19.9 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Goberno de Redondela traslada a Renfe ás necesidades da veciñanza

    O Goberno de Redondela traslada a Renfe ás necesidades da veciñanza

    A alcaldesa redondelá, Digna Rivas e o concelleiro Daniel Boullosa, reuníronse en Madrid co director xeral de Viaxeiros de Renfe, Rafael Azuara

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa, aproveitaron a súa visita a Fitur para reunirise co director xeral de Viaxeiros de Renfe, Rafael Azuara de cara a trasladalle a necesidade de aumentar as frecuencias nos trens de proximidade entre Pontevedra e Vigo.

    Digna Rivas obtivo o compromiso por parte de Renfe “de revisar exhaustivamente as frecuencias das liñas e paradas” de cara a potenciar o servizo, aumentar a súa frecuencia e dar mellor servizo aos usuarios e usuarias. Actualmente Redondela conta cun total de 21 paradas nas distintas estacións e apeadeiros.

    Pola súa banda, o Goberno Municipal comprométese a realizar campañas de promoción e impulso do uso do ferrocarril, e dende o Concello adoptaranse tódalas medidas necesarias para informar e animar a veciñanza a utilizar un medio de transporte “alternativo, cómodo, accesible e respectuoso co medio ambiente”.

    A venda presencial de billetes na estación da Portela foi outro dos temas tratados por Digna Rivas na reunión de Madrid. Nese sentido, a alcaldesa amosou a súa satisfacción pola decisión de Renfe de “cambiar as medidas adoptadas en días anteriores, comprometéndose a manter este servizo ata o próximo 30 de xuño”. A partir desta data Renfe contratará a persoal de apoio, persoas en situación de desempleo inscritas nas oficinas do INEM de Redondela, “que se encargarán de asesorar aos usuarios e usuarias á hora de adquirir os seus billetes nas máquinas de autovenda ou nas distintas formas habilitadas”.

    O pasado venres, a alcaldesa, Digna Rivas e outros membros do Goberno redondelán mantiveran unha fructuosa reunión con representantes de Adif, concretamente con José Díaz Salgado e Víctor Barros, xefe e subdirector de estacións do Noroeste, respectivamente, e Juan Manuel Cutrín, xefe de Estacións de Galicia.

    A alcaldesa agradeceu o compromiso de Adif de tramitar unha reivindicación de gran importancia como é a posibilidade de que as infraestructuras ferroviarias infrautilizadas, como a estación de Eidos, “poida ser utilizadas pola veciñanza como centros de cultura e ocio onde celebrar, puntualmente, distintos actos sociais ou culturais”.

    Outras das accións a valorar serán as medidas que Renfe deberá adoptar para mellorar algunhas infraestructuras, así como a seguridade, en distintos puntos do municipio, como Cesantes ou A Portela, “reivindicacións veciñais que levan anos sen terse en conta”, sinalou Digna Rivas.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS