19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA cuarta edición dos Xogos Florais de Ponteareas xa ten premiados

    A cuarta edición dos Xogos Florais de Ponteareas xa ten premiados

    O xurado dos IV Xogos Florais de Ponteareas, composto por Susana Lamela, Marta Dacosta, Delio García, Manrique Fernández Vázquez, Hortensia Bautista e Sofía Rodríguez entregaron este sábado os premios dos Xogos Florais. En total, presentáronse 52 traballos distribuídos nas tres categorías: infantil, xuvenil e adulta.

    Na categoría Infantil, os premios quedaron como segue: 
    • O medio natural presentado baixo o pseudónimo de AYDARA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Nahir Martínez Alfonso.
    • Palabras invisibles presentado baixo o psudónimo de ROSE. Unha vez aberto o sobre corresponde a Sabela Martínez Vietez.
    • Seguir sen ti presentado baixo o pseudónimo de VALENTINA. Unha vez aberto o sobre corresponde a lidia Martínez Pérez.

    Categoría Xuvenil:
    • “” presentado baixo o pseudónimo DAwN. Unha vez aberto o sobre correspondente a Lucía Souto Pousa.
    • Mediocridade presentado baixo o pseudónimo Quixota Xuvenil. Unha vez aberto o sobre correspondente a Jennifer Abal Da Silva.
    • Cantiga do século XXI presentado baixo o pseudónimo Vento do Norte. Unha vez aberto o sobre correspondente a Roberto Tato Lage.

    Categoría Adulto:
    • Pendurados de tres guillotinas de madeira de oliveira presentado baixo o pseudónimo Naba. Unha vez aberto o sobre correspondente a Moncho Iglesias Miguez.
    • Dias de Pólvora presentado baixo o pseudónimo Violeta Castro Unha vez aberto o sobre correspondente a Fátima Domínguez Silva.
    • As mans dos nosos maiores presentado baixo o pseudónimo Largueiro. Unha vez aberto o sobre correspondente a Ángel Herrero Alonso.

    A concelleira de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística en funcións, Hortensia Bautista, adiantou que que os traballos gañadores publicaranse nunha edición conxunta cos gañadores da III edición dos Xogos Florais.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS