Venres, 8 Agosto de 2025

O Rosal acollerá un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica

0

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebrará o vindeiro xoves, 7 de outubro, no concello do Rosal un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica. Esta formación terá lugar no espazo de autoarranxo (ao carón do Centro Público Integrado Manuel Suárez Marquier) en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

O obxectivo principal da xornada é dar a coñecer as novas tendencias e demandas deste mercado, ademais de axudar a comprender as posibilidades de comercialización dos produtos ecolóxicos de horta a través de novas canles. Tamén se abordará o novo regulamento de produción ecolóxica, así como aspectos relativos á comunicación ambiental destes alimentos en relación cos novos desafíos produtivos, como son o cambio climático e o quecemento global. A acción formativa finalizará cunha visita a unha cooperativa agraria da zona.

A xornada está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que poden consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar a solicitude de asistencia correspondente, que debe remitirse cuberta ao enderezo electrónico   [email protected]. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 981 540 282.

SmartPeme pon en marcha seis novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a fabricación dixital, o márketing sostible, a sustentabilidade en establecementos turísticos e fotografía e vídeo para espazos interiores.

En concreto, 0 martes 5 impartirase o obradoiro “Fabricación dixital. Introdución á fabricación dixital”, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, que iniciará un novo itinerario de Fabricación dixital con formato mixto. Contará con talleres en liña e prácticas presencias no Fab Lab do Centro Provincial en Economía Dixital, no Viveiro de Empresas de Barro. Pola súa banda, pola tarde terá lugar “Márketing sostible”,da man de Fátima Faílde, posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas. Neste obradoiro procederase á análise de cerca da sustentabilidade, tanto para os negocios como para o márketing.

O mércores 6, Mariana Rosa, graduada en Turismo, impartirá “Como mellorar a sustentabilidade do teu establecemento turístico”, centrado na Axenda 2030, acreditacións e boas prácticas en turismo. O mesmo día, Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, impartirá o obradoiro “Fotografía e vídeo para espazos interiores”, onde falará sobre como aproveitar a luz natural e artificial, os diferentes puntos de vista en altura e posición e a elaboración de presentacións de fotos e vídeos para YouTube.

O xoves 7, será a quenda de “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape I – Partstudio I” a cargo do experto en robótica Manuel Freire, quen dará continuidade ao obradoiro impartido o martes. Para finalizar, o xoves pola tarde, celebrarase “Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio”, onde María Aller, posgraduada en Comunicación Corporativa, falará sobre esta ferramenta e outras plataformas e formatos externos para elaborar informes globais dunha empresa. O obxectivo é que poidan visualizarse de forma sinxela e intuitiva para compartilos ou editalos en tempo real.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.

Baiona, O Porriño, Gondomar, A Cañiza e Redondela, novos beneficiarios do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra volveu a aprobar recursos para os municipios da provincia no marco das liñas 1 e 2 do Plan Concellos. Nesta ocasión deu luz verde a 429.300 euros para Baiona, O Porriño, Gondomar, A Cañiza e Redondela, cos que se actuará no alumeado público, na rede de saneamento ou no pavimento de viarios.

A Baiona chegarán 154.800 euros da liña 1 cos que o concello urbanizará e mellorará o alumeado público de tres rúas do barrio da Anunciada e do Camiño Longueiriña. As obras comprenden a rehabilitación e acondicionamento de viarios e beirarrúas así como a revisión e reforzo das instalacións urbanas existentes. Pola súa banda, Gondomar contará con 63.500 euros da mesma liña para as obras de mellora da pavimentación na estrada do Mosteiro, na parroquia de Donas. Con elas intervirase nun trazado comprendido entre a conexión coa EP-2304 ata o entroque coa estrada de Nogueira, no que se mellorará o firme e instalaranse saídas de augas pluviais para evitar encharcamentos.

Para O Porriño a Xunta de Goberno aprobou 65.800 euros da mesma liña co fin de ampliar a rede de saneamento en Eidos do Medio, na parroquia de Cans, nun tramo que actualmente carece deste servizo. Ademais, A Cañiza aumentará a dispoñibilidade de auga no depósito de Porto de Augavella cunha achega provincial de 60.000 euros que servirá para construír un novo pozo de barrena.

No que atinxe á liña 2, para Redondela foron aprobados 85.200 euros que o concello destinará aos sectores máis afectados pola pandemia que poderán financiar gastos de aluguer, a cota de persoas autónomas, a electricidade e os seguros.

Nigrán inicia o asfaltado dos camiños da Veiga de Nandín, en Parada, e das Cancelas, en Camos

0

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras de asfaltado dos camiños contiguos Veiga de Nandín (Parada) e Das Cancelas (Camos) cun investimento de 53.900 € a través dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dirixida a reforzar o texido social e mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais. Ambos presentaban moi mal estado de conservación, con baches e irregularidades, sendo de terra o tramo situado en Camos e de asfalto o de Parada, polo que a mellora na seguridade vial será absoluta.

A intervención consiste no reforzo do firme existente mediante mesturas bituminosas e inclúe a mellora do sistema de drenaxe en Veiga de Nandín. Estas obras, adxudicadas a Construcciones Vale, estarán rematadas nas vindeiras dúas semanas.

“Ambos camiños presentaban unhas condicións pésimas, polo que era unha demanda dos veciños da zona, que agora verán moi mellorada a comunicación nestes barrios”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña que precisamente tamén cunha subvención de Agader foron asfaltados este ano en Camos os camiños de Aldeite, A Igrexa, Xuncido e Balinfra, dándolle un xiro radical ao anchearse moitos grazas as cesións da veciñanza. “Somos conscientes de que hai máis rúas que precisan melloras e seguimos traballando para anunciar en breve máis asfaltados”, avanza.

Padres Franciscanos, Vilariño

Paralelamente, a Deputación de Pontevedra está actualmente a asfaltar a rúa Padres Franciscanos de Vilariño desde a rúa Manuel González Prado ata a Avenida de Portugal, con accesos limitados a residentes. As obras, a cargo da empresa Covsa, estarán rematadas ao longo da semana próxima e a continuación intervirán nas rúas Telleira e Lagoíña (parroquia de Nigrán), tamén estradas provinciais.

‘O país das bandas’ despediu o seu ciclo hoxe no Rosal

0

O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, despediuse hoxe domingo no concello pontevedrés do Rosal, co concerto da Agrupación Musical de Vincios. O programa percorreu desde o pasado 1 de xullo case 90 localidades e ofreceu 97 actuacións nas que participaron arredor de 4000 instrumentistas e directores de 76 formacións musicais. Ademais, máis de 500 profesionais directamente relacionados coa actividade das bandas beneficiáronse da iniciativa.

Deste xeito, un de cada catro concellos galegos acolleu un concerto do ciclo O país das bandas, que estivo presente no 80% das comarcas. Percorréronse máis de 6000 quilómetros para levar a música tanto ás cidades como a concellos pequenos do rural sen tradición bandística. Co obxectivo de fomentar a interpretación de composicións de autoría ou temática galega, cada banda incluíu no seu repertorio un mínimo dun terzo destas pezas. O total de composicións que soaron ascende a case 900.

Concerto no Rosal

O concerto de hoxe no Rosal puxo o peche ao ciclo coa Agrupación Musical de Vincios, que actuou ás 12,45 horas na praza do Calvario. A actuación, prevista para a semana pasada, tivo que adiarse por mor da chuvia e recupérase nesta nova data. Creada en 1982 e dirixida na actualidade por Adrián Viñas Alonso, o repertorio foi Soñar en Xirimbao, Atlantis, Fate of the gods, Invicta e A mi banda. Soaron tamén Abba mía, Mi gran noche, Campo de Noia e Mozos do Penedo.

O país das bandas

O país das bandas é unha das iniciativas incluídas no Plan de reactivación cultural deseñado pola Xunta, que este pasado verán impulsou máis de 3000 actividades por toda a xeografía galega, cun investimento superior aos 9M€. Forma parte tamén da programación especial do Xacobeo 21-22, unha oferta diversificada e descentralizada que abrangue todas as manifestacións artísticas e se dirixe a todo tipo de públicos, tanto en zonas urbanas como do rural.

O ciclo de concertos de bandas púxose en marcha ao abeiro do convenio asinado o pasado maio pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con esta entidade a través dun investimento de 400.000 euros. Deste xeito, refórzase a colaboración co colectivo, ao que este ciclo lle ofrece unha plataforma desde a que aumentar a visibilidade social e reivindicar tanto a súa calidade musical coma o seu labor de divulgación entre o gran público.

Redondela, Tomiño e A Cañiza recibirán achegas do IDAE grazas á Deputación

Seis concellos da provincia contarán con novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais grazas á aceptación, por parte da Xunta de Goberno da Deputación, dunha achega do IDAE que ascende a 387.900 euros. Os recursos chegarán a  Portas, Vilaboa, Cangas, Redondela e Tomiño, que substituirán o sistema anterior por unha caldeira de biomasa, e tamén Á Cañiza, que contará con estufas de pellets en 15 edificios municipais.

A Portas chegarán preto de 95.000 euros cos que o concello realizará actuacións no albergue, no campo de fútbol e no pavillón municipal, a Vilaboa cerca de 32.000 euros que se investirán na casa do concello e a Cangas case 90.000 euros cos que se actuará na pista de atletismo e no pavillón municipal. Os fondos europeos tamén servirán para realizar obras no pavillón municipal e na casa da cultural de Redondela, con preto de 90.000 euros, así como nos edificios de benestar social e policía de Tomiño, con 32.000 euros. Pola súa banda, A Cañiza substituirá os radiadores eléctricos de 15 edificios municipais (como centros culturais, tanatorios ou unha biblioteca) por estufas de pellets grazas a unha achega de 50.000 euros.

No que vai de ano o IDAE leva xa concedidos á Deputación 6,2 millóns de euros destinados a proxectos en 29 concellos e a unha entidade local menor. Estes fondos están a servir para mellorar a iluminación exterior cara un modelo máis sostible de eficiencia enerxética e para mellorar as infraestruturas da provincia e reducir a pegada de carbono. A estes fondos súmaselle a nova concesións para as instalacións de uso térmico da biomasa en infraestruturas municipais.

O Sergas habilita a receita electrónica na atención primaria

O Servizo Galego de Saúde habilitou a dispoñibilidade de indicar produtos sanitarios e algúns medicamentos por parte do seu persoal de enfermaría do Sergas, a través da receita electrónica integrada na historia clínica de cada paciente.

Deste xeito, e tras a entrada en vigor da Orde do 9 de xullo de 2021, que posibilitou aos profesionais de enfermaría, tanto do ámbito público como privado, acadar as acreditacións para facer efectiva a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano, desde hoxe mesmo, ficará habilitada esta posibilidade, que representa un importante avance no eido da asistencia sanitaria e na capacidade resolutiva desta categoría profesional.

Até o de agora, un total de 16.000 profesionais de enfermaría xa contan coa acreditación para receitar produtos sanitarios, medicamentos non suxeitos a prescrición médica e tamén os medicamentos suxeitos a prescrición médica que figuran na resolución do BOE de 20 de outubro de 2020, vencellados ao tratamento de feridas.

A dispensación enfermeira no Sergas comeza polo persoal de enfermería que exerce a súa actividade nos centros de saúde, para progresivamente irse incorporando á atención hospitalaria. Con esta medida séguese a cumprir o compromiso da Consellería de Sanidade, recollido tanto no “Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021” como na estratexia “Por unha Atención Primaria vertebradora do Sistema de Saúde”, de  potenciar as competencias do persoal de enfermaría de atención primaria, o que redundará nun aumento da carteira de servizos tanto desta categoría profesional como do conxunto da atención primaria galega.

O 4 de febreiro e o 1 de marzo de 2022, festivos locais no Rosal

0

O Concello do Rosal aprobará este venres 1 de outubro en pleno a declaración das festividades locais para o vindeiro 2022. A primeira das datas elixidas como festivo para o próximo ano será o venres 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro.

Ademais, como vén sendo tradicional no municipio, os rosaleiros e rosaleiras tamén desfrutarán como día festivo do Martes de Entroido, que se celebrará o vindeiro 1 de marzo.

Nesta ocasión, o pleno do Rosal decidiu cambiar o seu día habitual de celebración para que toda a veciñanza puidera asistir á manifestación en defensa da sanidade pública de Vigo. Por este motivo, en lugar de ter lugar onte xoves 30, desenvolverase este venres 1 de outubro a partir das 19.00 horas no Centro Social Polivalente.

Bizcocho de plátano

No sé si consumir plátano canario en este momento puede ser una pequeña ayuda a los palmeros que están pasando por esta situación tan dolorosa, que desde aquí cuesta imaginar; pero si con esto podemos aportar un granito de arena, lo haremos.

Así que, hoy os propongo un jugosísimo bizcocho de plátano de Canarias y chocolate que, además, es sin gluten.

¡Vamos allá!

Ingredientes

(OJO, si hay alguna persona celíaca, aseguraos de que son aptos)

  • 3 plátanos maduros
  • 125 g de mantequilla derretida o de aceite de girasol
  • 2 huevos L
  • 75 g azúcar moreno
  • 60 g azúcar en polvo
  • 225 g harina sin gluten (pueden ser 150 de harina de arroz + 75 maizena)
  • 50 g harina de almendras
  • 1 ½ cucharadita de levadura en polvo
  • ½ cucharadita de bicarbonato
  • ¼ cucharadita de sal
  • 80 g chocolate negro fundido
  • 15 g cacao en polvo
  • Canela, nuez moscada (optativo)

Preparación

  • Empezamos haciendo un corte a la piel de los plátanos y asándolos en el horno a 200º durante uso 10 minutos. Dejamos enfriar y machacamos (no hacemos papilla, machacamos con un tenedor). Si los plátanos están muy maduros podemos saltar este paso y machacarlos directamente con un poco de zumo de limón, para que no se oxiden.
  • Bajamos el horno a 180º.
  • Forramos un molde de cake de unos 22 cm con papel de horno
  • Batimos la mantequilla o aceite con el azúcar moreno y el azúcar en polvo.
  • Incorporamos los huevos de uno en uno y mezclamos bien.
  • Añadimos el puré de plátano y mezclamos.
  • En un bol echamos la harina sin gluten, la harina de almendras, la levadurina, el bicarbonato y las especias (si hemos decidido incorporarlas; le dan un toque muy especial). Mezclamos todo y lo añadimos a la masa, envolviendo bien hasta que esté todo integrado.
  • Separamos más o menos un tercio de la masa y le añadimos el chocolate fundido (que habremos dejado templar) y el cacao en polvo.
  • Echamos parte de la masa blanca hasta cubrir bien el fondo, a continuación, echamos masa de cacao, otra vez blanca, otra vez de cacao. Con un tenedor hacemos unas ondas en la masa para mezclar los colores y que nos quede jaspeado el corte del bizcocho.
  • Decoramos con unas rodajas de plátano e introducimos en el horno, a 180º, 45 minutos (o hasta que al pinchar con un palillo salga limpio).
  • Dejamos templar en el molde y desmoldamos sobre una rejilla para que enfríe. ¡Y nos lo comemos!

Veréis qué sabor tan suave y qué jugoso.

Desde aquí, todo mi apoyo y cariño para la gente de La Palma.

¡Ponga un volcán en su vida!

Las generaciones actuales, sin lugar a dudas, van tener bastante que contarles a sus nietos. Hemos vivido una fuerte crisis económica (la de las famosas subprime), hemos padecido, y seguimos sufriendo, la primera gran epidemia global del siglo y ahora, además, tenemos el “maravilloso” espectáculo del volcán de La Palma, algo que no se podía ver en nuestro país desde hace muchos años, así que para llevar poco más de 21 años de siglo, pues no está nada mal, pero como sigamos a este ritmo…

Lo de “maravilloso” escrito antes, es parafraseando a nuestra querida ministra de Industria, Comercio y Turismo ya que hace unos días declaró que se conseguiría atraer muchos turistas para ver ese “espectáculo maravilloso”. No dudo, que visto desde el exterior y con la debida distancia, no lo pueda ser. Pero habría que preguntarle también a los miles de evacuados de la zona que les parece, cuando están viendo como la lava arrasa sus casas, destruye sus propiedades y se lleva por delante sus sueños. Eso, y no otra cosa, es lo que realmente está ocurriendo. Si alguien lo está dudando, esa zona va quedar totalmente inservible para la vida del ser humano durante muchos años, por lo que adiós viviendas, adiós cosechas y adiós pastos para los animales, así que para esas personas, dicho espectáculo es de todo menos maravilloso. ¿Realmente el nivel político que tenemos en este país, y cómo he dicho en otras ocasiones me da igual el color, es tan bajo?

Estamos hablando, que es la máxima representante de unos de los ministerios, con la situación que estamos viviendo actualmente,  más importantes, hablamos de industria (cada vez hay menos industria, las grandes multinacionales siguen marchando para otros países, sólo hay que ver lo que está ocurriendo en la Mariña Lucense), Comercio, el pequeño que sigue cerrando sus puertas y el internacional, nos está salvando el ser la huerta de Europa, pero a ver hasta cuándo y Turismo, un sector muy dañado debido a la crisis del coronavirus, así que la única ocurrencia es decir que vamos a traer más turistas para ver el volcán, que en Islandia va mucha gente a verlos, en fin, sin comentarios. Hablando de Islandia, por si nuestra querida ministra no lo sabe, una pequeña sugerencia, aprovechan la energía de los geiseres para la calefacción de sus ciudades, consiguiendo un gran ahorro energético y un mejor aprovechamiento de los recursos naturales, ¿aquí se hace algo por ejemplo con las aguas termales? Bueno, casi mejor no darle sugerencias, no vaya a ser que se le ocurra decir que en Galicia también pongamos un volcán, porque así atraemos peregrinos a Santiago y al volcán, con lo que ingresamos el doble por el turismo…
En fin, para llevar mejor esta falta de ideas y el sinsentido en el que se ha convertido la política en este país, un par de recomendaciones musicales. Por un lado, el nuevo trabajo del proyecto AeTopus, para mi, uno de los discos más interesantes publicados el pasado 2020 y por otro lado, un clásico ya de la música electrónica, Remy con un disco que no puede faltar en las colecciones de los amantes de ese estilo musical, espero que los disfrutéis.


AeTopus

Variant

2020

Hay proyectos que siempre te sorprenden y para bien y “AeTopus” es uno de ellos. Tras este proyecto se encuentra el música Bryan Tewell Hughes y la verdad, desde que escuché sus disco “Tempula”, el segundo de su carrera, siempre estoy aguardando un nuevo trabajo para ver con que nos sorprende.

“Variant” es su neuvo disco, aquí nos encontramos con elementos de música electrónica, esos sonidos etéreos que tan bien domina y que nos invitan a viajar, pero al mismo tiempo, sonido más naturales, que se englobarían dentro de la música new age, pero como no se quiere quedar corto, también tenemos algún sonido un poco más dark ambient, porque al oscuridad, asoma, pero para bien.

Siete son los temas que coforman éste disco, temas que van navegando por el mundo para mostrarnos las inquietudes musicales del compositor de forma que nos atrapa para no dejarnos salir de él y que nos invita escucharlo una y otra vez.

Sin lugar a dudas, estamos ante un fantástico trabajo, de lo mejor que he escuchado en éste 2020, un disco, que ya te invita a volver a darle al play para seguir disfrutando y saboreando lentamente.


Remy Stroomer

The Return Of Planet X

2017

Remy Stroomer siempre es una pequeña debilidad musical, porque sus trabajos están hechos con esmero y para los amantes de la buena música electrónica y éste “The Return Planet X” no podía ser de otra forma.

Grabado en directo en el 2012 en el Grote of St. Bavokerk in Haarlem (Holanda), Remy nos muestra todo su buen hacer musical dentro del estilo de la electrónica clásica, esa que nos hace sentir, creando un trabajo para los amantes de estos sonidos.

Decir que en el corte número 7 contó con la colaboración de otros dos clásicos del sonido electrónico de la escuela holandesa como son Ron Boots y Eric Van Der Heijden.

Si te gusta la buena música electrónica, éste trabajo no puede faltar en tú colección.

O Encontro de Corais de Xinzo celebra a súa segunda edición

O pasado domingo 26 de setembro, a Coral Cantares de Xinzo celebrou o seu II Encontro de Corais no auditorio do Centro Cultural. Xunto coa coral da parroquia, a outra protagonista da tarde foi a invitada Coral Polifónica “O son dous Cantares” de Tamegia (Mos).

Ambas as corais estiveron baixo a dirección de Bea Gómez Fandiño, aínda que cun repertorio diferente e variado. Cun auditorio cheo, respectando en todo momento as medidas sanitarias impostas pola Covid-19, o acto finalizou coa entrega dun recordo por parte da Coral Cantares de Xinzo á súa invitada en agradecemento por participar no II Encontro de Corais que celebra a parroquia pontareana.

Coral Polifónica “O son dous Cantares” de Tamegia – II Encontro de Corais de Xinzo

Redondela realiza actuacións de conservación e limpeza nos regos do Campelo e das Maceiras coa axuda da Xunta

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do rego do Campelo e do rego das Maceiras, no concello de Redondela.

Estes traballos desenvólvense en ambos os dous regos, ao seu paso polas parroquias de Reboreda e de Redondela.

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de preto de 4,2 km. As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-sur e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións contribuirán á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Apertura das inscricións para a III Carreira de Orientación da Eurocidade

0

Xa está aberto o prazo de inscrición para a III Carreira de Orientación da Eurocidade, que se celebrará o domingo 24 de outubro, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.

A proba celebrarase a partir das 10:00 horas españolas en Valença e a partir das 16:00 horas en Tui. A participación pódese realizar nunha proba, cun prezo de 6€, ou nas dúas por 10€ por participante.  As persoas menores de idade poderán anotarse gratuitamente, coa opción de recibir unha camiseta conmemorativa cun prezo de 3€.

As inscricións e toda a información está accesible en www.xestanatureza.com.

En marcha a reparación do empedrado do Camiño da Rúa en Mos

0

Desde o xoves, atópanse en marcha os traballos de reparación do pavimento de granito do Camiño de Santiago no Camiño da Rúa da Parroquia de Mos, mediante a retirada das pezas en mal estado non recuperables coa substitución por outras das mesmas características.

A reparación de pezas soltas e movidas faise para acadar a planeidade idónea para o tránsito dos peregrinos nunha lonxitude de 42 metros lineais. O custo da obra acada ós 23.275 euros e finánciase a través dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, destinada a axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

A reparación do pavimento de granito do Camiño de Santiago no Camiño da Rúa da Parroquia de Mos era unha necesidade urxente e moi necesaria, xa que debido ao paso dos anos as infraestruturas foron deteriorándose, sobre todo co paso dos vehículos por esta zona. Coa peatonalización desta zona e o arranxo das zonas danadas, quérese conseguir dotar de valor o entorno do Pazo de Mos e a preservación do patrimonio local nas mellores condicións posibles.

O PP de Tomiño propón ao Concello de Tomiño trasladar o consultorio de Goián, pechado desde hai ano e medio

0

O Partido Popular de Tomiño propón ao Goberno local trasladar o consultorio de Goián, actualmente pechado porque incumpre as medidas de prevención, a un novo local que permita atender aos veciños desta parroquia e, ademais, evitar o colapso do Centro Médico de Tomiño.

Deste xeito, defenderá no pleno municipal do luns unha moción na que solicita ao Goberno do BNG a trasladar o consultorio médico de Goián ao local onde estaba ubicado, ata hai uns meses, a clínica Miño. O voceiro popular, Esteban González Miranda, defende que “é unha oportunidade perfecta para que Goián conte cun consultorio médico que cumpla con toda a seguridade sanitaria nestes tempos de pandemia”. É un local que xa está acondicionado para o uso médico, que cumpre con todos os requisitos para desenvolver a atención sanitaria en condicións óptimas, e que permitiría un traslado rápido. “O único que fai falta é a vontade do Goberno local para facer o cambio, e cambiar o aluguer do actual consultorio por este novo”.

O voceiro recorda que en xullo de 2020 o PP xa presentou en pleno unha moción para buscar unha nova ubicación e poder reabrir o consultorio, pechado desde marzo de 2020 por non cumprir coas medias sanitarias esixidas polo Ministerio de Sanidade pola COVID19, unha moción que foi rexeitada polos votos en contra do BNG.

“Sempre defendemos a continuidade do consultorio de Goián, xa que dá resposta a un núcleo de poboación importante e evita sobrecargar a actividade do centro de saúde de Tomiño”, defende González Miranda. Ademais, di que ante a parálise do Goberno local, desde o PP mantivemos conversas coa Xerencia do Sergas na área de Vigo, e amosan a súa predisposición para levar adiante esta reubicación das instalacións de Goián e restablecer así o servizo médico canto antes nesta parroquia. “Só queda pendente a vontade do Goberno local, pero confiamos en que sexan capaces de antepoñer o interese xeral dos veciños de Goián e o interese sanitario por diante dos políticos”.

O Museo celebra o Día Europeo da Arte Rupestre con charlas e obradoiros creativos

O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Europeo da Arte Rupestre cunha programación organizada para poñer de relevo a importancia cultural, artística e turística da arte prehistórica de toda a xeografía europea e que conta con numerosos exemplos no caso galego. A Cova de Eirós e o Castro de Formigueiros, de feito, serán dous dos eixos nos que se centrarán as actividades, destinadas tanto a público xeral como familiar, os vindeiros venres 8 e sábado 9 de outubro.

A primeira iniciativa será no Edificio Castelao, que acollerá o venres 8, ás 19:30 horas,  unha charla divulgativa a cargo do catedrático de Prehistoria da USC Ramón Fábregas titulada ‘Cova  Eirós e as súas manifestacións artísticas’.

O sábado, día 9, as actividades centraranse no taller ‘Unha mirada ao pasado, viaxando pola prehistoria de Galicia’ que se desenvolverán ás 12:00 e ás 17:00  horas. Ao longo dunha hora, as persoas participantes asistirán a unha pequena introdución teórica que lles permitirá obter unha visión diacrónica da arte rupestre prehistórica galega, a través dunha exposición que irá desde os gravados e pinturas dos dolmens ata os da época castrexa, facendo fincapé nos atopados no castro de Formigueiros.

O apartado práctico desta proposta virará ao redor dos petróglifos da Idade do Bronce e das pinturas, tanto megalíticas como ás novas aparicións en lugares como  Casaio, Penedo Gordo ou Lobarzán. As familias inscritas nesta acción terán a oportunidade de coñecer técnicas, temas, ferramentas, pigmentos e  aglutinantes cos que plasmarán un motivo prehistórico real utilizando un calco sobre unha bolsa de tea de algodón que poderán levar.

Debido a que o aforo de ambas as dúas propostas está limitado polas restricións sanitarias, será necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a [email protected].

A Xunta destaca a importancia en Redondela de incentivas o comercio local con iniciativas como os ‘Shopping Days’

0

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacou a importancia de incentivar as vendas no comercio de proximidade con iniciativas como os Shopping Days, que organiza o Concello de Redondela xunto á Asociación de Empresarios de Redondela entre onte e hoxe.

Nela participan máis de 40 establecementos do municipio que abrirán en horario de 10:00 a 22:00 horas con descontos especiais. A rúa Ribeira acollerá un área na que se instalarán os comercios de zonas como Chapela, os que se atopan máis afastados do centro da vila ou os que non teñen espazo suficiente na entrada para exhibir os seus produtos.

O director xeral de Comercio e Consumo salientou que Xunta e sector están a traballar conxuntamente para promocionar o comercio de proximidade nas vilas e cidades e favorecer a reactivación do consumo tras a pandemia. E, nese sentido, aplaudiu os beneficios deste tipo de iniciativas, que se suman a programas postos en marcha polo Goberno galego como o Bono Activa Comercio, que ofrece descontos de 30 euros aos consumidores nos máis de 5.600 establecementos adheridos en Galicia.

Segundo dixo, outra das prioridades é que o comercio de proximidade en Galicia se vaia adaptando ás novas demandas e formas de consumir que teñen que ver coa dixitalización e o comercio electrónico, porque a pandemia puxo a proba a importancia de estar presentes na rede para poder vender en tempo real as 24 horas do día e os 365 días do ano. Hoxe máis que nunca o comercio físico necesita desenvolver a súa faceta virtual para exercer, literal e plenamente, como comercio de proximidade, abondou, para recalcar que a Xunta vai seguir acompañando o sector para impulsar a súa competitividade.

A ludoteca de Ponteareas volve abrir as súas portas en outubro

A ludoteca municipal de Ponteareas está de volta. Volve abrir as súas portas para un mes de outubro cheo de xogos e diversión. As familias de Ponteareas que o desexen poden anotar aos nenos, de 6 a 12 anos, nas instalacións da ludoteca na Avenida de Castelao de 09.00 a 15.00 horas, enviando un correo electrónico a [email protected] ou no teléfono 673 79 47 60. O servizo municipal traballa sempre con grupos pequenos e cumprindo con todas as medidas de prevención dada a situación sanitaria. A ludoteca estará aberta pola tarde e cada grupo terá dúas horas á semana.

Para a inscrición é imprescindíbel achegar fotocopia do DNI de pai/nai ou titor do menor; fotocopia do DNI da nena ou neno usuario da ludoteca; fotocopia do libro de familia e os impresos que se proporcionan na ludoteca, que deben entregarse cumprimentados e asinados.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, anima á veciñanza a inscribir aos cativos na ludoteca municipal para que “desfruten de tardes activas, divertidas e tamén educativas”. A programación inclúe xogos, repostería e cociña, manualidades, expresión corporal e musical, saídas… e unha chea de actividades coas que os nenos poderán pásalo ben despois de saír do colexio.

A ludoteca municipal é un espazo lúdico e educativo que dende 1998 ofrece unha ampla variedade de actividades de lecer nas que os nenos son os protagonistas. Sempre cunha atención personalizada e de calidade onde o benestar da infancia é o fundamental.

Eurochef leva a súa maxia tras os fogóns a Nigrán

0

Nova parada do proxecto Eurochef. Os chefs Iván Méndez e Álex Iglesias levarán a súa maxia tras os fogóns a Nigrán, que acollerá un showcooking o vindeiro martes 12 de outubro ás 12:00 horas na praza do Concello. A actividade será completamente de balde e con aforo limitado. As persoas interesadas en participar xa poden facer a súa inscrición a través da páxina web de Eurural. Dende Eurural e todos os grupos de desenvolvemento rural participantes no proxecto Eurochef agradécese a colaboración do Concello de Nigrán e convídase a toda a veciñanza a desfrutar deste novo evento.

O showcooking forma parte do programa de actividades de Eurochef Project, un proxecto de cooperación transnacional Leader liderado por Eurural e no que tamén participan o grupo de desenvolvemento rural galego Pontevedra Norte e o romanés de Bucovina de Munte. Con esta iniciativa búscase fusionar cociñas para dar a coñecer os produtos dos tres territorios máis alá das fronteiras, intercambiar experiencias, fomentar o turismo gastronómico e crear novos mercados noutros países. 

O proxecto conta cun orzamento de 300.000 euros, dos que os grupos de desenvolvemento galegos achegan 112.000 euros financiados ao 90% pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, dentro da medida 19.3 de cooperación a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader.

A Cañiza acolle este domingo á Clásica Álvaro Pino

0

Imaxe da presentación do maillot o pasado 17 de xullo

Este domingo, 3 de outubro, celebrarase a 6ª edición da Marcha Cicloturista “Clásica Álvaro Pino”. A Cañiza acollerá 30 km do percorrido, que conta cun total de 110 km, pasando polo Alto de Moncelos (Petán), pola Praza Maior (avituallamiento), Achas, Parada, Luneda (alto de montaña) e por último pola Franqueira.

A Marcha Cicloturista, con saída e meta en Ponteareas, dará comezo ás 9:00 h. Participarán un total de 400 ciclistas, que percorrerán 110 quilómetros con 2.316 metros de desnivel, pasando por 7 concellos e 3 altos de montaña: Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, As Neves , Salvaterra e A Cañiza. Entre os participantes atópanse nomes destacados do deporte como o propio Álvaro Pino, Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso e Borja Gómez.

No avituallamento, que terá lugar na Praza Maior da Cañiza, o alcalde Luis Piña, xunto con Álvaro Pino, entregarán aos participantes unha proba do xamón da Cañiza, o mellor abandeirado gastronómico do noso Concello.

O 17 de xullo A Franqueira xa acolleu a presentación do maillot conmemorativo da marcha

Nesta ocasión, o alcalde da Cañiza tivo a honra de acompañar ao gran ex ciclista Álvaro Pino; ao Deputado de deportes, Gorka Gómez; ao concelleiro de Ponteareas, Miguel Bouzó, e ao presidente da asociación organizadora, Pedro Alfaro. A presentación tivo lugar no alto da Franqueira, un dos altos de montaña da proba deste domingo.

Cruz Vermella e R chegan a Ponteareas e A Guarda con “Enredando tour R”

Despois da súa estadía en diversos puntos da comunidade autónoma, a aula móbil formativa de “Enredando tour R” achégase á provincia de Pontevedra para instalarse o luns 4 en Lalín e desprazarse o martes 5 e o mércores 6 a Ponteareas e á Guarda respectivamente. É o momento das localidades pontevedresas, onde se pechará o percorrido desta actividade conxunta da Cruz Vermella e do operador galego R a prol da ‘inclusión dixital’ das persoas maiores.

Que a fenda non deixe ninguén atrás

A intención primeira desta acción é minorar o efecto da fenda dixital que tanto lle afecta a unha gran porcentaxe dos maiores e a outros colectivos vulnerables. Falamos de persoas que, por exemplo, durante o confinamento e nos momentos máis duros da pandemia, non puideron botar man das novas tecnoloxías para completar xestións esenciais como pedir unha cita médica, facer a compra ou realizar unha operación bancaria sen saír da casa.

R e Cruz Vermella teñen claro que o máis importante é que as persoas maiores lles perdan o medo ás novas tecnoloxías e desenvolvan habelencias básicas que lles permitan avanzar e aprender a navegar por internet, ter unha conta de correo ou enviar unha mensaxe. E, sobre todo, que non se sintan sós/soas e vexan que persoal especializado e persoas voluntarias da organización humanitaria lles darán o apoio dixital que precisen in situ, no espazo das formacións, e que á vez poden recibir asesoramento a través da páxina enredando.gal, creada especificamente para completar esta acción didáctica dedicada a eles.

Menús formativos (para todos os gustos)

O programa desenvólvese nunha aula móbil con contidos formativos vinculados ás novas
tecnoloxías. Unha furgoneta superequipada transporta os smartphones, portátiles, tabletas,
altofalantes intelixentes… e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á
realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá.
As persoas que participen poderán fedellar mentres ‘degustan’ un dos catro “menús
formativos” que Cruz Vermella e R lles teñen preparado para que elixan o que máis se
adapte ás súas necesidades.

En función deses menús, en horario de 10:00 h a 14:00 h, impartiranse nas zonas escollidas
de cada localidade 8 talleres (2 por menú) de 45 minutos cada un. Ao ser en espazo exterior
instalaranse uns toldos para o desenvolvemento da actividade e cumpriranse
escrupulosamente as esixencias sanitarias e medidas anti COVID-19 para garantir a
seguridade de todo o mundo e en todo momento.

Estas son as localizacións exactas das tres localidades da provincia de Pontevedra ás que
chega o tour a semana que vén:

  • Lalín: Praza da Igrexa. Luns, 4 de outubro.
  • Ponteareas: Praza Maior. Martes, 5 de outubro.
  • A Guarda: Praza Avelino Vicente (“As de copas”). Mércores, 6 de outubro.

E esta é a carta de ”Enredando tour R”, cos seus 4 menús:

  • “Vivo no mundo analóxico, rapaza”; menú básico para comezar a “enredar”.
    ”E ti… de quen vés sendo?”: para saber que é e como funciona o WhatsApp.
  • ”Dixitalízate, ho”: para aprender como se pode acceder ao SERGAS, ao banco, facer a
    compra e, en xeral, como xestionar o máis cotián por internet.
  • ”Menú R: móbilR”: para coñecer a factura electrónica e outras utilidades e aplicacións
    prácticas en internet.

Dende A Coruña ata A Guarda

Tras a súa presentación na Coruña o pasado 13 de setembro, e despois de percorrer as
devanditas localidades da Coruña, Lugo e Ourense, a aula móbil formativa con contidos
tecnolóxicos poralle o punto e final á actividade o vindeiro 6 de outubro na Guarda,
completando así este periplo que quere ser, sobre todo, un pasiño máis no derrubamento da
fenda dixital entre as persoas maiores e o universo tecnolóxico.

Para participar nos obradoiros de “Enredando tour R” as persoas interesadas poden chamar
ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a [email protected].

Sobre “Enredando”, de Cruz Vermella

“Enredando tour R” enmárcase dentro do proxecto “Enredando” de Cruz Vermella, cuxo
obxectivo xeral é reducir a fenda dixital entre a poboación que atende a Organización na
nosa comunidade autónoma.

Trátase dun proxecto de capacitación dixital que xorde para evitar procesos de exclusión
social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia,
entre outros.

“Enredando tour R” é a primeira das grandes accións deste proxecto que se pon en marcha
e que aposta por apoiar as persoas maiores e sensibilizalas no uso das tecnoloxías, así como
axudalas a derrubar os temores e inseguridades que poidan ter a seu respecto.

Enorme resposta das persoas afectadas por phising bancario á convocatoria da Unión de Consumidores de Galicia

Máis de 60 persoas ás que se lle suman outras 30 que contactaron directamente coa asociación, acudiron no día de onte á xuntanza convocada por Unión de Consumidores de Galicia no Edificio Cersia en Santiago de Compostela.

Un dos obxectivos desta xuntanza era tentar aproximarse á magnitude desta problemática tanto en relación co número de posibles afectados como nos importes subtraídos, e desde Unión de Consumidores de Galicia podemos afirmar que as nosas previsións quedaban bastante curtas.

Segundo as estimacións da organización, o número de afectados supera sen dúbida o centenar e os importes subtraídos achéganse ao millón de euros.

A maior parte das persoas asistentes amosaron a súa vontade de permitir que Unión de
Consumidores de Galicia as represente nun proceso de negociación coas entidades financeiras na procura dunha solución extraxudicial. Non obstante isto a organización considera que esa negociación debe ser moi breve xa que logo o que está en xogo é o diñeiro das vítimas e Unión de Consumidores de Galicia non contribuirá a retrasar o inicio das accións de natureza xudicial nas que xa traballa e da cuxa viabilidade non dubida se atendemos a distintas resolucións xudiciais sobre esta materia, como é o caso do pronunciamento da Audiencia Provincial de Pontevedra contra Abanca o pasado mes de abril.

Do mesmo xeito, o Secretario Xeral da organización, Miguel López Crespo, anunciou aos asistentes que viña de solicitar unha xuntanza co Delegado do Goberno en Galicia, Xosé Miñones, a quen lle trasladará a importancia do traballo que desenvolven as forzas e corpos de seguridade nas investigacións destas fraudes, en aras a determinar a existencia de debilidades ou vulnerabilidades dos sistemas e protocolos dos servizos de banca electrónica e banca móbil das entidades financeiras.

Aemos pon en marcha a súa Escola de Empresa con tres másteres para persoal de dirección

0

No seu afán de aniñar a inquietude e o desexo de dar resposta ás necesidades de adaptación, desenvolvemento e crecemento empresarial, recollidas entre o seu tecido empresarial ao longo dos seus 27 anos de existencia, a Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) puxo en marcha unha nova iniciativa que consolida a súa proposta de formación, considerada sempre un factor crave para as empresas, unha ferramenta estratéxica para unha mellora continua. EME, Escola Mos Empresa, “un elo máis da nosa cadea de valor, unha plataforma onde conflúe un nutrido número de profesionais en exercicio, con alta solvencia profesional e clara vocación docente. Unha ferramenta empresarial creada por e para a empresa, na que axuntamos o talento que hai na nosa comarca e aproveitámolo en beneficio do grupo”, explica Manuel Castro, presidente de Aemos.

A formación para empresarios e traballadores foi un dos fins fundacionais da asociación, que sempre estivo con escóitaa activa ao tecido industrial, “atentos ás inquietudes das empresa que son as que orientar as nosas propostas formativas; é a empresa a que nos di como debe ser a formación, recollemos sempre a necesidade real en cada momento”, subliñan desde Aemos.

EME ponse en marcha baixo as premisas de esforzo, “buscamos axuntar esforzos para dar resposta a necesidades comúns”; innovación, “asumimos a innovación continua nos procesos formativos como recurso crave para garantir a adaptación das nosas empresas”; competitividade, “valoramos a formación e coñecemos o seu impacto na mellora competitiva das organizacións”; produtividade, “queremos instaurar unha cultura que estimule a inquietude, o inconformismo, a mellora continua e a competitividade no noso tecido produtivo”; metodoloxía, “estamos á vangarda nos recursos e as metodoloxías que permitan responder de forma eficiente aos máis esixentes retos das nosas empresas” e compromiso, “estamos comprometidos co desenvolvemento profesional e o crecemento empresarial fomentando a participación dos distintos actores involucrados”.

Momentos da mesa de debate na que estaban Sandra Cid (Asesora Empresas – Laboralista – Esp. Plans Igualdade na Empresa), Xurxo Airas (HR Senior Manager Borgwarner Vigo), José Antonio Camblor (Director Xeral Grupo Ganain) e Francisco Domínguez (xerente de Aemos)

Másteres especializados en áreas profesionais

Este centro de formación de alto nivel propio de Aemos foi presentado onte nun evento ao que acudiron máis de medio centenar de directores de recursos humanos e responsables de empresas da comarca de Vigo. No encontro expúxose o alcance da ferramenta, a súa proposta formativa e en especial a primeira oferta de másteres especializados en áreas profesionais de interese para persoal de dirección e técnicos especializados e que se compón, a día de hoxe, de tres titulacións: Dirección de Persoas e Xestión do Talento, Dirección Financeira e Control de Xestión e Xestión de Operacións en contornas Lean.
Poñendo o foco nos retos aos que as empresas se enfrontan a diario, EME contempla tres niveles de formación: medio, con cursos para persoas cualificadas que queren mellorar as súas competencias; alto, de especialización e nivel superior, onde se enmarcan os másteres. Para iso contan cun diversificado número de profesionais en exercicio con ampla experiencia nos seus ámbitos de intervención, así como con capacitación docente, polo que a formación é axustada ás necesidades do mercado laboral e con alto grao de calidade, no tocante á súa xestión e implementación.

Formación, peza crave do éxito

Unha mesa de debate sobre os novos retos da formación para os novos tempos e realidades que xa nos toca vivir, foi o eixo sobre o que virou o encontro da tarde de onte celebrado no Pazo de Mos, onde quedou fixada a necesidade e importancia de investir en formación, porque “a planificación formativa marca unha diferenza entre as empresas”.

“Calquera que segue aprendendo permanece mozo. Esta é a grandeza da vida”. Esta reflexión de Henry Ford resume o indiscutible valor que ten a formación ao longo da nosa vida.

Asistimos á era do cambio. Estamos ante unha época de transformación que chega cargada de enormes oportunidades, pero tamén de importantes desafíos para empresas e traballadores. Neste escenario, a formación convértese en peza crave do crebacabezas do éxito empresarial e profesional.

“Desde Aemos sempre fomos conscientes de que a formación é clave dentro das estratexias de competitividade das empresas, exercendo un papel relevante no desenvolvemento do capital humano dos traballadores as nosas empresas, así como daquelas persoas que dirixen o seu obxectivo laboral ao mercado de influencia do municipio e a súa área. En Aemos, sempre traballamos actuando como ponte entre as empresas e o cambio, e facémolo formando ao seu mellor valor: o capital humano”.

Os ponteareáns Pablo Cabana, Iria Lemos e Sofía Carballo, deportistas promesas de Pontevedra

A natación continúa a deixar recoñecementos para o deporte de Ponteareas. Os nadadores do Club Natación Ponteareas Pablo Cabana, Iria Lemos e Sofía Carballo acaban de ser recoñecidos como deportistas promesas 2021 pola Deputación de Pontevedra. O ente provincial anunciou estes recoñecementos, que veñen acompañados dunha bolsa económica, para protexer e impulsar a práctica deportiva, especialmente na mocidade, dos e das deportistas que compiten en altos niveis.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, non quixo perder “un recoñecemento tan importante para o noso deporte”, e acompañounos ao acto que organizou a Deputación de Pontevedra para recoñecer a todos e A todas as deportistas promesas. “No Concello estamos moi orgullosos de Pablo, Iria, e Sofía, así como do conxunto do Club Natación Ponteareas polo seu traballo, os seus valores, e o seu bo facer como embaixadores da nosa vila”, destacou Bouzó ao tempo que indicou que “este premio é un exemplo máis de que Ponteareas é un dos grandes centros deportivos de Galicia”

Pablo Cabana é campión de España en diferentes probas e categorías, integrante da selección española de augas abertas, foi ademais o primeiro nadador do Club en obter un récord nacional, mellor marca de España categoría infantil en 3.000 metros libres.

Iria Lemos é subcampioa de España infantil en 50 (con mellor marca galega de 15 anos) e 100 metros libres. Ademais de recente medalla de Bronce na etapa final da Copa de España de augas abertas, e de estar convocada para participar nos 5 km na Mediterranean Open Water Cup co equipo español de augas abertas en Chipre.

Sofía Carballo é campioa de España infantil de 100 e 200 braza e posúe a mellor marca galega na súa idade (15 anos) en ambas probas.

Francesco Tonucci participou hoxe na Facultade Ágora no seminario o ‘Hábitat xogable’

“As nenas e nenos son un sensible indicador ambiental, se desaparecen das rúas significa que a cidade está enferma”. Así o asegurou hoxe o pedagogo italiano Francesco Tonucci na súa participación no seminario ‘O hábitat xogable’ da Facultade Ágora da Deputación, onde subliñou que as administracións locais deben apostar por deseñar vilas na que as crianzas se desenvolvan con autonomía, evitar crear espazos específicos para elas, e traballar para reducir a velocidade e favorecer a mobilidade natural.

Tonucci comezou a súa intervención ante as preto de 200 representantes políticas e técnicas dos concellos da provincia de Pontevedra asegurando que o xogo “é a experiencia máis importante da vida”. Afirmou que é o motor de todas as aprendizaxes, mais subliñou que a día de hoxe a pequenos e pequenas non se lles dá a posibilidade de xogar ao aire libre pola desconfianza de pais e nais, porque o espazo público foi privatizado e vendido ao vehículo privado, e porque non se lles destina tempo.

Destacou que as crianzas son “un sensible indicador ambiental, como os lucecús ou as  andoriñas, que cando non aparecen significa que o ambiente está contaminado. Pois se desaparecen as crianzas significa que a cidade está enferma. E as crianzas teñen desaparecido. Recuperar nenas na rúa significa facer algo necesario para elas pero tamén para nós , porque as crianzas na rúa modifican a rúa, fana mellor, obrigan aos adultos a portarse mellor, a facerse cargo deles. Os nenos e nenas producen seguridade”, salientou.

Segundo Tonucci as administracións locais non deben facer unha cidade “para ou por os nenos e nenas”, senón unha cidade coa garantía de que se é se válida para pequenos e pequenas é válida para todas as persoas sen exclusión: “mulleres, maiores, persoas con discapacidade… non só para o perfil privilexiado de home traballador”.

Foi provocador Tonucci asegurando, ademais, que as cidades serán “xogables” cando non teñan máis espazos de xogo específicos para a cativada. Indicou que alcaldes e alcaldesas poden aforrar o gasto de construír parques infantís valados e pechados, con chan acolchado, porque “son unha trampa moderna” na que as crianzas van acompañadas e a súa actividade nada ten que ver co xogo libre.

Outro dos elementos que considerou básico para a creación dunha cidade ‘amable’ é a redución da velocidade a 30 quilómetros hora, seguindo a lei que el definiu como ‘Lei Pontevedra’ por ser a primeira vila en implantar a medida antes da aprobación da normativa estatal. “Reducir a velocidade significa favorecer a presenza das persoas na rúa cun perigo máis baixo. Crear dificultades aos movementos dos coches para favorecer o movemento autónomo é unha medida de saúde pública, é ter unha cidade que se preocupa pola súa cidadanía”, salientou.

Apuntou tamén Tonucci que os camiños escolares deben ser un instrumento que axuda a recuperar os espazos para as crianzas, pero non un fin en si mesmo, xa que o obxectivo é recuperar a cidade, podendo “e debendo” retirar as e os monitores tan pronto sexa posible. “Os camiños son unha experiencia, un truco para chegar máis alá, pero só para que as crianzas aprendan e volvan pola tarde a eses lugares a moverse libremente. Do contrario son unha equivocación”.

Para finalizar, Tonucci asegurou que Pontevedra é “mestra” en fomentar a relación entre o espazo público e o xogo poñendo primeiro ás persoas e limitando os poderes dos coches privados. “Ese modelo Pontevedra haino que levar a todas as vilas da provincia”, destacou, poñendo por diante o seu desexo de que as cidades teñan dous carteis nas súas entradas: un primeiro dicindo que é obrigado circular a baixa velocidade porque hai crianzas xogando na rúa e un segundo prohibindo os deberes.

Marta Román: Quitar os carteis de ‘prohibido xogar’

A xeógrafa Marta Román coincidiu con todos os plantexamentos de Francesco Tonucci sobre o espazo público e o xogo. Indicou que a día de hoxe todo o que rodea a infancia está rodeado de “medo” a que aconteza calquera situación negativa no espazo público, algo que se ten que reconducir porque na súa maior parte é “esaxerado”.

Pediu ás administracións a que “rompan ou desfagan ese lío” e a non contribúan a ese medo traballando para que a infancia volva ocupar un espazo tanto na cidade como na sociedade. “Temos nenos presos, sempre vixiados, incluso con APPs de GPS. Temos que baixar o termómetro do terror porque (…) as crianzas precisan unha contorna social, a súa veciñanza, cousas que as familias por moi boas que sexan xamais lle van poder dar porque pertencen ao ámbito público e colectivo. Iso faise permitíndolles ás crianzas a liberdade”.

Román tamén subliñou que non hai crear condicións excepcionais nas cidades para que sexan boas para a infancia, senón cambiar as regras do xogo “ e a nosa cabeza”. “As cidades deben estar a escala humana. Os coches deben ser os convidados, non os anfitrións. As persoas temos que ser as anfitrioas da cidade. Non imos quitar os coches, pero si que se comporten doutro xeito para que sexa compatible coa vida, o xogo, a autonomía de todas aquelas persoas que non queren ir con présa ou cruzar un semáforo en dous segundos”.

Instou a alcaldes e alcaldesas a comezar a amosar publicamente o interese de que nenos e nenas estean na rúa e nos equipamentos pola súa conta: “Hai que dar permiso, facer público que os nenos e nenas non teñen que estar encerrados entre os barrotes de colores dos parques infantís, senón que poden facer recados, poden estar xogando nas beirarrúas, non só nun sitio específico para eles, porque cando creamos un parque de xogos significa que o resto da cidade non é apta para o xogo e se hai nenos a xogar noutro lugar parece que están a facer algo inadecuado. Hai que quitar eses carteis que hai nalgunhas prazas de ‘prohibido xogar’ e realmente comezar a darse conta do grande problema que viven nenos e nenas da falta de adecuación dos espazos”, subliñou.

Segundo dixo, “actuar nas cidades é unha necesidade urxente. Precisamos xente disposta a correr riscos polo benestar colectivo”.

Juan Gil: Crianzas suxeitas “como mascotas”

O pediatra Juan Gil falou na Facultade Ágora en nome da infancia para poñer de manifesto as súas necesidades, entre as que destacou o xogo, que ao seu entender está como necesidade ao mesmo nivel que a alimentación, a hixiene, o afecto, a aprendizaxe.

Os espazos de convivencia nas cidades, segundo Gil, son fundamentais para a infancia porque é onde se poden mesturar cos demais, coas demais etapas de idade da vida, cos adultos, anciáns, coa diversidade de persoas que conforman a sociedade, de maneira que haxa unha interactuación. Apostou pola liberdade e a confianza nas pequenas e pequenos, pero tamén manifestou que é preciso facer unha recomposición da organización das cidades e poñer a infancia no primeiro ou no segundo plano.

 “Non pode ser que na cidade primen os intereses económicos ou comerciais, ou o tráfico rodado. Así estamos. Por iso temos medo, porque non temos espazos e os nenos teñen que ir suxeitos como se fosen mascotas. Por aí é por onde ir, por crear espazos amables e seguros que permitan actividade. As cidades teñen que cambiar”, dixo.

Gil quixo aproveitar para cualificar a iniciativa da Rede Ágora e da Facultade Ágora como unha idea “interesantísima”. “Que haxa organismos tan interesados nun obxectivo tan difícil e tan necesario de conseguir –recuperar o espazo público- é fundamental. É un labor importante e de calado que vai ter un beneficio seguro. Os pediatras estamos desexando conectar a contorna social das crianzas coa saúde, porque a saúde depende do ámbito no que viven. A ver cal é a resposta das administracións”, subliñou.

Fixo un chamamento ás alcaldías e entidades locais e deputacións a asumir que “teñen unha responsabilidade tremenda” á hora de tomar decisións sobre como deseñar as cidades. “Pódese facer, non é difícil, pero hai que ter ideas claras e vontade de facelo. O futuro e o presente dun país depende da calidade da formación que ten a súa cidadanía e da calidade de vida destes”, comentou.

María Masaguer e Martín Barreiro: Corredores ecolóxicos para crías de humano

As dúas persoas integrantes do Estudo Rurban, María Masaguer e Martín Barreiro, foron as encargadas de falar dos casos prácticos na provincia de Pontevedra á hora de falar da ‘xogabilidade’ do espazo público.

Subliñaron que a autonomía infantil é unha cuestión de facilitación que ten que ver cos costumes e a identidade cultural de como se usan os espazos públicos e como se transforman tanto polos hábitos como coas obras. Puxeron sobre a mesa que Pontevedra ten un terzo da súa poboación no territorio rururbano e que existen cinco solucións non convencionais que poderían posibilitar outros usos do espazo público –rapazada xogando en calquera sitio- que agora non son posibles “polas formas de conducir da cidadanía”.

Segundo subliñaron, unha das primeiras actuacións posibles son os estreitamentos de calzadas que obriguen aos coches a facer alternancias e deixando un mínimo de 2,5 metros de ancho para as persoas; a segunda fórmula pasaría por proxectos que abranguen máis dun ámbito administrativo para promover a autonomía, xa que moitos espazos son competencias conxuntas; o terceiro punto apostaría por “xerar corredores ecolóxicos para as crías de humanos”, estruturas que eviten a fragmentación de usos e que potencien os itinerarios continuos e os cruzamentos seguros nos que as prioridades sexan das persoas; o cuarto punto sería o marcado viario para as persoas en lugar de para os coches, sinalizando non os carrís de circulación senón os espazos de preferencia peonil; e finalmente o quinto punto da adopción de fórmulas non convencionais, necesarias e controversas pasaría porque a creación de conectores teñan a consideración de infraestruturas básicas contempladas no planeamento.

Remata a Operación Centinela Gallego 2021 da Cañiza

0

Luis Piña, alcalde da Cañiza, achegouse este xoves, 30 de setembro, ata o Centro Cultural o Pateiro de Oroso, emprazamento onde estiveron despregados os efectivos militares da Brilat que formaron parte da Operación Centinela Gallego 2021, para despedirse e agradecer a labor desenvolvida durante este verán no termo municipal. Unha labor de vixiancia continua, de disuasión e de visibilidade .

Neste encontro o alcalde reiterou “o compromiso e plena vontade do Concello de colaborar cos operativos da Brilat para defender os nosos montes, aportando e poñendo ao dispor do operativo de defensa todos os efectivos e maquinaria municipal que se poidera necesitar en caso de incendio”. Pola súa banda os efectivos militares tamén quiseron agradecer a boa acollida que durante todo o despregamento recibiron tanto por parte da institución municipal como da veciñanza.

Dende o 15 de agosto ata o 30 de setembro estiveron despregadas un total de 30 patrullas terrestres nas zonas da Comunidade con maior actividade incendiaria. Unha delas na comarca do Condado – Paradanta, con sede única na Cañiza, que integra todos os concellos do Distrito XVII e o concello de Melón, pertencente ao Distrito XI Ribeiro – Arenteiro.

Operación “Centinela Gallego 2021” de defensa dos montes galegos

A operación “Centinela Gallego 2021” é froito do convenio de colaboración das Forzas Armadas coa Xunta de Galicia en prevención de incendios forestais e vixilancia dos montes galegos.

Iniciouse o 15 de agosto e finalizou o día 01 de outubro co repregamento de todo o persoal ás súas bases de orixe.

Neste mes e medio de operación despregáronse arredor de 100 militares ao día, sumando unha contribución final de 320 militares.

Realizáronse 1.700 patrullas de presenza e vixilancia e percorréronse 250.000 quilómetros.

O avión non tripulado realizou máis de 60 voos sumando un total de máis de 2.500 minutos de observación.

Mos recibe o convenio coa Deputación para o mantemento dos semáforos das estradas provinciais

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informan de que vén de chegar ao Concello o convenio asinado coa Deputación de Pontevedra que regula o mantemento dos semáforos nas estradas provinciais que pasan polo municipio.

Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, celebraron a recepción do documento posto que “desde Peinador ata o Santiaguiño a maleza invade por completo as beirarrúas, facéndoas intransitables para os peóns”.

Ademais da maleza, o número de semáforos de viais provinciais averiados en Mos aumenta, xa que agora atópase estropeado tamén o de Torroso, co conseguinte perigo que iso supón para a seguridade viaria e as vidas das persoas, tanto viandantes como conductores; xa que a inactividade destes semáforos multiplica exponencialmente o risco de atropelos e/ou colisións entre vehículos en cruces perigosos de vías.

Son tres os semáforos averiados que deben ser arranxados coa máxima celeridade posible para garantir a seguridade viaria e salvar vidas e que, tras a chegada do convenio firmado, poderá ser unha realidade.

Rehabilitaranse os edificios centrais do Museo de Pontevedra a mediados de 2022

O obxectivo é iniciar a rehabilitación dos edificios centrais do Museo a mediados de 2022. Esa é a intención que hoxe anunciou o vicepresidente da Deputación e responsable político do Museo, César Mosquera, tras anunciar que o proxecto da primeira fase da reforma estará listo o vindeiro mes de novembro e que a apertura da licitación prevese para final deste ano se continúa o ritmo previsto.

Mosquera compareceu para anunciar o intenso traballo que se está a facer sobre o Museo nos últimos meses. Subliñou que pese a incidencias internas a día de hoxe o proxecto das obras está practicamente rematado salvo por algúns cálculos de estruturas e de instalacións.  “O ritmo é ese, salvo contratempos temos todo suficientemente avanzado para que este ano se poida licitar e a mediados do ano que vén comezar as obras”.

O orzamento da actuación, anunciou Mosquera, quérese axustar todo o posible mais roldará os seis millóns de euros por ser máis ambicioso que o redactado en 2013 (valorado en cinco millóns). Inicialmente, nunha primeira fase realizarase a rehabilitación dos edificios de Castro de Monteagudo e García Flórez, así como a súa conexión soterrada simple. Deixarase para unha segunda fase, a expensas de conseguir máis financiamento e do destino de Santa Clara, a rehabilitación do edificio Fernández López, único inmoble da mazá central que quedaría sen rehabilitar.

As obras da primeira fase consistirán  tanto na eliminación dos engadidos realizados entre os anos 20 e 80 para recuperar o estado orixinal e máis antigo da construción de maneira “coherente”, como na dotación de accesibilidade. Unha parte dos inmobles destinarase a zona didáctica e a outra a espazo expositivo para mostras “moi selectas”. En total, dos 1.800 metros cadrados aproveitables, quedarán útiles 1.000 metros.

Fondos da Unión Europea

A Deputación, segundo anunciou Mosquera, vai solicitar fondos europeos para mellorar as instalacións do Museo, motivo polo que se está a preparar toda a tramitación para cando se abra a convocatoria.

As obras de rehabilitación e reforma previstas, explicou o nacionalista, faranse igualmente aínda que non cheguen cartos externos grazas aos fondos provinciais, mais apuntou que de chegar algunha inxección europea poderíanse acometer outras fases ou facer máis actuacións das previstas inicialmente.

Santa Clara

Sobre a posible incorporación de Santa Clara como edificio do Museo Mosquera amosouse cauto, xa que nestes momentos os trámites da compra por parte do Concello aínda non están pechados e tampouco foi posible analizar os terreos e instalacións para ver se son viables como espazo para a institución museística.

“A previsión é que é un bo espazo, pero non está claro. Eu persoalmente penso que si, pero con solucións imaxinativas, só é unha hipótese”, subliñou. Afirmou que no momento que se confirme a súa funcionalidade e viabilidade haberá que decidir que parte do Museo sería a que daría contido ao inmoble.

Neste sentido, o vicepresidente dixo que “se se quixeran expor o 25% dos fondos do Museo non chegaría Santa Clara nin tres Santa Clara. Podemos poñer alí o que se queira”. De feito, lembrou que só no ámbito da arqueoloxía o Museo ten a obriga pola Lei de Patrimonio de recoller todos os achados da provincia.

Nave para material non expositivo

Outra das novidades anunciadas hoxe foi a contratación dunha nave para gardar todo o material non expositivo que hai nos edificios Castro Monteagudo e García Flórez de cara a baleiralos para a súa reforma. Trataríase de elementos como vitrinas, andeis e elementos similares –ningún tipo de peza artística ou de valor- que precisaban ser almacenados por seren aínda de utilidade. Para ese fin alugouse unha nave na estrada de Ponte Caldelas, no lugar de Ponterriás, que suporá un gasto de menos de 1.000 euros mensuais.

Gondomar acolle a saída de Grava & Polbo, a primeira proba de gravel en Galicia

0

Todo está preparado para que este sábado, día 2 de outubro, celébrese no Baixo Miño a esperada Grava & Polbo, a primeira proba ciclista que se celebra en Galicia con bicicletas gravel. Coa saída e a chegada situada na Praza Paradela do Concello de Gondomar, o percorrido abarcará ata 100 quilómetros por estradas, pistas forestais e carreiros cun desnivel positivo de 2.500 metros. Todo un reto e nunha contorna única para os amantes desta modalidade que se practica sobre unha bicicleta de guiador curvo ao estilo do ciclismo de estrada de gran fondo, pero con cadro e rodas adaptadas para terreos fose do asfalto.

“O obxectivo de Grava & Polbo é axuntar nunha única proba desta nova modalidade tanto aos participantes que buscan un percorrido esixente e de alta competición, como aos que prefiren gozala doutra maneira, máis relaxada”, comeza explicando José Comesaña, un dos organizadores da proba. “Escollemos Gondomar porque nos parece o lugar idóneo para iso e estamos seguros de que aos participantes tamén lles vai a encantar”.

Pola súa banda o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, afirma que “unha vez máis o municipio acolle unha proba ligada co ciclismo, un deporte con gran arraigamento e seguidores no noso municipio”. Mostrouse convencido de que será unha xornada de esforzo e diversión unidos, na que os participantes darán todo de si para “deixarnos con ganas de máis e a celebración de novas edicións”.

En total, 100 quilómetros repartidos entre asfalto, pistas forestais e carreiros. Un percorrido esixente pola combinación de quilómetros e desnivel acumulado -2.500 metros- pero adaptado para todos os niveis: no quilómetro 43, os participantes poderán escoller entre realizar o percorrido completo ou tomar unha desviación para terminar cun total de 54 quilómetros.

Os avituallamientos e o polbo, aceno de identidade de Grava & Polbo

Son, sen dúbida, un dos puntos fortes da proba. Ao longo de todo o percorrido de Grava & Polbo, os participantes atoparán catro puntos de avituallamiento e o cuarto deles, situado no quilómetro 70, será especial. O Mavic Lounge Bar ofrecerá unha experiencia diferente que os participantes poderán gozar con tranquilidade, e é que os cronómetros de cada competidor pararanse nada máis chegar a este punto e reactivaranse ao retomar a carreira, de maneira que o tempo desta parada non contará para o resultado final.

Unha vez cruzada a liña de meta e terminada a proba, a experiencia continúa cunha dos acenos de identidade do evento: o polbo. A cen metros da chegada situarase un “ pulpeiro” para que cada gravelero poida recoller a súa tapa e a súa bebida como broche final de Grava & Polbo.

O sábado, a partir das 08:30 da mañá, comeza a acción cunha saída adaptada para cumprir con todas as medidas de prevención fronte á Covid-19: os participantes dispoñerán de media hora para cruzar a liña e arrincar o percorrido, como máximo, en grupos de dous en dous e cada dez segundos.

Grava & Polbo conta co patrocinio de Mavic, Giant España, Bici O Con e coa colaboración para a organización do Concello de Gondomar. Tamén colaboran BiciSport, Aguas Mondariz, Frutas Nieves, Crown Sport Nutrition, Ciclismo a fondo, Bike, Pascual, CaffèMoccay, Bifrutas Pascual, SaúdeSport, Raúl Lamarca, Renault Rodosa, Rosquillas Cristaleiro, Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.

A Deputación pecha a quinta edición dos cursos de español para persoas inmigrantes

Co remate da acción formativa celebrada en Pontevedra, a Deputación vén de pechar este venres a quinta edición dos cursos de español para persoas inmigrantes, dirixidos a facilitar ás persoas de países non hispanofalantes a obtención do Diploma de Español Como Lingua Estranxeira (DELE A2), un requisito indispensable para que poidan logo acadar a nacionalidade española. En total, 54 persoas participaron neste 2021 nos cursos, 35 nos dous primeiros celebrados en Vigo e 19 neste último que se desenvolveu no Centro Príncipe Felipe.

En concreto, nesta terceira acción, as persoas participantes procedían de Brasil (7), Marrocos (7), Senegal (4) e Arxelia. A actividade contou con 40 horas de formación e as clases cun estrito protocolo anti Covid, que incluíu o uso obrigatorio de máscaras e a dotación de material de hixiene para garantir a seguridade. Agora o alumnado participante presentarase ao exame do DELE A2 que levará a cabo o Instituto Cervantes en Vigo o 13 de novembro.

Nos anteriores dous cursos celebrados en Vigo, con 20 e 15 participantes, as persoas procedentes de Marrocos foron maioría, seguidas das de Brasil, Rusia ou Nixeria, aínda que tamén houbo alumnado de Paquistán, Congo, Irán, Costa de Marfil ou Mauritania. As persoas que participaron e superaron estas dúas actividades examináronse en setembro do DELE A2.

Estes cursos de español, que a Deputación organiza desde 2017, teñen como obxectivo facilitar a integración das persoas inmigrantes como cidadáns de pleno dereito na provincia, xa que a proba DELE A2 require unha preparación previa e ten un custo económico que dificulta o acceso para un determinado sector da poboación. A través deste programa, a institución subvenciona o custo da formación e tamén o da matrícula na citada proba.

Nas catro edicións anteriores  houbo 235  persoas participantes que, sumadas ás 54 deste 2021, fan un total xa de 289 persoas. A meirande parte do alumnado consigue logo superar a proba e obter o DELE A2 e, deste xeito, en 2017 houbo un  70% de aprobados, mentres que o ano seguinte subiron ata un 97,7%. O pasado 2020 lograron o diploma o 80% das persoas examinadas.

Aprobado definitivamente o PXOM de Ponteareas que impulsará o seu desenvolvemento territorial, social e económico

Ponteareas conta con Plan Xeral de Ordenación Municipal tras case dúas décadas de paralización urbanística. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presidiron o acto de sinatura da aprobación definitiva do PXOM acompañadas pola Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; o Xefe territorial da CMATV de Pontevedra, José Manuel González; a segunda tenente de alcaldesa de Ponteareas, Chus Garrote; e o director técnico do equipo redactor do plan, Alejandro Arias.

Trátase dun momento “transcendental na historia recente do Concello de Ponteareas” despois de seis anos de traballo intenso dende o Concello. “Malia os desencontros que se produciron coa Xunta, con dúas aprobacións do Plan fallidas, a perseverancia deste goberno e a vontade decidida e compartida de Concello e Xunta para lograr un entendemento deu finalmente os seus froitos”, salientou a alcaldesa.

A entrada en vigor do PXOM suporá un novo urbanismo “radicalmente diferente do que vivimos durante décadas” e conlevará un impulso determinante para o desenvolvemento territorial, social, cultural e económico de Ponteareas. Como destacou a rexedora, “moitos proxectos, públicos e privados, levan anos agardando a aprobación e entrada en vigor deste plan para facerse realidade”.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas asinado este venres marcará un antes e un despois para o municipios, xa que reactivará a economía e a creación de emprego, atraerá investimentos de emprendedores ao novo solo industrial ponteareán, garantirá os postos de traballo das actividades e instalacións empresariais que hoxe están sometidas a ameaza de demolición e peche, dará solución ao comercio e a hostalaría que non podía até agora legalizar ou ampliar a súa actividade e permitirá ao Concello dispoñer de terreos para novos equipamentos deportivos, sanitarios, educativos ou medioambientais e para novos espazos públicos como parques ou aparcadoiros. “O novo Plan traerá todo isto e moito máis nun intre especialmente favorábel, cun Concello que dende hai varios anos traballa guiado pola planificación estratéxica inédita na nosa historia e traducida en instrumentos coma a EDUSI, o Plan de Mobilidade, o Plan Director de Saneamento e agora o PXOM”, asegurou a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote.

O Goberno municipal herdou en 2015 un Concello paralizado urbanisticamente dende que a Xunta decretara en 2002 a suspensión das Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico de Ponteareas “para poñer coto ás anomalías urbanísticas que se viñan producindo, con graves prexuízos para o interese  xeral”. O goberno presidido polo daquela alcalde, Xosé Represas, foi quen de aprobar un primeiro PXOM en 2016 que foi rexeitado pola Xunta en 2017 esixindo numerosos cambios. Tras incluír as modificacións esixidas, Ponteareas aprobou en 2019 un novo plan que tampouco satisfixo as demandas da administración pública. A iniciativa do Concello, dende 2020 o equipo técnico municipal e o da Xunta traballaron coordinadamente para asegurar que o documento atendera a todos os requirimentos da Xunta de Galicia, unha colaboración “que cristaliza por fin neste Plan Xeral que hoxe se aproba definitivamente e que dá resposta a unha arela colectiva e a unha necesidade imperiosa que non podía xa agardar máis”, explicou a rexedora.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou que “hoxe comeza un novo Ponteareas tras moito tempo e sacrificio”. Un plan xeral que “dende a Xunta consideramos fundamental para unha Galicia máis ordenada, sostible e rica, un plan xeral para todos e todas, para que Ponteareas siga medrando e o faga con sentido”.

A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, agradeceu o esforzo do persoal municipal implicado nos traballos de redacción do PXOM, así como á empresa redactora, á Xunta e a todos os partidos municipais que apoiaron ou participaron no proceso de redacción para mellorar o Plan Xeral e, sobre todo, á veciñanza de Ponteareas, “especialmente pola súa paciencia e por ter soportado con tesón as consecuencias derivadas da inexistencia dun Plan Xeral durante case dúas décadas. A vós e aos sectores económicos especialmente atinxidos polas oportunidades que se abren dende hoxe, anímovos a construír xuntos esta nova Ponteareas, porque hoxe comeza un novo futuro para todas e todos nós”.

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada PO-406 en Crecente

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras de mellora do firme na estrada autonómica que une Varóns e Filgueira, a PO-406, no concello de Crecente.

Estas obras, cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, teñen un prazo de execución estimado de dous meses.

A actuación consiste na rehabilitación do firme nun treito antigo da estrada autonómica PO-406, que é utilizado para acceso a varios núcleos e vivendas, e que dá continuidade ao viario municipal.

As tarefas inclúen a disposición dunha nova capa de rodadura, cun espesor de 5 centímetros de aglomerado en quente, realizando unha previa regularización superficial do firme onde sexa necesario.

Tamén se realizarán traballos de limpeza neste punto, así como de reperfilado de gabias de drenaxe.

Ademais, aproveitando as obras, instalarase un colector de saneamento que dará servizo a varias vivendas, cunha lonxitude de 405 metros e un cruce baixo a estrada PO-801. O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue a traballar na mellora e conservación da rede viaria da Xunta co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas máis cómodas, seguras e eficientes.

O Museo acolle unha mostra para reivindicar aos gaiteiros como exemplo do patrimonio do país

O Museo de Pontevedra acollerá ata o 28 de novembro a exposición ‘Gaiteiraos’, unha mostra que pretende reivindicar grandes figuras da gaita como exemplo do patrimonio inmaterial do país.

En total no claustro do Edificio Sarmiento recolleranse 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia a través da historia, realizadas polo autor César Lombera: Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo, son algunhas das persoas representadas nos gravados reunidos nesta mostra, que abriu ao público tralo acto de inauguración que tivo lugar o xoves, día 30 de setembro, ás 20:00 horas.

O capitel de Melide, unha peza do século XIV pertencente á colección deste museo, complementa esta proposta expositiva dado que representa nunha das súas faces representa unha escena musical que inclúe un laúde e unha gaita. Na mostra, ademais, poden coñecerse explicacións sobre a orixe da gaita e a súa área de expansión, xeograficamente moi ampla, que subliñan que as investigacións sobre o tema coinciden en ­fixar os  inicios nas primitivas frautas, ás que se lles engadía un odre ou fol para aliviar o esforzo pulmonar das e dos intérpretes e conseguir a continuidade do son. Coa chegada da polifonía adaptáronse ao fol uns roncos que producían notas pedais, chegando así o instrumento á actualidade.

O PP do Porriño denuncia o abandono que sofre o parking da Avenida de Galicia

Os populares do Porriño denuncian “o abandono e deficiencias” que sofre o aparcadoiro da Avenida de Galicia, “no que se están incumprindo de xeito grave” os pregos polos que se adxudicou a concesión en 2004, e durante 40 anos, á empresa Cota 7 servizos e inversións S.A.

O voceiro Alejandro Lorenzo, explica que “a empresa concesionaria está incumprindo en todos os aspectos coas súas obrigas, leva varios anos sen pagar o aluguer, está sucio, mantemento extintores nulo, falta hixiene e non existe atención presencial no aparcamento, pero si continúa cobrando aos usuarios polo seu uso ante un Goberno local que non fai absolutamente nada”. Ademais, tampouco hai seguridade e o ascensor está fóra de servizo, polo que impide o acceso a persoas con mobilidade reducida e carros de nenos.

Esta situación deixa en evidencia, segundo o popular, “a pésima xestión do PSOE -BNG do Porriño, con pouca capacidade para solucionar os problemas e unha deixadez absoluta para reclamar á concesionaria que cumpra e garanta un servizo de calidade nunha instalación pública”. Por iso, o PP solicitou ao secretario, interventora e tesoreira municipais informes sobre a concesión do aparcamento, e saber cales son os pagos realizados pola empresa, o grao de cumprimento dos pregos técnicos e administrativos da concesión, os cobros que están pendentes e os requirimentos que fixo o Concello do Porriño á empresa concesionaria.

“O Concello do Porriño ten que adoptar de xeito inmediato as medidas necesarias para o bo cumprimento dos pregos. Existe un total descontrol na vixilancia deste contrato. O Goberno local non poder deixar de xestionar o seu patrimonio, debe velar polos intereses da cidadanía do Porriño e obrigar á empresa concesionaria que cumpra todos os pregos e condicións do servizo”.

Comezan as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, en Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño vén de iniciar as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, na parroquia de Fornelos, por un importe superior aos 45.000,00€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial, co fin de seguir mellorando e ampliando a súa rede de saneamento e en consecuencia os servizos ofrecidos aos seus veciños e veciñas.

As obras incluídas neste proxecto consisten na limpeza, corte e demolicións de firme, completar a rede de servizos existentes no lugar de Carrascal e a reposición das gabias, co fin último de dotar de saneamento ás vivendas que actualmente non posúen dito servizo, para que se poidan conducir as augas residuais ao colector xeral, para o seu posterior tratamento.

En total prevese executar 442 metros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. O tramo a executar desembocará nun colector existente, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.

Aberto o prazo de matrícula para a Aula de Teatro de Baiona

0

A aula de Teatro de Baiona – Non si? Teatro, abre o prazo de matrícula para o curso 2021/2022. As clases comezarán o vindeiro 5 outubro e estarán impartidas por Mónica Sueiro e desenvolveranse no Auditorio V Centenario.

Martes

Taller de Teatro (teatro para a vida)
Mañás: de 11:00 a 12.30 h.
Tardes: de 20:00 a 21:30 h.

Xoves

Comunicación Oral de 20:30 a 21:30 h.

Máis información no correo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 638 186 112.

Gondomar presenta a programación cultural de outono

0

A programación “Gondocultura Outono” foi presentada nun acto ao que asistiron o alcalde do municipio, Paco Ferreira, e o director xeral de AGADIC, Jacobo Sutil, así como o concelleiro de Cultura Juan Bas. Un acto no que unha vez máis quixeron aproveitar a ocasión para subliñar a importancia do papel da cultura na sociedade, e a súa achega ao PIB da comunidade, así como a colaboración das administración no seu apoio.

Neste sentido o alcalde, Paco Ferreira, lembrou o compromiso do seu goberno con esta actividade profesional “como demostra o amplo programa desenvolto este verán, no que gozamos de estreas a nivel autonómico e da primeira edición do Festival de Danza Corpo a Terra, que nos elixiu como sede para as súas próximas citas”.

“O outono chega cun gran programa que nada ten que envexar ao deste verán, porque unha vez máis, o noso concelleiro de Cultura Juan Bas, implicouse en apostar pola cultura galega, e nos permitirá gozar de ata 15 opcións diferentes, moitas delas con premios María Casares no seu haber ou candidaturas ao Goya”, sinalou o alcalde.

Pola súa banda, Jacobo Sutil, destacou a importancia da colaboración entre administracións para apoiar a un sector que “estivo e está a pasar un momento complicado tras a pandemia”. Agradeceu o esforzo realizado polos concellos e a súa colaboración “coa que logramos desenvolver máis de 500 funcións en toda Galicia”.

Teatro, danza, música e cinema

Entre o 1 de outubro e o 05 de decembro todas as fins de semana en Gondomar terán unha cita con algunha das actividades programadas en “Gondooutono”, inaugurando a nova tempada de teatro a compañía Limiar Teatro e a estrea absoluta en Gondomar da súa obra “A música non amansa as Bestas”, espectáculo realizado en coprodución con residencia artística no concello de Gondomar.

Sumaranse a esta estrea a representación da recentemente premiada con 4 premios María Casares “A lingua das Bolboretas” da man de Sarabela Teatro que tamén representará o clásico “Memorias dun neno labrego”. O programa complétase con “Golfo” da compañía Señora Supina coprodución con residencia artística no concello de Gondomar; “Soga e Cinsa” de Aporía Escénica; e “Vals para Cincinati” da man de Teatro do Ar. Non faltarán a cita os espectáculos pensados para as familias como son “Animal Sagrado”, “Cartoons” e “Bambolina”.

Este ano, por primeira vez, inclúese no programa un ciclo de cinema galego, en colaboración coa asociación Alice Guy Val Miñor, no que se proxectarán catro títulos todos eles de creadores/as da nosa comunidade: “9 Fugas” con dous premios Mestre Mateo e premiada como mellor película do Festival de Xixón; “A viaxe de Leslie”, con 6 candidaturas aos premios Goya, entre eles o de mellor película documental, “Doghs” e “Manoliño Nguenma”.

Por último, o programa tamén inclúe a presenza da música lírica coa representación da Boheme da man de Camerata Lírica, e o espectáculo de danza “Bailar Agora” que chega a Gondomar con 3 premios María Casares – actriz protagonista, e dirección e iluminación- no seu haber.

Compra de entradas

A programación desenvolverase entre o 01 e o 5 de decembro no Auditorio Municipal Lois Tobío e o prezo das entradas oscilará entre os 2,5 e os 3,5 euros, dependendo do espectáculo. As entradas de calquera deles poderán adquirirse no despacho electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal ata completar aforo permitido pola normativa sanitaria vixente nese momento. Ademais, será obrigatorio o uso de máscara no interior e deberán manterse sentados no lugar asignado.

Os escolares mosenses sumérxense na Idade de Ferro visitando o Castro de Pereiras

0

A concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañou ao alumnado do CEIP de Petelos nunha visita á escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, organizada entre o Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Pereiras, que encargou a investigación grazas á que se fixo o descrubrimento deste xacemento da Idade de Ferro. Na visita estivo tamén presente o presidente da Comunidade de Montes, Jorge Lorenzo.

Grazas a esta excavación atopáronse un muro de unha edificación e 200 pezas de cerámica da Idade de Ferro. A prospección arqueolóxica corre a cargo da empresa Tempos Arqueólogos, sendo o director da mesma, Mario Fernández, o encargado de facerlles a visita guiada e explicación do haxazgo aos cativos participantes na actividade.

Entre as 200 pezas atopadas hai un asa de ola e pezas de cerámica romana, fragmentos de terra sigilata, da que se dí que é unha das cerámicas máis caras e de prestixio da época; ademáis dun tipo de cerámica que se fabricaba desde o século I A.C. ata mediados do século 3, aproximadamente, de posible producción hispánica.

Considerando que a potencialidade dun proxecto arqueolóxico promovido por unha comunidade de Montes, e apoiado pola veciñanza de Pereiras, interesados no coñecemento arqueolóxico do seu territorio é moi interesante, xa que permitirá unha maior protección do ben, en particular, e do patrimonio arqueolóxico da parroquia, en xeral.

Este proxecto nace polo interese da veciñanza desta parroquia a dar resposta con documentación que abale esta historia e a posible posta en valor do xacemento arqueolóxico.

Aproveitando a ocasión, a comunidade de Montes, a Asociación de Veciños Nosa Terra e o Concello, quixeron convidar aos centros educativos para que foran partícipes directos de esta experiencia e puideran coñecer de primeira man a historia.

A actividade consistiu en visitar as prospeccións a pé de obra e que o alumnado puidera ver como se levaban a cabo as sondaxes arqueolóxicas na zona dos “Castros”, onde se lles explicou o contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía empregada nas sondaxes, o material atopado en cada proceso e que obxectivos que se pretender acadar con esta obra.  

Tratarase de achegar de unha maneira moi xeral e adaptada a idade dos escolares en que consiste un traballo de arqueoloxía.

A obra está contratada coa empresa Arqueólogos, S. L, empresa que redactou o proxecto e foron os seus responsables ; Mario Fernández Pereiro,  director da obra e Francisco Alonso Toucido, o subdirector, os encargados de dar as explicacións técnicas adaptada ao alumnado.

Tratouse de achegar a este colectivo en que consiste un traballo de arqueoloxía a nivel xeral  e que resultados se están atopando nesta sondaxe.

A visita dos escolares fíxose entre os días 28 e 30 de setembro, sendo hoxe a última xornada de visitas de alumnos.

Os CEIPs que participaron na visita son Atín, Pena de Francia, Mestre Martínez Alonso e Petelos cun total de 220 alumnos e alumnas dos cursos 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Rompente presenta en Ponteareas o seu último libro, ‘Que hostia din os rumorosos?’

O grupo de comunicación poética Rompente chega hoxe venres 1 de outubro a Ponteareas para presentar o seu último libro, ‘Que hostia din os rumorosos?’, un volume de poesía ilustrado por Menchu Lamas, Antón Patiño e Rubén Romero, con prólogo de Julián Hernández e con pezas inéditas na súa maioría. O acto será ás 20:00 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo.

Con esta obra o grupo resistencia poética, creado polo escritor ponteareán Alfonso Pexegueiro e integrado por Antón Reixa, Manuel Romón e Alberto Avendaño, regresa despois de 40 anos. Editado por Elvira, o libro está estruturado en catro partes: Derrotas (Manuel Romón), Carallo 29! (Alberto Avendaño), Room Service (Antón Reixa) e Rompentres, con textos conxuntos dos tres autores.

O Concello convida a toda a veciñanza a asistir á presentación dun proxecto editorial con mensaxes rompedoras e que desprende grandes sensacións a quen decide mergullarse nas súas páxinas.

O Concello de Nigrán habilita un novo aseo nunha das aulas de infantil do CEIP Carlos Casares

0

O Concello de Nigrán, coa colaboración da ANPA do CEIP Carlos Casares de Vilariño, dotou dun aseo adaptado para crianzas unha das aulas de Infantil do centro educativo. A petición desta obra partíu da propia comunidade educativa, xa que a transformación dun pequeno almacén nun WC anexo á propia clase facilita enormemente a labor docente, máximo no primeiro ano, cando moitos nenos todavía están aprendendo a controlar os seus esfínteres.

Todos estes traballos foron realizados durante o verán para non interferir co inicio da actividade educativa en setembro.

O investimento foi de 5.000 € e supuxo abrir unha claraboia e unha porta cara a aula para facilitar a vixilancia e o acceso dos pequenos, alicatar toda a estancia, pavimentala, pintala, pequenas obras de tabiquería e realizar acometidas para dous inodoros e dúas piletas tamaño infantil.