9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO CEIP Mestre Ramiro Sabell súmase ao proxecto de terapia asistida con...

    O CEIP Mestre Ramiro Sabell súmase ao proxecto de terapia asistida con cans

    A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas que dirixe a tenente de acaldesa Cristina Fernández vén de dar un paso máis “na consecución dunha sociedade inclusiva” e amplía o servizo de terapia asistida con cans ao resto do alumnado “porque a inclusión e a igualdade é cousa de toda a sociedade” sinalou Fernández.

    Esta terapia daba os seus primeiros pasos no pasado curso escolar da man da Concellería de Ensino incorporándose no curriculum do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera destinada ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Neste curso a ANPA e o propio centro súmanse á iniciativa da concellería para ampliar esta novidosa terapia ao resto das e dos alumnos.

    Dende o mes de decembro e ata o mes de maio as profesionais de YARACAN traballan unha vez á semana co alumnado NEAE de infantil e primaria e unha vez ao mes con todo o alumnado dos cursos implicados. Eco, Trufa e Uma son os cans e cadelas encargadas de interactuar seguindo as instrucións das técnicas Eugenia e Julia Correa, especialistas nesta terapia.

    En contínua mellora e sempre desenvolvendo un traballo en equipo, a concellería, o centro escolar, a ANPA e as profesionais deste método decidiron este ano dar o salto á integración real traballando unha vez ao mes con todo o alumnado para que, pouco a pouco, a inclusión sexa un feito.

    “É imprescindible que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades e atopemos apoios para resolver as nosas necesidades pero para iso temos que formar unha sociedade solidaria capaz de apreciar a diversidade e a riqueza das diferenzas que fan que cada persoa teña algo importante que aportar”, explica Cristina Fernández.

    A terapia asistida con cans axuda ao alumnado NEAE pero tamén ao resto do alumnado. Julia Correa explica os beneficios que reporta para toda a comunidade educativa e os avances que se acadan “maior motivación, atención e concentración na súa contorna inmediata, melloran en actividades como a da lectura, o traballo en equipo e incrementa a capacidade para seguir instrucións, ademais de reducir a impulsividade e a agresividade tamén mellora a autoestima, a autodisciplina e o autocontrol”.

    Actuando dende o plano emocional, as irmás Correa comezan o seu traballo dúas horas antes de chegar ao centro escolar preparando aos seus compañeiros caninos para que xa na aula estean ao 100%.

    Cada sesión é previamente estudada e deseñada co profesorado do centro para acadar os obxectivos pactados.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.