21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoComezan as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, en...

    Comezan as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, en Salvaterra de Miño

    O Concello de Salvaterra de Miño vén de iniciar as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, na parroquia de Fornelos, por un importe superior aos 45.000,00€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial, co fin de seguir mellorando e ampliando a súa rede de saneamento e en consecuencia os servizos ofrecidos aos seus veciños e veciñas.
    
    As obras incluídas neste proxecto consisten na limpeza, corte e demolicións de firme, completar a rede de servizos existentes no lugar de Carrascal e a reposición das gabias, co fin último de dotar de saneamento ás vivendas que actualmente non posúen dito servizo, para que se poidan conducir as augas residuais ao colector xeral, para o seu posterior tratamento.
    
    En total prevese executar 442 metros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. O tramo a executar desembocará nun colector existente, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.