Martes, 27 Maio de 2025

As Neves aposta polas actividades actividades sociais con «Alfabetización funcional» e «Compartir e Vivir»

0

O Concello de As Neves porá en marcha dende o vindeiro mércores, día 29 de xaneiro, e durante un período de 6 meses un ‘Grupo de Alfabetización Funcional’, aberto a veciñas e veciños maiores de 25 anos e menores de 65, que quieran mellorar as súas “habilidades de lecto-escritura”, para poder entender unha factura, unha notificación do Concello ou unha comunicación do Servizo Galego de Saúde.

O grupo, que estará a cargo de especialistas da Asociación Avelaiña, terá dúas xuntanzas á semana, os luns e mércores, de 16 h a 17:30 h na Biblioteca Municipal. As persoas interesadas en asistir poden facer a inscrición chamando ao teléfono 986 667 134.

Compartir e Vivir

Do mesmo xeito, e dende principio deste ano, está en marcha ‘Compartir e Vivir’, unha serie de actividades, como manualidades, grupos de conversa, mellora da memoria, ou xogos, nas escolas e centros sociais de varias parroquias de As Neves.

Os horarios son na parroquia de Setados, os luns de 17-19 h; no mesmo horario, os martes, en As Neves; os mércores, na parroquia de San Cibrán, de 16 a 18 h. e na de Liñares, os xoves, tamén de 16 h a 18 h. Os grupos seguen abertos e as veciñas e veciños que queiran sumarse aos mesmos poden facelo chamando aos teléfonos 986 667 134 e 621 2686 30.

O Museo de Pontevedra renovará a súa imaxe corporativa cun concurso de ideas

O Museo de Pontevedra terá unha nova imaxe corporativa. Así se acordou hoxe na primeira reunión do Consello Asesor, quen resolveu por unanimidade renovar a identidade visual da institución para reflectir o momento de cambio e apertura que están a darse na institución así como para corrixir as súas actuais disfuncionalidades de uso.

O vicepresidente César Mosquera compareceu nun receso para dar conta dos asuntos a tratar na orde do día (a reunión durou catro horas) e manfiestou o seu entusiasmo porque por parte do Consello Asesor “aflora unha ilusión, unha participación e implicación absolutamente extraordinaria”, xa que están a achegar “cantidade de ideas”.

Segundo dixo o nacionalista, a unanimidade dos conselleiros (a arqueóloga Beatriz Comendador, o empresario das industrias culturais Kin Martínez, a directora de Esdemga Lola Dopico, o crítico de arte Ramón Rozas, a arquitecta Teresa Táboas e o pedagogo e escritor Xaime Toxo – a artista Menchu Lamas non puido acudir-) teñen a “sensación xeralizada de que ao Museo hai que darlle un cambio moi profundo”.

Mosquera indicou que a transformación do Museo xa está en marcha coa nova dirección pero debe seguir materializándose. “O pasado, pasado está. Temos unha historia coas súas súas luces e sombras. Herdamos un museo que é o máis importante de Galicia e dos máis importantes do Estado e esa é a base, pero hai que darlle un novo impulso. Niso hai total acordo”, insistiu.

Tamén neste sentido se manifestou o director Xosé Manuel Rey, quen destacou o “carácter proactivo” do Consello Asesor e a súa satisfacción ao ver a implicación coa que se tomou a reunión. “Fixemos un repaso sobre o Plan Xeral de Actuación para que puideran transmitir cara a onde avanzar”, dixo o responsable do Museo, quen engadiu que “pola traxectoria dos integrantes do Consello xa o podía imaxinar, pero formamos parte dunha mesma visión, estamos traballando nunha liña de coherencia moi grande” sobre o Museo.

Identidade visual

En canto á modificación da identidade visual do Museo, Mosquera sinalou que é preciso “poñer un punto de ruptura e cambiar a imaxe” creándoa prácticamente dende cero. Sinalou que esta “case non existía”, xa que ata o de agora se estaba a utilizar un debuxo de Alejandro de la Sota do ano 1942 que non fora creado como logo e que presenta certas disfuncionalidades.

Para a renovación e a potenciación da comunicación exterior do Museo abrirase un concurso de ideas entre deseñadores. O propio consello irá seleccionando as mellores propostas en fases ata chegar ao resultado final. “Isto non quere dicir que a decisión se eternice. Se pode ser en semanas que non sexan meses. Se cadra en tres catro meses deberíamos ter a nova imaxe”, subliñou o vicepresidente.

O director do Museo destacou que a día de hoxe está aberta unha tormenta de ideas sobre cara a onde debe ir a nova identidade visual. Ao seu entender, entre outros aspectos, “debería reflectir dende o punto de vista conceptual este momento de renovación do Museo e dese pulo cara ese Museo máis social sobre no que veño insistindo dende hai bastante tempo”, subliñou.

Outro dos aspectos que se abordou no primeiro encontro do Consello Asesor do Museo foi a aposta por converter o Museo nun referente do Camiño Portugués, unha potencialidade nova que permitirá abrirse aínda máis á sociedade. “Temos que aproveitar sinerxias dun Camiño Portugués que está en auxe, e Pontevedra e o Museo son un espazo fundamental nese camiño. Hai que aproveitar a oportunidade”, dixo Mosquera.

“A idea na idea é que Pontevedra é un área de paso importantísimo e que é preciso sumar ao Museo a esa idea, e reforzar a vinculación da cidade, dese punto nodal no Camiño Portugués”, insistiu o director.

Asimesmo, na reunión –que rematou sobre as 14.30 horas– falouse tamén da rehabilitación dos edificios centrais, da creación do novo centro de arqueoloxía de Valdecorvos e da programación do 2020.

Nigrán completará o abastecemento de auga de Parada

0

O Concello de Nigrán aprobou o proxecto para completar o abastecemento de auga na parroquia de Parada tras ampliar o servizo no 2018 e 2019 á zona de Carrasca e Nandín con sendas obras municipais.

Cun orzamento contemplado de 314.539 €, ese novo proxecto prevé chegar aos barrios de A Laxe, Cabaleiros, Cartas, Tinde, Igrexa, Laxe, Rúa, Sobreiro e Reboreda aproveitando a rede existente e beneficiando así a unhas 150 vivendas que representan a uns 600 habitantes. A previsión do goberno local é completar toda a parroquia entre 2020/2021.

“Trátase de chegar ao 100% da parroquia ao existir unha clara demanda social ao respecto, xa que en Parada nin sequera hai traídas comunais como sucede en Camos ou Chandebrito. É un compromiso prioritario deste goberno, como xa viñemos demostrando”, explica o alcalde, Juan González.

Así, contémplase un colector de 4.454 metros de lonxitude que se conecta en dous puntos á rede existente. O orzamento inclúe apertura de gabias, colocación da tubaxe, execución de arquetas, instalación de válvulas, recheo e resposición do pavimento pola mesma tipoloxía. O prazo máximo de execución é de tres meses.

O Concello de Nigrán, a través da súa concesionaria Aqualia, puxo a finais de 2019 en funcionamento unha nova rede de abastecemento municipal de auga que fornece aos barrios de Nandín, parte de Con e A Reboreda e que chega a Camos (barrios de Castelo, A Lama e O Rial e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332, rúa dos Pazos). Esta obra, súmase á realizada polo Concello no 2018 cun investimento de 457.000 € para abastecer a Parada polo barrio da Carrasca.

Cris Vilariño leva á Cañiza «Mulleres en Acción. Violencia Zero» da Deputación

0

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, asistirá este martes na Cañiza á quinta acción desta edición do programa da Deputación de Pontevedra ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’. A cita terá lugar ás 10:45 horas no CPI cunha acción de danza da artista Cris Vilariño, denominada ‘Intermissum’, que será participativa coa intervención do alumnado do centro.

‘Intermissum’ desenvólvese hoxe luns cun taller con preto de 50 alumnas e alumnos no que realizarán xogos corporais a partir dalgunhas premisas que se dan por feito nas relacións entre persoas. Mañá martes realizarase a mostra colaborativa co aprendido no obradoiro e nela desenvolveranse pezas de escenas nas que o corpo será o protagonista.

Cris Vilariño é diplomada en Danza Contemporánea e licenciada en Xornalismo, ademais de ter un posgrao en Fotoxornalismo. No eido da danza formouse con diferentes mestras e mestres e participou en varias producións como intérprete e creadora. Actualmente colabora coa compañía Licenciada Sotelo. O curso pasado dirixiu a Aula de Danza da Universidade de Ourense e no 2019 o proxecto MASA (Mover as aulas) do Teatro Rosalía de Castro.

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’ ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Este ano volve reunir a 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta quinta edición celébrase en 25 concellos da provincia (Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Tui, Mondariz, Pontecesures, Gondomar, O Grove, Marín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo, O Porriño, O Rosal, A Guarda, Meis e Moaña).

O campión de España de J80, Javier Aguado, coloca ao «Alboroto» na cabeza da «Liga de Inverno»

0

O Alboroto converteuse na tarde do sábado, en Baiona, no primeiro líder da liga de Inverno J80 tras impoñerse ao resto de veleiros na xornada inaugural da competición que organiza o Monte Real Club de Iates. O veleiro armado por Juan Carlos Ameneiro e patroneado polo campión de España Javier Augado, logrou elevarse todo o máis alto da clasificación tras asinar un segundo e un primeiro posto nas dúas probas celebradas na baía.

A competición non puido empezar puntual por mor dun vento frouxo que non axudou na preparación do campo de regatas, pero unha vez asentado en intensidade e dirección, e colocadas as boias para os percorridos barlovento sotavento, a frota puido navegar cuns cinco nós de media.

[su_slider source=”media: 11199,11197,11196,11195,11194″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

Clicar na galería para ampliala

Completáronse dúas mangas de dobre volta entre boias, o que supuxo catro tramos con dúas cinguidas e dúas popas, en dous percorridos que o comité de regatas se vió obrigado a acurtar para que a frota puidese completar as probas en tempo.

A primeira proba foi para o Alboroto patroneado por Javier Augado e o Okofen de Javier de la Gándara quedou segundo. E na segunda proba investíronse os resultados. Alboroto e Okofen foron, sen dúbida, os protagonistas dunha xornada que finalizaron empatados a 3 puntos en primeira e segunda posición respectivamente.

A tripulación do Pazo de Cea, patroneada por María Campos, completa o podio provisional con 10 puntos, seguida moi de preto polo Cansino de Fernando Yáñez, con 11 puntos, e o Maija de José Luis Pérez con 13.

Na xornada inaugural da liguiña de monotipos do Monte Real empezaron a aplicarse xa os xuízos directos na auga, que é unha das novidades desta edición. Por sorte, todas as regatas disputáronse sen incidencias de relevancia.

A liga de Inverno J80 volverá a Baiona o 8 de febreiro coa segunda xornada do total de cinco etapas programadas, que se prolongarán ata o próximo mes de abril.

Liga de Inverno J80 · Top 5

  1. Alboroto · Javier Aguado · 3 Puntos
  2. Okofen · Javier De La Gándara · 3 Puntos
  3. Pazo De Cea · María Campos · 10 Puntos
  4. Cansino · Fernando Yáñez · 11 Puntos
  5. Maija · José Luis Pérez · 13 Puntos

A Guarda segue a reclamar un futuro para o seu porto

0

O antigo local da confraría de pescadores da Guarda acolleu, este pasado venres 24 de xaneiro, unha reunión informativa na que estaban presentes todas as asociacións que reclaman un futuro para o porto guardés. O alcalde Antonio Lomba e os membros da Comisión de Seguimento –Confraría de Pescadores, Piuerio, ORPAGU e Alagua), informaron sobre o contido da reunión mantida en Santiago, o pasado 15 de xaneiro, coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a presidenta de Portos, Susana Lenguas.

Antonio Lomba trasladou ás e aos presentes a resposta ás demandas feitas na antedita reunión coas representantes da Xunta.

A principal demanda que se propuxo na xuntanza mantida en Santiago foi a construción dun novo espigón ao sur do porto, que parta da zona do Baluerio e que remate por fora do espigón norte. Esta infraestrutura evitará a entrada dos mares que na actualidade fan impracticable o porto con mal tempo, permitirá o seu uso durante todo o ano e a dotación de servizos e infraestruturas de atraque. 

O alcalde informou que as responsables da Xunta de Galicia entenderon ás demandas que lle trasladaron dende a Guarda e que se comprometeron a facer unha valoración da viabilidade técnica e económica en relación ao espigón sur. 

Como xa é coñecido, as melloras que reclaman os veciños e veciñas da Guarda, (representados polas súas asociacións) en relación ao  porto, teñen que ver co uso mais intensivo da lámina de auga, tanto para profesionais como para actividades náutico deportivas. O principal obxectivo é recuperar a importancia que o porto tivo no pasado como motor económico da localidade.

As distintas intervencións dos asistentes á reunión resaltaron a importancia de manter esta reclamación da sociedade guardesa o tempo que faga falta para que esta obra se converta nunha realidade. Encargaron ao alcalde o seu seguimento e comprometéronse en ir traballando para concretar máis polo miúdo as súas demandas respecto do porto guardés, co obxectivo de poder asesorar, no seu momento, aos técnicos que redacten o proxecto do espigón sur.

A súa vez manifestaron a necesidade da construción do acceso sur do porto, cuxo proxecto foi redactado pola Deputación de Pontevedra e está pendente de informes sectoriais. 

Por último trasladaron o seu desexo de que as responsables da Consellería do Mar e de Portos de Galicia visiten a Guarda, respondendo ao convite que a comisión de seguimento lles fixo na reunión mantida en Santiago.

Mera desminte a “presunta privatización” do servizo de limpeza en edificios municipais

O concelleiro de Bo Goberno do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, responsábel do servizo de limpeza nos edificios e instalacións municipais, desmentíu as acusacións do Partido Popular relativas á suposta privatización do servizo. Mera explicou que actualmente o Concello atende a limpeza das instalacións municipais con persoal propio, seis traballadoras estabeis e dúas eventuais. Ademais, o Concello tiña até agora no cadro de persoal catro prazas máis vacantes para limpeza por se fora preciso reforzar o servizo no futuro.

O edil nacionalista sinalou que “como a limpeza está debidamente cuberta na actualidade, son suficientes dúas prazas vacantes, que se manteñen, e coas que se atenderá calquera mellora ou novas necesidades”. Mera explica que “por ese motivo se decidíu eliminar as outras dúas prazas vacantes de limpeza cunha finalidade moi importante: crear a praza de técnico de medioambiente e outra de coordinador desa área. Deste xeito a veciñanza desfrutará dun mellor servizo en cuestións como denuncias ambientais, expedientes de limpeza para prevención de lumes ou desbroces de pistas, sen que isto afecte en nada ao servizo de limpeza”, engadíu Mera.

Mera atribuíu á “falta de coñecemento” as críticas do PP. “Dicir que se vai privatizar a limpeza por eliminar dúas vacantes, cando o servizo está atendido e temos outras dúas vacantes máis, só se explica porque a oposición non coñece o cadro de persoal ao completo”. Mera animou á oposición a “facer un traballo serio e construtivo para mellorar Ponteareas”.

Os escolares de Mos participan en charlas sobre a reciclaxe de residuos

0

O alumnado de diferentes centros educativos de Mos foi beneficiario, durante esta semana, dunha charla sobre a recilaxe de residuos, actividade organizada e impartida polo Concello dentro do programa municipal de actividades en horario lectivo. A iniciativa parte da Concellería de Educación que dirixe Julia Loureiro, en colaboración coa Concellería de Cervizo de Recollida de Residuos, responsabilidade de Gonzalo Alonso quen, ademais, visitou aos escolares nos centros durante o desenvolvemento da charla.

Os obxectivos desta actividade son a concienciación sobre a importancia de facer a selección dos distintos residuos xerados nas vivendas, que o alumnado tome conciencia dos residuos que se xeran en cada fogar a diario, o cambio de hábitos no fogar no caso de non facer a separación selectiva de residuos e concienciar da importancia que ten manter limpos os espazos, neste caso nun medio natural (bosques, praias, parques, rúas).

A actividade foi proposta para os alumnos de 3º e 4º de primaria. O CEIP Atín  participou cun total de 23 alumnos/as, o CEIP Mestre Martínez Alonso o facía con 34 alumnos/as, o CEIP Pena de Francia participaba con 34 alumnos e alumnas, outros 20 alumnos/as pertencían ao CEIP Petelos e o CEIP Mestre Valverde Maio participaba cun total de 25 escolares. En total, foron 136 alumnos e alumnas os que participaron nesta actividade.

A charla consistiu nunha exposición en 4 bloques: o entorno medioambiental, o lixo e as súas distintas posibilidades de reciclaxe, o novo ciclo de vida para o lixo e preguntas, dúbidas e inquedanzas.

A Guarda e Póvoa de Varzím máis preto do irmandamento

0

Representantes da Asociación Piueiro, que tiña presentado una solicitude no Concello da Guarda propondo a creación dunha Comisión Organizadora para o Irmandamento con Povoa de Varzim, mantiveron unha xuntanza de traballo o venres na Casa do Concello de Guarda.

O Goberno local amosou a súa disposición de avanzar neste irmandamento e trasladousellese á asociación Piueiro que o equipo de Goberno xa se puxera en contaco coa Câmara Municipal de Póvoa para que os seus máximos representantes, o Se trasladou por parte do goberno a disposición para que este Irmanamento se realice. Se lles trasladou tamén a Piueiro que o equipo de goberno xa se puxera en contacto coa Cámara de Povoa de Varzim para que os máximos representantes de ámbolos dos municipios, Aires Henrique do Couto Pereira e Antonio Lomba, reúnanse para manifestar, de xeito explítico, a súa vontade de irmandamento.

O Goberno de Redondela traslada a Renfe ás necesidades da veciñanza

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa, aproveitaron a súa visita a Fitur para reunirise co director xeral de Viaxeiros de Renfe, Rafael Azuara de cara a trasladalle a necesidade de aumentar as frecuencias nos trens de proximidade entre Pontevedra e Vigo.

Digna Rivas obtivo o compromiso por parte de Renfe “de revisar exhaustivamente as frecuencias das liñas e paradas” de cara a potenciar o servizo, aumentar a súa frecuencia e dar mellor servizo aos usuarios e usuarias. Actualmente Redondela conta cun total de 21 paradas nas distintas estacións e apeadeiros.

Pola súa banda, o Goberno Municipal comprométese a realizar campañas de promoción e impulso do uso do ferrocarril, e dende o Concello adoptaranse tódalas medidas necesarias para informar e animar a veciñanza a utilizar un medio de transporte “alternativo, cómodo, accesible e respectuoso co medio ambiente”.

A venda presencial de billetes na estación da Portela foi outro dos temas tratados por Digna Rivas na reunión de Madrid. Nese sentido, a alcaldesa amosou a súa satisfacción pola decisión de Renfe de “cambiar as medidas adoptadas en días anteriores, comprometéndose a manter este servizo ata o próximo 30 de xuño”. A partir desta data Renfe contratará a persoal de apoio, persoas en situación de desempleo inscritas nas oficinas do INEM de Redondela, “que se encargarán de asesorar aos usuarios e usuarias á hora de adquirir os seus billetes nas máquinas de autovenda ou nas distintas formas habilitadas”.

O pasado venres, a alcaldesa, Digna Rivas e outros membros do Goberno redondelán mantiveran unha fructuosa reunión con representantes de Adif, concretamente con José Díaz Salgado e Víctor Barros, xefe e subdirector de estacións do Noroeste, respectivamente, e Juan Manuel Cutrín, xefe de Estacións de Galicia.

A alcaldesa agradeceu o compromiso de Adif de tramitar unha reivindicación de gran importancia como é a posibilidade de que as infraestructuras ferroviarias infrautilizadas, como a estación de Eidos, “poida ser utilizadas pola veciñanza como centros de cultura e ocio onde celebrar, puntualmente, distintos actos sociais ou culturais”.

Outras das accións a valorar serán as medidas que Renfe deberá adoptar para mellorar algunhas infraestructuras, así como a seguridade, en distintos puntos do municipio, como Cesantes ou A Portela, “reivindicacións veciñais que levan anos sen terse en conta”, sinalou Digna Rivas.

O CEIP Mestre Ramiro Sabell súmase ao proxecto de terapia asistida con cans

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas que dirixe a tenente de acaldesa Cristina Fernández vén de dar un paso máis “na consecución dunha sociedade inclusiva” e amplía o servizo de terapia asistida con cans ao resto do alumnado “porque a inclusión e a igualdade é cousa de toda a sociedade” sinalou Fernández.

Esta terapia daba os seus primeiros pasos no pasado curso escolar da man da Concellería de Ensino incorporándose no curriculum do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera destinada ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Neste curso a ANPA e o propio centro súmanse á iniciativa da concellería para ampliar esta novidosa terapia ao resto das e dos alumnos.

Dende o mes de decembro e ata o mes de maio as profesionais de YARACAN traballan unha vez á semana co alumnado NEAE de infantil e primaria e unha vez ao mes con todo o alumnado dos cursos implicados. Eco, Trufa e Uma son os cans e cadelas encargadas de interactuar seguindo as instrucións das técnicas Eugenia e Julia Correa, especialistas nesta terapia.

En contínua mellora e sempre desenvolvendo un traballo en equipo, a concellería, o centro escolar, a ANPA e as profesionais deste método decidiron este ano dar o salto á integración real traballando unha vez ao mes con todo o alumnado para que, pouco a pouco, a inclusión sexa un feito.

“É imprescindible que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades e atopemos apoios para resolver as nosas necesidades pero para iso temos que formar unha sociedade solidaria capaz de apreciar a diversidade e a riqueza das diferenzas que fan que cada persoa teña algo importante que aportar”, explica Cristina Fernández.

A terapia asistida con cans axuda ao alumnado NEAE pero tamén ao resto do alumnado. Julia Correa explica os beneficios que reporta para toda a comunidade educativa e os avances que se acadan “maior motivación, atención e concentración na súa contorna inmediata, melloran en actividades como a da lectura, o traballo en equipo e incrementa a capacidade para seguir instrucións, ademais de reducir a impulsividade e a agresividade tamén mellora a autoestima, a autodisciplina e o autocontrol”.

Actuando dende o plano emocional, as irmás Correa comezan o seu traballo dúas horas antes de chegar ao centro escolar preparando aos seus compañeiros caninos para que xa na aula estean ao 100%.

Cada sesión é previamente estudada e deseñada co profesorado do centro para acadar os obxectivos pactados.

Peregrinos xacobeos na cidade de Tui

A inmediata celebración no ano 2021 dun novo ano xubilar compostelán e a súa secuela dun novo Xacobeo así como o crecente número de peregrinos que, dia a día, percorren o Camiño Portugués a Santiago de Compostela, nos concede unha idónea oportunidade para, ao longo de varias entregas, dedicar os artigo desta sección de “Porta das Trabancas” a recoller as testemuñas que, ao longo dos séculos, teñen deixado diversos peregrinos que realizaron esta ruta xacobea que une, dende o século IX, as terras do occidente peninsular.

Cabe afirmar como a devoción ao apóstolo prendeu dende primeira hora nas terras ao sur do Miño, e a medida que foise configurando o reino de Portugal foi medrando esta presenza xacobea. Lembremos como foi Santiago o Maior quen encabezando as tropas lusitanas logrou a reconquista de Coimbra, un dos grande fitos da expansión da monarquía portuguesa cara ao sur a costa dos musulmáns. Durante séculos o apóstolo Santiago foi o patrón de Portugal ata que, pola influencia inglesa, este patrocinio pasou a San Xurxo.

Xa que logo, non é estraño comprobar a presenza de numerosos romeiros lusitanos dende os primeiros tempos da peregrinación xacobea. Pero as rutas xacobeas eran tamén transitadas por peregrinos de múltiples nacionalidades que tendo chegado por vía marítima a Portugal, especialmente a Lisboa, aproveitaban a súa estadía para achegarse á Catedral de Santiago e implorar a protección do apóstolo.

A inmensa maioría dos peregrinos non deixaron pegada algunha agás unha tradición secular que se expresa na nosa cultura popular, no noso patrimonio cultural, etc. Son peregrinos que fican no anonimato, rescatados do esquecemento unicamente por sucesos ou por acontecementos que se recollen nas fontes documentais que chegan ata nós.

Os peregrinos que acudían ao Camiño cara ao sartego apostólico expresan, especialmente na Idade Media, unha concepción da vida e do mundo baseada na condición de homo viator. O home está chamado a camiñar, a súa vida é unha peregrinación á patria celestial, as peregrinacións nos lembran esta condición do home, do fiel.

A presenza dos peregrinos é unha constante na vida tudense que podemos documentar coa existencia de ata tres hospitais na época medieval. Aínda que estes hospitais tiñan como principal misión o socorro aos pobres e doentes sen recursos, tamén acollían aos peregrinos, pois esta ambas eran obras de misericordia.

O primeiro hospital tudense foi creado posiblemente na segunda metade do século XII sendo reedificado no século XVI polo bispo Diego de Torquemada, que deixou nos seus muros as súas armas heráldicas, aínda conservadas hoxe conservadas. En 1756 o bispo Juan Manuel Rodríguez Castañón reedifica completamente o edificio, adquirindo un edificio contiguo, e poñéndoo baixo a advocación de Nosa Señora do Pilar. Na actualidade este edificio acolle o Museo Diocesano.

A primeira noticia certa de súa existencia data de 1380 no testamento do cóengo Xoán Gonçalves que deixa para o hospital da cidade un colchón, dúas almofadas, unha manta e dúas sabas para dar servicio a unha das camas. Este hospital da cidade era sostido polas achegas do Concello e algunhas doazóns, propiedades e rendas, pero sempre presentou grande dificultades pola carencia de recursos para o seu sustento, ata o punto que en 1441 o Concello acorda doarlle á renda do peso da praza ou mercado da cidade para que podesse sosteer et proveer os romeus et peligryns que a el de diversas partes do mundo cada dia vynam o dito ospital.

No século XVI a xestión deste hospital foi asumida pola sede tudense. Así o bispo Diego de Torquemada reedifica o vello hospital medieval en 1569 dotándoo de novas constitucións que establecen as condicións de funcionamento deste centro asistencial: Rescibir sena en el los pobres extrangeros que pasaren y estando sanos no podrán más de un día y una noche, y si estuviere enfermo podrá estar el tiempo que le durare la enfermedad, y si hubiere algún pobre enfermo de la ciudad o sus aldeas curar sea en el dicho hospital a costa del, con que no esté enfermo de mal contagioso. Item, a los pobres que de posada pasaren o dormieren en dicho hospital no se les dará más de la posada y la lumbre, y a los enfermos se les dará todo lo necesario para lo qual se dé salario al médico el qual esté obligado a visitarlos y curar los enfermos del Hospital

Comprobamos como estes hospitais, de época medieval e moderna, tiñan sempre esta dupla finalidade de atención aos pobres da contorna e de acollida aos viaxeiros e peregrinos sen recursos.

En 1756 será reedificado por completo polo bispo Juan Manuel Rodríguez Castañón, ampliando a súa superficie con diversos edificios anexos. Este hospital estivo en funcionamento ata 1923 en que foi inaugurado un novo centro asistencias (no que hoxe é o Edificio “Francisco Sánchez”, antiga Área Panorámica). O vello hospital que acolleu logo ás Monxas Franciscanas (ás “Blanquitas” para os tudenses) é na actualidade a sede do Museo Diocesano.

Tamén dependía, en época medieval, do Concello tudense outro Hospital, o de San Xiao dos Gafos, no arrabaldo do Rollo, e que atendía aos enfermos máis temidos daquela época: os leprosos, chamados tamén “os gafos”. Non coñecemos o momento da súa fundación posiblemente no século XIII, pois en 1246 no testamento do arcediando Fernán Eans figura unha manda para os leprosis tudensis.

Recolle Mª Carmen Sánchez Carrera un documento de interese: item mando a os lazerados da casa de Santiago de Tuy un almadraque e hun cabesal e duas mantas de burel das que andan enna casa se alguns lacerados ende vinieren a morar. Esta referencia xacobea podería indicar que este hospital dos gafos ou lázaros fora creado por unha confraría baixo a advocación do apóstolo Santiago, pero a administración deste centro correspondía ao Concello que nomeaba procuradores para a súa xestión, ás veces compartidos co hospital da cidade.

A partires do século XV, ao descender o impacto deste andazo, veu reducida a súa actividade. Estaba situado na saída da cidade, extramuros da fortaleza medieval non lonxe do camiño real que conducía cara O Porriño, polo que tamén transitaban os peregrinos. Desaparecerá definitivamente no século XVII afectado polas obras da fortificación da cidade con motivo das guerras con Portugal e no seu solar foi edificado no século XIX, en torno a 1833, o cemiterio da cidade.

O historiador tudense Suso Vila documenta como no testamento do arcediano da catedral tudense, Fernán Eans, consta a fundación, nos arredores da cidade, dun hospital en Santa María de Bongoi, que co tempo foi transformado nunha explotación agrícola. A capela deste hospital posiblemente está na orixe da actual capela da Virxe do Camiño, onde se conserva unha fermosa talla de Nosa Señora co Neno, a quen alimenta co leite do seu peito, do século XIII.

Este hospital, fundado pola piedade do dito Fernán Eáns, contaba con doce camas, con mantas, almofadas, sabas e colchas ao coidado dun capelán, estaba destinado á atención de pobres e peregrinos: pauperes et peregrini qui verint in romarias. O número de prazas deste hospital é moi elevado se o comparamos con outros establecementos similares, tanto de época medieval como moderna (por exemplo superaba amplamente aos hospitais de Vigo, Baiona ou A Garda do século XVIII).

Tamén Suvo Vila documenta outro establecemento, neste caso un albergue do século XIV, o denominado Dom Balugas, do que descoñecemos a súa ubicación. Figura unha referencia ao mesmo no testamento de Teresa Peres de 1334: It mando a Dominga Amanca que mora ena albergaria de dom Balugas un leito, colcha e o recheo de plumas, que tras a súa morte quedará para este albergue. Na documentación tudense aparecen tamén varias mencións a estalage, que sería un sinónimo de hospedería que aloxaría a viaxeiros con recursos económicos. Había un no cantón entre a rúa da Pedreira e o cemiterio medieval da Catedral documentado cara 1460 e figuran outras mencións en documentación dese século XV.

En definitiva, a cidade tudense contaba con varios hospitais que acollían aos peregrinos, maioritariamente de escasos recursos, e que realizaban a súa peregrinación gracias á hospitalidade nestes establecementos e, en moitos casos, ás esmolas que recibían da xenerosidade da xente. Peregrinos que compartían estes lugares cos pobres, principal continxente que era atendido nestes hospitais. Peregrinos anónimos dos que nos ocuparemos na seguinte entrega desta serie.

Carta abierta a un recién nacido

Vivimos en el tiempo de la desolación y la muerte, Alexis, por eso hay que aprovechar hasta el límite, los pocos resquicios de vida que aun nos dejan. Eso y la esperanza tienen que ser el pan nuestro de cada día. Si, ya sé que podrías decir que la esperanza no se come, aunque si que sea lo último que se pierde. Y no te faltaría razón, si pudieras decirlo, Alexis, hijo mío. Pero la verdad, es que si no tuviésemos esperanza, entonces, ya no nos quedaría nada. Porque la simple y cruda realidad, es que me resulta imposible imaginar un mundo peor que este. Aunque sólo sea por eso, merece la pena seguir soñando con algo distinto. De lo contrario, ¿para que seguir viviendo?

Antes de ayer murió la sra. Chaoz., aunque tu por supuesto, no puedes saber de quien te estoy hablando. Era una anciana menuda y poquita cosa, que cuidaba de ti y de tu madre enferma, en mis escasas ausencias. Se sentaba en una silla a la entrada de la tienda y allí pasaba las horas, cantando canciones de su lejana aldea de Asia Central. Ya no lo hará más. Pero lo peor no es que haya muerto ( En los últimos tres meses han caído tantos, que uno más, ¿Qué más dá?). Lo peor de todo es que nos hemos acostumbrado de tal manera a la muerte, que ya ni siquiera tenemos respeto por ella. Hablamos de la muerte parapetados detrás de números y estadísticas. En el último mes han fallecido trescientos veintiocho. De hecho hay incluso quien asegura, que este ha sido un buen mes y han caído menos de lo habitual. Pero la frialdad de los números no es capaz de esconder el autismo que nos domina. Esa falta de sentimientos, donde sólo existe el miedo que nos atenaza y que nos convierte en algo bastante peor, que una manada de animalillos asustados; una manada de animalillos asustados dispuestos a todo, con tal de sobrevivir un día más.

Así es y seguramente, no podría ser de otra manera. A fin de cuentas, ¿que hay detrás de cada uno de nosotros? Apenas una vida repleta de sueños y frustraciones, de amores y desamores, de verdades y desengaños. Sentimientos que se pueden tirar a la papelera, igual que un kleenex usado. Y no me gusta que sea así. Pero asi es como es y no hay nada que hacerle. Por que a fin de cuentas, si perdemos la faceta humana, ¿qué es lo que nos queda? Apenas la inteligencia fría y aséptica de un ordenador. Y si se trata de máquinas, hay que reconocer que hay algunas, por no decir bastantes, que lo hacen mucho mejor que nosotros.

Los humanos somos animales extraños y contradictorios. De alguna manera es como si cada vez que avanzamos en el conocimiento y en la tecnología, tuviésemos la necesidad de retroceder en la escala evolutiva. Inventamos nuevas máquinas, que sirven para matar más, mejor y más barato. Mejor no pensar, a que extremos de crueldad seremos capaces de llegar en un futuro próximo. Como ya te dije antes, me resulta imposible imaginar un futuro peor que el actual. Aunque la realidad se haya encargado de demostrarnos un millar de veces, que siempre puede haber algo peor.

Por lo demás, nuestra vida es tan rutinaria como siempre; si es que por rutina se puede entender la lucha por la supervivencia y el no saber si seguirás vivo, al minuto siguiente. Me despierto un poco antes, de que salga el sol. A esa hora, algunos ya se encaminan hacia los puestos, donde con un poco de suerte, se repartirán comida y medicinas, cinco o seis horas después. Allí permanecen toda la mañana, intentando matar el tiempo a base de juegos y cháchara.

Por suerte durante la última semana no he tenido que ir a buscar comida, ni medicinas. Desde que ha llegado el médico nuevo, ni a ti, ni a tu madre os ha faltado de nada. No sé porqué, pero parece que le habéis caído en gracia. Aunque eso es algo que también puede ser peligroso. Cualquier privilegio, por pequeño que sea despierta recelos en las tiendas contiguas y ya se sabe que el ocio y la desesperación no son buenos compañeros y por lo general, no conducen a nada bueno. La maldad tiene mil caras y este campamento es uno de los peores sitios posibles, para confiar en alguien.

El doctor también me ha dicho que no me haga muchas esperanzas sobre tu madre. Está muy débil y lo más que probable, es que muera. Pero eso era algo, que yo ya sabía, desde el momento que perdimos nuestra casa y tuvimos que refugiarnos en este maldito campamento.

Hoy ha vuelto a haber problemas en el reparto de la comida. Algo que por otra parte, se repite de forma cíclica, como las fases de la luna. Es verdad que se reparten números y que por regla general, la gente guarda cola. Pero de vez en cuando, siempre hay algún listillo, que pretende colarse y eso desata la ira del resto. Parece que lo de hoy ha sido una auténtica batalla campal, alentada por los propios soldados, que no han tenido otra ocurrencia, que subirse a los camiones y ponerse a arrojar los paquetes de comida, igual que si fuéramos fieras salvajes.

Él que me lo ha contado, estuvo allí. Parece ser, que en cuanto se empezaron a arrojar los primeros paquetes, la multitud se desbocó, igual que un caballo salvaje. Hubo empujones, pisotones, peleas. Hablaba de tres o cuatro muertos y más de cuarenta heridos. Eso es lo peor de la guerra; eso y el hambre: La capacidad que tiene de embrutecer al ser humano, de sacar a flote, lo peor que hay en cada uno de nosotros. Personas que conozco desde hace muchísimo tiempo y que tan sólo unos meses atrás, hubieran estado encantados de ayudar a cualquiera, serían capaces de matar hoy, por un par de botas en buen estado, un paquete de arroz o un botiquín de primeros auxilios. No importa que se trate de ancianos, mujeres o niños. Tampoco importa, que sea culpable o inocente. Lo único que importa, es no quedar fuera del reparto. La cuestión se reduce a ellos, o nosotros; supervivencia pura y dura. Ya no existe el respeto, la compasión o la piedad. La única ley vigente es intentar sobrevivir un día más.

Una de las actividades preferidas del campamento, es la rumorología. Si las cotas de maldad no tienen límites, los de la credulidad humana, tampoco. Si tan sólo fuera verdad la centésima parte de lo que se oye, ya nos habrían liberado cinco o seis veces y ejecutado otras tantas. Y pese a que casi nunca son verdad, la gente continua haciendo caso a los rumores, dándolos por ciertos, una y otra vez. Ayer mismo, estuvieron a punto de linchar a un chaval de dieciséis años, porque alguien escuchó a uno, que había escuchado a otro, decir que el chaval, estaba implicado en la adulteración de la leche en polvo. Y si no hubiera aparecido aquella patrulla, es posible que a estas horas el chaval, ya estuviese muerto. No importa lo que digas, hagas o pienses. Lo único que importa es que haya alguno, al que no le guste, lo malinterprete, o peor aun, no le caigas bien y esté dispuesto a acusarte, lo suficientemente alto y con la suficiente convicción, para que los demás le crean. A veces pienso que sería mejor que nos cayese una bomba encima. Una sola. ¡BOOMM¡ Y que todo se acabase de repente. Pero, si eso ocurriese, ¿Quién te iba a cuidar, Alexis? ¿Qué culpa tienes tu, que acabas de llegar, de que hayamos convertido este planeta, en un lugar inhabitable?

Hoy hemos comido gracias a Sonia, una prima en segundo grado de tu madre. El sol ya estaba bastante alto, y del médico nuevo no hemos tenido noticias, desde hace cuatro días. Quizás se haya largado, o es posible que lo hayan trasladado a otra zona del campamento. Yo había decidido no acudir al reparto. No quería dejaros solos, ni a tí, ni a tu madre, que a cada hora que pasa, está peor. Además, para que voy a negarlo, tampoco quería enfrentarme a la prueba más terrible de todas: Saber con absoluta certeza, si en el caso de que consiguiera algo de comida, sería capaz de compartirla contigo o con tu madre, o me iría a devorarla a un rincón, igual que una fiera salvaje. Entonces apareció Sonia. Traía cuatro botes de leche en polvo, tres paquetes de galletas, dos de harina y seis barritas de chocolate. Ni tu madre ni yo nos hemos atrevido a preguntarle, como lo había conseguido. Suele ser lo normal entre las chicas de su edad y la única manera que tienen, de procurarse algún pequeño lujo y algo de comida extra para sus familias. Bastante ha hecho, que ha venido a compartirlo con nosotros; un matrimonio maduro, que busca en su tercer hijo, compensar la muerte de los otros dos. Pobre Sonia. Desde que sus padres murieron, nosotros hemos sido su única familia. Pero ahora, ya ha echado a volar con sus propias alas. Y en las circunstancias actuales, ¿quien soy yo, para dar consejos de moral a nadie?

Te parecerá tonto y estúpido. Pero una de los cosas que más echo de menos, es sentarme a leer el periódico, con una taza de café recién hecho. Claro, que que sabes tú, del olor del café recien hecho y del tacto de un periódico. Pero es así, Alexis, Si todos los que estamos aquí, soldados y refugiados, pudiéramos volver a hacer nuestras rutinas habituales; creo que acabaríamos comprendiendo que todo este horror es innecesario.

Me despierto agotado, antes de que salga el sol. No tanto por el cansancio físico, como por saber, que ahí viene otro día más. Otro día, con todas las complicaciones logísticas y burocráticas, que conlleva la lucha por la supervivencia. Conseguir leña, agua, comida y un largo etcétera. Como ya te dije antes, Alexis, el efecto más dañino de la guerra, es que saca a flote lo peor que hay en cada uno de nosotros. Hay quien dice, que también lo mejor. Pero yo eso no lo he visto. Por lo menos no, en este campamento.

Tu madre duerme, y tu también, frágil y pequeño, entre sus delgados brazos. Yo le sigo dando vueltas a la cabeza, intentando pensar.. Los edificios, las carreteras, las fábricas. Todo eso se puede reconstruir. Pero, ¿Cómo rehacer la confianza entre dos personas, que han aprendido a odiarse a muerte? Si yo te contara, hijo mío, las barbaridades que he visto cometer en nombre de Dios, de la Patria, de la Revolución y de la Libertad, estoy seguro que no me creerías. Por eso me gusta ser profesor. Educar es luchar contra la barbarie y el fanatismo. También por eso me gusta el arte. El Arte, con mayúsculas, supone la posibilidad de crear nuevos mundos, no de destruirlos. En ese sentido, Dios es artista, o no es. ¿Y nosotros? ¿Qué somos? ¿Que hacemos aquí?

Si Alexis, vivimos en el fin de los tiempos, el tiempo de la soledad y la indiferencia. Los cuatro jinetes del Apocalipsis ya están aquí y no nos hemos enterado, o si nos hemos enterado, hacemos como si no los hubiésemos visto. Nos hemos acostumbrado tanto a la muerte, que hablamos de ella como del tiempo, o de un número más.

Y bien cierto es eso, de que no todo es desgracia. Porque hay a quien le está yendo muy bien con esta maldita guerra y se está haciendo con un bonito capital, a costa del dolor y el sufrimiento ajeno. Los antibióticos se pagan a precio de oro en el mercado negro; y donde hay dinero, suele haber gente dispuesta a todo. He visto mezclar antibióticos, con productos veterinarios, o con azucar o bicarbonato; he visto a padres, negarles las medicinas a sus hijos enfermos, para poder revenderlas. Pero así es la vida, hijo. Aunque si quieres que te sea sincero, no envidio nada a esa gente; más bien me dan pena. Esclavos de su pasión por el dinero, ciegos y sordos a todo lo demás, incluso a las lágrimas de un niño. Supongo que creen, que cuando todo esto termine, ellos podrán sentarse a disfrutar tranquilamente de todo su dinero. Pero ¿Y si no mejora? O si mejora y ellos no lo llegan a ver. Entonces, ¿Qué? No lo sé. La verdad es que no sé casi nada. Ni siquiera sé si viviré lo suficiente, para poder ver el final de toda esta locura. Porque no nos engañemos, Alexis, las probabilidades de sobrevivir son ínfimas. Por eso te estoy escribiendo esta carta, ahora que aun estoy a tiempo. Quizás ni tu, ni tu madre, sobreviváis; o quizás sea yo, él que caiga primero. De lo que si puedes estar seguro, hijo mío, es que si nos llegas a conocer y ojalá sea así, tu madre y yo cuidaremos de ti, lo mejor que sepamos. Porque hay una cosa que nunca debes olvidar, Alexis, y es que en medio de todo este horror que nos rodea, tu eres la única esperanza que le queda al mundo. Así es y así debe de ser.

Te quiere: Tu padre.

«Voando nas Rías Baixas» inicia a súa andaina este domingo na enseada de San Simón

A Enseada de San Simón na ría de Vigo será o privilexiado escenario este domingo da primeira das rutas ornitolóxicas de ‘Voando nas Rías Baixas’, programa da Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO-Birdlife, que a través de cinco excursións guiadas permitirá ao público coñecer de xeito gratuíto a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra e poñer en valor o turismo medio ambiental e sustentable que ofrece o noso territorio. As 25 prazas ofertadas para esta ruta, espazo protexido pola Rede Natura 2000, esgotáronse en tan só 10 minutos.

Durante a excursión, as persoas participantes poderán observar, nesta paisaxe intermareal situada no máis profundo da ría de Vigo, a invernada e o paso migratorio de aves acuáticas e mariñas. Ademais do pato asubiador, destacan tamén as limícolas como o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirrubio e claro, o pilro común; ardeiros como a garza real ou os corvos mariños; e paxariños como o vistoso martiño peixeiro. Esta ruta, que contará con guías especialistas de SEO-Birdlife e con material óptico e didáctico, terá como punto de encontro o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ás 9:00 horas.

Tras esta primeira ruta, “Voando nas Rías Baixas” continúa cunha segunda excursión o 16 de febreiro polo Complexo Intermareal Umia-O Grove. O prazo de inscrición para o segundo roteiro estará aberto dende o 3 ao 12 de febreiro. Posteriormente, o programa continuará polo esteiro do río Miño e Foz da Ramallosa, Brañas de Xestoso e Serra do Suído.

“Voando nas Rías Baixas”, que este ano chega a súa terceira edición, trátase dunha iniciativa impulsada xunto a SEO Birdlife e enmarcada no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para sensibilizar á poboación, internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra. Con este programa, a Deputación de Pontevedra aposta pola promoción do turismo ornitolóxico, un turismo sostible e respectuoso co medio.

A “pasividade” da Xunta obriga á Guarda a redactar un anteproxecto para a circunvalación ao Santa Trega

0

O Concello da Guarda vén de anunciar o encargo da redacción dun anteproxecto de ancheamento da calzada da PO-552, –vía que circunvala o monte Santa Trega– e para dotala dunha senda peonil e un carril bici. O encargo do Concello guardés prodúcese, logo da “pasividade” da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, organismo ante o que a Alcaldía da Guarda fixo reiteradas xestións sen que houbera resposta.

O anteproxecto encargado polo Concello que preside Antonio Lomba, será remitiro á Consellería para esixir “a súa urxente execución”. O referido anteproxecto contempla unha actuación na totalidade da PO-552 que non conta con beirarrúas, tanto polo lado norte, Cruzada-Camposancos como no lado este Camposancos ata intersección PO-355 (que conduce á Pasaxe) consistente nun ancheamento da calzada de rodadura, a construción de beirarrúas e a dotación dun carril bici.

A PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación da Guarda, basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da Guarda e a Parroquia de Camposancos, tanto polo Oeste como polo Este, alén de suliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila.

Con estas referencias resulta doado entender que o tráfico rodado que soporta, sobre todo en época estival, é moi considerable. Ao mesmo tempo, e dado que a paisaxe pola que discorre é moi fermosa, atrae a multitude de peóns que pasean por ela.

Sen embargo, a pesares da súa importancia e do tráfico que soporta, non reúne as mínimas condicións de seguridade viaria, os carrís non superan na maior parte do trazado os 2,50 metros de ancho e non conta con beirarrúas para unha mínima seguridade dos peóns.

Dende a alcaldía da Guarda, foron moitas as ocasións, unhas por carta e outras persoalmente, nas que se lle reclamou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o ancheamento da calzada, a construción dunha senda peonil e un carril bici. Por citar as ultimas xestións:

  • 7 de novembro de 2017: reunión do alcalde Antonio Lomba coa conselleira Ethel Vázquez en Santiago, compromiso da conselleira de redactar o proxecto.
  • 26 de decembro de 2018: reunión do alcalde Antonio Lomba en Pontevedra co Director Territorial de Infraestruturas, resposta do Director, a senda pode entrar dentro dun paquete no ano 2019.
  • 31 de decembro do 2019: carta do alcalde Antonio Lomba á conselleira solicitándolle unha nova entrevista, ata o momento sen contestación.

O Concello de Nigrán inicia en Chandebrito o curso «Cultiva a mente»

0

O Concello de Nigrán, coa colaboración da Asociación de Veciños ‘O Castro’, iniciou esta semana en Chandebrito o programa de prevención do deterioro cognitivo ‘Cultiva a mente’ coa totalidade das 15 prazas cubertas (hai 4 en lista de agarda). O obxectivo do Concello é descentralizar este programa de envellecemento saudable achegándoo ás parroquias, desenvolvéndose en Chandebrito de xeito piloto ao ser a zona máis afastada do núcleo urbano e contar con gran proporción de poboación de idade. Así o explicou na presentación o rexedor, Juan González, e a edil de Terceira Idade, María Mayán.

O programa, que desenvolven especialistas de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia), ten lugar todos os mércores de 18:00 a 20:00 horas no local veciñal e está dirixido a maiores de 55 sen deterioro cognitivo e interesadas precisamente na prevención do mesmo e no envellecemento activo.

[su_image_carousel source=”media: 11140,11139,11141,11138″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Este auténtico ‘ximnasio mental’ busca previr a demencia e promover hábitos de vida saudables a nivel cognitivo e emocional. Os participantes teñen un rol activo atendéndose ás súas preocupacións e necesidades, facilitándolles unhas mellores relacións sociais e a prevención da soidade, así como a independencia e a autonomía persoal. Así, trabállase a atención, a memoria, as funcións executivas, a percepción, a orientación, a linguaxe e o cálculo.

O Concello de Nigrán desenvolve en Panxón dende o ano 2016 este programa nas instalacións do CPI e tamén con persoas en lista de agarda, polo que se consideru importante ampliar o servizo a outros núcleos.

A Deputación busca poñer en valor a figura de Concepción Arenal no bicentenario do seu nacemento

A Deputación, a través dos departamentos de Patrimonio e Igualdade, e o Ateneo de Pontevedra iniciarán este mes a conmemoración do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal co fin de poñela en valor como unha das primeiras feministas galegas e como importante figura do patrimonio histórico feminino polo legado do seu pensamento nunha grande produción de publicacións. Segundo adiantou hoxe a presidenta Carmela Silva na presentación –na que estaba acompañada pola deputada de Patrimonio, María Ortega e o representante do Ateneo, Antón Sobral–, a escritora e profesora Anna Caballé será a encargada de desmontar os mitos creados arredor da figura da humanista galega cunha conferencia maxistral aberta ao público.

O relatorio de Caballé , que estará o mércores 29 en Pontevedra (20 horas, Café Moderno), ten como título ‘Concepción Arenal, a lei do ben’, e está baseado na biografía que lle valeu a concesión do premio Nacional de Historia 2019 (‘Concepción Arenal. La caminante y su sombra’) “por reunir todos os requisitos de excelencia nunha obra de historia: novidade historiográfica e metodolóxica, pluralidade de fontes e un plantexamento científico e rigoroso sobre un personaxe aínda non suficientemente coñecido”. Nela reconstrúe por primeira vez traxectoria vital de Concepción Arenal, as súas aspiracións, os seus acertos e as súas contradicións.

A presidenta da Deputación destacou que a conferencia organizada polo Ateneo de Pontevedra sobre Concepción Arenal “vai iniciar as actividades que vamos desenvolver sobre a primeira feminista galega, para poñer en valor a súa figura cando se celebran douscentos anos dende o seu nacemento”. Deste xeito, a conferencia que impartirá a Premio Nacional de Historia Anna Caballé, a quen Silva cualificou como “unha muller imprescindible na cultura e na defensa da igualdade das mulleres”, servirá para afondar na traxectoria vital de Concepción Arenal.

Carmela Silva aproveitou a ocasión para reivindicar que “nós tivemos moitas mulleres nacidas aquí cun gran nivel, como Concepción Arenal, Clara Campoamor ou Victoria Kent, que son as nosas mulleres, mulleres galegas comprometidas cunha grande capacidade, cunha grande formación, que ocuparon espazos de poder moi potentes e que nós temos que poñer en valor como as súas pequenas herdeiras, para seguir traballando pola igualdade”. Deste xeito, a presidenta da Deputación quixo tamén “mandar un recado a todos eses que falan do pin parental” e amosar, así o seu “compromiso persoal de loita contra todos os que queren afastarnos, ás mulleres, do noso lugar”.

Concepción Arenal e Pontevedra

Pola súa banda, a deputada de Patrimonio e Lingua, María Ortego, quixo poñer en valor a figura de Concepción Arenal polo feito de ter ideas feministas, pero tamén por ser patrimonio histórico feminino deste país, tendo reflexado as súas ideas de forma escrita cun legado de numerosos escritos e libros sobre os seus pensamentos na defensa das persoas necesitadas e da necesidade de mudar a sociedade.

“Concepción Arenal é o noso patrimonio feminino. Por iso ten que vir a primeira fila. É unha muller que viviu nun tempo onde a muller estaba cuestionada e non podía demostrarse no ámbito público, e ela loitou contra ese estatus. Fíxose a si mesma, sendo máis reformista que revolucionaria. Ía por diante dos seus tempos pero con vagaxe chea de contradicións (…) e aínda así deu pasos importantes e deixou un legado e patrimonio escrito do seu pensamento “, subliñou a nacionalista.

Ortega tamén puxo de relevo que Concepción Arenal viviu en Pontevedra ao final da súa vida, cando era maior e doente, e chegou a ser unha figura fundamental para que se organizaran ao seu arredor faladoiros de ilustres homes pontevedreses, dando protagonismo así a unha voz feminina. Así mesmo, destacou que o Museo de Pontevedra conta cun amplo patrimonio sobre ela (cadros, figuras, escritos…) e incluso en 1996 editou un traballo da autora que non fora publicado antes. “Todos estes son argumentos máis que suficientes para darse conta da importancia de apoiar esta iniciativa do Ateneo”, subliñou Ortega, quen convidou á cidadanía a asistir á conferencia de Caballé para “desmontar moitos mitos” sobre a figura da humanista galega.

Pola súa parte, Antón Sobral destacou que o Ateneo é un foro de debate independente que organiza arredor dunhas 70 actividades anuais. Sinalou que sen a colaboración da Deputación non sería posible sacar adiante a conferencia de Anna Caballé, de quen salientou a profesionalidade na investigación sobre Concepción Arenal. Tamén lembrou a vinculación de Caballé co feminismo e destacou que é impulsora da iniciativa para que se elimine a denominación de ‘Congreso dos deputados’ por ser redundante e non inclusiva, a favor de unicamente ‘Congreso’.

Lección de vida no colexio de Goián

0

David Gil, presidente de ‘700 camisetas contra a leucemia’ e membro da Asociación Frangil que ten como obxectivo o desenvolvemento de accións en pro da doazón de médula ósea e de sangue do cordón umbilical, visitou hoxe o CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián para recoller o premio, creado polo alumnado, co que se recoñece o traballo de entidades, institucións ou persoas que loitan para construír un mundo mellor para todos.

Na súa visita, David Gil estivo acompañado de dúas mulleres, –unha delas nai dun alumno do centro– que se pelexaron contra o cancro e protagonizaban unha mañá moi emotiva e emocionante.

David deu a todos os presentes unha verdadeira lección de vida conta do alí, aos nenos e nenas, o seu labor regalando vida a través a concienciación na doazón de medula. Un camiño que inicou hai anos co seu irmán Fran e que continuou despois de que este falecese por culpa da leucemia.

Un dos momentos máis emotivos foi cando Davia procedeu á proxección do vídeo dun neno chamado Tiago que hoxe mesmo era operado dun transplante de medula. Os máis pequenos do colexio decidiron que David leváralle o premio para Tiago “enviándolle moita forza para a súa recuperación”.

Os mestres e mestras do colexio insistiron na necesidade e a importancia de, amais de ensinar contidos e materias, “ensinar valores como a empatía ou a solidariedade” porque, subliñaron, “forman parte do noso dia a día e os nenos e nenas das escolas de hoxe serán os adultos do futuro”.

“Educación, educación, educación! Ese é o noso Pin”, sinalaron as mestras e mestres.

Salvaterra organiza un curso sobre “Como aprender a elaborar os teus textos oficiais”

Esta semana comezou en Salvaterra de Miño o curso ‘Aprende a elaborar os teus textos oficiais’ organizado polo Concello e que se desenvolverá todos os xoves, de 10:30 h a 12 horas na Casa da Cultura ata o vindeiro 13 de febreiro.

O curso busca que as e os participantes aprendan os mecanismos e as ferramentas das que poden dispor para elaborar distintos documentos oficiais válidos na súa vida cotiá, como pode ser facer un currículo ou cubrir unha instancia.

Ademáis, cada alumno e alumna, teñen a súa disposición un ordenador con acceso a internet, xa que este curso dase na aula de informática para que tamén se adapten as novas tecnoloxías.

“É unha maneira de adaptar e achegar a todas as personas ós avances impostos polo ritmo frenético e imparable do mundo actual”, comentaba o concelleiro de Deporte e Xuventude, Edgar Martínez Philippon, durante a visita ó inicio do curso.

Aínda quedan algunas prazas libres, polo que dende o Concello anímase a inscribirse “a todas esas persoas ás que lles poida interesar”.

A Deputación volve a sorprender en Fitur con #sigueoteuinstinto, unha aposta pola natureza, a sensibilidade e a vangarda

“Fuxir do estrés, atopar a paz… a provincia de Pontevedra ten todos os ingredientes para deterse, mirar, reencontrarnos con nós mesmas e desfrutar doutra forma de facer turismo en harmonía coa natureza”. Deste xeito Carmela Silva iniciou o seu diálogo coa actriz pontevedresa Celia Freijeiro, tras visualizar en Fitur o espectacular vídeo ‘Sigue o teu instinto’, do que Freijeiro é a imaxe, e co que a Deputación de Pontevedra vai promover os atractivos naturais da provincia ao longo do 2020.

No evento, que desbordou todas as expectativas de asistencia no stand de Galicia, tamén foron protagonistas a tamén actriz Jazmín Abuín e o xornalista e embaixador da provincia Xabier Fortes, que, mentres tomaban un té de camelia das Rías Baixas en pezas da ceramista Ana Tenorio, Premio Nacional de Artesanía, intercambiaron ideas nun espazo ‘mindfulness’ sobre a paz que transmite a natureza, a sensibilidade e a vangarda das Rías Baixas. Tamén se deron cita na presentación alcaldes e alcaldesas de todas as comarcas da provincia de Pontevedra nunha presentación que ateigou o auditorio do stand de Turgalicia en IFEMA.

‘Sigue o teu instinto’, asegurou Carmela Silva, fai fincapé en que “somos parte da natureza e que hai lugares, como a provincia de Pontevedra, que nos permiten recordalo e reencontrarnos con ela”. Deste xeito, a presidenta provincial destacou que “vivimos nun paraíso onde te podes deter, mirar, desfrutar e facelo cos ollas da xente que ama a natureza. Nós temos incribles paisaxes, tanto de costa como de interior, os bosques, fragas, sendas, pozas, rías, ríos, montes, viñedos a pe do mar ou praias. Rías Baixas é un lugar onde desfrutar o que somos, porque somos natureza”. Así, a presidenta animou a visitar a provincia de Pontevedra “porque non hai outro sitio para desfrutar dunha natureza marabillosa. Rías Baixas é a capital da natureza”.

As actrices Celia Freijeiro e Jazmín Abuín, así como o xornalista Xabier Fortes, destacaron a capacidade da provincia de Pontevedra para “desconectar, fuxir do estrés e conectar cun mesmo, coa esencia e a raíz” así como glosaron a beleza natural das Rías Baixas, onde “relaxarse, sentir e seguir o noso instinto”. Elas e el actuaron de embaixadoras e embaixador das Rías Baixas e deron paso a un audiovisual no que se recolle a moitas outras e outros embaixadores, deportistas, “que poñen de manifesto a importancia do contacto coa natureza, cuxa forza os fai chegar á elite”. Así, no vídeo proxectáronse imaxes de Desiré Vilas, Pablo Dapena, Rodrigo Conde, Susana Alonso e Roi, Uxía e Iria Huertas, reflexionando sobre a natureza desde paisaxes da provincia de Pontevedra.

A esencia da natureza das Rías Baixas espallouse por Fitur tamén a través dun agasallo único que forma parte dunha obra de arte efémera e colectiva. “En Rías Baixas –subliñou Carmela Silva-sempre se reciben regalos inesperados e este é moi especial, son bombas de biodiversidade con especies autóctonas e representativas da provincia de Pontevedra”. O agasallo, elaborado por unha empresa sustentable da provincia e cun packaging realizado polo centro Juan María, inclúe no seu interior herbas de San Xoán, perexil de mar e breixo. Ademais trátase dun regalo en edición limitada, con 500 unidades que forman parte dunha obra de arte elaborada polas ilustradoras Doa Oa e Elara Elvira que prepararon un mural-puzzle con 500 pezas, unha por cada unha das caixas-agasallo que se repartiron en FITUR. Deste xeito, cada caixa conta cun código QR no exterior que, ao escanealo, remite a unha parte dese mural formando, así, parte dunha obra de arte efémera colectiva.

Premio ao ‘Mellor audiovisual de promoción de produto turístico de España FITUR 2019’

A presidenta da Deputación tamén deu a coñecer en directo, case no mesmo momento do fallo do xurado, que a campaña ‘Fame de experiencias’ coa que a institución provincial promoveu a provincia durante o 2019, recibiu o premio ao ‘Mellor audiovisual de promoción de produto turístico de España FITUR 2020’ da ‘Film & Video Competition by Landing-Madrid’. A Deputación competía con outros 50 destinos nomeados aos premios e resultou finalista xunto con Parma, de Italia. Finalmente, a ‘Film & Video Competition by Landing-Madrid’ decidiu esta mesma mañá ás 12.00 horas que ‘Fame de experiencias’ se alzase co galardón.

A Deputación recolle o premio polo seu audiovisual «Fame Experiencias»

A presidenta Carmela Silva tamén expresou a súa ledicia polas dúas outras novas coñecidas nesta edición de Fitur, a declaración do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Internacional, o distintivo que recolleu o concello do Grove como mellor destino petfriendly de España e o que conseguiu o Cámping A Paisaxe do Grove, que conta co distintivo SICTED do plan de calidade da Deputación de Pontevedra, o galardón na modalidade de mellor cámping de España.

Nigrán creará unha praza pública na Ramallosa no remate da ponte románica

0

O Concello de Nigrán creará unha praza pública de 371 m2 para a convivencia e a relaxación no espazo actual entre o remate da Ponte Románica da Ramallosa e a Avenida de Portugal (PO- 340), aos pés do Río Miñor. O obxectivo é rehabilitar esta contorna de gran valor patrimonial, natural e etnolóxica como unha zona señeira de pausa e descanso no Camiño. O proxecto, cun orzamento de 93.367 €, recibíu a pasada semana a autorización de Patrimonio e foi presentado a finais de ano ás axudas da Xunta para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento dos bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago. O obxectivo do Concello é que sexa unha realidade no vindeiro Ano Santo 2021.

“Pese a tratarse dun enclave estratéxico con altísimo valor patrimonial, cultural e ambiental, trátase actualmente dun espazo residual e cunha imaxe moi descoidada porque aparcan vehículos e transitan peóns sen orde algún”, explica o alcalde, Juan González, quen busca “devolver ao lugar a entidade que merece” ao situarse aos pés da Foz do Miñor (red Natura 2000, catalogado LIC), da ponte medieval, e no propio Camiño Portugués pola Costa. Así, actualmente os pavimentos están moi deteriorados e sen regularidade, xerándose charcos e problemas de salubridade; a mestura indiscriminada de peóns e vehículos supón un risco de seguridade viaria; a iluminación resulta deficiente e, como suma de todo elo, o espazo non traslada sensibilidade algunha pola traza do Camiño.

Deste xeito, o proxecto firmado polo arquitecto Ángel Santorio contempla devolverlle a calidade ambiental recuperándoo como lugar para o paseo, a estancia e a relaxación de veciños e peregrinos, tendo en conta ademais que se atopa nunha cota inferior (de embarque) que a afasta do gran tráfico urbano da contorna. Así, a actuación mellorará o pavimento térreo existente e creará unha zona empedrada únicamente para o acceso dos vehículos aos garaxes actuais. O resto do lugar destinarase únicamente para os peóns, que contarán tamén cun itineario de adoquinado en granito moreno acompañado de mobiliario urbano de deseño sinxelo que se integrará na praza de xeito amable (banco, papeleira e maceteiro realizados en pedra ou madeira) . O obxectivo final é crear un espazo diáfano e despexado cuxo uso resulte o máis flexible posible. Ademais, plantaranse bosquetes estratéxicos con especies autóctonas de árbores que propicien puntos de sombra. Finalmente, unificarase a sinaléctica existente e dotarase á zona dunha nova iluminación.

“Son unha serie de actuacións sutís, que non implican un gran investimento, pero que suporán un cambio radical nesta contorna pasando de ser unha zona de tránsito a un lugar privilexiado de desconexión e señeiro no Camiño Portugués pola Costa”, resume o rexedor.

Olga García e Verónica Carrera entregan os diplomas do Curso de Artesanía en Coiro

A concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, e a deputada provincial Olga García Ballesteros, entregaron os diplomas do curso ‘Artesanía en Coiro’ impartido no Centro Artístico Sportivo no marco do programa Conectadas da Deputación Provincial e organizado pola asociación de Mulleres do Rural do Tea de Ponteareas.

O programa ‘Conectadas’ ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuir a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. 

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes. 

O Xeodestino «Ría de Vigo e Baixo Miño» presenta en FITUR o «Primeiro reino medieval de Europa»

Posta de longo por todo o alto en FITUR do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e alcaldes, alcaldesas e outros representantes dos 14 concellos que abrangue este xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) presentaron este mércores en Madrid o primeiro produto do xeodestino: unha ruta turística polo primeiro reino medieval de Europa. Trátase dun percorrido artellado a través de diferentes etapas, dende os primeiros poboadores que deixaron o seu selo nas pedras ata os nosos días.

“Buscamos impulsar a creación de produto que evidencie a importancia do rol desempeñado polo noso xeodestino na historia de Galicia, un produto sostible, singular, perdurable e diferente”, sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, durante a presentación.

Esta ruta ten un marcado enfoque vertebrador do xeodestino: que o turista se mova por todo o territorio de Ría de Vigo e Baixo Miño. “Persoas que durman en Tui terán escusas para visitar San Simón e as que fagan noite en Baiona seguro que poderán achegarse ao Baixo Miño”, destacou Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, quen recalcou que “queremos ofrecer ao turista elementos perdurables e que nos identifiquen.

Na actualidade, as persoas son moi activas percorrendo un destino e compartindo a súa experiencia nun mundo cada vez máis dixital. A nosa proposta é que esa experiencia, eses recordos, sexan gardados para a posteridade”.

Para conseguilo, o Xeodestino xa ten a disposición do público dous elementos promocionais singulares. Por un lado, unha postal sonora, unha postal para enviar por correo coa imaxe aérea de Tui e cunha pisa de audio engadida que se poderá escoitar nun tocadiscos ou a través dun código QR. Nesta postal soa músicade Frai Rosendo Salvado, emblemático misioneiro de Tui que levou a Galicia ás Antípodas, interpretada pola prestixiosa pianista tudense Andrea González. Haberá unha postal por cada un dos 14 concellos do xeodestino.

Ademais, o público poderá ter información deste primeiro destino turístico grazas a un mapa do xeodestino, ideado como un mapa ou folleto coleccionable que asegure a súa perdurabilidade. Este primeiro mapa conta cas ilustracións da artista plástica María Meijide, que recolle un percorrido pola historia do xeodestio a través de catro etapas diferenciadas: antiguidade, medievo, idade moderna e idade contemporánea.

Plans de futuro

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño conta cunha folla de ruta para os vindeiros 5 anos centrada en 10 liñas de traballo a través das que xerar produto, “10 apostas que non deben de ser compartimentos estancos, senón que aparecerán nexos comúns e se buscarán sinerxías”, como explicou durante a presentación a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. “Galicia destaca polo seu patrimonio, a súa historia, a súa cultura, pero tamén pola súa paisaxe e recursos naturais, pola súa gastronomía e, como non, unha xoia: o Camiño de Santiago”.

«Mosto» e «Sura» viaxan dende o CAAN aos seus novos fogares en Asturias e Madrid

O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra segue coa súa boa racha de adopcións neste inicio de ano e precisamente nestes últimos días dous dos cans que permanecían no centro atoparon un novo fogar fóra de Galicia, en concreto en Xixón e Madrid. As persoas que adoptaron a ‘Mosto’ e ‘Sura’ viñeron expresamente desde os seus lugares de residencia para levarse a estes cans, que levaban desde finais do pasado ano no centro.

No caso concreto de ‘Sura’, que fora recollida tras ser abandonada en Sanxenxo en decembro, os seus novos donos ficaron con ela nada máis vela cando visitaron o CAAN durante as vacacións de Nadal coa idea de informarse sobre adopcións. “Nós pensabamos adoptar e mentres estivemos de vacacións na contorna nos falaron do centro –explica o adoptante, Roberto Seijo–. E fomos coa idea máis que nada de informarnos para adoptar un cachorro. A verdade é que alí dan ganas de levarse a todos, pero a nós se nos cruzou a cariña de Sura. Estaba moi tranquiliña. E nos dixeron que había que esperar para adoptala unha semana, así que volvemos a Madrid sen ela. Logo, púxose mala cando tiñamos as maletas preparadas para vir outro fin de semana, así que tampouco puido ser. Pero por fin, a pasada fin de semana fomos a por ela e xa está en casa”.

A adaptación de ‘Sura’, unha mestiza dun ano que ten cruce de setter e, está sendo todo un éxito. “É moi boa, e aínda que é un cambio grande en casa, porque é a primeira vez que temos un can, a verdade é que nos recompensa”, comenta o seu novo dono, que tamén quere destacar a profesionalidade do persoal do CAAN á hora de informarlles e atender a súa solicitude.

Tamén viñeron desde Asturias ex profeso para levarse a ‘Mosto’, abandonado en Crecente no mes de novembro, José Luis Bernedo e Carmen Velasco, residentes en Xixón. Neste caso, eles contactaron co CAAN a través da páxina web para informarse sobre un can en concreto, xa que estaban interesados nun animal tranquilo, de menos de dous anos e de menos de doce quilos para vivir nun piso, trala morte do seu anterior can no Nadal. Tras comprobar que o elixido non cumpría esas características, barallaron outros catro e decidiron vir a Meis para velos. Así, esta pasada fin de semana leváronse a ‘Mosto’, un mestizo dun ano de idade que tamén se está adaptando moi ben a súa nova contorna. Para esta parella, é o seu segundo can adoptado, “e é unha experiencia que recomendaría”, subliña José Luis, que tamén alaba o trato recibido polo persoal do centro. “De feito, pensabamos poñer o comentario na web porque estamos encantados coa experiencia”, comenta o novo dono de “Mosto”.

Adopcións fóra de Galicia

Na recente presentación do balance do CAAN durante o pasado ano, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou que dos 466 animais adoptados no 2019, 413 foron a fogares de España (a maioría en Galicia, 405, e 8 ás outras comunidades) e 53 a Portugal. “Por provincias –relatou–, á cabeza se sitúa Pontevedra, con 345, mentres que para Lugo foron 36, para A Coruña 14 e para Ourense 10. E dentro da provincia pontevedresa, os concellos que máis adoptaron foron Sanxenxo (35), Pontevedra (32), e Meis (30).

O Centro de Acollida e Protección de Animais que xestiona a institución na Armenteira, dá servizo actualmente á 48 concellos da provincia, cunha poboación estimada de 400.000 habitantes. Nestes momentos, son arredor de 350 os cans e cadelas que se atopan nas instalacións á espera de ser adoptados. Na páxina web do centro (https://caan.depo.gal/), ademais de poder ver a todos os animais, pódense facer tamén todos os trámites relativos ás adopcións, que son gratuítas. Os cans e cadelas son entregados vacinados, desparasitados e esterilizados.

O BNG de Redondela organiza un acto público informativo sobre a AP-9 en Chapela

0

Dentro da campaña informativa que desenvolve o BNG baixo o lema ‘Facer valer Galiza’ de cara a dar a coñecer os compromisos que para Galicia conseguíronse a través do acordo de investidura, os nacionalistas convocan un acto público en Chapela centrado na AP-9, para o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 20 horas no multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.

Nun acto que contará coas intervencións de Néstor Rego, deputado do BNG e dos voceiros municipais de Vigo, Xabier Pérez e Redondela, Xoán Carlos González, trataranse temas como a transferencia a Galiza da AP-9, gratuidade do 100% nas viaxes de ida e volta, supresión da peaxe de Rande e demais cuestións que sobre este punto figuran no documento do acordo.

O PP asegura o endebedamento do Concello pretende “maquillar” o desfase económico dos últimos exercicios

O PP de Ponteareas lamenta que o Goberno local “tire pola borda” todo o esforzo feito para sanear o concello e propoña “a solicitude de préstamos que deixarán ao concello nun endebedamento de máis de catro millóns de euros”. Se ben os populares aseguran estar “de acordo en moitas cousas que se recollen no documento”, adiantan que non votarán a favor “de voltar a endebedar o Concello”.

O Partido Popular sinala que xa presentou un informe por rexistro, “advertindo de todos os erros que contén o documento de Orzamentos de 2020” ademáis de alertar, novamente, os populares aseguran detectar “unha serie de erros que deixan o documento nun limbo legal” e ameazan con “acudir ao xulgado” se non se corrixen ditos erros.

Un dos erros, que consideran máis rechamante, é omitir no Capítulo de Ingresos, os fondos FEDER do ‘Proxecto dá Estratexia DUSI’. “Todos os concellos debían xustificar o 30 % dos fondos antes do 31 de decembro de 2019. Entendemos que o alcalde non botou a perder esta axuda que supoñen cinco millóns de euros para o noso municipio e que deberían estar recollidos neste capítulo”.

Por outra banda, considera o Partido Popular que a RPT “foi mal confeccionada” o que supón “un descuadre de contas, ter aos empregados sen cobrar o que lles pertence e a presión de todos os sindicatos que senten estafados por este Goberno local”.

Os prestamos solicitados, afirman “son para maquillar esta nefasta xestión e non para investir en obras necesarias como é a nova EDAR” e lamentan que no orzamento non se destine “un só euro para a depuradora, nin para o Plan Parcial da Lomba, nin para o saneamento de Ribadetea”.

O PP remata asegurando non entender que “contando con fondos propios como o Plan Concellos da Deputación ou o Remanente de Tesoría, o Goberno elixa hipotecar de novo o concello”.

Este mes comezan as actividades para o centenar de participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, deron a benvida este luns ao centenar de persoas que participan no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, concedido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Este programa suporá un investimento superior aos 287 mil euros financiado pola Xunta de Galicia e o Concello de Tui.

No acto desenvolvido no salón de sesións da casa do concello o alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou a aposta decidida do goberno que preside pola mellora da empregabilidade das persoas “coa posta en marcha deste tipo de políticas activas de emprego que supoñen un investimento municipal en canto a recursos humanos e materiais”. Engadiu que tamén “é preciso o compromiso de cada unha das persoas participantes e do tecido empresarial para garantir o éxito do programa e que acaden emprego o maior número de persoas posible no seu remate”, xa que dicía “o voso éxito será o noso éxito”.

A concelleira de Formación e Emprego, a Ana Mª Nuñez lembrou que o Programa Integrado de Emprego ten un compromiso de lograr insertar laboralmente ao 45% das e dos participantes indicando que “a miña experiencia neste tipo de programas dime que podemos acadar porcentaxes moito mais altos coa actitude axeitada e o acompañamento dun equipo humano de profesionais·.

Hoxe mesmo comezou a desenvolverse o calendario de accións formativas na que participarán este centenar de persoas. Así as primeiras actividades estarán orientadas ao desenvolvemento persoal coa realización de talleres impartidos por profesionais expertos en intelixencia emocional, coaching, motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborais e marca persoal.  Con estas accións búscase mellorar as habilidades persoais dos participantes no programa a través do autocoñecemento,  incrementando a motivación,  a autoestima  e a  seguridade nun mesmo para afrontar  o proceso de busca de emprego cunha actitude adecuada.

Ao longo das próximas semanas tamén participarán en obradoiros de entrevista, mercado de traballo,  fomento da capacidade emprendedora e novas tecnoloxías cara a busca de emprego. Accións plantexadas para brindar aos participantes ferramentas para  conseguir un emprego no presente pero tamén os recursos necesarios para o futuro.

Dentro do Programa Integrado de Emprego contemplase tamén formación en informática –básica e especializada– e idiomas tendo en conta o protagonismo que o dominio destes coñecementos teñen hoxe en día no mercado laboral.

No referente á formación específica os cursos plantexados responden aos perfís máis demandados polo tecido empresarial da contorna. Así haberá cursos de soldadura, loxística, almacén ou liña de produción, de comercio, restauración, turismo e de atención sociosanitaria. Os participantes no programa poderán realizar prácticas non laborais coas que completar a súa formación teórica.

Dende o Concello de Tui convídase ás empresas a pórse en contacto co departamento de Emprego e Formación para poder así deseñar novas formacións específicas a impartir no Programa de Emprego das que se poidan beneficiar as empresas que precisen incorporar novo persoal.

O chef valenciano Juan Llorca visitará Tomiño no marco da «V Semana da Educación»

0

O chef valenciano Juan Llorca, con máis de 23 años de profesión e apaixonado pola nutrición e a alimentación infantil, será unha das catro figuras convidadas este ano para a xa tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, que chega á súa 5ª edición.

Moi coñecido polos seus vídeos de internet, con receitas para nenos e nenas, Llorca é o responsable do comedor da Montessori School, de Valencia, para o cal tivo que pechar o seu propio restaurante. É o creador do movemento en redes sociais #PorUnaEscuelaBienNutrida e @SOSFAMILIAS, contando cun equipo de traballo o seu lado composto por cociñeiros, fotógrafos, deseñadores, etc.

O título da conferencia que impartirá en Tomiño, o martes 11 de febreiro ás 19.00 horas é “A súa alimentación é a túa responsabilidade”, na que abordaráo panorama da alimentación infantil no país, sinalando os erros que se cometen habitualmente e os principais problemas e solucións para unha alimentación máis correcta e saudable.

A psicoanalista, escritora e docente Lola Mondéjar, articulista e colaboradora regular dos periódicos ‘La Opinión de Murcia’, ‘Infolibre’, ‘eldiario.es‘ e ‘Tribuna Feminista’.

Entre as súas obras publicadas atópanse as novelas ‘Mi amor desgraciado’, ‘La primera vez que no te quiero’ e ‘Cada noche, cada noche’; os libros de relatos ‘El pensamiento mudo de los peces’, ‘Lazos de sangre’ e ‘Qué mundo tan maravilloso’, e os ensaios ‘El factor Munchausen’, ‘Una espina en la carne’ e ‘Si digo agua ¿beberé?’.

A conferencia que dará en Tomiño, o xoves 13 de febreiro ás 19 horas, pechando a semana, levará por título ‘Contracorrente. Educación e pensamento crítico’.

Pepa Horno será a terceira figura convidada a esta V Semana da Educación de Tomiño. Psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección infantil, durante máis de vinte anos coordinou campañas estatais e internacionais para a prevención e erradicación da violencia contra os nenos e nenas. ‘Educar sen medo’ é o título da conferencia que a profesional dará en Goián o día luns 10 de febreiro, tamén ás 19.00 horas. Abordará a auto regulación e a integración emocional como claves do benestar dos nenos e nenas, e como ensinar a transitar as emocións dende o vínculo afectivo.

O cuarto e último experto convidado é Víctor Arufe, profesor da Facultade de Educación da Universidade de A Coruña e autor do blog “Educación, Innovación e Emprendemento” (http://www.victorarufe.com); creador da plataforma educativa EDUCA e galardoado co Premio Mellor Docente de España 2017, na categoría de universidade.

Autor de numerosas conferencias e artigos técnicos-científicos vencellados á educación publicou varios libros. O último foi ‘La Educación por Escenarios. Niños educados 24 horas al día, 365 días al año’, no que aposta polo cambio social dende o traballo da boa educación nos fogares. O título da súa conferencia será ‘Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas’, dirixida a familias, profesorado e comunidade educativa. Abordarase de forma práctica, orixinal e novidosa a educación e explicarase en que consiste o método de educar por escenarios.

Para obter certificado de asistencia é necesario inscribirse con antelación, a través da páxina web municipal (www.tomino.gal), sendo as prazas limitadas.

A concelleira de Educación, Cristina Martínez, convida a todas as familias a participar da V Semana da Educación, explicando que esta é unha actividade que xurdiu coa finalidade de servir de apoio na educación dos fillos e fillas, achegando información da man de expertos en diferentes temas que inflúen na delicada tarefa de educar.

O alcalde de Ponteareas destaca “as partidas destinadas a saneamento” no Orzamento 2020

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu conta dos investimentos en obras de saneamento previstas no orzamento do presente ano 2020 que irá a Pleno nas vindeiras semanas. Entre as actuacións, Represas destacou as obras de ampliación da depuradora e a construción de novos colectores xerais no entorno do núcleo urbano, que realizará o Ministerio de Transición Ecolóxica, a través da sociedade estatal Acuaes, en colaboración co Concello que aportará para a execución das obras 1.030.000 € sobre un investimento total de 9.000.000 de euros sen IVE, “unhas obras de grande envergadura que permitirán darlle solución a un problema xa crónico, a falta de capacidade da depuradora para tratar o caudal que recibe e ampliar a rede de saneamento a varias parroquias” explicou o alcalde.

Por outra parte, para o saneamento en Ribadetea, no que a Xunta se comprometeu a aportar o 80 % do seu custe, o Concello reserva 200.000 € para a fase a iniciar este ano 2020. Esta actuación na parroquia máis poboada, na que aínda carecen de saneamento os seus 900 habitantes, forma parte da programación de obras do Plan Director de Saneamento, iniciativa deste goberno que permitirá achegar este servizo básico aos máis de 7.000 veciños que a día de hoxe carecen del, a maioría nas parroquias de Ponteareas.

“Nos últimos anos puxemos as bases para poder acometer agora estes importantes investimentos en saneamento, que serán tamén unha prioridade nos vindeiros anos, resulta incríble que no 2020 teñamos tanto milleiros de veciños e veciñas sen a canalización e tratamento das augas residuais”, afirmou o alcalde de Ponteareas.

Represas tamén destacou outras obras de saneamento que están en execución ou foron realizadas recentemente como as do Alto da Gloria, as realizadas en Fontenla, en Prado ou en Bugarín. Adianta o rexedor local que ademais ten comprometidas outras actuacións en Arcos, Bugarín e Angoares, con cargo ao Plan Concellos da Deputación. Por último engade que están previstos máis proxectos neste mandato para ir ampliando a rede de saneamento a outras parroquias.

Carmela Silva, na sesión constitutiva da Comisión de Deputación Provinciais da FEMP

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou hoxe en Madrid na reunión constitutiva da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e consellos insulares da FEMP, na que o despoboamento, o financiamento das administracións locais e a visibilidade das entidades locais intermedias foron os principais eixos de traballo da xornada.

Silva, que novamente forma parte da Comisión, subliñou que “as propostas nas que hoxe avanzamos en Madrid van en clara sintonía coa políticas que estamos a impulsar dende a Deputación de Pontevedra”. Sobre a loita contra o despoboamento do rural, a presidenta adiantou que a Comisión vai traballar no impulso de medidas para afrontar esta situación e articular a participación das entidades locais na elaboración por parte do Goberno da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico.

A Comisión de Deputacións da FEMP tamén vai apostar por visibilizar o papel das institucións locais intermedias, ben en canto á definición do seu marco competencial, ben poñendo de manifesto que, ao igual que o resto de administracións locais, dan cumprimento ás esixencias derivadas do novo marco de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financieira. Relacionado con estas cuestións tamén se afondou na reclamación de participación dos gobernos locais no deseño, programación e execución dos fondos europeos e se instou á unha adecuada financiación dos plans provinciais de cooperación local.

Finalmente, na reunión en Madrid formulouse a problemática derivada da taxa de reposición de efectivos nas administracións locais intermedias, que está a xerar unha redución da calidade da prestación dos servizos públicos, e na dixitalización, subliñando a necesidade de traballar conxuntamente para definir, impulsar e coordinar modelos de prestación de servizos electrónicos.

Redondela amosará o seu potencial turístico en Fitur 2020

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, asistirán á 40 edición da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que se desenvolverá en Madrid entre o 22 e o 26 de xaneiro. Rivas e Boullosa participarán na presentación oficial do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño que terá lugar no stand de Turismo de Galicia. Redondela forma parte deste proxecto creado en 2019.

Aproveitando a súa presenza na que é unha das citas máis importantes de Europa de recursos turísticos, Digna Rivas e Daniel Boullosa, manterán encontros con turoperadores para darlles a coñecer o enorme potencial turístico de Redondela.

Nesa liña, a rexedora local salientou a importancia de Redondela “como lugar e confluencia de dúas das Rutas Xacobeas que máis afluencia de peregrinos e peregrinas rexistra, como son o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa”.

Rivas chamou a atención sobre a necesidade de “apostar pola promoción turística do noso municipio como elemento dinamizador da economía local e desestacionalizador do turismo”. A presenza en Fitur, apuntaba o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, “é unha excelente oportunidade para dar a coñecer os grandes recursos turísticos naturais, culturais e hisóricos cos que contamos e que é preciso fomentar”.

A Deputación inicia as obras da senda peonil na EP-3302 no Rosal

0

O goberno provincial de Carmela Silva ven de iniciar as obras de mellora da mobilidade peonil na Estrada Provincial 3302 no Rosal, que teñen como obxectivo central a construción dunha senda que conectará os núcleos de Valdemiñotos e San Miguel de Tabagón e nas que a institución provincial investirá un orzamento de 178.743,39 euros.

Máis polo miúdo, a nova senda peonil construirase en formigón coloreado e o seu trazado transcorrerá paralelo á marxe esquerda da devandita estrada nun treito de 575 metros, en concreto desde o punto quilométrico 1+365 ao 1+940. Así, a senda conectará o núcleo de Valdemiñotos co punto anterior ao paso elevado que da acceso ao núcleo de San Miguel de Tabagón. Deste xeito, establécese un itinerario peonil segregado do tráfico rodado como alternativa de mobilidade máis segura para as veciñas e veciños.

As obras, que foron adxudicadas á empresa Oresa, xa están en marcha e teñen un prazo de execución de cinco meses. Do orzamento final, o departamento de Infraestruturas da Deputación asume o 80% do coste (142.994,71 euros) e a financiación completouse con 35.748,68 euros, correspondentes ao Plan Concellos 2018.

Os traballos inclúen tamén a mellora da drenaxe lonxitudinal mediante cunetas de formigón e zona entubada na Estrada Provincial, que recollerán as augas procedentes do exterior do viario. Por último, está prevista tamén a preinstalación dun futuro alumeado público.

O PP de Salceda vota, unha vez máis, en contra de pagar as facturas dos provedores

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda lamenta o acontecido na Comisión Informativa celebrada onte, onde unha vez máis o Partido Popular de Salceda “seguiu na liña de votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitirá o pago de 783.121,60 € a diferentes provedores do Concello de Salceda”, sinala o executivo local.

A concelleira de Facenda, Lucía Pereira, asegurou non existir “ningún motivo” para non pagar a proveedores e empresas, “en moitos casos de Salceda, que realizaron os seus traballos ou ofreceron os seus servizos”. Pereira considera “de extrema gravidade poñer en risco os ingresos de todos eles polos intereses dun partido político”.

O REC debatirase nun pleno extraordinario o vindeiro xoves 23. A pesares de acreditar a existencia suficiente de crédito nas diferentes partidas orzamentarias e liquidez nas contas bancarias do Concello, “o Partido Popular decide seguir na súa liña de ir en contra da acción de Goberno, sen importarlle que os proveedores poidan ou non cobrar polos traballos realizados para o Concello”.

O equipo de Goberno non dubidou á hora de cualificar de “enorme irresponsabilidade” a actitude do Partido Popular, “que defende os seus intereses sobre os intereses, neste caso, das empresas e autónomos que traballan para o Concello de Salceda”. Lembran dende o Equipo de Goberno, que na relación de pagos “inclúense facturas de servizos fundamentais como o Servizo de Axuda no Fogar, para o cal o Concello de Salceda leva feito un esforzo importante de incremento de horas para poder atender a todas aquelas persoas que o precisan, así como facturas derivadas de rogos e peticións presentadas polos diferentes grupos da corporación”.

O equipo de Goberno lémbralle aos populares que o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito “é unha figura legal para «evitar o enriquecemento inxusto da Administración»” e subliña o feito de que o informe de Intervención sinala tamén que “existe crédito suficiente nas aplicacións adecuadas do orzamento para 2019 para a imputación das obrigas cuxa aprobación se propón”.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira que cualificou de “cuestión de responsabilidade” pagar as facturas aos provedores “canto antes” xa que o Concello “conta con liquidez suficiente”, destaco o feito que “Salceda é un municipio dinámico no que os servizos medran continuamente, o cal require un maior esforzo orzamentario”.

Concello e Xunta realizan melloras de seguridade viaria na Avenida de Castelao de Ponteareas

Concello de Ponteareas e Xunta de Galicia desenvolven, esta semana, diversas actuacións na Avenida de Castelao de cara a mellorar a súa seguridade viaria. O Concello habilitará un paso de peóns a carón do parque infantil situado nesa rúa. Segundo explica o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, “trátase dun tramo ocupado por colectores, onde se ubicaba un ‘fotomatón’ e onde estacionaban vehículos obrigando aos peóns a invadir a calzada”. O Concello retirou os colectores e o ‘fotomatón’ e pintará de inmediato o paso de peóns.

Por outra banda a Xunta pintará esta semana cebreados a 10 metros de cada un dos pasos de peóns para asegurar esa distancia mínima de visibilidade. Deste xeito non se poderá estacionar a esa distancia dos pasos de peóns no sentido de circulación, para protexer aos peóns e mellorar a visibilidade dos condutores.

O Concello tamén habilitará nas proximidades do parque infantil, unha nova praza de estacionamento para persoas con discapacidade, que se unirá ás dúas xa existentes.

Mera sinalou que “para velar polo cumprimento das normas en materia de seguridade vial, protexer aos peóns e impedir que os vehículos estacionen sobre o novo paso de peóns no parque infantil, nas zonas cebreadas e nas prazas para persoas con discapacidade sen autorización, a Policía Local intensificará, na medida das súas posibilidades, a vixilancia”.

O concelleiro nacionalista fai un chamamento á veciñanza “para poñer en coñecemento da Policía Local calquera incumprimento destas normas básicas de convivencia e seguridade e poder así actuar con máis eficacia”.

Nigrán construirá unha cociña para todos os colexios do municipio

0

O Concello de Nigrán aprobou esta mañá en Xunta de Goberno o proxecto para modernizar a cociña e o comedor do Humberto Juanes co obxectivo de que poida dar servizo a tódolos colexios públicos do municipio que o soliciten. O goberno vincula a realización da instalación, cun custe de 373.878 euros con cargo aos fondos municipais, a que a Xunta saque a concurso a contratación do servizo de xestión utilizando esta cociña como a única habilitada.

O proxecto realizado polo estudio nigranés Aintegra contempla unha cociña suficientemente dimensionada para dar resposta a tódolos centros educativos de Nigrán que así o desexen (o CPI Arquitecto Palacios e A Galiña Azul son os únicos que dispoñen de cociña propia), así, tería capacidade para abastecer a máis de 570 usuarios, tendo os colexios de Nigrán actualmente 561 comensais asignados.

“Loxicamente, non podemos emprender as obras sen ter a total e completa seguridade de que a Consellería de Educación habilitará esta cociña como a instalación na que obrigatoriamente elabore o menú a empresa adxudicataria, trátase dun investimento importante por parte do Concello e queremos unha garantía ou compromiso de que a adxudicación do servizo será con esa condicionante”, insiste o alcalde, Juan González.

Esta cuestión xa fora formulada polo Concello en cumprimento dos acordos plenarios do 28.02.19 e 1.04.19 sen que a Xunta se pronunciase aínda. “A demanda partiu do CEIP Humberto Juanes pero é unha cuestión de xustiza, equidade e igualdade de oportunidades que beneficie a tódolos colexios públicos do municipio, con este fin se dimensionou o proxecto”, incide González.

Nesta mesmo sentido, o rexedor insiste en que é imprescindible tamén que a Xunta respecte os contratos do persoal actual e sexan subrogados, xa que en moitos casos levan máis dunha década traballando nos diferentes comedores. “Trátase de persoal que ven desenvolvendo a súa labor con gran profesionalidade durante todo este tempo e este cambio non debería significar a perda do seu emprego, sería totalmente inxusto”, razoa.

Prescindir do sistema de catering actual permitiría ter unha alimentación máis saudable porque se contrarrestaría o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de produtos frescos e materias primas do comercio local

Tanto dente a comunidade educativa como dende o Concello consideran que prescindir do sistema de catering actual permitiría ter unha alimentación máis saudable porque se contrarrestaría o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de produtos frescos e materias primas do comercio local, poderían elaborarse menús máis variados, achegaría aos nenos á cultura do esforzo e traballo ao non separar fisicamente o proceso de elaboración do resultado final e crearía un ambiente máis familiar no centro. Ademais, considerase que permitiría menús máis equilibrados e axustados ao perfil do alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos.

Esta nova cociña ocuparía 490 metros cadrados dunha zona de almacén e de aulas actualmente sen uso e que conta cunha distribución moi pouco funcional, xa que a cociña do centro carece das instalacións e equipamento mínimo necesario para poder facer a comida, non existen cámaras nin almacén de alimentos. Así, o proxecto plantexado a dota dun equipamento acorde ás demandas actuais e renova e moderniza as instalacións de fontanería, saneamento, electricidade, renovación do aire e seguridade contra-incendios. A nova distribución contará con zona específica onde irán as novas cociñas, cámaras frigoríficas e almacéns ou zona de lavado e lixo.

A Biblioteca de Mondariz acolle unha clase gratuíta de iniciación ao taichí

0

A sala multiúsos da Biblioteca Pública Municipal ‘Xoán Xosé Pérez Labaca’ de Mondariz acollerá, o vindeiro sábado 25 de xaneiro ás 18 horas, unha masterclass gratuíta de iniciación ao taichí. A clase correrá a cargo de Wang Tielin, actualmente veciño de Mondariz quen, durante anos, formouse en artes marciais tradicionais de China como discípulo dun monxe do recoñecido Templo Shaolin.

Wang Tielin chegou a convertirse en instructor certificado de kung-fu Shaolin e foi ampliando coñecementos prácticos en artes marciais internas como o taichí de estilos Yang e Chen, con armas e sen armas. Foi mestre de ambas disciplinas en escolas de artes marciais de China e México, país onde aprendeu castelán.

O taichí é unha arte marcial oriental pouco coñecida en países occidentais como España. Dentro da tradición oriental, defínese como arte marcial interna –en contraste coas artes marciais externas como o kung-fu Shaolin– e relaciónase con principios do taoísmo e da medicina tradicional chinesa, como o “qi”, entendido como fluxo de enerxía vital.

Esta disciplina consiste en series de movementos suaves e coordinados que requiren un control da respiración. A súa práctica habitual é beneficiosa para a saúde física e mental, xa que contribúe a mellorar a coordinación, o equilibrio, a concentración e a relaxación.

«Paxariños» de Trinketrinke Teatro, o sábado no Auditorio Municipal de Ponteareas

A sala multiúsos do Auditorio Municipal ‘Reveriano Soutullo’ de Ponteareas acolle este sábado, día 25 de xaneiro ás 12:00 horas, o contacontos teatral ‘Paxariños’, a cargo de Trinketrinke Teatro, dirixido a nenas e nenos de 1 a 4 anos. Para poder participar nesta actividade é necesario facer a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.

‘Paxariños’ trata, a través de varios contos, do nacemento dos paxariños e dos preparativos necesarios para recibilos da mellor maneira posible e no que a actriz achégase directamente ás nenas e nenos ao estar estes sobre o escenario. Esta actividade é completamente de balde.

Esta actividade forma parte dun conxunto de actividades realizadas de xeito mensual para fomentar a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.

Veciños e veciñas esixen o seu dereito a entrar na Comunidade de Montes da Guarda

0

A Plataforma de Afectados e afectadas pola Comunidade de Montes da Guarda, vén de dar conta das actuacións que están a desenvolver para exercer o seu dereito e solicitar a sua alta como comuneiros, na antedita Comunidade xa que, aseguran, “o monte é de todos e todas e debemos xestionalo entre todos”.

No 2018, 30 veciñas e veciños da Guarda presentamos as súas solicitudes de alta na Comunidade de Montes, “as cales foron na sua totalidade omitidas e ninguneadas pola directiva da Comunidade de Montes”, lembra a Plataforma de afectados. Ante tal omisión, “e como fixemos público en novembro de 2019, levamos á Comunidade de Montes a un xuizo de conciliación, no cal non houbo ningunha conciliación pero si conseguimos alomenos que a Comunidade de Montes habilitase un lugar onde poder recibir todas as novas solicitudes de todxs xs veciñxs que quixeran formar parte dela”.

Por este motivo, a Plataforma acordou “a entrega das nosas solicitudes por segunda vez, esperando que desta vez si, poidamos exercer dunha vez, o noso dereito a formar parte da nosa Comunidade de Montes”.

O CDL de Ponteareas posiciónase como un servizo decisivo para a inserción laboral

“Máis de mil cincocentas persoas recibiron formación e información no noso Centro de Desenvolvemento Local (CDL) situado na parroquia de Ribadetea”. A concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, explica que o CDL, a pesar de ser un grande descoñecido, desenvolve “unha importante labor para acadar a inserción laboral e facer fronte ao desemprego”.

Fernández sinala que a esta cifra “hai que engadirlle os usuarios e usuarias da axencia de colocación e da oficina SMARTPEME da Deputación, departamentos cos que o CDL traballa de xeito transversal sempre na procura da inserción laboral”.

A colaboración das administracións e os esforzos do CDL por preparar persoas cun perfil axeitado ao mercado laboral –explica Vanesa Fernández– “fixo posible que no ano 2019 se produciran 72 insercións laborais directas, 59 a través de Axencia de Colocación en empresas de Pontevedra e do Norte de Portugal e 13 a través de accións formativas, en empresas de servizos da comarca e provincia”. Destaca a concelleira de Formación e Emprego que á hora de facer lectura destes datos hai que ter en conta “que Ponteareas no ten tecido industrial” e pese a iso, “hai, de media, 6 insercións laborais ao mes”.

“O centro de desenvolvemento ofrece un servizo decisivo para acadar a inserción laboral polo que animamos a todas as persoas desempregadas e tamén ás traballadoras e traballadores en activo que queiran cambiar o seu rumbo laboral a que se asesoren coas e cos nosos profesionais”, explica Vanesa Fernández.

Neste ano 2019, 513 persoas recibiron formación de manipulador alimentos, alérxenos, aplicador de produtos fitosanitarios, prevención de riscos laborais, carretilleiro, autodefensa ou monitor de fútbol base ademais dos vinte participantes no obradoiro de emprego Coidar de Nós desenvolto en dúas modalidades (sociosanitaria e albanelería).

Ademais, tamén recibiron orientación laboral 990 persoas. A orientadora laboral ofrece, na súa oficina, información en materia de emprego e formación tanto regrada como non regrada analizando o perfil da usuaria/o e as súas intencións para guialo e deseñar a planificación de formación máis axeitada sempre pensando na procura da inserción laboral.

Cunha simple chamada ao CDL, apunta Vanesa Fernández, “tanto se a persoa está desempregada coma se está en activo, pódese solicitar cita e as orientadoras laborais axudarán ao usuario/a a retomar os seus estudos, a redeseñar o seu futuro laboral e a definir a súa folla de ruta para a inserción laboral”.

Dende o ano 1995 que abríu as súas portas o CDL está aberto a toda a cidadanía que precise formación e información, tanto para persoas desempregadas como para traballadores e traballadoras en activo. Nos últimos anos, o CDL intensificou o seu traballo na oferta de formación á carta para institucións, organismos e colectivos e apostou pola orientación laboral como ferramenta indispensable para a inserción laboral.

A cidadanía tamén pode atopar no CDL a oficina Smartpeme dependente da Deputación de Pontevedra e que este ano atendeu a 142 persoas ás que axudou a emprender e ás que ofreceu ferramentas para autoxestionar os seus negocios (marketing dixital, imaxe e ferramentas TICS…) ademais de organizar 43 seminarios.

No CDL traballan tamén coa axencia de colocación que este ano rexistrou 509 novos demandantes, tramitando 80 ofertas de traballo para 826 candidatos dos que 47 foron contratadas e contratados en España e Portugal. A promoción do autoemprego tamén foi un dos obxectivos deste Centro de Desenvolvemento Local.

Vanesa Fernández lembra que o CDL “colabora e traballa de xeito transversal con todas as concellerías e departamentos do Concello e tamén con institucións públicas e privadas como a Deputación, a oficina agraria, asociacións empresariais, federacións de deportistas, ONGs…”.

O equipo feminino do C.N. Ponteareas, campión galego no Campionato Galego de Inverno Máster

O Club Natación Ponteareas vén de asinar un brillante papel nos Campionatos Galegos de Inverno Máster, celebrados esta fin de semana no complexo deportivo ‘Frigsa’ de Lugo. O equipo feminino proclamábase Campión Galego e o equipo ponteareán remataba, na clasificación xeral, nun máis que notable segundo posto.

Os nadadores e nadadoras do C.N. Ponteareas amosaban todo o seu potencial establecento a Mellor Marca Galega nas probas de relevos 4×50 m Estilo mixto cat. +80 e cat. +280 ao que se sumaba a mellor marca conseguida polo equipo do 4×50 m Estilos Feminino cat. +200.

[su_slider source=”media: 11008,11007,11006,11005″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

O equipo feminino proclamábase Campión Galego mentres que o masculino remataba a competición como terceiro clasificado, quedando o equipo ponteareán no segundo posto no que á clasificación xeral fal referencia. O equipo gañador era o C.N. Portamiñá de Lugo, organizador e anfitrión do Torneo.

Con estes magníficos resultados, o C.N. Ponteareas afronta a próxima xornada da Liga Galega en casa no mes de febreiro, no Complexo Deportivo ‘Álvaro Pino’. Logo, xa no mes de xuño, nadadoras e nadadores do C.N. Ponteareas terán a oportunidade de acadar, en Ourense, o Campionato Galego.