10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalA Deputación inicia as obras da senda peonil na EP-3302 no Rosal

    A Deputación inicia as obras da senda peonil na EP-3302 no Rosal

    O sendeiro, cun investimento superior aos 178.000 euros e un prazo de execución de 5 meses, terá unha lonxitude de medio quilómetro e conectará os núcleos de Valdemiñotos e San Miguel de Tabagón

    O goberno provincial de Carmela Silva ven de iniciar as obras de mellora da mobilidade peonil na Estrada Provincial 3302 no Rosal, que teñen como obxectivo central a construción dunha senda que conectará os núcleos de Valdemiñotos e San Miguel de Tabagón e nas que a institución provincial investirá un orzamento de 178.743,39 euros.

    Máis polo miúdo, a nova senda peonil construirase en formigón coloreado e o seu trazado transcorrerá paralelo á marxe esquerda da devandita estrada nun treito de 575 metros, en concreto desde o punto quilométrico 1+365 ao 1+940. Así, a senda conectará o núcleo de Valdemiñotos co punto anterior ao paso elevado que da acceso ao núcleo de San Miguel de Tabagón. Deste xeito, establécese un itinerario peonil segregado do tráfico rodado como alternativa de mobilidade máis segura para as veciñas e veciños.

    As obras, que foron adxudicadas á empresa Oresa, xa están en marcha e teñen un prazo de execución de cinco meses. Do orzamento final, o departamento de Infraestruturas da Deputación asume o 80% do coste (142.994,71 euros) e a financiación completouse con 35.748,68 euros, correspondentes ao Plan Concellos 2018.

    Os traballos inclúen tamén a mellora da drenaxe lonxitudinal mediante cunetas de formigón e zona entubada na Estrada Provincial, que recollerán as augas procedentes do exterior do viario. Por último, está prevista tamén a preinstalación dun futuro alumeado público.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.