10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaEnorme resposta das persoas afectadas por phising bancario á convocatoria da Unión...

    Enorme resposta das persoas afectadas por phising bancario á convocatoria da Unión de Consumidores de Galicia

    As estimacións da organización sobre numero de afectados e contías substraídas superan os 100 casos e poden aproximarse xa ao millón de euros

    Máis de 60 persoas ás que se lle suman outras 30 que contactaron directamente coa asociación, acudiron no día de onte á xuntanza convocada por Unión de Consumidores de Galicia no Edificio Cersia en Santiago de Compostela.

    Un dos obxectivos desta xuntanza era tentar aproximarse á magnitude desta problemática tanto en relación co número de posibles afectados como nos importes subtraídos, e desde Unión de Consumidores de Galicia podemos afirmar que as nosas previsións quedaban bastante curtas.

    Segundo as estimacións da organización, o número de afectados supera sen dúbida o centenar e os importes subtraídos achéganse ao millón de euros.

    A maior parte das persoas asistentes amosaron a súa vontade de permitir que Unión de
    Consumidores de Galicia as represente nun proceso de negociación coas entidades financeiras na procura dunha solución extraxudicial. Non obstante isto a organización considera que esa negociación debe ser moi breve xa que logo o que está en xogo é o diñeiro das vítimas e Unión de Consumidores de Galicia non contribuirá a retrasar o inicio das accións de natureza xudicial nas que xa traballa e da cuxa viabilidade non dubida se atendemos a distintas resolucións xudiciais sobre esta materia, como é o caso do pronunciamento da Audiencia Provincial de Pontevedra contra Abanca o pasado mes de abril.

    Do mesmo xeito, o Secretario Xeral da organización, Miguel López Crespo, anunciou aos asistentes que viña de solicitar unha xuntanza co Delegado do Goberno en Galicia, Xosé Miñones, a quen lle trasladará a importancia do traballo que desenvolven as forzas e corpos de seguridade nas investigacións destas fraudes, en aras a determinar a existencia de debilidades ou vulnerabilidades dos sistemas e protocolos dos servizos de banca electrónica e banca móbil das entidades financeiras.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.