Mércores, 11 Decembro de 2024

O ‘Colebasket’ afiánzase en Nigrán

O Colebasket que este pasado sábado disputouse en Nigrán organizado polo C.B. Nigrán e no que participaban preto de 100 escolares do municipio, amósouse non só como un éxito de organización e participación, senón tamén como a liña a seguir para promocionar o deporte de base algo no que, o club de Nigrán, é un auténtico experto.

Neste torneo interescolar participaron escolares de entre 6 e 13 anos de todos os colexios de Nigrán e o Divino Salvador. Foron preto de 100 escolares dos centros Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Mallón , Arquitecto Palacios e Divino Salvador os que se deron cita no Pavillón Municipal de Panxón para gozar dunha mañá de baloncesto.

Habilitáronse 3 pistas de xogo nas que os máis pequenos disputaron dferentes partidos distribuídos por cursos e arbitrados por xogadores e xogadoras das categorías de formación do CB Nigrán. Ao finalizar os encontros deportivos tivo lugar clausura na que a organización entregou unha medalla conmemorativa a cada un dos nenos e nenas participantes así como un trofeo aos directores dos colexios e representantes das Anpas tamén presentes. Ao evento asistiu ademais o alcalde de Nigrán, Juan González.