21.2 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaZona Franca promove acordos entre «VinoExterior» e importadores de China, México e...

    Zona Franca promove acordos entre «VinoExterior» e importadores de China, México e Países Baixos

    O Consorcio da Zona Franca de Vigo organiza unha misión comercial inversa procedente de China, México e Países Baixos para fomentar acordos comerciais internacionais coas empresas vitivinícolas de Galicia

    Promover os viños das denominacións de orixe galegas nos mercados de China, México e Países Baixos é o principal obxectivo da misión comercial inversa que a Zona Franca de Vigo está a organizar desde hoxe e durante tres días como os actos de peche do programa de VinoExterior, a aceleradora promovida polo Consorcio para impulsar a internacionalización das empresas do sector vitivinícola galego.

    A inauguración desta misión desenvolveuse esta mañá no Pazo Rubianes, unha das adegas participantes no programa. A esta xornada, na que se celebrou unha cata dos viños das empresas de VinoExterior, así como unha charla sobre os diferentes D.Ou de Galicia e as súas particularidades impartida polo experto Jorge Vila fundador de Galician Wines, seguiu a intervención de Ziyang Zhang, representante da Guía Peñín en China sobre as oportunidades de negocio que se abren no xigante asiático para os viños galegos.

    O delegado, David Regades destacou as novas oportunidades de negocio que con VinoExterior ábrense para as adegas galegas xa que, como dixo “a internacionalización a través de diferentes axentes comerciais exportadores é fundamental na promoción dos nosos excelentes viños”. Por iso, durante esta semana, as quince empresas participantes no programa manterán encontros de negocio cos expertos e prescritores dos tres países mencionados quen tamén realizarán visitas a algunhas adegas de Rías Baixas e O Ribeiro co obxectivo de que os importadores poidan coñecer in situ a calidade e potencial dos viños galegos.

    Como a distribución comercial é un factor moi importante dentro do márketing do viño, este equipo de expertos que a Zona Franca ha traído a Galicia, está formado, ademais de por o mencionado representante da Guía Peñín en China, por Didyne Snoek de Delta Wines, unha firma holandesa que pertence a un grupo de sete empresas autónomas importadoras de viño de todo o mundo e que fornecen a varias canles de alimentación dos países baixos, supermercados, almacenistas e tendas especializadas en viño; e por Javier Orozco, director da firma situada na cidade de Guadalaxara dedicada á importación e distribución de viños de europeos en México, Saint Vincent Wine.

    VinoExterior

    VinoExterior é un programa de formación gratuíto que combina o asesoramento individualizado con talleres presenciais grupais sobre as temáticas imprescindibles á hora de internacionalizar unha empresa, como é a preparación a feiras e misións ou como abordar con éxito unha negociación internacional coñecendo as ferramentas necesarias para definir o plan de vendas e de márketing en función dos potenciais clientes e canles de distribución.

    Durante tres meses, quince empresas vitivinícolas (adegas de Rías Baixas, Valdeorras e Ribeiro, dúas distribuidoras e unha empresa dedicada á fabricación de barricas de granito) beneficiáronse de asesoramento personalizado para deseñar a súa propia estratexia de internacionalización.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.