12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño organiza unha decena de campus e actividades de verán

    Tomiño organiza unha decena de campus e actividades de verán

    O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición nas Actividades de Verán para nenas e nenos. Unha decena de propostas e, concretamente, oito campus deportivos e dous campamentos: urbano e musical. Piragüismo, tenis, pádel e fútbol; rugby, skate, balonmán e atletismo, son as disciplinas dos campus organizados pola Concellería de Deportes.

    O prazo de inscrición ábrese hoxe 10 de xuño e remata o día 25 de xuño (o 24 no caso de piragüismo). O trámite pode realizarse a través da páxina web do Concello, nesta ligazón. As persoas que asistan ás actividades de rugby, skate, atletismo, tenis, pádel, balonmán e fútbol terán unha camiseta de balde.

    Para comprobar que o tamaño da mesma é o correcto, pódese comprobar a talla no edificio de Benestar Social do Concello de Tomiño (Barrio da Rocha, 8; antigo centro de saúde). Para máis información ou dúbidas, chamar ao 986 622 001 de luns a venres, de 8 a 14 horas.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS