21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán habilita un novo aseo nunha das aulas de...

    O Concello de Nigrán habilita un novo aseo nunha das aulas de infantil do CEIP Carlos Casares

    Os traballos foron realizados durante o verán para non interferir co inicio da actividade educativa en setembro

    O Concello de Nigrán, coa colaboración da ANPA do CEIP Carlos Casares de Vilariño, dotou dun aseo adaptado para crianzas unha das aulas de Infantil do centro educativo. A petición desta obra partíu da propia comunidade educativa, xa que a transformación dun pequeno almacén nun WC anexo á propia clase facilita enormemente a labor docente, máximo no primeiro ano, cando moitos nenos todavía están aprendendo a controlar os seus esfínteres.

    Todos estes traballos foron realizados durante o verán para non interferir co inicio da actividade educativa en setembro.

    O investimento foi de 5.000 € e supuxo abrir unha claraboia e unha porta cara a aula para facilitar a vixilancia e o acceso dos pequenos, alicatar toda a estancia, pavimentala, pintala, pequenas obras de tabiquería e realizar acometidas para dous inodoros e dúas piletas tamaño infantil. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.