10.4 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO alcalde de Ponteareas destaca "as partidas destinadas a saneamento" no Orzamento...

    O alcalde de Ponteareas destaca “as partidas destinadas a saneamento” no Orzamento 2020

    Para o saneamento en Ribadetea, no que a Xunta se comprometeu a aportar o 80% do seu custe, o Concello reserva 200.000 euros para a fase a iniciar este ano 2020

    O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu conta dos investimentos en obras de saneamento previstas no orzamento do presente ano 2020 que irá a Pleno nas vindeiras semanas. Entre as actuacións, Represas destacou as obras de ampliación da depuradora e a construción de novos colectores xerais no entorno do núcleo urbano, que realizará o Ministerio de Transición Ecolóxica, a través da sociedade estatal Acuaes, en colaboración co Concello que aportará para a execución das obras 1.030.000 € sobre un investimento total de 9.000.000 de euros sen IVE, “unhas obras de grande envergadura que permitirán darlle solución a un problema xa crónico, a falta de capacidade da depuradora para tratar o caudal que recibe e ampliar a rede de saneamento a varias parroquias” explicou o alcalde.

    Por outra parte, para o saneamento en Ribadetea, no que a Xunta se comprometeu a aportar o 80 % do seu custe, o Concello reserva 200.000 € para a fase a iniciar este ano 2020. Esta actuación na parroquia máis poboada, na que aínda carecen de saneamento os seus 900 habitantes, forma parte da programación de obras do Plan Director de Saneamento, iniciativa deste goberno que permitirá achegar este servizo básico aos máis de 7.000 veciños que a día de hoxe carecen del, a maioría nas parroquias de Ponteareas.

    “Nos últimos anos puxemos as bases para poder acometer agora estes importantes investimentos en saneamento, que serán tamén unha prioridade nos vindeiros anos, resulta incríble que no 2020 teñamos tanto milleiros de veciños e veciñas sen a canalización e tratamento das augas residuais”, afirmou o alcalde de Ponteareas.

    Represas tamén destacou outras obras de saneamento que están en execución ou foron realizadas recentemente como as do Alto da Gloria, as realizadas en Fontenla, en Prado ou en Bugarín. Adianta o rexedor local que ademais ten comprometidas outras actuacións en Arcos, Bugarín e Angoares, con cargo ao Plan Concellos da Deputación. Por último engade que están previstos máis proxectos neste mandato para ir ampliando a rede de saneamento a outras parroquias.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.