19.7 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasMS reclama a Alcaldía e ofrece ao PSOE "unha distribución equitativa de...

    MS reclama a Alcaldía e ofrece ao PSOE “unha distribución equitativa de concellerías”

    Onte luns celebrábase en Salceda a segunda reunión entre Movemento Salceda e PSdeG-PSOE de cara a buscar, de cara ao sábado 15 de xuño, a constitución dun goberno de esquerdas. Logo da reunión, MS trasladaba á comisión negociadora do PSOE un comunicado no que á vista dos votos obtidos por cada formación nas pasadas eleccións –1.481 MS-1.036 PSOE– reclama a alcaldía que estaría acompañada “por unha distribución equitativa dos concelleiros e concelleiras (3+3).

    A proposta de Movemento Salceda responde a intención amosada polos socialistas, na xuntanza do 3 de xuño, de presentar a candidatura de Verónica Tourón para ocupar o posto de alcaldesa.

    MS cualifica o documento presentado como “realista e rigoroso, acorde aos resultados obtidos nas eleccións do pasado 26 M” e subliña que o obxectivo claro “é o establecemento dun Goberno de coalición forte e estable baseado no principio da lealdade entre MS e PSOE”. Trátase, recalca Movemento Salceda, de “formar un equipo de goberno que traballe man a man na defensa dos intereses de Salceda”.

    O documento sobre o que MS propón traballar, recolle unha proposta de distribución de áreas e responsabilidades, así como as liñas estratéxicas nos proxectos que deberían ser fundamentais ó longo desta lexislatura.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.