15.8 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO chef valenciano Juan Llorca visitará Tomiño no marco da «V Semana...

    O chef valenciano Juan Llorca visitará Tomiño no marco da «V Semana da Educación»

    O chef valenciano Juan Llorca, con máis de 23 años de profesión e apaixonado pola nutrición e a alimentación infantil, será unha das catro figuras convidadas este ano para a xa tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, que chega á súa 5ª edición.

    Moi coñecido polos seus vídeos de internet, con receitas para nenos e nenas, Llorca é o responsable do comedor da Montessori School, de Valencia, para o cal tivo que pechar o seu propio restaurante. É o creador do movemento en redes sociais #PorUnaEscuelaBienNutrida e @SOSFAMILIAS, contando cun equipo de traballo o seu lado composto por cociñeiros, fotógrafos, deseñadores, etc.

    O título da conferencia que impartirá en Tomiño, o martes 11 de febreiro ás 19.00 horas é “A súa alimentación é a túa responsabilidade”, na que abordaráo panorama da alimentación infantil no país, sinalando os erros que se cometen habitualmente e os principais problemas e solucións para unha alimentación máis correcta e saudable.

    A psicoanalista, escritora e docente Lola Mondéjar, articulista e colaboradora regular dos periódicos ‘La Opinión de Murcia’, ‘Infolibre’, ‘eldiario.es‘ e ‘Tribuna Feminista’.

    Entre as súas obras publicadas atópanse as novelas ‘Mi amor desgraciado’, ‘La primera vez que no te quiero’ e ‘Cada noche, cada noche’; os libros de relatos ‘El pensamiento mudo de los peces’, ‘Lazos de sangre’ e ‘Qué mundo tan maravilloso’, e os ensaios ‘El factor Munchausen’, ‘Una espina en la carne’ e ‘Si digo agua ¿beberé?’.

    A conferencia que dará en Tomiño, o xoves 13 de febreiro ás 19 horas, pechando a semana, levará por título ‘Contracorrente. Educación e pensamento crítico’.

    Pepa Horno será a terceira figura convidada a esta V Semana da Educación de Tomiño. Psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección infantil, durante máis de vinte anos coordinou campañas estatais e internacionais para a prevención e erradicación da violencia contra os nenos e nenas. ‘Educar sen medo’ é o título da conferencia que a profesional dará en Goián o día luns 10 de febreiro, tamén ás 19.00 horas. Abordará a auto regulación e a integración emocional como claves do benestar dos nenos e nenas, e como ensinar a transitar as emocións dende o vínculo afectivo.

    O cuarto e último experto convidado é Víctor Arufe, profesor da Facultade de Educación da Universidade de A Coruña e autor do blog “Educación, Innovación e Emprendemento” (http://www.victorarufe.com); creador da plataforma educativa EDUCA e galardoado co Premio Mellor Docente de España 2017, na categoría de universidade.

    Autor de numerosas conferencias e artigos técnicos-científicos vencellados á educación publicou varios libros. O último foi ‘La Educación por Escenarios. Niños educados 24 horas al día, 365 días al año’, no que aposta polo cambio social dende o traballo da boa educación nos fogares. O título da súa conferencia será ‘Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas’, dirixida a familias, profesorado e comunidade educativa. Abordarase de forma práctica, orixinal e novidosa a educación e explicarase en que consiste o método de educar por escenarios.

    Para obter certificado de asistencia é necesario inscribirse con antelación, a través da páxina web municipal (www.tomino.gal), sendo as prazas limitadas.

    A concelleira de Educación, Cristina Martínez, convida a todas as familias a participar da V Semana da Educación, explicando que esta é unha actividade que xurdiu coa finalidade de servir de apoio na educación dos fillos e fillas, achegando información da man de expertos en diferentes temas que inflúen na delicada tarefa de educar.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS