Sábado, 25 Xaneiro de 2025

Concello de Salvaterra e Cruz Vermella imparten unha xornada de sensibilización de primeiros auxilios

O pasado sábado 25 de xaneiro a Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acolleu unha ‘Xornada de sensibilización de primeiros auxilios’ nunha iniciativa organizada dende o Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Cruz Vermella.

A experiencia foi cualificada polas persoas asistentes como de “verdadeiramente satisfactoria” e nela poideron aprender os procedementos básicos de atención ante distintos casos e situacións posibles de urxencia vital.

“Nestas situacións de urxencia onde cada minuto conta –explicou a alcaldesa Marta Valcárcel–, é importante que todos nos conciencemos da necesidade de coñecer estes simples pero vitales mecanismos que nos permiten en moitos casos salvar vidas”. Valcárcel subliñou ademáis que, esta axuda “permite evitar futuras lesións irreversibles”.

Marta Valcárcel adiantou a intención do Concello de Salvatera “de achegar aos seus veciños e veciñas máis xornadas destas características”, animando á cidadanía “a participar nestas actividades de gran importancia no ámbito da saúde e a seguridade”.