19.7 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA mellora da mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil Tomiño-Cerveira, a estudo pola Comisión Europea

    A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil Tomiño-Cerveira, a estudo pola Comisión Europea

    O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte ( CCDR- N).

    O proxecto seleccionado busca simplificar a mobilidade transfronteiriza para facilitar a libre circulación de persoas menores que cruzan a fronteira para levar a cabo intercambios culturais, deportivos ou educativos.

    A proposta foi consecuencia do Informe elaborado polas Valedoras da cidadanía transfronteiriza Cerveira-Tomiño (un órgano que tenta garantir a defensa dos dereitos e intereses dos residentes coma cidadáns europeos transfronteirizos), que reclamaban en febreiro pasado simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira.

    O programa europeo proporcionará agora aos beneficiarios seleccionados asesoramento de expertos legais. Os expertos darán apoio para definir o obstáculo de maneira clara, así como para identificar unha solución. Con ese fin, eses asesores deberán realizar un informe que incluirá: i) unha descrición clara do obstáculo legal, ii) unha indicación clara das disposicións legais que causan o obstáculo e iii) unha folla de ruta cara a unha posible solución con iv) indicación das entidades que participarán nela.

    Os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño constataron que os requirimentos para realizar intercambios escolares de menores de idade entre os dous estados é un dos maiores obstáculos para unha fluída relación transfronteiriza. A eliminación ou simplificación deste problema burocrático permitirá incrementar a cooperación transfronteiriza nos programas escolares, culturais e deportivos, permitindo unha maior cohesión territorial, social e económica.

    O informe das Valedoras que fundamentou a proposta recomenda “estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local, no marco da Unión Europea, promovendo, en calquera caso, experiencias piloto que permitan avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas, especialmente entre a infancia e a adolescencia”, singularmente entre “poboacións escolares que comparten territorio, intereses e trazos culturais en realidades socioloxicamente afíns como a de Galicia-Norte de Portugal ou a da Eurocidade Cerveira-Tomiño”.

    A iniciativa B- Solutions tivo ata agora dúas convocatorias, a primeira en 2018 para proxectos piloto, e agora, en 2019, para proporcionar asesoramento de expertos legais.

    A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto- xuvenil será estudiada pola Comisión Europea, a iniciativa de Cerveira e Tomiño

    o programa “be solutions” buscará alternativas aos atrancos legais para os intercambios escolares en contextos transfronteirizos

     Tomiño, 6 de xuño de 2019.- O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte ( CCDR- N). O proxecto seleccionado busca simplificar a mobilidade transfronteiriza para facilitar a libre circulación de persoas menores que cruzan a fronteira para levar a cabo intercambios culturais, deportivos ou educativos.

    A proposta foi consecuencia do Informe elaborado polas Valedoras da cidadanía transfronteiriza Cerveira-Tomiño (un órgano que tenta garantir a defensa dos dereitos e intereses dos residentes coma cidadáns europeos transfronteirizos), que reclamaban en febreiro pasado simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira.

    O programa europeo proporcionará agora aos beneficiarios seleccionados asesoramento de expertos legais. Os expertos darán apoio para definir o obstáculo de maneira clara, así como para identificar unha solución. Con ese fin, eses asesores deberán realizar un informe que incluirá: i) unha descrición clara do obstáculo legal, ii) unha indicación clara das disposicións legais que causan o obstáculo e iii) unha folla de ruta cara a unha posible solución con iv) indicación das entidades que participarán nela.

    Os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño constataron que os requirimentos para realizar intercambios escolares de menores de idade entre os dous estados é un dos maiores obstáculos para unha fluída relación transfronteiriza. A eliminación ou simplificación deste problema burocrático permitirá incrementar a cooperación transfronteiriza nos programas escolares, culturais e deportivos, permitindo unha maior cohesión territorial, social e económica.

    O informe das Valedoras que fundamentou a proposta recomenda “estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local, no marco da Unión Europea, promovendo, en calquera caso, experiencias piloto que permitan avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas, especialmente entre a infancia e a adolescencia”, singularmente entre “poboacións escolares que comparten territorio, intereses e trazos culturais en realidades socioloxicamente afíns como a de Galicia-Norte de Portugal ou a da Eurocidade Cerveira-Tomiño”.

    A iniciativa B- Solutions tivo ata agora dúas convocatorias, a primeira en 2018 para proxectos piloto, e agora, en 2019, para proporcionar asesoramento de expertos legais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.