8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesAs Neves aposta polas actividades actividades sociais con «Alfabetización funcional» e «Compartir...

    As Neves aposta polas actividades actividades sociais con «Alfabetización funcional» e «Compartir e Vivir»

    O Concello de As Neves porá en marcha dende o vindeiro mércores, día 29 de xaneiro, e durante un período de 6 meses un ‘Grupo de Alfabetización Funcional’, aberto a veciñas e veciños maiores de 25 anos e menores de 65, que quieran mellorar as súas “habilidades de lecto-escritura”, para poder entender unha factura, unha notificación do Concello ou unha comunicación do Servizo Galego de Saúde.

    O grupo, que estará a cargo de especialistas da Asociación Avelaiña, terá dúas xuntanzas á semana, os luns e mércores, de 16 h a 17:30 h na Biblioteca Municipal. As persoas interesadas en asistir poden facer a inscrición chamando ao teléfono 986 667 134.

    Compartir e Vivir

    Do mesmo xeito, e dende principio deste ano, está en marcha ‘Compartir e Vivir’, unha serie de actividades, como manualidades, grupos de conversa, mellora da memoria, ou xogos, nas escolas e centros sociais de varias parroquias de As Neves.

    Os horarios son na parroquia de Setados, os luns de 17-19 h; no mesmo horario, os martes, en As Neves; os mércores, na parroquia de San Cibrán, de 16 a 18 h. e na de Liñares, os xoves, tamén de 16 h a 18 h. Os grupos seguen abertos e as veciñas e veciños que queiran sumarse aos mesmos poden facelo chamando aos teléfonos 986 667 134 e 621 2686 30.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.