21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ Noticia«Mosto» e «Sura» viaxan dende o CAAN aos seus novos fogares en...

    «Mosto» e «Sura» viaxan dende o CAAN aos seus novos fogares en Asturias e Madrid

    As familias adoptantes destes dous cans do Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación desprazáronse ex profeso a Meis para recollelos

    O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra segue coa súa boa racha de adopcións neste inicio de ano e precisamente nestes últimos días dous dos cans que permanecían no centro atoparon un novo fogar fóra de Galicia, en concreto en Xixón e Madrid. As persoas que adoptaron a ‘Mosto’ e ‘Sura’ viñeron expresamente desde os seus lugares de residencia para levarse a estes cans, que levaban desde finais do pasado ano no centro.

    No caso concreto de ‘Sura’, que fora recollida tras ser abandonada en Sanxenxo en decembro, os seus novos donos ficaron con ela nada máis vela cando visitaron o CAAN durante as vacacións de Nadal coa idea de informarse sobre adopcións. “Nós pensabamos adoptar e mentres estivemos de vacacións na contorna nos falaron do centro –explica o adoptante, Roberto Seijo–. E fomos coa idea máis que nada de informarnos para adoptar un cachorro. A verdade é que alí dan ganas de levarse a todos, pero a nós se nos cruzou a cariña de Sura. Estaba moi tranquiliña. E nos dixeron que había que esperar para adoptala unha semana, así que volvemos a Madrid sen ela. Logo, púxose mala cando tiñamos as maletas preparadas para vir outro fin de semana, así que tampouco puido ser. Pero por fin, a pasada fin de semana fomos a por ela e xa está en casa”.

    A adaptación de ‘Sura’, unha mestiza dun ano que ten cruce de setter e, está sendo todo un éxito. “É moi boa, e aínda que é un cambio grande en casa, porque é a primeira vez que temos un can, a verdade é que nos recompensa”, comenta o seu novo dono, que tamén quere destacar a profesionalidade do persoal do CAAN á hora de informarlles e atender a súa solicitude.

    Tamén viñeron desde Asturias ex profeso para levarse a ‘Mosto’, abandonado en Crecente no mes de novembro, José Luis Bernedo e Carmen Velasco, residentes en Xixón. Neste caso, eles contactaron co CAAN a través da páxina web para informarse sobre un can en concreto, xa que estaban interesados nun animal tranquilo, de menos de dous anos e de menos de doce quilos para vivir nun piso, trala morte do seu anterior can no Nadal. Tras comprobar que o elixido non cumpría esas características, barallaron outros catro e decidiron vir a Meis para velos. Así, esta pasada fin de semana leváronse a ‘Mosto’, un mestizo dun ano de idade que tamén se está adaptando moi ben a súa nova contorna. Para esta parella, é o seu segundo can adoptado, “e é unha experiencia que recomendaría”, subliña José Luis, que tamén alaba o trato recibido polo persoal do centro. “De feito, pensabamos poñer o comentario na web porque estamos encantados coa experiencia”, comenta o novo dono de “Mosto”.

    Adopcións fóra de Galicia

    Na recente presentación do balance do CAAN durante o pasado ano, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou que dos 466 animais adoptados no 2019, 413 foron a fogares de España (a maioría en Galicia, 405, e 8 ás outras comunidades) e 53 a Portugal. “Por provincias –relatou–, á cabeza se sitúa Pontevedra, con 345, mentres que para Lugo foron 36, para A Coruña 14 e para Ourense 10. E dentro da provincia pontevedresa, os concellos que máis adoptaron foron Sanxenxo (35), Pontevedra (32), e Meis (30).

    O Centro de Acollida e Protección de Animais que xestiona a institución na Armenteira, dá servizo actualmente á 48 concellos da provincia, cunha poboación estimada de 400.000 habitantes. Nestes momentos, son arredor de 350 os cans e cadelas que se atopan nas instalacións á espera de ser adoptados. Na páxina web do centro (https://caan.depo.gal/), ademais de poder ver a todos os animais, pódense facer tamén todos os trámites relativos ás adopcións, que son gratuítas. Os cans e cadelas son entregados vacinados, desparasitados e esterilizados.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS