19.3 C
Pontevedra
Xoves, 8 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO Sergas habilita a receita electrónica na atención primaria

    O Sergas habilita a receita electrónica na atención primaria

    Até o de agora, un total de 16.000 profesionais de enfermaría xa contan coa acreditación necesaria para poder receitar de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano

    O Servizo Galego de Saúde habilitou a dispoñibilidade de indicar produtos sanitarios e algúns medicamentos por parte do seu persoal de enfermaría do Sergas, a través da receita electrónica integrada na historia clínica de cada paciente.

    Deste xeito, e tras a entrada en vigor da Orde do 9 de xullo de 2021, que posibilitou aos profesionais de enfermaría, tanto do ámbito público como privado, acadar as acreditacións para facer efectiva a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano, desde hoxe mesmo, ficará habilitada esta posibilidade, que representa un importante avance no eido da asistencia sanitaria e na capacidade resolutiva desta categoría profesional.

    Até o de agora, un total de 16.000 profesionais de enfermaría xa contan coa acreditación para receitar produtos sanitarios, medicamentos non suxeitos a prescrición médica e tamén os medicamentos suxeitos a prescrición médica que figuran na resolución do BOE de 20 de outubro de 2020, vencellados ao tratamento de feridas.

    A dispensación enfermeira no Sergas comeza polo persoal de enfermería que exerce a súa actividade nos centros de saúde, para progresivamente irse incorporando á atención hospitalaria. Con esta medida séguese a cumprir o compromiso da Consellería de Sanidade, recollido tanto no “Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021” como na estratexia “Por unha Atención Primaria vertebradora do Sistema de Saúde”, de  potenciar as competencias do persoal de enfermaría de atención primaria, o que redundará nun aumento da carteira de servizos tanto desta categoría profesional como do conxunto da atención primaria galega.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS