8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Xeodestino «Ría de Vigo e Baixo Miño» presenta en FITUR o...

    O Xeodestino «Ría de Vigo e Baixo Miño» presenta en FITUR o «Primeiro reino medieval de Europa»

    O xeodestino aposta pola historia e a riqueza patrimonial no seu primeiro produto turístico, unha ruta artellada a través de diferentes etapas dende os primeiros poboadores ata os nosos días

    Posta de longo por todo o alto en FITUR do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e alcaldes, alcaldesas e outros representantes dos 14 concellos que abrangue este xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) presentaron este mércores en Madrid o primeiro produto do xeodestino: unha ruta turística polo primeiro reino medieval de Europa. Trátase dun percorrido artellado a través de diferentes etapas, dende os primeiros poboadores que deixaron o seu selo nas pedras ata os nosos días.

    “Buscamos impulsar a creación de produto que evidencie a importancia do rol desempeñado polo noso xeodestino na historia de Galicia, un produto sostible, singular, perdurable e diferente”, sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, durante a presentación.

    Esta ruta ten un marcado enfoque vertebrador do xeodestino: que o turista se mova por todo o territorio de Ría de Vigo e Baixo Miño. “Persoas que durman en Tui terán escusas para visitar San Simón e as que fagan noite en Baiona seguro que poderán achegarse ao Baixo Miño”, destacou Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, quen recalcou que “queremos ofrecer ao turista elementos perdurables e que nos identifiquen.

    Na actualidade, as persoas son moi activas percorrendo un destino e compartindo a súa experiencia nun mundo cada vez máis dixital. A nosa proposta é que esa experiencia, eses recordos, sexan gardados para a posteridade”.

    Para conseguilo, o Xeodestino xa ten a disposición do público dous elementos promocionais singulares. Por un lado, unha postal sonora, unha postal para enviar por correo coa imaxe aérea de Tui e cunha pisa de audio engadida que se poderá escoitar nun tocadiscos ou a través dun código QR. Nesta postal soa músicade Frai Rosendo Salvado, emblemático misioneiro de Tui que levou a Galicia ás Antípodas, interpretada pola prestixiosa pianista tudense Andrea González. Haberá unha postal por cada un dos 14 concellos do xeodestino.

    Ademais, o público poderá ter información deste primeiro destino turístico grazas a un mapa do xeodestino, ideado como un mapa ou folleto coleccionable que asegure a súa perdurabilidade. Este primeiro mapa conta cas ilustracións da artista plástica María Meijide, que recolle un percorrido pola historia do xeodestio a través de catro etapas diferenciadas: antiguidade, medievo, idade moderna e idade contemporánea.

    Plans de futuro

    O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño conta cunha folla de ruta para os vindeiros 5 anos centrada en 10 liñas de traballo a través das que xerar produto, “10 apostas que non deben de ser compartimentos estancos, senón que aparecerán nexos comúns e se buscarán sinerxías”, como explicou durante a presentación a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. “Galicia destaca polo seu patrimonio, a súa historia, a súa cultura, pero tamén pola súa paisaxe e recursos naturais, pola súa gastronomía e, como non, unha xoia: o Camiño de Santiago”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.