19.3 C
Pontevedra
Xoves, 8 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoPepa Horno, especialista en prevención da violencia contra a infancia, abrirá a...

    Pepa Horno, especialista en prevención da violencia contra a infancia, abrirá a «V Semana da Educación de Tomiño»

    A actividade desenvolverase entre os días 10 e 13 de febreiro no Auditorio de Goián e para obter certificado de asistencia, será precisa inscrición previa

    Hai catro anos (cinco con este), Tomiño apostou por axudar ás familias na crianza dos seus fillos e fillas e o fixo a través dunha iniciativa –a Semana da Educación– que en moi pouco tempo converteuse nun referente non só na provincia, senón no sur de Galicia. Persoas expertas en temas directamente relacionados coa complexa tarefa que é educar aos fillos e fillas, danse cita no auditorio de Goián para achegar a súa experiencia, contestar preguntas e ofrecer respostas.

    Nesta quinta edición, Pepa Horno será a encargada de abrir o ciclo de conferencias cunha charla que se desenvolverá baixo o título ‘Educar sen medo’. O fará o luns 10 de febreiro, ás 19:00 horas, no auditorio de Goián, con capacidade para 322 persoas e que, con motivo das xornadas, sempre se queda pequeno.

    Psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección infantil, durante máis de vinte anos coordinou campañas estatais e internacionais para a prevención e erradicación da violencia contra os nenos e nenas. ‘Educar sen medo’ dará valiosas pistas para ensinar a transitar as emocións dende os vínculos afectivos, compartindo tamén temas do seu último libro, ‘Educando la alegría’ (Declée De Brouwer, 2017), no que a autora fala de “cultivar la alegría e inculcársela a los niños, tanto en el hogar como en el ámbito escolar porque, esta emoción no siempre surge de manera espontánea, sino que se trata de una opción que podemos elegir conscientemente como adultos, y que constituye uno de los motores básicos del desarrollo infantil, que permitirá a nuestros hijos afrontar con fortaleza el dolor y el miedo cuando lleguen”.

    Juan Llorca será o seguinte do programa. Coñecido nas redes sociais e medios de comunicación polas súas receitas saudables para nenos e nenas, el chef valenciano, ao fronte do comedor da Montessori School, impartirá a conferencia ‘A súa alimentación é a túa responsabilidade’, na que abordaráo panorama da alimentación infantil no país, sinalando os erros que se cometen habitualmente e os principais problemas e solucións para unha alimentación máis correcta e saudable.

    Víctor Arufe, profesor da Facultade de Educación da Universidade de A Coruña e autor do blog ‘Educación, Innovación e Emprendemento’; creador da plataforma educativa EDUCA e galardoado co Premio Mellor Docente de España 2017, na categoría de universidade.

    O título da súa conferencia será ‘Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas’, dirixida a familias, profesorado e comunidade educativa. Abordarase de forma práctica, orixinal e novidosa a educación e explicarase en que consiste o método de educar por escenarios.

    E para pechar a V Semana da Educación de Tomiño, nada menos que a psicóloga clínica, psicanalista, autora de ensaios, contos e novelas, Lola López Mondéjar, articulista e colaboradora regular dos periódicos ‘La Opinión de Murcia’, ‘“Infolibre’, ‘eldiario.es‘ e ‘Tribuna Feminista’.

    A conferencia que ofrecerá en Tomiño, o xoves 13 de febreiro ás 19 horas, pechando a semana, levará por título “Contracorrente. Educación e pensamento crítico”.

    Para obter certificado de asistencia é necesario inscribirse con antelación, a través da páxina web municipal (www.tomino.gal), sendo as prazas limitadas. A inscrición debe facerse a través desta ligazón e o prazo rematará o 30 de xaneiro ás 13 horas.

    A concelleira de Educación, Cristina Martínez, convida a todas as familias a participar da V Semana da Educación, explicando que esta é unha actividade que xurdiu coa finalidade de servir de apoio na educación dos fillos e fillas, achegando información da man de expertos en diferentes temas que inflúen na delicada tarefa de educar.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS