Sábado, 25 Xaneiro de 2025

Remata a Operación Centinela Gallego 2021 da Cañiza

Luis Piña, alcalde da Cañiza, achegouse este xoves, 30 de setembro, ata o Centro Cultural o Pateiro de Oroso, emprazamento onde estiveron despregados os efectivos militares da Brilat que formaron parte da Operación Centinela Gallego 2021, para despedirse e agradecer a labor desenvolvida durante este verán no termo municipal. Unha labor de vixiancia continua, de disuasión e de visibilidade .

Neste encontro o alcalde reiterou “o compromiso e plena vontade do Concello de colaborar cos operativos da Brilat para defender os nosos montes, aportando e poñendo ao dispor do operativo de defensa todos os efectivos e maquinaria municipal que se poidera necesitar en caso de incendio”. Pola súa banda os efectivos militares tamén quiseron agradecer a boa acollida que durante todo o despregamento recibiron tanto por parte da institución municipal como da veciñanza.

Dende o 15 de agosto ata o 30 de setembro estiveron despregadas un total de 30 patrullas terrestres nas zonas da Comunidade con maior actividade incendiaria. Unha delas na comarca do Condado – Paradanta, con sede única na Cañiza, que integra todos os concellos do Distrito XVII e o concello de Melón, pertencente ao Distrito XI Ribeiro – Arenteiro.

Operación “Centinela Gallego 2021” de defensa dos montes galegos

A operación “Centinela Gallego 2021” é froito do convenio de colaboración das Forzas Armadas coa Xunta de Galicia en prevención de incendios forestais e vixilancia dos montes galegos.

Iniciouse o 15 de agosto e finalizou o día 01 de outubro co repregamento de todo o persoal ás súas bases de orixe.

Neste mes e medio de operación despregáronse arredor de 100 militares ao día, sumando unha contribución final de 320 militares.

Realizáronse 1.700 patrullas de presenza e vixilancia e percorréronse 250.000 quilómetros.

O avión non tripulado realizou máis de 60 voos sumando un total de máis de 2.500 minutos de observación.