A vila do Porriño converterase na capital do ciclismo pontevedrés durante as vindeiras semanas ao reunir a preto dun milleiro de participantes nas probas que organiza o club ciclista Master da Louriña. Unha de elas, a Xarotos Gran Fondo co patrocinio do Concello de Porriño e Deputación Provincial, defínese como “proba ciclodeportiva” que se disputará o domingo 12 de maio.
Para a Xarotos agárdanse más de 500 ciclistas, segundo estimación dos organizadores. Na categoría absoluta disputarase sobre unha lonxitude de 130 quilómetros dos que 83 serán cronometrados. Tamén haberá outras dúas probas complementarias de medio fondo e mini fondo sobre distancias de de 95 km e 71 km, respectivamente. A saída será dende a praza do Concello de Porriño e o percorrido de cada unha das tres modalidades será neutralizado nos primeiros 19 km de cada opción e os últimos 28 km serán sen cronometraxe.
O outro evento organizado por Master da Louriña é a Challenge Rias Baixas que cumprirá a súa terceira edición. Tratase dunha proba para categorías xuvenil e máster homologada pola Federación Galega, conta cos patrocinios dos Concellos de Porriño, Mos e Ponteareas e terá lugar o fin de semana do 22 e 23 de xuño.
“Ambas competicións mobilizarán en total un milleiro de ciclistas de Galicia, Asturias, Castela e Norte de Portugal que converterán O Porriño no epicentro destes eventos que dende a Federación Galega de Ciclismo valoramos moitísimo e agradecemos a colaboración dos concellos pola súia sensibilidade cara ao noso deporte”, sinalou Juan Carlos Muñíz, presidente federativo.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, manifestou a súa satisfacción “polo movemento económico, a dinamización social e o ambiente que suporán estas probas para a hostalería e comercio do Porriño” que ademais “volve a reivindicase como O Concello do Deporte”.
Na presentación das probas tamén estiveron presentes a concelleira de Turismo de Mos, Sara Cebreiro; o concelleiro de Deportes de Ponteareas, Benito Márquez, e o ciclista profesional Gustavo Rodríguez, excorredor do equipo galego Xacobeo e hoxe en día adicado ó tríatlon. Está piques de participar o vindeiro sábado no Mundial de Tríatlon de Longa Distancia que se celebrará en Pontevedra. A organización das probas decidiu render unha homenaxe a Gustavo quen recibiu de mans do presidente do club Master da Louriña, Juan José Álvarez Cerdeira, un maillot especial e anunciou que será o anfitrión e referente destes eventos.