Mércores, 15 Xaneiro de 2025

Lección de vida no colexio de Goián

David Gil, presidente de ‘700 camisetas contra a leucemia’ e membro da Asociación Frangil que ten como obxectivo o desenvolvemento de accións en pro da doazón de médula ósea e de sangue do cordón umbilical, visitou hoxe o CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián para recoller o premio, creado polo alumnado, co que se recoñece o traballo de entidades, institucións ou persoas que loitan para construír un mundo mellor para todos.

Na súa visita, David Gil estivo acompañado de dúas mulleres, –unha delas nai dun alumno do centro– que se pelexaron contra o cancro e protagonizaban unha mañá moi emotiva e emocionante.

David deu a todos os presentes unha verdadeira lección de vida conta do alí, aos nenos e nenas, o seu labor regalando vida a través a concienciación na doazón de medula. Un camiño que inicou hai anos co seu irmán Fran e que continuou despois de que este falecese por culpa da leucemia.

Un dos momentos máis emotivos foi cando Davia procedeu á proxección do vídeo dun neno chamado Tiago que hoxe mesmo era operado dun transplante de medula. Os máis pequenos do colexio decidiron que David leváralle o premio para Tiago “enviándolle moita forza para a súa recuperación”.

Os mestres e mestras do colexio insistiron na necesidade e a importancia de, amais de ensinar contidos e materias, “ensinar valores como a empatía ou a solidariedade” porque, subliñaron, “forman parte do noso dia a día e os nenos e nenas das escolas de hoxe serán os adultos do futuro”.

“Educación, educación, educación! Ese é o noso Pin”, sinalaron as mestras e mestres.