobar esta semana o proxecto dos alfombristas de Ponteareas e da Xunta para cubrir de flores a icónica Gran Place de Bruxelas en agosto de 2020 e anunciar así, na capital de Europa, a celebración do Xacobeo 21 e promover os valores da Ruta Xacobea durante o principal evento mundial deste tipo de arte efémera, a Flowercarpet.

O conselleiro de Cultura e Turismo lembrou cando, no ano 2017, a pedra do Obradoiro cubriuse cunha vintena de alfombras realizadas por máis de 200 artesáns de ata tres continentes. “Estou seguro de que a iniciativa que se levará a cabo en Bruxelas terá tanto éxito como a que se realizou nesta mesma praza”, afirmou.

Cómpre recordar que mostras de arte efémera como esta son pezas clave do patrimonio inmaterial de Galicia e tamén un importante atractivo turístico. Especialmente na nosa Comunidade, que conta con localidades cunha gran tradición de alfombristas, especialmente en Ponteareas, cuxa festa do Corpus Christi está declarada como Festa de Interese Turístico Internacional.