12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasMera desminte a "presunta privatización" do servizo de limpeza en edificios municipais

    Mera desminte a “presunta privatización” do servizo de limpeza en edificios municipais

    O concelleiro ponteareán achacou á "falta de coñecemento" dos populares as acusacións e animou á oposición a facer "un traballo serio e contrutivo para mellorar Ponteareas"

    O concelleiro de Bo Goberno do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, responsábel do servizo de limpeza nos edificios e instalacións municipais, desmentíu as acusacións do Partido Popular relativas á suposta privatización do servizo. Mera explicou que actualmente o Concello atende a limpeza das instalacións municipais con persoal propio, seis traballadoras estabeis e dúas eventuais. Ademais, o Concello tiña até agora no cadro de persoal catro prazas máis vacantes para limpeza por se fora preciso reforzar o servizo no futuro.

    O edil nacionalista sinalou que “como a limpeza está debidamente cuberta na actualidade, son suficientes dúas prazas vacantes, que se manteñen, e coas que se atenderá calquera mellora ou novas necesidades”. Mera explica que “por ese motivo se decidíu eliminar as outras dúas prazas vacantes de limpeza cunha finalidade moi importante: crear a praza de técnico de medioambiente e outra de coordinador desa área. Deste xeito a veciñanza desfrutará dun mellor servizo en cuestións como denuncias ambientais, expedientes de limpeza para prevención de lumes ou desbroces de pistas, sen que isto afecte en nada ao servizo de limpeza”, engadíu Mera.

    Mera atribuíu á “falta de coñecemento” as críticas do PP. “Dicir que se vai privatizar a limpeza por eliminar dúas vacantes, cando o servizo está atendido e temos outras dúas vacantes máis, só se explica porque a oposición non coñece o cadro de persoal ao completo”. Mera animou á oposición a “facer un traballo serio e construtivo para mellorar Ponteareas”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.