A película ‘O Que Arde’ dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor Actriz Revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor Dirección de Fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21:30 h.
A programación cultural a desenvolver até o mes de maio recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira será presentada este venres, 30 de xaneiro, ás 11 h na sala de reunións da Casa do Concello. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, serán os encargados de dar a coñecer os eventos previstos.